Primavera Xove 2022: Encontros e networking nos campus universitarios

primaveraxove2022

Primavera Xove 2022: Encontros e Networking nos campus universitarios

Esta actividade, encadrada dentro do programa Primavera Xove, busca ofrecer espazos seguros e informais para que as persoas mozas poidan desenvolverse persoal e profesionalmente e aprender dun xeito ameno e favorecendo a convivencia e o networking.

A través desta acción totalmente gratuíta, a Xunta de Galicia busca ofrecer alternativas de ocio formativo e responsable que poidan ser complementarias ao currículo académico dos mozos e mozas, ao mesmo tempo que se traballan habilidades e capacidades necesarias desde o ámbito da educación non formal para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Cada xornada enfocarase a un ámbito concreto e os relatores e relatoras serán profesionais galegos de relevancia en cada un dos eidos. Concretamente, ofertaranse 5 tipos de actividades diferentes, que rotarán polos campus de A Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade.

O obxectivo final é favorecer o debate e o networking sobre a temática tratada a través de obradoiros en grupos reducidos en espazos diferentes, distendidos, abertos e innovadores.

Estas xornadas están dirixidas principalmente a mozos e mozas universitarios, aínda que se pode inscribir a mocidade en xeral, de 18 a 30 anos.

Podes consultar a programación no seguinte enlace e completar a túa inscrición a través deste sinxelo formulario.

 

 

SORTEO! 

Entre as persoas mozas participantes nos encontros que fagan unha publicación sobre o encontro no que participaron en Instagram, sortearemos dous abonos para o festival Vive Nigrán.

https://vivenigran.com/

Pódese participar tantas veces como encontros nos que cada persoa moza participe. Consulta as bases legais da promoción neste enlace ou no perfil de Instagram de @xuventudegalicia.

 

[Form primaveraxove2022universitarios not found!]

 

A presentación deste formulario implica a aceptación das condicións do programa.

 

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE  A PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia. Consellería de Política Social.

Finalidades do tratamento

Tramitar este procedemento, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, levar a cabo as actuacións administrativas que se deriven e informar sobre o estado de tramitación. Así mesmo, os datos persoais incluiranse na Carpeta cidadá de cada persoa interesada para facilitar o acceso á información, tanto persoal como de carácter administrativo.

Lexitimación para o tratamento

O cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos segundo a lei 6/2012, do 19 de xuño, de Xuventude de Galicia, a normativa recollida no formulario, na páxina https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos e na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Consentimento das persoas interesadas, cando corresponda.

Destinatarios dos datos

As administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que as persoas interesadas poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos ou retirar, no seu caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. No caso de menores que teñan cumpridos 14 anos ou máis,poderán exercitar estes dereitos por si mesmos.

Contacto coa persoa delegada de protección de datos e máis información

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

 

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO