Se queres ampliar a túa formación, habilidades comunicativas e mobilidade, os proxectos Erasmus+ Xuventude e Corpo Europeo de Solidariedade (CES) son boas opcións. Son varias as entidades galegas que cada ano promoven iniciativas, e conseguen financiamento europeo, no marco destes dous programas. Estas entidades poden ser as beneficiarias principais dos proxectos, e por tanto desenvolver estes en Galicia e no resto de España, ou ben formar parte doutros que se levan a cabo noutros países como entidades socias.

De cara a achegar toda esta información de relevancia á mocidade galega, neste espazo web daremos conta dos últimos proxectos aprobados a entidades galegas (ben como beneficiarias principais ou socias) nas diferentes convocatorias de Erasmus+ Xuventude e CES, así como doutros programas europeos que poidan resultar de interese. Trátase dunha táboa en constante cambio, que se irá mudando na medida que se dispoñan de novos datos.

 

 

Táboa de información sobre proxectos Erasmus+ Xuventude e CES con solicitude de participación activa

 

Tipo de programa Entidade (concello) Título e breve descrición do proxecto Nacional (in-country) ou internacional Poden participar mozos/as galegos? Lugar de realización da actividade Datas de inicio e fin da actividade Número de prazas ofertadas Enlace do formulario de participación
Erasmus+ (Youth Exchange) Valdeorras Vive
(O Barco de Valdeorras)
Mindful Steps: an expedition through the Winter Way. Intercambio xuvenil no Bierzo e Valdeorras, onde se xuntan participantes de catro países para camiñar e descubrir xuntos o Camiño de Inverno, a ruta do Camiño de Santiago que atravesa a comarca, unha ruta na que se vai abordar a temática da saúde mental, os beneficios da peregrinación e a relación dos mozos coa natureza. Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a catro asociacións europeas. Si. Itinerante: O Bierzo e Valdeorras 15 ao 23 de xuño de 2024 4 https://forms.gle/fM17W1ot6YMQrbwJ8
Erasmus+ (Training Course) Valdeorras Vive
(O Barco de Valdeorras)
Terra Viva: inspiring entrepeneurship among rural youth. Curso de formación Erasmus+ que ten lugar en Peñalba de Santiago (O Bierzo), onde se reunen traballadores xuvenís e educadores de catro países para traballar na creación de proxectos de éxito en espazos rurais, con ferramentas educativas e exemplos prácticos para promover o emprendemento entre a mocidade. Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a diferentes asociacións europeas. Si. Peñalba de Santiago.
(O Bierzo. León)
5 ao 12 de maio de 2024 2 https://forms.gle/JSoevV2ZhymowGz68
Erasmus+ (Training Course) Valdeorras Vive
(O Barco de Valdeorras)
"Mind Matters": curso de formación en Enying (Hungría) sobre saúde mental, explorando temas como os trastornos máis habituais, o estigma e como apoiar aos mozos en situacións de risco. Un proxecto en colaboración con Európa Ifjúsága Egyesület. Internacional, organizado por Európa Ifjúsága Egyesület xunto a Valdeorras Vive coma asociación socia. Si. Hungría 16 ao 24 de marzo de 2024 2 https://forms.gle/Kd5aLcMuJeXfj83fA
Erasmus+ (Youth Exchange) Asociación Arousa Moza
(Vilagarcía de Arousa)
A actividade pretende fortalecer os lazos entre os mozos participantes e involucralos activamente cun proxecto de maior escala "European Youth Village program".
A asociación que desenvolve o proxecto é ADA.
Internacional. Si. Brasov, (Rumanía) 29 de febreiro ao 8 de marzo de 2024 https://forms.gle/6BKxUYPX74W3iy6Z9
CES Lug Open Factory
Lugo
Proxecto de voluntariado de 14 días de duración que busca traballar con mozos e mozas do rural Intenacional, LOF recibirá mozos e mozas do resto de Europa Si. Lugo Xuño de 2024 3 Escribe a: Benvida@lugopenfactory.com
CES Fundación Condado de Taboada Proxecto de equipos de voluntariado de 1 mes de duración co fin de preprarar e implementar o "Festival da Solidariedade de Cambados" Catro organizaciòns internacionais e o Concello de Cambados participan como entidade de apoio para o envío de mozos/as ao proxecto. Si. Cambados, (Pontevedra) 1 ao 30 de outubro de 2024 9 Escribe a: social@fundaciontaboada.org
INTERREG ATLANTIC AREA VIDA LACTEA
Lugo
Proxecto de incubación transnacional de ideas e proxectos para a mocidade atlántica no ámbito da Economía Azul Transnacional Lugo, Santiago, Nantes, Saint-Nazaire, Dublin, Donegal, Santo Tirso, Arcos de Valdevez, Açores e Madeira 1 de marzo de 2024 15 por ano ata 2026 Escribe al: info@vidalactea.com
  • Asináronse acordos cos concellos de Betanzos, A Laracha, Rois e Outes
  • Ademais, na provincia da Coruña terán lugar outros Campos de traballo xestionados directamente pola Dirección Xeral en Ponteceso, Boqueixón, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós
  • Di que os campos de traballo “promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias que do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal”
  • Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade
  • Os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos campos de traballo que se organizan en Galicia, ou ben ir aos que se celebran noutras comunidades españolas ou en 34 países de Europa, Asia, África e América

sedsewsde 1O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Diego Calvo, asinou na mañá de hoxe os convenios que permitirán a organización dos Campos de traballo 2016 na provincia da Coruña aos que definiu como “unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade”. Concretamente, a Delegación Territorial da Xunta na Coruña acolleu a firma dos acordos cos concellos de Betanzos, A Laracha, Rois e Outes. Ademais, na provincia da Coruña terán lugar outros Campos de traballo xestionados directamente pola Dirección Xeral en Ponteceso, Boqueixón, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós. O conselleiro agradeceu a presenza dos alcaldes dos concellos coruñeses que “comparten a preocupación conxunta de ofertar actividades para os mozos de entre 18 e 30 anos o que axuda a dinamizar a vida xuvenil dos concellos galegos”.

O responsable de Política Social asegurou no seu relatorio que estes campos de traballo “son accións voluntarias, que os mozos e mozas realizan de xeito altruísta e solidario, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade”. Rey Varela destacou tamén que os campos “promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias que do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal”.

Con respecto á mobilidade, o conselleiro dixo que era un dos valores fundamentais promovido por estes campos, xa que “ofrecen aos rapaces e rapazas a oportunidade de tomar parte en campos doutras comunidades axudando ao desenvolvemento de valores de convivencia, tolerancia ou o traballo en equipo”.

Catro convenios para catro campos de traballo
Os convenios asinados hoxe permitirán levar a cabo os campos de traballo nos concellos coruñeses de de Betanzos, A Laracha, Rois e Outes. Todos estes campos son de carácter internacional, para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos e cada un conta con 20 prazas, salvo o da Laracha que ten 18.

En Betanzos levarase a cabo un campo de restauración do 15 ao 26 de xullo. Os voluntarios realizarán unha valoración e diagnose do estado da Fonte das catro estacións dos Xardíns do Pasatempo e redactarán un proxecto de restauración, con limpeza e consolidación preventiva da fonte, limpeza e acondicionamento dos xardíns que a rodean e actividades de difusión e divulgación do proxecto.

En Laracha organizarase un campo medioambiental, etnográfico e patrimonial do 1 ao 15 de agosto na conca dos ríos Badroso e Acheiro. Os traballos medioambientais que se van realizar son a limpeza dun roteiro, a mellora e mantemento de paneis de sinalización, a identificación da flora do roteiro e o adecentamento de zonas de lecer. Os traballos etnográficos e patrimoniais serán os de coñecer o funcionamento e as partes dun muíño de río e as costumes e tradicións arredor deste elemento da pre industria.

En Rois realizarase un campos arqueolóxico do 1 ao 12 de agosto. O Castro de Socastro atópase na parroquia de San Pedro de Herbogo e está configurado por un recinto principal de planta oval, delimitado por un parapeto de terreo exterior. A intervención arqueolóxica no castro de Socastro consistirá principalmente na escavación, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico. É a novena edición deste Campo de Traballo.

En Outes levarase a cabo o campo medioambiental, etnográfico e patrimonial do17 ao 28 de xullo. Os voluntarios realizarán tarefas de limpeza e acondicionamento exterior da Rota do Añón, acondicionamento dun muíño e visualización da ruta natural mediante o emprego de novas tecnoloxías.

24 campos de traballo, 588 prazas en Galicia
Os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos campos de traballo que se organizan en Galicia, ou ben ir aos que se celebran noutras comunidades españolas ou en 34 países de Europa, Asia, África e América.

A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán, que ademais dos concellos coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós, celebraranse nos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, nos concellos ourensáns de Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense e A Peroxa, así como nos municipios da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Injuve ás comunidades autónomas.

Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado.

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma enhttp://xuventude.xunta.es.