GALEUROPA 2013

GALEUROPA_FOTO250 prazas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos estados membros da Unión Europea, agás España, durante o 2013.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, é a promotora da Orde pola que se establecen as bases que rexen as axudas a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos estados membros da Unión Europea, agás España, e se procede a súa convocatoria. A orde está dotada cun orzamento de 600.000 euros.

Finalidade.- A orde ten por finalidade apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, favorecendo a adquisición de novos coñecementos, habilidades, capacidades e cualificacións para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa no estranxeiro como parte do currículo. Con estas mobilidades se intenta dotar á comunidade de profesionais con coñecementos non só das habilidades propiamente da súa titulación senón tamén que coñezan o funcionamento do mundo empresarial internacional e á súa vez con dominio de idiomas estranxeiros.

Con esta orden preténdese que os mozos e mozas galegas alcancen e asimilen unha visión europea a nivel persoal e profesional que contribuirá á mellora da súa vida persoal e profesional á vez que se dota de recursos humanos de calidade ao tecido empresarial galego.

Beneficiarios/as.- Estas axudas serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva. Requisitos para ser beneficiario/a:

a)  Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.

b)  Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

c) Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.

d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.

e)Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.

Prazas.- 250

Duración da estancia.-  8 semanas entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013

 Solicitudes

  • O/a interesados deberán presentar o Anexo I da orde debidamente cumprimentado, máis o resto da documentación requerida.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nun rexistro oficial ou nas oficinas de correos.
  • Prazo: Un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O prazo remata o 29 de maio de 2013.

 Contía da axuda.- 2.400 €/participante.

 Gastos que son por conta do/a beneficiario/a.- aloxamento, manutención e gastos de viaxe e transporte.

 Anticipo.- O/a beneficiario/a poderá solicitar un anticipo do 80 % da axuda

?CONSULTA AQUÍ A ORDE DE CONVOCATORIA

LISTA DE BENEFICIARIOS

LISTA DE RESERVAS

LISTA DE EXCLUIDOS

LISTA DE BENEFICIARIOS (Actualizado a 02/08/2013)

LISTA DE RESERVAS (Actualizado a 02/08/2013)

LISTA DE BENEFICIARIOS (Actualizado a 28/08/2013)

LISTA DE RESERVAS (Actualizado a 28/08/2013)

LISTA DE BENEFICIARIOS/AS (Actualizada a 04/09/2013)

LISTA DE RESERVAS (Actualizada a 04/09/2013)

LISTA DE BENEFICIARIOS/AS (Actualizada a 12/09/2013)

LISITA DE RESERVAS (Actualizada a 12/09/2013)

LISTA DE BENEFICIARIOS/AS (Actualizada a 18/09/2013)

LISITA DE RESERVAS (Actualizada a 18/09/2013)

 Mais información en:  galeuropa@xunta.es

+info