Espazo Xuvenil


O proxecto 'Espazo Xuvenil', dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português da Juventude, foi aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007 - 2013 (POCTEP).

O principal obxectivo do proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os mozos se queden a vivir e a traballar na zona transfronteiriza Galego-Portuguesa.

Espazo Xuvenil conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega – portuguesa, co fin de manifestar a súa disposición a participar naquelas actividades de interese para os mozos e a sociedade en xeral, e poñendo a disposición a mobilización de recursos e coñecemento para o bo desenvolvemento de actuacións relacionadas co seu ámbito de traballo.

 

Programas e axudas para mozos emprendedores


A 'Guía de programas e axudas da Unión Europea para moz@s emprendedores' está incluída no proxecto 'Espazo Xuvenil'. A través desta publicación, o que se pretende é informar da oferta de programas e axudas que dende a Unión Europea se ofrece para toda a mocidade.

Podes descargar aquí a 'Guía de programas e axudas da Unión Europea para moz@s emprendedores'.

 

Portugués para nós

Nesta Europa, culturalmente tan diversa, o coñecemento de idiomas convértese nun dos principais requisitos para que mozos e mozas poidan desfrutar plenamente das moitas oportunidades que ofrece a colaboración entre os pobos e a mobilidade a través dos diferentes estados (quer con fins culturais, quer académicos, laborais, turisticos ou de lecer). É tamén, nesta perspectiva de contribuír á formacion dunha mocidade máis aberta e participativa que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado vén prestando especial atención ás relacións de Galicia con Portugal, poñendo en marcha unha serie de iniciativas para fomentar o contacto e cooperación entre a xente nova de ambas as beiras do Miño. PORTUGUÉS PARA NÓS, que lle permitirá á mocidade galega, e a toda a poboación en xeral, ter acceso cómodo ao ensino da lingua portuguesa, xorde da convicción desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, de que, máis ca nunca, hoxe é necesario que Galicia e Portugal reforcen e amplíen os seus vínculos históricos, dándolle, agora si, unha relevancia determinante aos aspectos sociais e culturais. Para calquera suxestión ou consulta técnica sobre o curso poden dirixirse ao administrador no seguinte enderezo: admin@portuguesparanos.org

http://www.portuguesparanos.org