Se queres ampliar a túa formación, habilidades comunicativas e mobilidade, os proxectos Erasmus+ Xuventude e Corpo Europeo de Solidariedade (CES) son boas opcións. Son varias as entidades galegas que cada ano promoven iniciativas, e conseguen financiamento europeo, no marco destes dous programas. Estas entidades poden ser as beneficiarias principais dos proxectos, e por tanto desenvolver estes en Galicia e no resto de España, ou ben formar parte doutros que se levan a cabo noutros países como entidades socias.

De cara a achegar toda esta información de relevancia á mocidade galega, neste espazo web daremos conta dos últimos proxectos aprobados a entidades galegas (ben como beneficiarias principais ou socias) nas diferentes convocatorias de Erasmus+ Xuventude e CES, así como doutros programas europeos que poidan resultar de interese. Trátase dunha táboa en constante cambio, que se irá mudando na medida que se dispoñan de novos datos.

 

 

Táboa de información sobre proxectos Erasmus+ Xuventude e CES con solicitude de participación activa

 

Tipo de programa Entidade (concello) Título e breve descrición do proxecto Nacional (in-country) ou internacional Poden participar mozos/as galegos? Lugar de realización da actividade Datas de inicio e fin da actividade Número de prazas ofertadas Enlace do formulario de participación
Erasmus+ (Youth Exchange) Valdeorras Vive
(O Barco de Valdeorras)
Mindful Steps: an expedition through the Winter Way. Intercambio xuvenil no Bierzo e Valdeorras, onde se xuntan participantes de catro países para camiñar e descubrir xuntos o Camiño de Inverno, a ruta do Camiño de Santiago que atravesa a comarca, unha ruta na que se vai abordar a temática da saúde mental, os beneficios da peregrinación e a relación dos mozos coa natureza. Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a catro asociacións europeas. Si. Itinerante: O Bierzo e Valdeorras 2 ao 11 xullo de 2024 4 https://forms.gle/fM17W1ot6YMQrbwJ8
Erasmus+ (Training Course) Valdeorras Vive
(O Barco de Valdeorras)
Terra Viva: inspiring entrepeneurship among rural youth. Curso de formación Erasmus+ que ten lugar en Peñalba de Santiago (O Bierzo), onde se reunen traballadores xuvenís e educadores de catro países para traballar na creación de proxectos de éxito en espazos rurais, con ferramentas educativas e exemplos prácticos para promover o emprendemento entre a mocidade. Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a diferentes asociacións europeas. Si. Peñalba de Santiago.
(O Bierzo. León)
5 ao 12 de maio de 2024 2 https://forms.gle/JSoevV2ZhymowGz68
Erasmus+ (Training Course) Valdeorras Vive
(O Barco de Valdeorras)
"Harmony in diversity: youth for integration": Intercambio xuvenil en Taevaskoja (Estonia) sobre integración social, minorías e xenofobia, no que abordaremos como os mozos poden crear comunidades máis inclusivas e respectuosas utilizando ferramentas de educación non formal. Un proxecto en colaboración con Ethos MTÜ. Internacional, organizado por Ethos MTÜ xunto a Valdeorras Vive coma asociación socia. Si. Taevaskoja (Estonia) 8 ao 16 de abril de 2024 6 https://forms.gle/xoSzRZ3NJfmynN558
Erasmus+ (Youth Exchange) Valdeorras Vive (O Barco de Valdeorras) "From Rural to Plural": Intercambio xuvenil en Bran (Romanía) que busca empoderar á mocidade rural, dándolle ferramentas para expresar as súas necesidades, fomentando a participación nas súas comunidades. Un proxecto en colaboración con Dezvoltare Activa. Internacional, organizado por Dezvoltare Activa Romania xunto a Valdeorras Vive coma asociación socia. Si. Bran (Romanía) 9 ao 19 de abril de 2024 6 https://forms.gle/4w9sbepJGEjREHJn9
Erasmus+ (Youth Exchange) Asociación Arousa Moza
(Vilagarcía de Arousa)
A actividade pretende fortalecer os lazos entre os mozos participantes e involucralos activamente cun proxecto de maior escala "European Youth Village program".
A asociación que desenvolve o proxecto é ADA.
Internacional. Si. Brasov, (Rumanía) 29 de febreiro ao 8 de marzo de 2024 https://forms.gle/6BKxUYPX74W3iy6Z9
CES (Voluntariado)
Lug Open Factory
Lugo
Proxecto de voluntariado de 14 días de duración que busca traballar con mozos e mozas do rural Intenacional, LOF recibirá mozos e mozas do resto de Europa Si. Lugo Xuño de 2024 3 Escribe a: Benvida@lugopenfactory.com
CES (Voluntariado)
Fundación Condado de Taboada (Cambados)
Proxecto de equipos de voluntariado de 1 mes de duración co fin de preprarar e implementar o "Festival da Solidariedade de Cambados" Catro organizaciòns internacionais e o Concello de Cambados participan como entidade de apoio para o envío de mozos/as ao proxecto. Si. Cambados, (Pontevedra) 1 ao 30 de outubro de 2024 9 Escribe a: social@fundaciontaboada.org
Erasmus+ (Training Course) Concello de Ribadavia (OMIX) FACESY III. É un Curso de Capacitación para traballadores Xuvenís sobre Facilitación en Grupos de mozos que propón métodos e exercicios para potenciar algunhas das Habilidades que un Facilitador debería ter. Internacional. O concello de Ribadavia participa como socio nun proxecto presentado por unha entidade Portuguesa. Si. Cascais (Portugal) 19 ao 27 de maio de 2024 3 https://forms.gle/JNPQWoJJvuVcnf47A
Erasmus+ (Youth Exchange) Concello de Ribadavia (OMIX) EU.YOU.GO III. Este proxecto busca brindar aos participantes novos puntos de vista sobre a Obxectivos da Mocidade Europea, a través da arte que logo será expresado ao comunidade local a través da escultura, a danza, o teatro e a música. Internacional. O concello de Ribadavia participa como socio nun proxecto presentado por unha entidade Portuguesa. Si. Ferreira do Alentejo (Portugal) VISITA DE PREPARACIÓN PREVIA AO INTERCAMBIO do 2 ao 5 de maio de 2024: Ofertamos 1 praza para unha persoa sen límite de idade pero maior de 18 anos, para asistir a "Visita de Preparación Previa (APV) e que exercerá de "líder" do grupo que participará no verán no intercambio (polo tanto ten que asistir ao APV e ao Intercambio.

INTERCAMBIO INTERNACIONAL do 11 ao 22 de xullo de 2024:
6 prazas para mocida
De de entre 18 e 30 anos de idade. Participarán 6 persoas mozas de 5 países diferentes (Grecia, Italia, Francia, Portugal e España).
6 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScaNfVOptpx-w_n7BLfZPj0NZ50sizi5flLxqX1r_Ib4Pu57w/viewform
CES
(Voluntariado)
Concello de Ribadavia Proxecto de voluntariado " Apoio á nosa comunidade local". As principais actividades desenvolvense no Centro de Información en colaboración con outras áreas municipais, o horto ecolóxico, actividades de dinamización sociocultural... Nacional (in-country). O concello é entidade coordinadora Si. Ribadavia (diferentes áreas municipais: Xuventude, Cultura, Medioambiente, Servicios Sociais…) Abril/Maio 2024 a Abril/Maio 2025 1 https://youth.europa.eu/solidarity/placement/37582_en
Erasmus+ (Youth Exchange) BreGal (A Coruña) Intercambio xuvenil que busca concienciar aos participantes sobre o  impacto medioambiental e introducilos ao concepto de sustentabilides

Internacional

 

Si. Passignano sul Trassimeno (Italia) 6 ao 13 de Xullo de 2024 5 (de 15 a 17 anos) https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfG5sMNoe8vnb65PkrfdSDlVFJld5-wdgCQ6eNvrrhP4fYO9w/viewform
CES Sustinea (Ourense) “Un Ourense solidario” é un programa de voluntariado de 9 meses en Ourense para colaboarar con diferentes entidades sociais e ambientais da cidade. Nacional (in-country). Sustinea acolle a 2 persoas voluntarias durante 9 meses en Ourense Si. Ourense Abril 2024- xaneiro 2025 2 https://forms.gle/BgbvSKF1jH6NJEpz6
CES

Fundación Condado de Taboada.
Cambados, Pontevedra

Proxecto de equipos de voluntariado de 1 mes de duración co fin de preprarar e implementar o "Festival da Solidariedad de Cambados" Catro organizacións internacionais e o Concello de Cambados participan como entidades de apoio para o envío de mozos/as. Si. Cambados, Pontevedra Do 1 ao 30 de outubro de 2024 9 galegos e 11 interncionais

Enviar solicitude a
social@fundaciontaboada.org

Erasmus+ (Youth Exchange) Asociación de veciños/as de Meaus (Baltar/Ourense) Educación en la naturaleza. Técnicas para mejorar las capacidades de los jóvenes en ambitos ecológicos   Internacional. AVM participa como socia nun proxecto presentado por unha entidade de Polonia Si.  Polonia (Huta Polańska)   Do 6 ao 15 de maio de 2024  https://forms.gle/63dd6aUUqjYv9ppq9

 

 

Un ano máis, a Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta un Plan de formación no ámbito xuvenil e da acción voluntaria en Galicia, coa finalidade de ofrecer formación en liña e presencial en materia de voluntariado e xuventude no último cuatrimestre deste ano.

O Plan está conformado por 10 cursos presenciais, 22 cursos en liña e 10 cursos mixtos, cun total de 2.395 prazas.

Os cursos da área de voluntariado oriéntanse á dotación de ferramentas básicas para que, tanto o persoal técnico das entidades de acción voluntaria, como as persoas voluntarias que colaboran ou desexan colaborar con estas entidades, dispoñan dos coñecementos imprescindibles na materia para levar a cabo a súa labor de mellor xeito posible. Nesta ocasión os cursos desta área abarcan, ademáis da formación básica en materia de voluntariado e de planificación de proxectos e captación de voluntariado, diferentes temáticas coma lingua de signos, voluntariado interxeracional e envellecemento activo, economía circular e desenvolvemento sostible, voluntariado ambiental e subvencións.

Con respecto aos cursos da área de xuventude, estes están orientados á formación tanto de profesionais do sector do ocio educativo e tempo libre así como de persoal técnico que traballa coa mocidade como á formación da mocidade en xeral. As temáticas dos cursos versan sobre deportes náuticos, primeiros auxilios, intelixencia emocional, xestión das emocións, tecnoloxías e tempo libre, intelixencia artificial, oratoria, proxectos ERASMUS+, lecer e creación de asociacións xuvenís.

Ademais das temáticas enumeradas ofértase un curso de Igualdade de xénero para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero co fin de formar, en materia de igualdade, tanto a persoal técnico, como á mocidade e persoas voluntarias. Así mesmo, os contidos en igualdade de xénero son transversais tamén a moitos dos cursos ofertados.

 

INSCRICIÓN

Poderán participar nas accións formativas convocadas as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria e de xuventude, atendendo ás especificacións que se indican en cada un dos cursos. Por outra banda, aquelas persoas que obtiveron praza e superaran o mesmo curso xa ofertado en edicións anteriores, non serán admitidas nesta nova convocatoria.

As prazas para cada un dos cursos outorgaranse por rigorosa orde de inscrición, atendendo ás especificacións indicadas. Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org) desde as 9.00 horas do luns 11 de setembro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un deles.

Para acceder á plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org, o alumnado que xa solicitara inscrición con anterioridade deberá acceder introducindo o seu nome de persoa usuaria e contrasinal e solicitar a matrícula nos cursos que desexe.

As persoas que accedan por primeira vez e aínda non teñan conta de persoa usuaria creada na plataforma de teleformación terán que crear a súa conta nesta antes de solicitar praza (consultar manual do alumnado colgado no campus en liña). É recomendable crear a conta antes do día de apertura de matrícula.

É importante que, á hora de realizar a inscrición nun curso, se indique se se forma parte dunha entidade de acción voluntaria, dunha asociación xuvenil, dun concello, dunha empresa adicada ao ocio educativo ... En caso de que así sexa debe incluirse o nome correspondente no apartado de observacións.

 

CADRO DOS CURSOS DO PLAN DE FORMACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO 2023

Está aberto o prazo de inscrición no campo de voluntariado “Castro de Viladonga”, que se vai desenvolver do 8 ao 19 de setembro.

Este campo de voluntariado vai permitir a convivencia e o intercambio de experiencias entre participantes galegos e mozos e mozas da Galicia exterior, descendentes de emigrantes galegos, que participarán conxuntamente en actividades de voluntariado vinculadas co patrimonio cultural galego, ademais de gozar dun programa de actividades de tempo libre.

As actividades de voluntariado están vinculadas co xacemento arqueolóxico do Castro de Viladonga, no Concello de Castro de Rei.

Máis información:

Campos de voluntariado en Galicia

Se queres participar no programa de Campos de voluntariado no estranxeiro, o luns, día 13 de marzo, ábrese o prazo para presentar as solicitudes.

Existen máis de 400 opcións de campos ás que poderás apuntarte.

Máis información

O día 25 de xuño abre o prazo para inscribirse nun dos 29 campos de voluntariado que oferta a Xunta de Galicia dentro da campaña O verán que necesitas. Poranse á disposición dos maiores de 18 anos da comunidade un total de 348 prazas repartidas en campos adaptados ao novo escenario provocado pola crise sanitaria da covid-19.

A situación provocada pola emerxencia sanitaria derivada da covid-19 fai moi necesario ofertar á mocidade un recurso de educación non formal para o tempo de lecer. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a tolerancia e a solidariedade. Polo tanto, permitiralles beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dunha experiencia enriquecedora.

Así mesmo, este ano hai tres novidades principais nesta iniciativa: os campos serán de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia; a convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico; e as actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

Desta maneira, das 348 prazas que oferta o Goberno galego, 108 encóntranse nos 9 campos de voluntariado que se celebrarán na provincia de Pontevedra; 96 distribúense entre as oito iniciativas que haberá na Coruña; e tanto en Lugo como en Ourense celebraranse seis campos, isto é, 72 prazas en cada provincia.

Nova oferta

Destes 29 campos de voluntariado, 12 deles son novos este ano. A provincia de Lugo contará con catro novas iniciativas: dúas baixo o nome Os Campos do camiño, un no municipio de Palas de Rei e outro en Triacastela; Castro de Vilalonga, en Castro de Rei; e Alejandrina Álvarez en Ribas de Sil. A de Coruña terá tres novos: A Ciadella, no concello de Sobrado dos Monxes; Encaixe no camiño, en Camariñas; e o campo de voluntariado Amicos, en Boiro.

En Pontevedra os novos campos celebraranse en Lalín, baixo o nome de Tradición en verde; en Salvaterra de Miño, titulado Monte Castelo; e en Campo Lameiro, con a Idade de Bronce. Pola súa banda, Ourense poderá contar este ano con O noso rural, a nosa istoria, en Ribadavia; e Pereiro, en O Pereiro de Aguiar.

Como solicitar praza

O prazo desta convocatoria ábrese o 25 de xuño ás 16,00 h e pecharase 3 días antes do inicio de cada campo. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción. A solicitude presentarase mediante un formulario en liña, que estará dispoñible na páxina web http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran, onde se pode consultar toda a información sobre esta actividade. A cota de inscrición para todos os campos é de 110 euros; con desconto dun 25% por Carné Xove, familia numerosa ou monoparental.

Ábrese unha convocatoria extraordinaria de inscrición en cinco campos de voluntariado en Islandia, que se desenvolverán durante o outono/inverno. Son campos de temática medioambiental.

O prazo de solicitude abre o día 8 de agosto.

Máis información

  • Estas axudas teñen un orzamento conxunto de 145.245 euros e permitirán subvencionar programas e actuacións nas áreas de sensibilización, que inclúe xornadas, campañas e estudos, formación e coordinación para fomentar o traballo en rede das entidades
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, lembrou esta información durante a visita que realizou hoxe ás dúas voluntarias procedentes de Bélxica e Romanía que participan nun proxecto de nove meses de duración do Servizo Voluntario Europeo na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)

tyukyujnfug 1O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova orde de subvencións dirixidas a entidades privadas inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia para o fomento e realización de actividades de voluntariado durante 2016. Estas axudas, que se outorgarán en réxime de concorrencia competitiva, teñen un orzamento conxunto de 145.245 euros e permitirán subvencionar programas e actuacións nas áreas de sensibilización, que inclúe xornadas, campañas e estudos, formación e coordinación para fomentar o traballo en rede das entidades.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, lembrou hoxe esta información durante a súa visita ás dúas voluntarias procedentes de Bélxica e Romanía que participan nun proxecto de nove meses de duración do Servizo Voluntario Europeo na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en Santiago. No acto, Cecilia Vázquez destacou que esta nova orde, xunto coa do Servizo de Voluntariado Xuvenil, supoñen un investimento de máis de 500.000 euros no soporte das actividades das entidades de acción voluntaria, un 5% máis que en 2016.

Os conceptos subvencionables dos proxectos de voluntariado que se acollan a esta orde, serán os gastos correntes das actividades dos proxectos, a contratación de persoal técnico, a adquisición de material funxible, os servizo de comunicacións e os seguros de responsabilidade civil e de accidentes das persoas voluntarias.

A contía máxima de axuda por proxecto será de 4.000 euros e non poderán exceder do 75% do orzamento total. Co fin de que a falta de financiamento non sexa impedimento para levar a cabo os proxectos, a orde tamén contempla a posibilidade de realizar pagamentos anticipados de ata o 80% da axuda. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes e os criterios de valoración serán a coherencia xeral do proxecto, a súa viabilidade e sustentabilidade, a innovación e o emprego da lingua galega.

2016VIENTOSURNORTEA Asociación Vento Norte Sur. Punto de Información Xuvenil da Rexión de Murcia convoca as seguintes viaxes e actividades para este verán:

Viaxes solidarias
IV viaxe solidaria a favor do orfanato Essaouira Darna - Marrocos
Quenda I: 16-23 xullo 2016. Quenda II: 6-13 Agosto 2016
 
V viaxe solidaria a Ndiawara - Senegal
Quenda I: 17-27 xullo 2016 . Quenda II: 14-24 agosto 2016

Campos de traballo
Puro Mediterraneo - San Pedro del Pinatar (Murcia)
2-14 agosto 2016

Actividades
Formentera 2016
Quenda I: 2-9 xullo 2016. Quenda II: 13-20 agosto 2016. Quenda III: 21-28 agosto 2016

Descontos co carné xove.

http://www.vientonortesur.org/

  • Constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade
  • O prazo de presentación de solicitudes abrirase o venres 22 de abril
  • Os campos enmárcanse na Campaña de Verán da Consellería de Política Social, na que se investirá 2,6 millóns de euros

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, abrirá este venres día 22 o prazo de inscrición nos campos de traballo da Campaña de Verán da Consellería de Política Social. Os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos campos de traballo que se organizan en Galicia, ou ben ir aos que se celebran noutras comunidades españolas ou en 31 países de Europa, Asia, África e América.

Os campos de traballo constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade. Son accións voluntarias, que os mozos e mozas realizan de xeito altruísta e solidario, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade. Tamén promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal. Así mesmo, fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos rapaces e rapazas a oportunidade de tomar parte en campos doutras comunidades e países, polo que participar nesta oferta de mobilidade e de intercambio de experiencias, axuda ao desenvolvemento de valores de convivencia, tolerancia ou o traballo en equipo.

A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade nos meses de verán, que terán lugar en Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga, Xermade, Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, A Peroxa, Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo.

Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado.


Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma enhttp://xuventude.xunta.es

Cento vinte alumnos dos CEIP de A Lomba (Vilagarcía de Arousa), Fontiñas (Santiago de Compostela) e Virxe de Cela (Monfero), participaron na Cidade da Cultura no I Encontro do Proxecto Móvete de dinamización do voluntariado entre o alumnado dos primeiros cursos de educación primaria.

Ao longo da mañá, as nenas e nenos participantes presentaron os proxectos de voluntariado que desenvolveron ao longo deste curso escolar, que tiveron como temática o desenvolvemento rural, a protección dos dereitos dos animais e o coñecemento da realidade social da contorna. O evento finalizou cun concerto de Paco Nogueiras, onde se interpretou o tema “Móvete”, himno oficial do proxecto.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, que participou nesta iniciativa, afirmou que Móvete “pretende ser o instrumento primixenio para a primeira formación dos máis novos nos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vinculado á música como elemento de motivación”.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrece un itinerario de voluntariado integral e completo para todas as idades, de tal xeito que se inicia en Primaria con Móvete, segue con Pasaporte Solidario –dirixido a rapaces e rapazas de ata 12 anos-, continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.