Leonardo Da Vinci

Leonardo da Vinci pode conceder apoio ás seguintes accións

  • Mobilidade, incluida a súa preparación.
  • Ás asociacións centradas en temas de interese mutuo.
  • Aos proxectos multilaterais, en particular aos orientados a mellorar os sistemas de formación e centrados na tranferencia de innovacións para adaptarse ás necesidades nacionais ou mediante o desenvolvemento de innovacións e boas prácticas.
  • Ás redes temáticas de expertos e organizacións sobre cuestións específicas de formación profesional

 

Proxectos de Mobilidade

O programa Leonardo da Vinci fai referencia á formación profesional que non sexa do nivel superior.

Os seus obxectivos específicos son:

-          Apoiar aos participantes en actividades de formación na dquisición e o uso de coñecementos, competencias e cualificacións con vistas ao desenvolvemento persoal, a empleabilidade e a participación no mercado laboral europeo

-          Apoiar as melloras da calidade e a innovación.

-          Aumenar o atractivo da formación profesional e da mobilidade.

A este respecto o programa persigue obxectivos operativos para desenvolver e reforzar:

-          A mobilidade (tamén cualitativamente) neste ámbito e no da formación continua.

-          A cooperación (tamén cualitativamente) entre os distintos axentes.

-          O desenvolvemento de prácticas innovadoras e a súa transferencia entre distintos paises.

-          A transparencia e o recoñecemento de cualificacións e competencias, incluidas as adquiridas por medio do ensino non formal.

-          A aprendizaxe de linguas extranxeiras.

-          O desenvolvemento de contidos, servizos, pedagoxías e prácticas innovadoras e baseadas nas tecnoloxías da información e da comunnicación (TIC).

 Máis información en mobilidadexuvenil@xunta.es

Eurogal

Proxectos de Transferencia e Innovación (TOI)

Os proxectos multilaterais Transferencia e Innovación Leonardo da Vinci teñen como obxectivo mellorar a calidade e o atractivo da formación profesional (FP) nos países participantes, a través da transferencia entre socios transnacionais colaboradores, de innovacións existentes a novos entornos socioculturais e/ou xeográficos.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten en marcha un modelo de transferencia de empresas a mozas e mozos emprendedores, que pretende favorecer a continuidade da actividade de empresas locais relacionadas con produtos artesanais ou de oficios que poderían desaparecer, dotando dos útiles necesarios para a transferencia a todos aqueles interesados ou interesadas en continuar coa empresa.

O obxectivo é contactar con todas as persoas empresarias interesadas en transferir a súa empresa e ao mesmo tempo coas personas interesadas en recibilas co obxectivo de dar continuidade á empresa baixo a dirección da nova persoa emprendedora.

Proxecto de Transferencia

Formulario de Solicitude

 EMPREENDEDORES

  http://jovensempreendedores.eu/

 

 

 

 Máis información en galeuropa@xunta.es e no teléfono 881 999 567.