A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou na inauguración do proxecto Atlic, un dos programas beneficiados do Programa Cooperación Territorial Europea (Interreg). Durante a súa intervención destacou a importancia de que a xuventude se involucre en proxectos coma este, que mesturen o crecemento económico e a sustentabilidade.
O proxecto Atlic aproveita as oportunidades da economía azul e reúne a mozos de distintos países como España, Portugal, Irlanda e Francia para idear medidas que axuden a potenciala. A directora xeral felicitounos pola súa iniciativa e lembrou que a economía azul é unha prioridade para Galicia, unha Comunidade referente internacional na exportación de produtos do mar e a primeira potencia pesqueira de Europa.
A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García e a Directora Xeral de Xuventude, Participacion e Voluntariado, Cristina Pichel, recibiron a unha vintena de mozos xaponeses que participan no programa da Xunta de Galicia A Xuventude no Mundo, que se recuperou o pasado ano logo do parón da pandemia. Fíxoo no espazo Galiverso da Cidade da Cultura no que se pode coñecer a través da realidade virtual o patrimonio artístico e paisaxístico galego.
O programa A Xuventude no Mundo permite o intercambio cultural entre a mocidade de Galicia e O Xapón, prestando especial atención ás rutas de peregrinación destes dous territorios. A ruta Xacobea e a ruta Kumano Kodo, son as únicas do mundo recoñecidas pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. Así, mediante esta iniciativa fomentase o coñecendo por parte dos mozos de ambos territorios das similitudes e contrastes entre ambas culturas.
Os mozos xaponeses descubrirán durante unha semana a nosa Comunidade visitando distintos enclaves como a Costa da Morte, a cidade de Santiago ou partes do Camiño de Santiago. Do mesmo xeito, o pasado mes de setembro, un grupo de vinte mozos galegos viaxaron ata Wakayama para coñecer a ruta deste país e outras características da súa forma de vida. Desde a posta en marcha desta iniciativa, no ano 2010, beneficiáronse deste programa máis de 300 mozos.
Xa está aberta a convocatoria para solicitar os campos de voluntariado no estranxeiro.
Consulta aquí a información.
A convocatoria para os campos de voluntariado en Galicia e noutras CCAA e para as demais actividades da Campaña de verán 2024 publicarase proximamente.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judtih Fernández, participaron no Instituto IES de Viós na primeira xornada dos obradoiros ‘Talento Mozo’ deste curso 2023-2024, dirixidos a alumnado de secundaria de toda Galicia. Á sesión de asistiu unha trintena de estudantes de 4º de secundaria, que escoitaron as experiencias de Julio Martínez Rumbo, director de proxectos do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e Sara González Iglesias, terapeuta ocupacional.
A través de ‘Talento Mozo’, a Xunta quere dar visibilidade á creatividade, empuxe, potencial e capacidade de innovación que ten a xente moza. Ao abeiro desta iniciativa estanse a facer coloquios nos centros de secundaria galegos para presentarlle ao alumnado casos de éxito da mocidade e promover que sirvan de referencia. Así mesmo, nestes coloquios dáse resposta ás dubidas que as mozas e mozos poidan ter á hora de escoller estudos superiores e a súa posterior inserción no mercado de traballo.
Julio Martínez Rumbo, graduado en Bioloxía pola Universidade da Coruña e MBA en dirección de empresas e emprendemento, traballa desde hai seis anos en Bioga desenvolvendo a xestión integral de proxectos do clúster. Pola súa parte, Sara González Iglesias é terapeuta ocupacional e comezou a traballar en ENKI, entidade que impulsa a inserción de persoas con discapacidade.
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e máis pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos) só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse na páxina do concurso:
http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar
Para participar na categoría C (exclusiva para Instagram) cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.
As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.
Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes, cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:
- 1º Patinete eléctrico
- 2º Altofalante bluetooth JBL
- 3º Cascos sen fíos
Establécese un premio para a categoría C:
- 1º Patinete eléctrico
Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o 1 de abril.
Do 2 ao 7 de abril abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas nas categorías A e B deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto na páxina do concurso.
No caso da nova categoría C a mensaxe gañadora seleccionarase en dúas fases:
1. O xurado do concurso fará unha preselección de 6 mensaxes de entre todas as presentadas en prazo e que respecten o indicado nestas bases.
2. O 15 de abril daranse a coñecer as 6 mensaxes preseleccionadas polo xurado, que concorrerán á votación final do público do 16 ao 21 de abril. Rematado o prazo de votación computaranse os gústame que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade un maior número de gústame por parte do público. No caso de que exista empate entre dúas ou máis mensaxes prevalecerán no cómputo o número de gústame dados por parte de seguidores/as de @xuventudegalicia e @linguagalega. A organización reserva para si o dereito de establecer calquera outro procedemento de desempate.
Resolución do concurso
A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 24 de abril. Tanto as mensaxes gañadoras como finalistas daranse a coñecer publicamente en http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar e nos IG @XuventudeGalicia e @LinguaGalega.
Entrega de premios
A data da entrega de premios publicarase nesta páxina web con antelación suficiente á súa realización.
A Xunta de Galicia pon en marcha a terceira edición do programa Primavera Xove, co fin de ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega, así como un recurso de coidado para as familias galegas durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril, en instalacións da Xunta de Galicia.
Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.
O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda adxudicada.
Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.
As actividades comezarán a partir do 8 de marzo.
Ofértanse 580 prazas en 29 quendas, nos 6 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións.
A cota de participación será de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 75 euros para as quendas de Semana Santa.
Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros ou 56,25 euros
O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan,tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.
MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 22 de febreiro ás 10.00 horas e será mediante o formulario en liña dispoñible nesta web.
No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.
Consulta aquí a toda a información do programa
NOTA INFORMATIVA: O folleto publicado inicialmente contiña un erro na descrición das actividades de Semana Santa do programa 4. LUGO TECH. As actividades do programa son as que figuran no folleto actual.
AVISO: Por motivos de seguridade no programa 6 “Natureza interior”, nas vindeiras quendas e ata novo aviso, substitúese a actividade de barranquismo pola de rafting no Río Ulla, dado que as actuais condicións meteorolóxicas fan impracticable a actividade inicialmente programada.
Se queres ampliar a túa formación, habilidades comunicativas e mobilidade, os proxectos Erasmus+ Xuventude e Corpo Europeo de Solidariedade (CES) son boas opcións. Son varias as entidades galegas que cada ano promoven iniciativas, e conseguen financiamento europeo, no marco destes dous programas. Estas entidades poden ser as beneficiarias principais dos proxectos, e por tanto desenvolver estes en Galicia e no resto de España, ou ben formar parte doutros que se levan a cabo noutros países como entidades socias.
De cara a achegar toda esta información de relevancia á mocidade galega, neste espazo web daremos conta dos últimos proxectos aprobados a entidades galegas (ben como beneficiarias principais ou socias) nas diferentes convocatorias de Erasmus+ Xuventude e CES, así como doutros programas europeos que poidan resultar de interese. Trátase dunha táboa en constante cambio, que se irá mudando na medida que se dispoñan de novos datos.
Táboa de información sobre proxectos Erasmus+ Xuventude e CES con solicitude de participación activa
Tipo de programa | Entidade (concello) | Título e breve descrición do proxecto | Nacional (in-country) ou internacional | Poden participar mozos/as galegos? | Lugar de realización da actividade | Datas de inicio e fin da actividade | Número de prazas ofertadas | Enlace do formulario de participación |
Erasmus+ (Youth Exchange) | Valdeorras Vive (O Barco de Valdeorras) |
Mindful Steps: an expedition through the Winter Way. Intercambio xuvenil no Bierzo e Valdeorras, onde se xuntan participantes de catro países para camiñar e descubrir xuntos o Camiño de Inverno, a ruta do Camiño de Santiago que atravesa a comarca, unha ruta na que se vai abordar a temática da saúde mental, os beneficios da peregrinación e a relación dos mozos coa natureza. | Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a catro asociacións europeas. | Si. | Itinerante: O Bierzo e Valdeorras | 15 ao 23 de xuño de 2024 | 4 | https://forms.gle/fM17W1ot6YMQrbwJ8 |
Erasmus+ (Training Course) | Valdeorras Vive (O Barco de Valdeorras) |
Terra Viva: inspiring entrepeneurship among rural youth. Curso de formación Erasmus+ que ten lugar en Peñalba de Santiago (O Bierzo), onde se reunen traballadores xuvenís e educadores de catro países para traballar na creación de proxectos de éxito en espazos rurais, con ferramentas educativas e exemplos prácticos para promover o emprendemento entre a mocidade. | Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a diferentes asociacións europeas. | Si. | Peñalba de Santiago. (O Bierzo. León) |
5 ao 12 de maio de 2024 | 2 | https://forms.gle/JSoevV2ZhymowGz68 |
Erasmus+ (Training Course) | Valdeorras Vive (O Barco de Valdeorras) |
"Mind Matters": curso de formación en Enying (Hungría) sobre saúde mental, explorando temas como os trastornos máis habituais, o estigma e como apoiar aos mozos en situacións de risco. Un proxecto en colaboración con Európa Ifjúsága Egyesület. | Internacional, organizado por Európa Ifjúsága Egyesület xunto a Valdeorras Vive coma asociación socia. | Si. | Hungría | 16 ao 24 de marzo de 2024 | 2 | https://forms.gle/Kd5aLcMuJeXfj83fA |
Erasmus+ (Youth Exchange) | Asociación Arousa Moza (Vilagarcía de Arousa) |
A actividade pretende fortalecer os lazos entre os mozos participantes e involucralos activamente cun proxecto de maior escala "European Youth Village program". A asociación que desenvolve o proxecto é ADA. |
Internacional. | Si. | Brasov, (Rumanía) | 29 de febreiro ao 8 de marzo de 2024 | https://forms.gle/6BKxUYPX74W3iy6Z9 | |
CES | Lug Open Factory Lugo |
Proxecto de voluntariado de 14 días de duración que busca traballar con mozos e mozas do rural | Intenacional, LOF recibirá mozos e mozas do resto de Europa | Si. | Lugo | Xuño de 2024 | 3 | Escribe a: Benvida@lugopenfactory.com |
CES | Fundación Condado de Taboada | Proxecto de equipos de voluntariado de 1 mes de duración co fin de preprarar e implementar o "Festival da Solidariedade de Cambados" | Catro organizaciòns internacionais e o Concello de Cambados participan como entidade de apoio para o envío de mozos/as ao proxecto. | Si. | Cambados, (Pontevedra) | 1 ao 30 de outubro de 2024 | 9 | Escribe a: social@fundaciontaboada.org |
INTERREG ATLANTIC AREA | VIDA LACTEA Lugo |
Proxecto de incubación transnacional de ideas e proxectos para a mocidade atlántica no ámbito da Economía Azul | Transnacional | Sí | Lugo, Santiago, Nantes, Saint-Nazaire, Dublin, Donegal, Santo Tirso, Arcos de Valdevez, Açores e Madeira | 1 de marzo de 2024 | 15 por ano ata 2026 | Escribe al: info@vidalactea.com |
A Xunta abriu esta semana o prazo de inscrición da quinta edición do programa Xuventude Mentoring, dirixido a asesorar e acompañar a mocidade na transición do ámbito académico ao emprego. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta semana a empresa Galchimia, na Coruña, unha das participantes desta iniciativa.
A directora xeral lembrou que a mocidade interesada poderá enviar a súa solicitude para participar na quinta edición ata o 1 de marzo a través da páxina web habilitada para este programa.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu de primeira man as actividades que se realizan no IES Fernando Blanco de Cee ao abeiro do programa Correspondentes Xuvenís da Xunta de Galicia. Unha vintena de estudantes de Formación Profesional Básica deste centro participan nesta iniciativa, que tamén conta co apoio de profesorado.
A proposta que os correspondentes deste instituto están a levar a cabo denomínase Acadix (Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero). Ademais, este alumnado encárgase de informar aos seus compañeiros de programas, axudas e iniciativas no ámbito da xuventude que son do seu interese.
Cristina Pichel destacou que este programa axuda a potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos estudantes, favorece que asuman responsabilidades e transmite valores como a colaboración ou o liderado. A xente moza que actúa como correspondente recoñécese a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.
Importe das axudas:
400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D
Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:
- Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Non estar traballando por conta propia nin allea.
- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Prazo e forma de presentación:
As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Documentación que debe presentarse coa solicitude:
- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.
- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.