IMAGINA ATLÁNTICA
Territorios creativos innovadores
Rexións de Francia, España, Portugal e Reino Unido lanzan o proxecto IMAXINA ATLÁNTICA do que é socio a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Ao abeiro do programa Espazo Atlántico a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado participará activamente no proxecto Espazo Atlántico, territorios creativos e innovadores, recoñecido polo acrónimo IMAGINA ATLANTICA. Que comezará a súa andaina esta primavera e verá o seu remate a finais de 2013.
O desafío principal do proxecto será reunir actores internacionais nun contexto onde as novas tecnoloxías da imaxe terán un lugar preferente. Situado no campo da innovación, fortemente marcado por actividades de investigación e desenvolvemento asegurará a posta en marcha dun cluster da imaxe nestas rexións, realizará actividades de promoción do patrimonio do Espazo Atlántico, dará a oportunidade a novos creadores para a realización de prácticas e difusión das súas producións, priorizando os recursos existentes e dando lugar e creación e promoción do emprego xuvenil neste ámbito.
Entre as actividades deseñaranse programas de intercambio de estudantes e profesionais; realizaranse seminarios técnicos internacionais; crearanse produtos e circuítos turísticos e culturais utilizando os recursos, mobilidades e as capacidades de expresión dos territorios; presentarase un concurso de obras de arte numérica implicando unha posta en común de recursos do espazo atlántico e a circulación dos creadores a través de accións colectivas de produción orientadas á valorización do patrimonio histórico; crearase unha plataforma virtual para a publicación e difusión dos novos creadores de cara á sociedade e a Europa en xeral e a creación dun espazo de colaboración entre os profesionais, estudantes, novos creadores e formadores.
Información sobre os intercambios de mozos e mozas profesionais
Información sobre o proxecto para a valoración do patrimonio "Percorridos de luz en Compostela"
Bases do Concurso Europeo de Arte Digital IMAGINA ATLÁNTICA
Bases Imagina Atlántica: teatros de pedra + formulario de inscrición
Web do proxecto Imagina Atlántica
Concurso Europeo de Arte Digital