O Diario Oficial de Galicia publica a orde de subvencións dirixidas a entidades privadas inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia

04 Mai 2016
  • Estas axudas teñen un orzamento conxunto de 145.245 euros e permitirán subvencionar programas e actuacións nas áreas de sensibilización, que inclúe xornadas, campañas e estudos, formación e coordinación para fomentar o traballo en rede das entidades
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, lembrou esta información durante a visita que realizou hoxe ás dúas voluntarias procedentes de Bélxica e Romanía que participan nun proxecto de nove meses de duración do Servizo Voluntario Europeo na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)

tyukyujnfug 1O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova orde de subvencións dirixidas a entidades privadas inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia para o fomento e realización de actividades de voluntariado durante 2016. Estas axudas, que se outorgarán en réxime de concorrencia competitiva, teñen un orzamento conxunto de 145.245 euros e permitirán subvencionar programas e actuacións nas áreas de sensibilización, que inclúe xornadas, campañas e estudos, formación e coordinación para fomentar o traballo en rede das entidades.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, lembrou hoxe esta información durante a súa visita ás dúas voluntarias procedentes de Bélxica e Romanía que participan nun proxecto de nove meses de duración do Servizo Voluntario Europeo na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en Santiago. No acto, Cecilia Vázquez destacou que esta nova orde, xunto coa do Servizo de Voluntariado Xuvenil, supoñen un investimento de máis de 500.000 euros no soporte das actividades das entidades de acción voluntaria, un 5% máis que en 2016.

Os conceptos subvencionables dos proxectos de voluntariado que se acollan a esta orde, serán os gastos correntes das actividades dos proxectos, a contratación de persoal técnico, a adquisición de material funxible, os servizo de comunicacións e os seguros de responsabilidade civil e de accidentes das persoas voluntarias.

A contía máxima de axuda por proxecto será de 4.000 euros e non poderán exceder do 75% do orzamento total. Co fin de que a falta de financiamento non sexa impedimento para levar a cabo os proxectos, a orde tamén contempla a posibilidade de realizar pagamentos anticipados de ata o 80% da axuda. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes e os criterios de valoración serán a coherencia xeral do proxecto, a súa viabilidade e sustentabilidade, a innovación e o emprego da lingua galega.