Outros cursos (146)

Curso de Socorrismo en Instalacións e Espazos Acuáticos Naturais no Concello de Miño

Destinatarios/as:
- Ter máis de 18 anos.
- Estar en posesión, como mínimo, do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
- Superar a proba práctica de acceso ao curso.
- Máximo de 15 alumnos/-as, e logo de ordenados segundo os tempos obtidos na proba de acceso.

Temporalización e horarios:
- Proba de acceso: Venres, 23 de febreiro (equivalente a 120 horas)
- Desenvolvemento do curso: (120 horas)
Durante os meses de marzo (días 1, 2 e 3; 8, 9 e 10; 15, 16 e 17; 22, 23 e 24; 25, 26 e 27) e abril (días 5, 6 e 7; 12, 13 e 14)
Venres (de 17:00 a 21:00 horas), sábados e o luns, martes e mércores das vacacións de Semana Santa (de 10.00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas) e domingos (de 10:00 a 14:00 horas).

Lugares de impartición:
Como Aula Polivalente para a formación utilizaráse a Aula de Formación da Casa do Pescador, situada no segundo andar.
En canto á Piscina Climatizada será na Piscina Municipal de Pontedeume.
Finalmente, o espazo acuático natural con zona de baño público será, preferiblemente, a Praia Grande de Miño.

Asistencia e diplomas finais:
A asistencia ás clases e actividades é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deberán xustificarse debidamente
A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % das clases do curso de formación será declarado/a non apto/a.
Ao rematar a acción formativa co resultado de Apto/a recibirán un diploma acreditativo, entre outros aspectos, coa relación das horas/módulos cursados, o código do expediente na AGASP, etc

Prezo:
Xeral: 500,00 € (35,00 € iniciais para a proba de acceso)
Empadroados no Concello de Miño a 01/01/2024: 300,00 € (35,00 € iniciais para a proba de acceso)

Información:
Concello de Miño:
Coa Axente de emprego e desenvolvemento local
981 782 659 / 981 784 405
promocioneconomica.emprego@concellodemino.gal
Fessga:
981 977 120
fessga@gmail.comInscricións:
Do 29 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2024 enviando a folla de inscrición coa fotografía tamaño carné, fotocopia do DNI, copia do título académico e resgardo bancario do importe da proba de acceso ao enderezo electrónico fessga@gmail.com

O obxectivo do Programa “Curso Santander | English Online 2024 - British Council” é ofrecer a oportunidade aos mozos de mellorar as súas competencias en inglés a fin de mellorar a súa empregabilidade.

O curso desenvólvese en dúas fases. A primeira, que contará cos 8.000 participantes seleccionados, e a segunda, exclusiva para os 2.000 con mellores resultados.

Tras inscribirte, recibirás unha ligazón para facer a proba de habilidades. Se non o completas, non se che considerará para a praza. O British Council realizará o proceso de selección para outorgar as prazas baseado no resultado automatizado da proba de habilidades.

Requisitos
Ser maior de 18 anos no momento da solicitude.
Solicitar o curso a través de Santander Open Academy.
Facer a proba de habilidades. Non é un test de nivel de inglés. Recomendámosche que fagas as probas no teu idioma materno. (A ligazón para realizar a proba chégache a través do correo de confirmación de inscrición).

Dotación
Este curso inclúe todos os gastos de matrícula e formación e non hai ningún custo que deba abonar o candidato.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de abril de 2024.

Máis información
https://app.santanderopenacademy.com
https://www.britishcouncil.es/
santanderopenacademy@britishcouncil.org

A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral título propio de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.

Ofertase 18 prazas:

Violín 6
Viola 2
Violonchelo 2
Contrabaixo 1
Oboe 1
Frauta 1
Clarinete 1
Fagot 1
Trompa 1
Trompeta 1
Percusión 1

Beneficiarios/as: Instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.

Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/94.
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2024.

Todo o alumnado disporá dunha bolsa por unha cantidade de 300 euros ao mes, de outubro do 2024 a xuño de 2025.
O alumnado, como membros de pleno dereito da USC, terán posibilidade de aloxamento na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións.

Inscrición: As solicitudes poderán presentarse ata o día 9 de xuño de 2024 a través da páxina web www.eaem.es 

Máis información en www.eaem.es 
http://www.consorciodesantiago.org/sites/default/files/bases_caeo_24-25.pdf 

Academia Cero imparte en Xinzo de Limia o curso Actividades de vendas
É un curso de nivel 2 financiado polo SEPE, totalmente gratuíto.
Impartirase en Xinzo de Limia a partires do 5 de febreiro en horario de mañá: 09:15-14:15.

Hai axudas económicas de transporte, así como conciliación, discapacidade, violencia de xénero ou persoas maiores a cargo.

A Escola Galega de Administración Pública convoca a xornada A Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.

Contidos
– A xestión integrada das zonas costeiras como clave da Lei 4/2023 e a súa plasmación nos seus diferentes puntos.
– O réxime xurídico dos usos e das actuacións estratéxicas do litoral na Lei 4/2023.
– Ordenación do litoral e repartición de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas: a resposta xurídica da Lei 4/2023.

Desenvolvemento
Data: 31 de xaneiro de 2024.
Modalidade: presencial.
Horario: de mañá.
Horas lectivas: 5.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Número de prazas limitado á capacidade do local.

Inscrición
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do 19 de xaneiro ata as 23.59 horas do día 28 de xaneiro de 2024.

Máis información no DOG do 18 de xaneiro de 2024

A Fundación Paideia Galiza en colaboración coa EOI (Escuela de Organización industrial) convoca unha nova edición do programa Márketing Dixital e Cooperativismo.
Este programa está dirixido a mozas e mozos entre 16 e 29 anos inscritos en Garantía Xuvenil
A formación comenza o 18 de febreiro de 2024 e desenvolverase simultaneamente na Coruña e Santiago de Compsotela en horario de luns a venres, de 10:00h. a 14:00h

https://www.paideia.es/curso-marketing-dixital/ 

A Cámara de comercio da Coruña ofrece unha variada oferta formativa dirixida á mocidade rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que lles permita mellorar a súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Todas estas actividades están subvencionadas ao 100% polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral, que informa que os cursos foron elaborados “para responder ás necesidades reais das empresas”.

- curso de Excel e Power BI (de principiante a avanzado) do 22 de xaneiro ao 22 de marzo
- curso de MOS (Microsoft Office Specialist), do 29 de xaneiro ao 12 de abril
- curso de Deseño e desenvolvemento de videoxogos (do 29 de xaneiro ao 9 de abril)
- curso Visual Merchandising (do 19 de febreiro ao 25 de abril)
- curso Xestión de redes sociais, Canva e creación de fotos para redes (do 21 de febreiro ao 30 de abril)
- curso Deseño 3D do 10 de abril ao 13 de xuño
- curso de Excel e Power BI, 2ª quenda (de principiante a avanzado) entre o 24 de abril e o 27 de xuño.
- curso de Panadería e repostería
- curso de Maquillaxe profesional
- curso de Persoal de apoio para xestoría
- curso de Composición floral: técnicas e elementos principais
- curso de Axente dinamizador do feito xacobeo (guía turístico)
- curso de Visual merchandising, escaparatismo e atenión ao cliente e xestión comercial
- curso de Auxiliar de reposición e ventas en grande superficie
- curso de Cociña
- curso de Xeadería e repostería

https://www.camaracoruna.com/es/pag/cursos-pice-programa-de-garantia-juvenil-para-menores-de-30-anos/ 

Cursos no CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia)
 
-Administración de bases de datos MySQL (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12569 
-Microsoft Azure Administrator - 1ª edición (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12785 
-Google Cloud Architect- Quenda de mañá (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12607 
-Google Cloud Architect- Quenda de tarde (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12603 
-Architecting on AWS - 2ª edición (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12602
-Introdución á programación de videoxogos con Unity (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/641102 
-Microsoft Azure AI Fundamentals (Curso virtual): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12586 
-ITIL 4 Specialist: Drive Stakeholder Value (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12574 
-ITIL 4 Specialist: High Velocity IT (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12575 
-VMware: optimización e escalado (Curso Presencial): https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/12568 
 
Máis información:
 

A UNED organiza un curso de "Psicoloxía e adolescencia", no que traballarán contidos vencellados ao desenvolvemento neste período da vida. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

Contidos:
A cultura adolescente. As diferentes conceptualizaciones e representacións acerca das categorías: puberdade, adolescencia e mocidade. Factores endóxenos e exógenos. Cambios corporais.
Desenvolvemento afectivo emocional. Mecanismos intervenientes na construción da identidade.
Desenvolvemento social. Sexualidade. Implicación sociocultural no desenvolvemento social. A vulnerabilidade na adolescencia.

Datas: do 22 de febreiro ao 1 de abril de 2024
Horas: 25
Prezo: 35 €

https://extension.uned.es/actividad/idactividad/33631 

A Ferderación de persoas xordas de Galicia organiza varios cursos de Lingua de Signos Española nivel A1
A formación desenvolverase entre os meses de febreiro e maio de 2024 en Lugo, Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol, Santiago e Pontevedra.

Prezos, datas e horarios: https://www.faxpg.es/cursos-presenciales-lse-a1-2024-es.html