Plan de Xuventude de Galicia 2018-2020
WORLD CAFÉ
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado segue a avanzar na elaboración do novo Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020, como instrumento de planificación que establecerá o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude na nosa comunidade autónoma.
Queremos que o proceso de elaboración do Plan sexa o máis participativo posible e para iso invitamos a todas as persoas e institucións interesadas a participar nunha conversa conxunta. Invitámosvos a un World Café. Anímate e apúntate!
Que é un world café?
Nas conversas de café falamos do que para nós é importante. Facémolo dende a confidencia, dende a intimidade, dende o coidado, dende a seguridade...
O World Café é unha dinámica que propicia que un número grande de persoas, como 80 ou máis, poidan ter distintas conversas de "café" sobre temas que consideran importantes.
Nesta ocasión ofrecémosche falar sobre a xuventude. Sobre como está, que precisa, que poden facer as administracións públicas por ela.
Todos temos poder: poder de falar e poder de escoitar. Todas as persoas temos capacidade para influír e para recibir influencias. Pensando xuntas, identificamos novas conexións entre as ideas. Ocórresenos cousas novas.
Invitámosche a que achegues as túas ideas e experiencias libremente. Invitámosche a que escoites para comprender, para conectar ideas.
Xoga! Fai garabatos! Debuxa!
Anímate e apúntate!
Quen pode participar?
Calquera axente que se sinta implicado na elaboración do novo Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia, e nomeadamente, todos os mozos e mozas galegas, membros de asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, de entidades de acción voluntaria, escolas de tempo libre, informadores e técnicos xuvenís, alcaldes e/ou concelleiros e concelleiras de xuventude.
Que queremos conseguir?
Queremos que os distintos axentes implicados poidan realizar a súa contribución dialogada e conxunta á detección de necesidades, identificación de retos e elaboración de propostas que contribúan ao deseño das políticas de xuventude da Xunta de Galicia.
Cando e onde vai ser?
- Venres, 20 de outubro, de 17 a 20 horas en Lugo (Sala de Exposicións do Edificio Administrativo da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, Rolda da Muralla, 70).
- Venres, 20 de outubro, de 17 a 20 horas en Ourense (Espazo Xove de Ourense, rúa Celso Emilio Ferreiro, 27).
- Venres, 27 de outubro, de 17 a 20 horas na Coruña (Centro Cultural Agora, Lugar da Gramela, 17).
- Venres, 27 de outubro, de 17 a 20 horas en Vigo (Residencia Xuvenil Altamar, rúa Cesáreo González, 4).
Onde me apunto?
Apúntate aquí (ata 3 días antes do world café elixido): formulario
Non deixes de invitar a participar a quen queiras! Lembra que todas as persoas participantes teñen que apuntarse neste enlace.
Vémonos!