Proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA)

RESUMO

Código de proxecto 0205_LIDERA_1_E

Interreg

 

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi  aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP)  e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio.

 

 

Socios:

  • Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
  • Fundación Galicia Europa
  • Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela
  • Federação Nacional das Associações Juvenis. FNAJ.
  • Instituto Português do Desporto e Juventude, IPDJ.
  • Comunidade Intermunicipal Do Ave

 

Período de execución: 2016-2019 (2015: gastos de preparación)


Orzamento total: 1.428.692,93 €
Contribución comunitaria – FEDER-: 1.071.519,71 € (75% do custo total elexible)


Obxectivo xeral:

Promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través da posta en valor das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.


Obxectivos específicos:
- Facilitar a adaptación e a colocación de mozos e mozas que non estean no mercado de traballo e mocidade en paro, a través da realización de actividades conducentes á mellora da súa busca activa de emprego, ao empoderamento xuvenil, de mellora da súa empregabilidade e a posta en valor das súas inquedanzas persoais.
- Facilitar á xuventude máis oportunidades de emprego e de formación baseados no traballo e os empregadores a través do desenvolvemento de actividades personalizadas, dentro da rede apoio á empregabilidade a poboación xuvenil.
- Crear equipos de xente moza cunha alta implicación na busca activa de emprego a través da posta en marcha dunha idea de negocio.


Actividades:

  • Actividade 1: CRECE.
    Creación dunha rede transnacional de apoio á empregabilidade da poboación xuvenil no territorio e impulso do espírito empresarial.
    Accións que inclúen:
    Acción 1.1. Espazo Emprende.
    O partenariado porá a disposición do proxecto unha serie de espazos fixos para o desenvolvemento de actividades individuais por parte da mocidade que acceda á rede.
    Acción 1.2: Encontros sectoriais.
    Organización e desenvolvemento duns encontros sectoriais a pequena escala en onde os diferentes actores do territorio (iniciativas empresariais, persoas mozas, coachs, persoas que desexan investir etc.), poidan establecer unha dinámica de diálogo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.
    Acción 1.3: Mobilidade xuvenil.
    A través da rede facilitaranse oportunidades para que a mocidade do territorio realice estancias de formación (mobilidade) entre Galicia e norte de Portugal.
    Acción 1.4: Iniciativas xuvenís innovadoras e emprendedoras.
    A través da dinamización do espazo emprende e como un dos seus usos, preténdese que asociacións xuvenís, mocidade en xeral ou grupos informais de mozos e mozas deseñen e executen iniciativas xuvenís.

 

  • Actividade 2: CATALIZA
    Esta actividade pretende mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude, mediante a realización de actividades de titorización, asesoramento individualizado, formación personalizada e coaching persoal. O conxunto das accións serán desenvolvidas nos Espazos Emprende.
    Accións que inclúen:
    Acción 2.1: Establecemento dunha metodoloxía compartida de titorización individual.
    Titorización e acompañamento en autoemprego, cooperativismo, creación de empresas etc. na que se inclúan os protocolos de intervención, seguimento e avaliación, así como o seguimento de indicadores de resultados.
    Esta acción persegue acompañar á xuventude nos momentos iniciais dunha idea de negocio/nova liña de negocio.
    Acción 2.2: Organización e desenvolvemento de formación personalizada
    A formación deseñarase en base a necesidades, intereses comúns, ou/e obxectivos comúns. Mínimo unha persoa e máximo 15 por grupo.
    Acción 2.3: Curso de especialización en Axentes de Cooperación Transfronteiriza.
    Realizaranse dous cursos de 100 horas con seguimento individualizado vía online.
    Acción 2.4: Cursos e-learning-MOOC (Cursos online masivos e abertos).
    Habilitarase un espazo na plataforma virtual do proxecto e adaptaranse os materiais educativos de accións xa desenvolvidas para establecer cursos MOOC.
    Acción 2.5: Organización e desenvolvemento de sesións de coaching individual ou para pequenos grupos que traballen en iniciativas conxuntas.

 

  • Actividade 3: EMPRENDE
    Esta actividade vai dirixida a aquelas iniciativas, ideas, empresas que desexen empezar unha nova liña de negocio que conte cun grado de madurez suficiente.
    Acción 3.1: Establecemento dunha metodoloxía compartida de titorización individual.
    Asesoramento en aspectos legais relativos á constitución de empresas, acceso a financiamento, marketing etc. na que se inclúan os protocolos de intervención, seguimento e avaliación, así como o seguimento de indicadores de resultados.
    Esta acción persegue acompañar á xuventude que xa conte cunha idea madurada e lista para ser iniciada.
    Acción 3.4: Organización e desenvolvemento dun encontro anual de xuventude emprendedora.
    De maneira anual organizarase un encontro anual de mozos e mozas emprendedores/as na que estes poderán coñecer e intercambiar experiencias con outras persoas mozas tanto do propio territorio do proxecto como doutros territorios transfronteirizos. A previsión é realizar un total de catro encontros, dous en territorio galego e dous en territorio portugués.

 

  • Actividade 4: Xestión e coordinaciónActividade
  • 5: Comunicación
    Acción 5.1: Deseño do plan de comunicación do proxecto.
    Acción 5.2: Espazo virtual.
    Crearase un espazo propio dentro da plataforma de emprendurismo JOVEN realizada en proxectos anteriores.
    Acción 5.3: Newsletter dixital trimestral a través de redes sociais.
    Acción 5.4: Publicación de artigos divulgativos en revistas especializadas no que se poñan en valor as actividades desenvolvidas e os resultados obtidos.
    Acción 5.5: Dúas publicacións que recollan as boas prácticas da mocidade participante no proxecto.
    Acción 5.6: O informe de avaliación das metodoloxías implementadas será difundido a través do espazo virtual.

 ACTIVIDADES (CONVOCATORIA)

2020

1. O proxecto LIDERA estará na VII edición do Pont Up Store (Pontevedra)

2. Encontro "Cohesión social: igualdade de oportunidades e a cooperación transfronteiriza" (FNAJ)

2019

1. Masterclass musicais: acción formativa en interpretación de instrumentos de teclado.

2. Curso de vela adaptada

3. "Crea o teu camiño profesional": sesións de coaching

4. "Mocidade": encontro da xuventude creativa e emprendedora Galicia - Norte de Portugal

5. "Fomento do emprego xuvenil femenino": formación e prácticas non laboráis en empresas

6. "Elixe o teu futuro": obradoiros teóricos prácticos de orientación profesional

7. Encontros sectoriais:

      1. Encontro sectorial "Organización de eventos e mundo audiovisual" (Espazo Xove de Ourense)

      2. Encontro sectorial "Orquestra o teu talento" (Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa)

      3. Encontro sectorial "Chaves para a inserción laboral- constrúe o teu futuro" (Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa)

      4. Encontro sectorial "Enerxía - emprendemento e sostibilidade" (Espazo Xove de Tui)

      5. Encontro sectorial "Innovación e creatividade" (Espazo Xove de Lalín)

      6. Encontro sectorial "Mantemento de equipos como nicho para a empregabilidade" (Espazo Xove de Viveiro)

      7. Encontro sectorial "Emprendemento no eido gastronómico" (Espazo Xove de Pontedeume)

      8. Encontro sectorial "Mellorando a miña empregabilidade" (Espazo Xove de Curtis)

      9. Encontro sectorial "A importancia dos valores deportivos na mocidade" (Betanzos)

    10. Encontro sectorial "O equino: un recurso no medio rural" (Espazo Xove de Carballo)

    11. Encontro sectorial "Eu quero rural: alternativas de emprendemento no rural" (Espazo Xove de Chantada)

    12. Encontro sectorial "Historias de emprendemento" (Espazo Xove de Noia)

8. Obradoiro Habilidades para a cooperación (acción formativa)

 

2018

1. LIDÉRte: desenvolvemento persoal para o emprego e o emprendemento

2. Encontros sectoriais

  1. Encontro sectorial "O emprendemento a través da cultura urbana e o skate" (Espazo Xove Carballo)

  2. Encontro sectorial "o ocio ao teu negocio: oportunidades de negocio no sector da música e do son" (Espazo Xove de Noia)

  3. Encontro sectorial "Innovación, crecemento e expansión no sector turístico e hoteleiro" (Espazo Xove de Chantada)

  4. Encontro sectorial "A era da comunicación dixital: redes sociais e emprendemento" (Espazo Xove de Chantada)

  5. Encontro sectorial "Emprendemento sostible" (Espazo Xove de Lalín)

  6. Encontro sectorial "Marketing persoal para persoas emprendedoras" (Espazo Xove de Tui)

  7. Encontro sectorial "Mindfulness para emprender" (Espazo Xove de Viveiro)

  8. Encontro sectorial "Xóvenes con vocación emprendedora" (Eurocidade Chaves Verín)

  9. Encontro sectorial "Surf, ioga e emprendemento" (Espazo Xove de Pontedeume)

  10. Encontro sectorial "A innovación como base de emprendemento: A Molinera, laboratorio de innovación dixital"

  11. Encontro sectorial "Emprendemento en base a cultivos hortícolas" (Espazo Xove de Curtis)

  12. Encontro sectorial "Obtención de maior valor engadido en produción agraria e gandeira" (Espazo Xove de Pontedeume)

  13. Encontro sectorial "Novos cultivos de viabilidade no medio rural" (Espazo Xove de Betanzos)

  14. Encontro sectorial "Emprendemento no sector agrogandeiro e transformación agraria: casos de éxito" (Espazo Xove de Vilalba)

  15. Encontro sectorial " Emprendemento no sector do turismo" (Espazo Xove de Tui)

  16. Encontro sectorial "Videoxogos, una oportunidade para traballar no que mási che gusta" (Espazo Xove de Carballo)

  17. Encontro sectorial "Igauldade de xénero no ámbito escolar e laboral" (Espazo Xove de Curtis)

  18. Encontro sectorial "Cultura emprendedora" (Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa)

  19. Encontro sectorial "Cultura e ocio educativo como oportunidade de emprendemento" (Espazo Xove de Ourense)

  20. Encontro sectorial "Orientación profesional e emprendemento" (Espazo Xove de Viveiro)

  21. Encontro sectorial "A importancia do capital humano na empregabilidade xuvenil (Espazo Xove de Lalín)

  22. Encontro sectorial "Emprender apostando polo medio ambiente no sector marítimo pesqueiro" (Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa)

  23. Encontro sectorial "Rallies e mecánica de competición, máis aló do taller" (Espazo Xove de Vilaba)

  24. Encontro sectorial "Empoderamento e muller" (Espazo Xove de Betanzos)

4. Acción de formación "A forza da educación non formal"

5. Xornadas formativas sobre novas perspectivas de negocio no ámbito rural

6. Deseña o teu futuro co proxecto Lidera: prácticas formativas non retribuídas en empresas

7. Asesoramento personalizado en liña – proxecto LIDERA

8. Intercambios profesionais Galicia Norte de Portugal

9. Xornadas de coaching

2017

1. Formatour: formación especializada para o emprego e o emprendemento.

2. Xornadas visitas de formación en Galicia e Portugal.

3. Encontros sectoriais

4. EMOTRAXE: Encontro Mostra transfronteriza da xuventude emprendedora

5. Curso de Axente de Cooperación Transfronteriza.

6. "El juego de emprender", actividade formativa de ASCEGA para o proxecto Lidera

 

 

marca cor Fundacion G A CC Interreg
IPDJ CIA FNAJ