Está aberto o prazo de inscrición no campo de voluntariado “Castro de Viladonga”, que se vai desenvolver do 8 ao 19 de setembro.

Este campo de voluntariado vai permitir a convivencia e o intercambio de experiencias entre participantes galegos e mozos e mozas da Galicia exterior, descendentes de emigrantes galegos, que participarán conxuntamente en actividades de voluntariado vinculadas co patrimonio cultural galego, ademais de gozar dun programa de actividades de tempo libre.

As actividades de voluntariado están vinculadas co xacemento arqueolóxico do Castro de Viladonga, no Concello de Castro de Rei.

Máis información:

Campos de voluntariado en Galicia

Se queres participar no programa de Campos de voluntariado no estranxeiro, o luns, día 13 de marzo, ábrese o prazo para presentar as solicitudes.

Existen máis de 400 opcións de campos ás que poderás apuntarte.

Máis información

O día 25 de xuño abre o prazo para inscribirse nun dos 29 campos de voluntariado que oferta a Xunta de Galicia dentro da campaña O verán que necesitas. Poranse á disposición dos maiores de 18 anos da comunidade un total de 348 prazas repartidas en campos adaptados ao novo escenario provocado pola crise sanitaria da covid-19.

A situación provocada pola emerxencia sanitaria derivada da covid-19 fai moi necesario ofertar á mocidade un recurso de educación non formal para o tempo de lecer. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a tolerancia e a solidariedade. Polo tanto, permitiralles beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dunha experiencia enriquecedora.

Así mesmo, este ano hai tres novidades principais nesta iniciativa: os campos serán de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia; a convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico; e as actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

Desta maneira, das 348 prazas que oferta o Goberno galego, 108 encóntranse nos 9 campos de voluntariado que se celebrarán na provincia de Pontevedra; 96 distribúense entre as oito iniciativas que haberá na Coruña; e tanto en Lugo como en Ourense celebraranse seis campos, isto é, 72 prazas en cada provincia.

Nova oferta

Destes 29 campos de voluntariado, 12 deles son novos este ano. A provincia de Lugo contará con catro novas iniciativas: dúas baixo o nome Os Campos do camiño, un no municipio de Palas de Rei e outro en Triacastela; Castro de Vilalonga, en Castro de Rei; e Alejandrina Álvarez en Ribas de Sil. A de Coruña terá tres novos: A Ciadella, no concello de Sobrado dos Monxes; Encaixe no camiño, en Camariñas; e o campo de voluntariado Amicos, en Boiro.

En Pontevedra os novos campos celebraranse en Lalín, baixo o nome de Tradición en verde; en Salvaterra de Miño, titulado Monte Castelo; e en Campo Lameiro, con a Idade de Bronce. Pola súa banda, Ourense poderá contar este ano con O noso rural, a nosa istoria, en Ribadavia; e Pereiro, en O Pereiro de Aguiar.

Como solicitar praza

O prazo desta convocatoria ábrese o 25 de xuño ás 16,00 h e pecharase 3 días antes do inicio de cada campo. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción. A solicitude presentarase mediante un formulario en liña, que estará dispoñible na páxina web http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran, onde se pode consultar toda a información sobre esta actividade. A cota de inscrición para todos os campos é de 110 euros; con desconto dun 25% por Carné Xove, familia numerosa ou monoparental.

Ábrese unha convocatoria extraordinaria de inscrición en cinco campos de voluntariado en Islandia, que se desenvolverán durante o outono/inverno. Son campos de temática medioambiental.

O prazo de solicitude abre o día 8 de agosto.

Máis información

Queres participar no campo de traballo "Esencia Galega" que organiza a D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado no mes de agosto? .... Se tes 18 anos e carné xove, participa no sorteo do día 8 de agosto.

Sorteamos 10 prazas. Neste campo terás a oportunidade de convivir con outros participantes galegos e con mozas e mozos da Galicia exterior.

Para participar tes que ser titular do Carné xove, maior de 18 anos e cubrir o segunte formulario, antes das 9:00h do día 7 de agosto.

Máis información sobre campos de traballo en Galicia: http://xuventude.xunta.es/oferta-campos-de-traballo-en-galicia.html.