Ata 300 prazas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera estado ou país do mundo, durante 8 semanas.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, é a promotora da Orde do 20 de febreiro de 2014, pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera estado ou país, agás España, e se procede a súa convocatoria. A orde está dotada cun orzamento de 600.000 euros.
Finalidade: Apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, favorecendo a adquisición de novos coñecementos, habilidades, capacidades e cualificacións para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa no estranxeiro como parte do currículo. Con estas mobilidades se intenta dotar á comunidade de profesionais con coñecementos non só das habilidades propiamente da súa titulación senón tamén que coñezan o funcionamento do mundo empresarial internacional e á súa vez con dominio de idiomas estranxeiros.
Con esta orden preténdese que os mozos e mozas galegas alcancen e asimilen unha visión internacional a nivel persoal e profesional que contribuirá á mellora da súa vida persoal e profesional á vez que se dota de recursos humanos de calidade ao tecido empresarial galego.
Persoas destinatarias, requisitos:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións,ou estar en condicións de obtela no momento de presentar a solicitude:
ü Título de Técnico/a ou Técnico/a Superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
ü Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a ou enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a) ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
d) Que esta titulación sexa dos cinco últimos anos e estea acreditada por calquera centro público ou privado de Galicia.
e) Coñecer a lingua do país de destino elixido na solicitude.
Duración das prácticas: 8 semanas consecutivas
Período das prácticas: dende o día seguinte a publicación do listado de persoas beneficiarias ata o 30 de outubro de 2014
Países de realización das prácticas: calquera país estranxeiro.
Solicitudes: a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, dirixidas á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vía electrónica ou por rexistro
Prazo de inscrición: comeza o sábado 1 de marzo e remata o venres 28 de marzo de 2014.
Contía da axuda: dependerá do país onde se realicen as prácticas: na táboa indícanse as contías máximas.
País prácticas |
Contía máxima |
País prácticas |
Contía máxima |
País prácticas |
Contía máxima |
||
Alemaña |
1.875 |
Finlandia |
2.290 |
Malta |
1.710 |
||
Austria |
2.040 |
Francia |
2.205 |
P. Baixos |
2.040 |
||
Bélxica |
1.955 |
Grecia |
1.875 |
Polonia |
1.625 |
||
Bulgaria |
1.465 |
Hungría |
1.710 |
Portugal |
1.790 |
||
Chipre |
1.790 |
Irlanda |
2.125 |
R. Checa |
1.790 |
||
Croacia |
1.875 |
Islandia |
2.040 |
R.Unido |
2.400 |
||
Dinamarca |
2.400 |
Italia |
2.125 |
Romanía |
1.540 |
||
Eslovaquia |
1.710 |
Letonia |
1.625 |
Suecia |
2.290 |
||
Eslovenia |
1.875 |
Lituania |
1.625 |
Turquía |
1.710 |
||
Estonia |
1.625 |
|
Luxemburgo |
1.955 |
|
Outros |
2.400 |
Gastos subvencionables: gastos de manutención, aloxamento e materiais de primeira necesidade: farmacéuticos, de hixiene persoal e da vivenda. Gastos de viaxe e transporte. Os gastos derivados de operacións bancarias necesarias para o pagamento das facturas. Seguros médicos ou de responsabilidade civil cando sexan imprescindibles e gastos da entidade intermediaria para a busca de empresa cando se faga uso dela.
Para máis información (documentación a presentar, probas a realizar, baremo, resolución, xustificación da axuda etc.)
Consulta a convocatoria no DOG
---------------------------------------------
Listaxes provisionais 2014:
Listaxe provisional admitidos
Listaxe provisional reservas
Listaxe provisional de non admitidos
Publicación de listaxes definitivas Galeuropa (10-6-2014)
De conformidade co artigo 10 da Orde do 20 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera Estado ou país, agás España, e se procede á súa convocatoria, se publican as listaxes definitivas aprobadas por Resolución de data 6 de xuño de 2014.
Dende o día seguinte á publicación da listaxe definitiva onde cada solicitante figure como beneficiario/a, comezan a contar os seguintes prazos:
1. O período de prácticas poderá, segundo cada beneficiario/a, iniciarse desde o día seguinte a publicación da listaxe definitiva onde figure como beneficiario/a e ata o 30 de outubro de 2014.
2. 10 días hábiles para a aceptación ou renuncia á axuda e solicitude do anticipo do 80% da subvención, cumprimentando o cadro que corresponda do Anexo III. Este anexo III debe ser enviado á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado mediante presentación en rexistro de calquera administración pública ou por correo postal (co correspondente cuño da data de entrega na Oficina de Correos).
3. 20 días hábiles para presentar o Anexo IV por correo electrónico a galeuropa@xunta.es , salvo no caso do/a beneficiario/a que xa o teñan entregado antes da entrevista persoal.
4. 2 días antes do comezo das prácticas o/a beneficiario/a debe enviar copia da tarxeta sanitaria europea ou documento equivalente de cobertura sanitaria. O envío será por correo electrónico galeuropa@xunta.es
5. Unha vez iniciadas as prácticas no prazo máximo de 5 días, cada beneficiario/a deberán enviar un correo a galeuropa@xunta.es, indicando o período de duración das prácticas, nome da empresa, enderezo postal, teléfono e correo electrónico da persoa responsable.
**Para os efectos de cómputo dos prazos previstos neste programa se considera NON hábiles os días festivos e os domingos.
Enlaces de interés:
Orde de convocatoria do programa Galeuropa 2014: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140228/AnuncioCA05-210214-0001_gl.html
Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación: http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/SiViajasAlExtranjero/Paginas/Inicio.aspx
Recomendacións para viaxar ao exterior: http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/SiViajasAlExtranjero/Paginas/RecomendacionesDeViaje.aspx
Rexistro de viaxeiros/a: https://www.visatur.maec.es/viajeros/
Tarxeta sanitaria europea: http://www.seg-social.es/Internet_1/Trabajadores/PrestacionesPension10935/Asistenciasanitaria/DesplazamientosporE11566/TSE2/index.htm