GALEUROPA 2015

Galeuropa2015A Consellería de Traballo e Benestar convoca o Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Un programa de axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas na Unión Europea (tanto en empresas coma entidades, públicas ou privadas).

A convocatoria destas axudas e as súas bases reguladoras recóllense na Orde do 4 de xuño de 2015, (publicada no DOG do 15 de xuño de 2015).

Corrección de erros: DOG 1 de xullo de 2015

Esta orde enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, no Eixo 5. Medida 8.2.2.8. Programa de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a  mozos e mozas menores de 25 anos para a realización de prácticas formativas  en empresas de países europeos, de modo que complementan a súa competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral. Concíbese polo tanto estas axudas como unha das medidas para a implantación do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Finalidade: A finalidade do programa de mobilidade transnacional xuvenil é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.
Preténdese promover e axudar a financiar á mobilidade da mocidade galega para que realice estadías de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, ben directamente concedendo axudas individuais aos mozos e mozas participantes, ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de mobilidade de entidades galegas, tanto entidades locais coma entidades sen ánimo de lucro.

Financiamento: Estas axudas son cofinanciadas pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89%.
A convocatoria está dotada cun orzamento total de 999.765,72 euros

Requisitos dos/as participantes nas mobilidades:
1. Deberán estar inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (Para inscribirse premer aquí)
2. Deberán ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014 deberán cumprir os seguintes:
a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
Estes requisitos, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.
Procedementos que regulan estas axudas e tipo de beneficiarios/as

As axudas á mobilidade transnacional xuvenil, Galeuropa 2015, regúlanse a través de 3 procedementos distintos na web https://sede.xunta.es/portada:

AXUDAS INDIVIDUAIS, concedidas directamente pola Consellería de Traballo e Benestar á mocidade galega maior de 18 anos e menor de 25, ou menor de 30 anos se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, que estean inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (máis información...) Procedemento BS324A

AXUDAS A PROXECTOS PRESENTADOS POR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude. (máis información...) Procedemento BS324B

AXUDAS PARA PROXECTOS PRESENTADOS POR ENTIDADES LOCAIS galegas: concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de municipios. (máis información...)
En calquera caso para obter a condición de persoa/entidade , será necesario estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e ademais non estar incurso nalgunha das situacións de prohibición de contratar recollidas na lei se Subvencións de Galicia.  Procedemento BS324C

Prazo de presentación de solicitudes: comeza o martes 16 de xuño e remata o mércores 15 de xullo de 2015.

Período de realización das prácticas: dende o día seguinte a publicación do listado de persoas/entidades beneficiarias ata o 30 de novembro de 2015.

Países de realización das prácticas: 31 países europeos, nomeados nas táboas seguintes.

Contía das axudas:

  1. 1. APOIO Á ORGANIZACIÓN E EXECUCIÓN DA MOBILIDADE (só para entidades)

Custos subvencionables

Mecanismo financiamento

Importe

Norma de asignación

A) Apoio a aspectos organizativos

Custos unitarios

350 euros por participante

Baseada no número de participantes na mobilidade

B) Apoio a necesidades especiais

Custos unitarios

200 euros adicionais por participante discapacitado/a

Condición: a petición de apoio financeiro se deberá motivar na solicitude

C) Apoio á execución do proxecto

Parte dos custos subvencionables

100% dos gastos realizados ata un máximo de 5.000 euros

Condición: a petición de apoio financeiro se deberá motivar na solicitude

 

  1. 2. GASTOS DE VIAXE (ida e volta) de cada participante na mobilidade

Pais

Contía

 

Pais

Contía

 

Pais

Contía

Alemaña

275€

 

Francia

275€

 

Noruega

360€

Austria

360€

 

Grecia

360€

 

P. Baixos

275€

Bélxica

275€

 

Hungría

360€

 

Polonia

360€

Bulgaria

360€

 

Irlanda

275€

 

Portugal

180€

Chipre

530€

 

Islandia

360€

 

*Azores e Madeira

*275€

Croacia

275€

 

Italia

275€

 

R. Checa

275€

Dinamarca

360€

 

Letonia

360€

 

R. Unido

275€

Eslovaquia

360€

 

Liechtenstein

275€

 

Romanía

360€

Eslovenia

275€

 

Lituania

360€

 

Suecia

360€

Estonia

360€

 

Luxemburgo

275€

 

Turquía

530€

Finlandia

360€

 

Malta

360€

 

 

 

 

  1. 3. ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN

PAÍSES

Custo Mes/ Participante

(1)Custo Día/ Participante

 

PAÍSES

Custo Mes/ Participante

(1)Custo Día/ Participante

ALEMAÑA

1.226€

40,31€

 

ITALIA

1.350€

44,38€

AUSTRIA

1.278€

42,02€

 

LETONIA

920€

30,25€

BÉLXICA

1.200€

39,45€

 

LIECHTENSTEIN

1.444€

47,47€

BULGARIA

1.002€

32,94€

 

LITUANIA

906€

29,79€

CHIPRE

1.096€

36,03€

 

LUXEMBURGO

1.200€

39,45€

CROACIA

1.041€

34,98€

 

MALTA

1.088€

35,77€

DINAMARCA

1.654€

54,38€

 

NORUEGA

1.670€

54,90€

ESLOVAQUIA

1.058€

34,78€

 

P.BAIXOS

1.322€

43,46€

ESLOVENIA

1.042€

34,26€

 

POLONIA

1.320€

43,40€

ESTONIA

954€

31,36€

 

PORTUGAL

1.102€

36,23€

FINLANDIA

1.400€

46,03€

 

R.CHECA

1.024€

33,67€

FRANCIA

1.418€

46,62€

 

R.UNIDO

1.672€

54,97€

GRECIA

1.120€

36,82€

 

ROMANIA

1.008€

33,14€

HUNGRÍA

914€

30,05€

 

SUECIA

1.378€

45,30€

IRLANDA

1.464€

48,13€

 

TURQUÍA

896€

29,46€

ISLANDIA

1.376€

45,24€

 

 

 

 

  1. 4. APOIO LINGÜÍSTICO

Mecanismo financiamento

Importe

Norma de asignación

Custos unitarios

150 euros

por participante

Condición: as persoas /entidades solicitantes deberán solicitar o apoio lingüístico na lingua necesaria para a mobilidade










 

  1. 5. GASTOS EXCEPCIONAIS

Mecanismo de financiamento

Importe

Norma de asignación

Parte dos custos subvencionables

100% do gasto at o máximo de 150€

Condición: a petición de apoio financeiro para cubrir gastos excepcionais deberase motivar na solicitude

 

Máis información:
No procedemento BS324A:
e-mail: galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es
Tlfno: 981544854 e 981544645
Nos procedementos BS324B e BS324C
e-mail: galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es
Tlfno: 981541688 e 981544645