Novas e actividades (1315)

O Proxecto Zero é unha iniciativa de formación e empoderamento da mocidade en España, co ambicioso obxectivo de crear a Primeira Xeración Libre de Tabaco para o ano 2030.

Se tes entre 15 e 21 anos este programa ofréceche formación específica e técnica sobre o tabaquismo, habilidades de liderado, comunicación e innovación orientada á acción e ao impacto social.

A Sesión de Benvida será o 31 de maio e o programa de formación realizarase do 18 de setembro ao 22 de novembro, culminando cun evento en decembro no que se medirá o impacto e se fará o seguimento dos futuros líderes do Movemento de Espazo Sen Tabaco.

Construamos un futuro máis saudable para todos!

Máis información
https://proyectozero.loquedeverdadimporta.org/
Inscrición

Xa se coñecen as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega.

Como en edicións anteriores, o certame contou con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios.

Regueifas premiadas

Chega o XIV Encontro de Artistas Novos, #EAN14, que se celebra do 25 ao 29 de agosto de 2024

O Gaiás convértese por décimo cuarto ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais.

O Encontro de Artistas Novos busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes de Galicia e procedentes doutros lugares e tamén permitirlles entrar en contacto con creadores e creadoras de recoñecida traxectoria e con axentes do sector de eidos como a crítica e o comisariado, que participan no encontro como art followers.

O EAN14 selecciona 40 artistas emerxentes que durante o encontro realizan unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo así de plataforma e escaparate das súas creacións. Teñen tamén a oportunidade de optar a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura, convertidas en espazo expositivo non convencional.

As persoas interesadas en participar deben enviar a documentación requirida ao enderezo electrónico que figura nas bases de participación antes das 14:00 horas do venres 24 de maio de 2024.

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/xiv-encontro-de-artistas-novos-ean14 

A Xunta de Galicia convoca exames teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.

Prazos:
Convocatoria de abril de 2024. Matrícula do 11 ao 22 de marzo, ambos inclusive.
Convocatoria de setembro de 2024. Matrícula do 5 ao 16 de agosto, ambos inclusive.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co procedemento PE616C

Máis información no DOG do 7 de marzo de 2024

Proxector é un espazo web dedicado a compilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais en lingua galega de apoio a docentes e estudantes de ensino medio, bacharelato e ensino universitario. Na actualidade, conta con 1.544 materiais publicados dunha manchea de áreas temáticas diferentes.

Os vídeos están clasificados segundo a súa temática, o idioma no que foron gravados ou subtitulados e o nivel de ensino no que se considera que poden ser empregados. A maiores, ofrécese unha ficha descritiva coa información básica de cada recurso. Pódese acceder aos contidos a través da busca libre ou dos diferentes despregábeis, que permiten filtrar os resultados segundo os criterios de clasificación antes citados.

O cine, acción da ficción é o título do novo especial do portal divulgativo Proxector, especial adicado á sétima da arte e “en lembranza da presentación do cinematógrafo por estas mesmas datas en 1895, e tamén como escaparate do puxante cinema galego na actualidade”. Trátase de dez pezas audiovisuais que nos falan dos procesos técnicos e creativos, da accesibilidade, a dobraxe ou o poder da mensaxe, tamén a nivel científico.

O especial contextualízase en dúas datas clave: por unha banda, a do 28 de marzo de 1895, en París, cando os irmáns Lumière presentaron ao público o seu cinematógrafo; e nalgún punto de 1897, cando o aparello chega a Pontevedra, nunha xira que continuou por Vigo, Tui, A Coruña, Ferrol e Lugo.

https://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10492

A Rede Museística Provincial de Lugo organiza Estratexias da Museoloxía Social da Rede: EdMS24 e abre o período de inscrición para o ciclo de conversas Investigar e aprender no museo: outro tempo.

Este ciclo de conversas forma parte de Estratexias da Museoloxía Social da Rede: EdMS24, unha nova experiencia para a comunidade iberoamericana da Rede: un espazo de diálogo, posta en común e pensamento colectivo. Dende a perspectiva da educación e a investigación no museo -en liña co lema do Día Internacional dos Museos deste 2024– e co foco posto no tempo.

Coñeceranse experiencias, da man de profesionais de referencia internacional nos ámbitos da educación e a investigación no eido museístico. Pero tamén se falará e debatirá sobre que condicións deben darse para xerar contextos con tempo de calidade para que profesionais de museos, outros axentes culturais e a propia comunidade poidan indagar, experimentar e aprender sobre as súas coleccións ou sobre as realidades sociais do territorio.

O ciclo de conversas levarase a cabo en liña todos os martes de 17:00 a 18:30 entre o 9 e o 30 de abril, ambos incluídos.

A inscrición realizase a través do formulario en liña.

Máis información
https://comunidadermpl.gal
Inscrición

Publícanse as instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes: parte obrigatoria e parte voluntaria.

A parte obrigatoria da proba versará sobre as seguintes materias correspondentes ao segundo curso de bacharelato: Lingua Castelá e Literatura II; Lingua Estranxeira II; Lingua Galega e Literatura II; Historia de España ou Historia da Filosofía, a elección do alumnado no momento da matrícula nas probas, e sobre a materia obrigatoria cursada da modalidade.

BABAUOBRIGATORIA2


Na parte voluntaria, o alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, que escollerá entre as materias de modalidade do segundo curso de bacharelato e a materia común que non escolleran previamente na parte obrigatoria ao optar entre Historia de España e Historia da Filosofía. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse da materia optativa Segunda Lingua Estranxeira II nunha das opcións lingüísticas (alemán, francés, inglés, italiano ou portugués) distinta da que cursasen na materia común Lingua Estranxeira II.

BABAUVOLUNTARIO

As probas correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.

Datas ABAU 2024
Realizaranse dúas convocatorias da ABAU: unha ordinaria e outra extraordinaria.
– As probas correspondentes á convocatoria ordinaria realizaranse os días 4, 5 e 6 de xuño de 2024.
– As probas correspondentes á convocatoria extraordinaria realizaranse os días 2, 3 e 4 de xullo de 2024.

Exames de cursos pasados: https://ciug.gal/gal/abau/exames
Notas de corte de 2023: https://ciug.gal/PDF/ACCESO2023/decimo_prazo.pdf
Máis información: https://ciug.gal/gal/abau

Xa podes disfrutar do vídeos gañadores e das mencións do concurso Pioneiras en 60"

Tamén podes asistir en Madrid á III Edición de "Pioneras Hoy" o día 6 de marzo.

"Pioneras Hoy" comezará cunha proxección que incluirá os traballos gañadores e as mencións especiais da última convocatoria do concurso e algunhas das pezas máis reseñables de edicións anteriores.

Ademais haberá un coloquio protagonizado pola directora de cine, Isabel Coixet; a xornalista especializada en pracer, Noemí Casquet; a campioa do mundo e olímpica de halterofilia, Lydia Valentín; a actriz, Irene Escolar; e a enxeñeira e divulgadora, Beatriz Crisóstomo.

O evento finalizará cuns viños e un picoteo aderezado con música no que poderás intercambiar ideas con todas elas.

Se queres asistir a "Pioneiras Hoy" o 6 de marzo en Madrid, escribe a info@culturainquieta.com co asunto "INVITACIÓN PIONEIRAS HOXE 2024".

Vídeos premiados: https://culturainquieta.com/cine/los-videos-ganadores-de-la-iv-edicion-de-pioneras-en-60/

A Deputación de Pontevedra convoca os Premios Provinciais á Xuventude. O obxectivo destes galardóns é promover o talento da mocidade da provincia.

Estes premios anuais están dirixidos a mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

1. Proxectos de agrupacións estudantís:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

2. Iniciativa empresarial:
• Primeiro premio: 2.000,00 euros
• Segundo premio: 1.250,00 euros
• Terceiro premio: 750,00 euros

3. Educación en valores:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

Nesta categoría o importe do premio deberá destinarse na súa totalidade á adquisición de material, a saídas educativas, a proxectos escolares, a bolsas para o alumnado ou a calquera outra actividade que teña relación directa coa programación do centro.

4. Investigación:
4.1. Subcategoría. Ciencias, arquitectura e enxeñería:
• Primeiro premio: 2.000,00 euros
• Segundo premio: 1.250,00 euros
• Terceiro premio: 750,00 euros

4.2. Subcategoría. Artes, humanidades e ciencias sociais e xurídicas:
• Primeiro premio: 2.000,00 euros
• Segundo premio: 1.250,00 euros
• Terceiro premio: 750,00 euros

5. Contido audiovisual:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

6. Traballo musical:
6.1. Música clásica: 2.000,00 euros
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

6.2. Outros xéneros:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

7. Traballo literario breve:
7.1 Narrativa:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

7.2 Poesía:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

8. Banda deseñada:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

9. Fotografía orixinal:
9.1 Serie fotográfica:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

9.2 Fotografía:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

10. Deseño e moda:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

11. Reacción polo clima:
• Primeiro premio: 1.000,00 euros
• Segundo premio: 600,00 euros
• Terceiro premio: 400,00 euros

As persoas interesadas en participar preinscribiranse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)
Co fin de garantir o anonimato das persoas interesadas nas categorías nas que así se esixe, os proxectos presentaranse nunha fase posterior á de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de abril de 2024.

Máis información: https://www.depo.gal/-/premios-provinciais-a-xuventude

A segunda edición da Feira de Emprego da Universidade de Santiago de Compostela (USC) será en formato virtual os días 24 e 25 de abril.
Esta feira converterase nun lugar de encontro entre a Universidade, empresas, alumnado e egresados/as.

https://uscgalempresas.easyvirtualfair.com/