Outros cursos (146)

O presente programa formativo "Desenvolvemento de Habilidades Comunicativas e Liderazgo" está dirixido a profesionais que necesitan adestrar, practicar e desenvolver especialmente as súas habilidades comunicativas e de liderado no ámbito profesional e/o persoal. A misión desta formación é ofrecer un espazo para coñecer a importancia da comunicación na nosa vida actual, así como dotar de contido práctico con exemplos, técnicas e ferramentas que permitan unha eficacia comunicativa para o profesional no seu labor. 


Datas: Do 7 ao 9 de novembro de 2023 De 18:00 a 20:00 h.


Horas lectivas: 10


Modalidade: En liña

 

Organiza: UNED


Matricula, a partir de 15,00 €, en https://extension.uned.es/logout

A Fundación Telefónica pon en marcha este programa formado por itinerarios formativos gratuítos compostos de cursos de autoestudio e talleres en liña dirixidos a técnicos, traballadores e voluntarios de entidades sociais.

https://www.fundaciontelefonica.com/voluntarios/transformacion-digital-entidades-sociales/transformacion-digital-de-las-entidades-sociales-formacion/ 

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) presenta a súa oferta de formación e de seminarios par o curso 2023/24.
As accións formativas centraranse en eidos como a ciberseguridade, as solucións na nube, a ciencia de datos ou a intelixencia artificial.

https://cntg.xunta.gal/web/cntg/programacion-activa 

A Fundación Telefónica organiza estes primeiros cursos en liña e gratuítos enfocados a estes tres sectores. Os tres cursos contarán con entre 170 e 300 horas de formación que buscarán brindar ferramentas dixitais a algúns dos sectores nos que aínda son pouco implementadas. Todos eles apuntan a impulsar a dixitalización destes sectores e capacitar aos seus traballadores nas competencias dixitais máis demandadas, nunha sociedade que tende cada vez máis á reinvención de todas as industrias produtivas.

Estes cursos van destinados á mocidade interesada no mundo dixital.

Máis información https://www.fundaciontelefonica.com/

A Fundación Accenture España organiza distintos cursos gratuitos e en liña para adquirir capacidades no mundo dixital que te acheguen ao emprego. Recibirás formación a cerca de detalles sobre o mundo dixital e as súas principais aplicacións, cómo compartir e comunicar en novos espazos dixitais, as novas formas de consumo e as ferramentas dixitais para mellorar a túa empregabilidade.

Estes cursos van destianados a todas aquelas persoas que queiran desenvolverse con soltura no espazo dixital e aproveitar todas as súas vantaxes.

Máis información https://www.fundaula.es/

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital coa Fundación EOI convoca os programas Xeración Dixital (Xeración D). Esta convocatoria pretende ofrecer un programa de formación e mentorización a persoas de equipos directivos de PEMES e aos seus traballadores, así como a mozos desempregados que queiran prepararse para contribuír á transformación dixital das devanditas empresas. Contarán con 53 entidades de formación para que impartan en todo o territorio nacional os programas formativos correspondentes.

A iniciativa de formación de "Xeración D" articúlase través de dous itinerarios formativos:
Xeración D Pemes: Formación e mentorización en transformación dixital para persoas de equipos directivos e cualificación de persoas empregadas en pemes (150 horas lectivas)
Xeración D Axentes do Cambio: Formación e mentorización a mozos menores de 35 anos desempregados ou traballadores de pemes, que conten con grao Universitario e un mínimo 6 meses de experiencia profesional, para ser os expertos que contribuirán ao proceso de dixitalización da peme (150 horas lectivas)

Destinatarios
- Mozos, preferentemente mulleres, de ata 35 anos en situación de desemprego (Programa Xeración Dixital para Axentes do Cambio para persoas desempregadas).
- Mozos, preferentemente mulleres, de ata 35 anos que estean a traballar nunha peme de entre 10 e 249 traballadores/as (Programa Xeración Dixital para Axentes do Cambio para persoas que traballan en PEMES).
- Persoas que realicen funcións directivas en PEMES de entre 10 e 249 traballadores (Programa Xeración Dixital PEMES para persoas de equipos directivos de PEMES)
Deberán preinscribirse para obter un “Bono de Formación” que lle permitirá solicitar praza entre un grupo de 53 entidades formativas.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de decembro de 2025.

Máis información https://www.acelerapyme.es/

O programa de formación tecnolóxica para mulleres Galegas Dixitais prosegue a súa xira pola nosa terra nestes meses de agosto, setembro e outubro. Trátase dunha serie de obradoiros cos que introducir ás participantes en competencias dixitais básicas e avanzadas con vistas á posta en marcha de iniciativas de emprendemento. As vindeiras actividades levaranse a cabo en Ponteareas (a partir do 17 de agosto en horario de mañá), en Vigo e Pontevedra (a partir do 28 de agosto) e máis en Silleda (a partir do 4 de setembro e até o 13 de outubro, na Casa da Xuventude).
Os obradoiros veñen da man de Beproject e ARA Formación. Galegas Dixitais é un programa financiado por fondos Next Generation da UE e promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

A iniciativa inclúe cursos gratuítos dirixido a mulleres de tres módulos con 40 horas cada un. As asistentes recibirán un portátil de regalo e o título oficial acreditativo. Abordaranse cuestións como as competencias dixitais básicas e avanzadas para a actividade empresarial e profesional.

Máis información  galegasdixitais.es/ 

A Academia Hacker INCIBE Instituto Nacional de Ciberseguridade organiza talleres temáticos de forma práctica e con exercicios reais, que teñen como obxectivo formar e capacitar en diferentes contidos de ciberseguridade.

Son impartidos 100% de maneira en liña por un experto en ciberseguridade con gran experiencia na materia e totalmente gratuítos para os asistentes.

Cada xornada terá unha duración aproximada de entre 4 horas e 4,5 horas.

Os asistentes aos talleres deben contar con conexión a Internet e un computador (é recomendable que o sistema operativo utilizado polo alumno sexa Windows ou MacOS).

Hai 9 temáticas dispoñibles que se irán repetindo periodicamente:

Espionaxe e Cibervixilancia
Fundamentos de análise de sistemas
Introdución aos Capture the Flag
Introdución á ciberseguridade en IoT
Análise forense en Windows
Fundamentos de análise de sitios web
O meu computador é un zombie (análise de redes botnets)
Programación segura de sitios web
Análise de malware en Android

No calendario que pode consultarse na web de INCIBE publícanse os talleres que se realizarán nas próximas semanas.

Un mesmo participante poderá solicitar unha ou varias temáticas diferentes (ata completar os 9 posibles) pero non poderá repetir una mesma temática máis dunha vez.

As inscricións iranse aceptando e confirmando por estrita orde de inscrición ata completar os aforos dos diferentes talleres (30 participantes). No caso de inscribirse nun taller que teña a cota cuberta, desde INCIBE contestarase ao interesado/a indicándolle datas alternativas para esa mesma temática.

As solicitudes deberán realizarse con polo menos 3 días laborables de antelación á celebración do taller. En caso de cancelación por parte do alumno, este deberá avisar con polo menos 2 días de antelación á celebración do taller.

Os interesados en rexistrarse nun ou varios dos talleres dispoñibles, poderán facelo enviando un correo á dirección "talento.ciberseguridad@incibe.es"; onde deberán indicar a listaxe de talleres aos que desexan inscribirse achegando data/hora/temática.

Máis información https://www.incibe.es/ed2026/talento-hacker/academia-hacker/talleres-tematicos

A Universidade Camilo José Cela, Gdoce Formación e P.U.E. convocan o programa "Generación Digital"

Este programa consiste en formación e mentorización en transformación dixital para persoas desempregadas ou traballadoras menores de 35 anos que queiran converterse en Axentes do Cambio Dixital. Obterase os coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a transformación dixital nas empresas e con iso mellorar a produtividade e crecemento nacional e internacionalización.

1. Xestión Empresarial e Estratéxica
2. Innovación
3. Os procesos co cliente
4. Tecnoloxía e habilitadores da transformación dixital
5. Habilidades (SOFT SKILLS)

As titulacións que obterán os alumnos/as será FORMACIÓN - Expertos/as en transformación dixital. Titulación Oficial de 15 ECTS Universidade Camilo José Cela + Titulación PMI Project Management ReadyTM Certification.

Ademais os alumnos/as que finalicen accederán a unha nova Bolsa de Emprego da E.O.I.
Ademais as PEMES que queiran incorporar no seu equipo un Axente do Cambio para impulsar a súa transformación dixital, poderán gozar de axudas de ata 20.000 € para a contratación indefinida a tempo completo.

www.tuimpulsodigital.es 

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) organiza cursos de Lingua de Signos Española.

Xa podes matricularte nos cursos que impartirán a partir de setembro en diferentes niveis:

- Nivel A1-A2, de 150 horas, ofrecerémolo en dúas modalidades a elixir: online ou presencial.
- Nivel B1.1, de 60 horas online.
- Nivel B2.2, de 80 horas online.

Os cursos online de Nivel A1-A2 e B1.1 impartiranse a través dunha plataforma en liña dispoñible as 24 horas, sen horarios.
O curso en liña de Nivel B2.2 terá clases online a través de Zoom.
En canto á modalidade presencial, que só se ofrecerán para o Nivel A1-A2, as clases terán unha duración de 2 horas e media, con dúas sesións por semana. Impartiranse estes cursos presenciais nas 7 cidades de Galicia e en horarios de mañá ou tarde.

https://www.faxpg.es/index.php?V_dir=MSC&V_idmod=62&idn=4606&newlang=galician