Mensaxes gañadoras do concurso Lingua de Namorar 2022! Parabéns ás persoas gañadoras:
Na categoría A:
1º premio: "Á flor baixo a neve", de Carmen Fernández Margusino
2º premio: "Amor contraditorio", de Lucas Paz González
3º premio: "Desde Vilamor ata Fisterra", de Laura Sande Vázquez
Na categoría B:
1º premio: "O amor de iglú", de Pedro Rodríguez Villar
2º premio: "Dúas partes que son unha", de Ania Ferreira Longueira
3º premio: "Filautía", de Andrea López Otero
Na categoría C: #Pulsión, de Sofía Muñoz Somoza, @sofi.mso
Mensaxes gañadoras da categoría A
1º premio: Á flor baixo a neve, de Carmen Fernández Margusino (Ourense)
A ti, que non es capaz de dicilo.
A ti, que nunca escoitaches un silencio tan forte cando tantas palabras necesitabas.
A ti, que es unha flor sepultada baixo a neve,
en espera dunha primavera que só ti podes facer chegar.
A min, aínda que agora non o sinto, algún día o poderei dicir.
quérote,
quérome.
2º premio: Amor contraditorio, de Lucas Paz González (A Coruña)
Amor monta cabalo e cingue armadura.
Peito lustroso e semblante gallardo;
no seu cavilar absorto cabalga
altivo guerreiro das causas soadas.
Fóra da poesía, Amor murcho camiña descalzo,
roupa esfarrapada viste o seu corpo,
ferro luxado rodea os seus pulsos,
vencido guerreiro das causas perdidas.
Dualidade do amor: plenitude e carencia.
3º premio: Desde Vilamor ata Fisterra, de Laura Sande Vázquez (A Coruña)
Tiña unha ditosa sensación
que acelerou o meu corazón,
desde Vilamor ata Fisterra
nunha ruta de amor pola nosa terra.
Din que as palabras son levadas polo vento
mais díxenche “quérote, amor” cando facía bo tempo,
unha esdrúxula e unha aguda que non son tan graves
seguidas dun sorriso e unha chave.
Mensaxes gañadoras da categoría B
1º premio: O amor de iglú, de Pedro Rodríguez Villar (Pontevedra)
O nórdico refúxianos cando cae a noite,
fóra del hai medos, desilusións, fracasos
e unha chea de palabras moribundas
que saen canda as lúas novas.
No interior estamos a salvo
co abrazo dos nosos corpos nus
nun refuxio de amor de iglús
e a ilusión brotando dun bico
que nos calma
no bule bule de erratas da vida.
2º premio: Dúas partes que son unha, de Ania Ferreira Longueira (Vigo)
Unha vez perdinte nun poema,
entón busquei onde poderiamos atoparnos.
Estariamos nunha aliteración
na anáfora da palabra amor,
talvez
na antítese do medo
sinestesia duns ollos falando,
pleonasmo nos erros,
circunloquio para irnos
onde comezamos.
Pero non, aquí estás:
es o espazo en branco,
a sílaba perdida
das palabras que non podo rematar.
3o premio: Filautía, de Andrea López Otero (Lugo)
Existe
Todo aquilo que somos,
dentro deste corpo aloumiñante.
En min
persoal e venturosa
fausta
nun mundo poderoso
nunha mente fría
que non deixa de ferver.
Existe
Un suspiro mainiño;
a forza da vertixe
un ollar devagar.
Rotundos e incandescentes,
fogosos
finitos
os pensamentos do /eu/
Eu
que a cada espazo
de tempo
veloz
lenta
viva
/eu/
me quero
Na categoría C do concurso a mensaxe que resultou gañadora ao recibir o maior número de "gústame" a seguinte:
Sofía Muñoz Somoza (Cambados, Pontevedra) @sofi.mso
#Pulsión
Na congregación de mensaxes atemporais conflúe a secuencia de pulsións que aviva o
itinerario compartido.
Grazas tamén a todas as persoas que participastes no concurso e puxestes en valor a nosa lingua
Como cada ano, o 17 de abril conmemórase o Día Europeo da Información Xuvenil. A Axencia Europea da Información e o Asesoramento Xuvenil (ERYICA) declarou esta data no 1983 para subliñar os servizos de atención á xente nova en materia de información, apoio e formación.
Este ano a efeméride cobra maior importancia por estarmos no Ano Europeo da Xuventude. Neste sentido, na publicación que fai o INJUVE destácase o papel dos traballadores e traballadoras da información xuvenil entre a mocidade, axudándolles a participaren de xeito activo na sociedade. Por outro lado, o Portal Europeo da Xuventude promove actividades e interaccións entre a mocidade europea para dinamizar este ano xuvenil.
En Galicia, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, volve difundir unha infografía que recolle todos os puntos que integran a rede galega de información xuvenil: 12 Espazos Xoves, máis de 230 OMIX (oficinas municipais de información xuvenil), os Servizos provinciais de Xuventude (A Coruña, Lugo, Vigo e Ourense) e as oficinas locais de Pontevedra e Ferrol, o Centro coordinador de Información xuvenil (Santiago de Compostela)l e unha rede de case 500 mozos e mozas correspondentes xuvenís (en 60 centros de ensino secundario) e 112 correspondentes universitarios/as (nos 7 campus universitarios).
Nestes tempos cobra aínda máis importancia a modalidade de información dixital. Aquí cómpre citar a nosa páxina web http://xuventude.xunta.es, a nosa canle de whatsapp e os nosos perfís nas principais redes sociais, incluíndo o perfil de @xuventudegalicia e os perfís dos Espazos Xoves.
O obxectivo desta rede é achegar a toda a mocidade información sobre temas do seu interese como ocio xuvenil, emprego, formación, emancipación, voluntariado, axudas económicas ou certames creativos. Estes contidos han de proporcionarse de xeito que sirvan para que a xuventude coñeza as súas oportunidades e mellore a súa autonomía, buscando así a súa participación como membros activos da sociedade.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pon en marcha para 2022 a segunda edición do programa de voluntariado ambiental, de carácter interxeracional e totalmente gratuito para as persoas voluntarias, que se desenvolverá durante as fins de semana, a partir do 29 de abril, prolongándose ata o mes de setembro. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a protección e conservación do medio ambiente, incidindo desde unha perspectiva de sensibilización e educación ambiental.
Están programadas 20 actividades, ampliándose a oferta a 270 prazas nos seguintes espazos naturais:
• Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: lla de Ons
• Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Illas Cíes
• Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Cortegada
• Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Sálvora
• Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
• Parque Natural O Invernadeiro
• Parque Natural Serra da Enciña da Lastra
• Parque Natural Monte Aloia
• Parque Natural Fragas do Eume
• Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés
• Reserva da Biosfera Terras do Miño Mondoñedo
• Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
• Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras do Burón Ribadeo
• Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel
• Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
Nestes espazos, as persoas voluntarias desenvolverán actividades de:
- Preservación, limpeza e conservación
- Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)
- Sensibilización e formación
A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (autobús desde Santiago de Compostela e/ou barco), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas. Cada participante deberá levar os úteis de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.
O programa desenvolverase con todas as garantía de seguridade e saúde polo que as prazas serán limitadas a 10 ou 15 por acción.
Requisitos de participación
Os requisitos de participación son os seguintes:
- Ter 18 anos cumpridos
- Residir na comunidade autónoma de Galicia
- Cumprimentar o formulario de inscrición
O prazo de inscrición comezará o día 18 de abril ás 12.00 horas na web de Voluntariado https://voluntariadogalego.org/
Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse en dúas accións como máximo.
Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.
Máis información en:
programas.xuventude@xunta.gal
881 999 567
Segundo o Eurobarómetro, os problemas ambientais son unha prioridade para o 67% das persoas mozas, que lideran as reivindicacións polo clima a nivel mundial, e os servizos de información dirixidos a elas deben darlles o apoio necesario.
Esta guía explora o papel destes servizos no actual contexto de emerxencia climática e inclúe boas prácticas e exemplos sobre a información que se debe proporcionar para involucrar e empoderar á mocidade neste ámbito.
Está dividida en catro capítulos.
O primeiro deles explora o labor dos servizos de información xuvenís, comprometéndose coa creación de conciencia a través de actividades, prácticas e comportamentos inspiradores de diferentes organizacións.
O segundo recolle consellos para que as diferentes entidades deseñen a súa estratexia verde de forma participativa.
O terceiro céntrase na información xuvenil de calidade, que inclúa programas ambientais, fundamentalmente a nivel local.
E o cuarto inclúe ferramentas para abordar os problemas de sustentabilidade ambiental coas persoas mozas, como actividades formativas, grupos de debate ou programas de educación non formal.
Tamén ofrece consellos para que as oficinas dos diferentes servizos reduzan a súa pegada ecolóxica.
Podes atopar toda a información sobre guía Servizos de Información Xuvenil Sostibles aquí.
EVENTO I EDICIÓN XUVENTUDE MENTORING
Mañá, sábado, á partir das 10 horas, celebraremos o evento final e a entrega de diplomas da I edición do Programa Xuventude Mentoring, un pioneiro programa integral de formación e mentoring que a Consellería de Política Social puxo en marcha, en 2021, en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas, coa cofinanciación do FSE a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
O programa, no que participaron case 200 persoas mozas nesta primeira edición, conta cun panel de 146 persoas mentoras e máis de 20 entidades colaboradoras, e acadou unha inserción laboral do 40% dos mozos e mozas participantes.
A de mañá será unha xornada para celebrar, contar experiencias e aprendizaxes das persoas mentoras e da mocidade mentorizada, e coñecer novidades sobre as seguintes edicións.
Poderase seguir, en directo, desde este enlace: https://vimeo.com/event/1969535
Tras a primeira experiencia piloto de 2021, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento.
Tres formatos diferentes, dous meses e un só público: os mozos e mozas galegos.
Este 2022, Primavera Xove levarase a cabo entre os meses de abril e maio. Está composto por tres formatos de accións diferentes que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas, con independencia da súa idade. Por iso, haberá accións concretas tanto para os rapaces máis novos como para o estudantado universitario ou que xa rematara os seus estudos. A programación desta nova iniciativa de educación non formal e entretemento saudable estará composta por:
» Programa de Semana Santa e de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
» Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.
» Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia.
Todas as actividades levaranse a cabo seguindo as medidas de prevención, seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19. Así mesmo, para a actividade nos albergues xuvenís que inclúe pernoita, deberase achegar unha declaración responsable sobre condicións de saúde á entrada da estancia, que será facilitada con anterioridade pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Este programa levarase a cabo en 8 instalacións diferentes repartidas por toda Galicia: albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo), albergue xuvenil Marina Española (Sada), albergue xuvenil Area (Viveiro), albergue LugII (Lugo), albergue xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa), campamento xuvenil de Pontemaril (Forcarei), Residencia de Tempo Libre do Carballiño e Estación de Montaña de Manzaneda . Ofertaranse un total de 600 prazas que permitirán aos mozos e mozas ampliar as súas habilidades e competencias, así como participar en actividades físico-deportivas, de aventura e tecnolóxicas, fomentando actitudes de cooperación e respecto; ao mesmo tempo que se achega un recurso de coidado durante períodos non lectivos para as familias galegas.
-Quen pode participar?
O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 17 anos no momento da solicitude e queiran gozar dun programa de actividades de educación non formal en distintas instalacións da Xunta de Galicia.
-Prazas
O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións é de 20, agás no caso da quenda de Semana Santa de Manzaneda, que será de 40 prazas.
-Cando?
-Prazo e método de inscrición
O prazo de inscrición comezará o día 25 de marzo ás 12.30 horas. FORMULARIO DE INSCRICIÓN (pechado)
As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios sempre e cando se cumpran os requisitos. Unha vez confirmada a praza (recibirase un correo electrónico de confirmación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado), o/a participante terá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a copia escaneada do DNI xunto co xustificante do pagamento, e a copia do Carné xove, a tarxeta de familia numerosa ou o certificado de familia monoparental, de ser o caso. Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico xuventur@xunta.gal, no asunto indicarase o programa no que está inscrito, e suporá a adxudicación da praza.
-Prezo do programa
As persoas ás que se lles adxudique unha praza deberán aboar un prezo de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 150 euros para a Semana Santa. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. Deste xeito, os/as participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros ou 112,5 euros segundo corresponda.
Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte enlace
Declaración responsable sobre a covid-19
Ao longo dos venres e xoves do mes de abril e comezos de maio, e de xeito totalmente gratuíto, cada Espazo Xove celebrará unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna. Aínda que cada unha terá as súas particularidades e nela participarán persoas diferentes, haberá varios denominadores comúns:
-Quen pode participar?
A mocidade das contornas de cada espazo xove.
-Cando?
-Prazo e método de inscrición
Pódese reservar praza xa nas diferentes actividades directamente en cada espazo xove.
Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte enlace ou nas redes sociais dos Espazos Xoves.
A través desta acción totalmente gratuíta, a Xunta de Galicia busca ofrecer alternativas de ocio formativo e responsable que poidan ser complementarias ao currículo académico dos mozos e mozas, ao mesmo tempo que se traballan habilidades e capacidades necesarias desde o ámbito da educación non formal para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Cada xornada enfocarase a un ámbito concreto e os relatores serán profesionais galegos de relevancia en cada un dos eidos. Concretamente, ofertaranse 5 tipos de actividades diferentes, que itinerarán polos campus de A Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade.
O obxectivo final é favorecer o debate e o networking sobre a temática tratada a través de obradoiros en grupos reducidos en espazos diferentes, distendidos, abertos e innovadores.
-Quen pode participar?
Estas xornadas están dirixidas principalmente a mozos e mozas universitarios, aínda que se pode inscribir a mocidade en xeral, de 18 a 30 anos.
-Prazas
Poderán asistir 25 persoas como máximo a cada sesión, seleccionadas por orde de inscrición. Cada persoa moza poderá participar en tantas xornadas como queira.
-Cando?
Esta acción levarase a cabo os seguintes mércores de abril (6, 20 e 27) e de maio (4 e 11). A programación será de tarde e cada xornada terá unha duración aproximada de 2 horas.
-Prazo e método de inscrición
O prazo de inscrición a cada acción ábrese ás 10:00 horas do 1 de abril a través do seguinte formulario.
As prazas adxudicaranse por estrita orde de inscrición. As persoas que non obteñan praza pasarán á lista de reserva. Poderase escoller participar nunha ou en varias das accións contempladas na programación.
Consulta a información completa de Primavera xove aquí
Xa podes votar polas túas mensaxes favoritas de Lingua de Namorar, concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O período de votacións estará aberto ata o día 27 de marzo.
Aquí podes ler as mensaxes que se presentaron e votar pola que máis che guste: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar
O sábado 26 de marzo desenvolveuse en no Centro Residencial Docente A Coruña (Culleredo) a fase clasificatoria de Parlamento Xove na categoría de Universidade. Participaron un total de 43 persoas mozas.
O tema de debate foi Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?
Equipos participantes na fase clasificatoria:
Campus Santiago de Compostela 1
Campus Santiago de Compostela 2
Campus Santiago de Compostela 3
Campus Santiago de Compostela 4
Campus Santiago de Compostela 5
Campus Santiago de Compostela 6
Campus Vigo 1
Campus Vigo 2
Campus Vigo 4
Campus Vigo 5
Campus A Coruña
Campus Pontevedra 1
Campus Pontevedra 2
Finalizada a xornada, os 8 equipos clasificados para a final da categoría de Universidade foron os seguintes:
1. Campus Santiago de Compostela 2. Santiago. A Coruña
2. Campus Santiago de Compostela 5. Santiago. A Coruña
3. Campus Santiago de Compostela 3. Santiago. A Coruña
4. Campus Santiago de Compostela 1. Santiago. A Coruña
5. Campus Vigo 2. Vigo. Pontevedra
6. Campus Santiago de Compostela 6. Santiago. A Coruña
7. Campus Vigo 4. Vigo. Pontevedra
8. Campus A Coruña. A Coruña. A Coruña
E as catro persoas mozas seleccionadas como mellores oradores/as polos equipos de xurado foron:
Paula Álvarez García. Campus Santiago de Compostela 2. Santiago
Pablo Abelleira Acevedo. Campus Pontevedra 2. Pontevedra
Jaime Arangüena Laffón. Campus A Coruña. A Coruña
María Pedreira López. Campus Santiago de Compostela 3. Santiago
Cómpre destacar o gran seguimento dos debates en directo a través da canle de Youtube de @XuventudeGalicia (aínda dispoñibles):
SALA A: https://youtu.be/vD3MUBlhWbc
SALA B: https://youtu.be/tMN9BGW99mM
SALA C: https://youtu.be/2R-3IzoyyJU
O venres 11 e o sábado 12 de marzo desenvolveuse a fase clasificatoria de Parlamento Xove na categoría de Bacharelato no Centro Residencial Docente A Coruña (Culleredo).
O tema de debate é Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?
Equipos participantes na fase clasificatoria:
Colexio La Salle 1. Santiago
Colexio La Salle 2. Santiago
Colexio Maristas Cristo Rei 1. A Coruña
Colexio Maristas Cristo Rei 2. A Coruña
IES de Mugardos. Mugardos
IES Fontexería. Muros
IES Plurilingüe Fontexería. Muros
IES Rafael Puga Ramón. A Coruña
Colexio Peñarredonda. Lugo
CPR Plurilingüe San José Fec. Lugo
IES da Terra Chá José Trapero Pardo. Castro de Rei
IES Monte Castelo. Burela
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Lugo
Colexio Internacional SEK-Atlántico 1. Poio
Colexio Internacional SEK-Atlántico 2. Poio
Colexio Mariano. Vigo
IES Laxeiro. Lalín
IES Marco do Camballón 1. Vila de Cruces
IES Marco do Camballón 2. Vila de Cruces
IES Salvaterra de Miño. Salvaterra de Miño
IES Sánchez Cantón. Pontevedra
IES Soutomaior. Soutomaior
IES Val do Tea. Ponteareas
IES Valle Inclán. Pontevedra
En total participaron 92 mozas e mozos.
Equipos clasificados
IES RAFAEL PUGA RAMÓN. A CORUÑA
COLEXIO LA SALLE 1. SANTIAGO DE COMPOSTELA
IES SANCHEZ CANTÓN. PONTEVEDRA
IES DE SOUTOMAIOR. SOUTOMAIOR
COLEXIO PEÑARREDONDA. A CORUÑA
COLEXIO LA SALLE 2. SANTIAGO DE COMPOSTELA
IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES. LUGO
COLEXIO MARIANO. VIGO
E as catro persoas mozas seleccionadas como mellores oradores/as polos equipos de xurado foron:
Andrés Collantes Barros do Colexio La Salle 1
Blanca Noya Juncal do Colexio La Salle 1
Óscar Rodríguez de Vivero do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
Alfonso Vázquez Losada do Colexio Peñarredonda
Aquí podes ver os debates:
SALA A: https://www.youtube.com/watch?v=N5jfOoHuWto
SALA B: https://www.youtube.com/watch?v=5Vw6k9-KyjQ
SALA C: https://www.youtube.com/watch?v=IYWr0_aSnm8
Os días 4 e 5 de marzo celebrouse a fase clasificatoria na categoría da ESO do programa Parlamento Xove no Centro Residencial Docente de Culleredo. Participaron máis de 90 mozas e mozos de 3º e 4º da ESO de 20 centros de toda Galicia.
O tema a debate foi: Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?
As mozas e mozos participantes, que recibiron unha formación durante o mes de febreiro, coñeceron cinco minutos antes do debate se tiñan que defender a postura a favor ou en contra.
Os centros da ESO que participaron nesta fase clasificatoria son:
2 equipos do CPR Plurilingüe Sagrada familia 1 (Vilagarcía)
2 equipos do CPR Maristas a Inmaculada 1 (Lugo)
CPR Plurilingüe Liceo La Paz (A Coruña)
Colexio Internacional SEK-Atlántico (Poio)
CPR Santiago Apóstol (Soutomaior)
Colexio Maristas Cristo Rei (A Coruña)
CPR San José de Cluny (Santiago)
CPR Plurilingüe San José Fec (Lugo)
IES A Xunqueira II (Pontevedra)
Colexio La Salle (Santiago)
CPR Plurilingüe Santa María (Ourense)
Mª Inmaculada Carmelitas Vedruna (Vigo)
IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)
CPR Plurilingüe Miraflores (O Pereiro de Aguiar)
IES Salvaterra de Miño
CPR Plurilingüe Compañía de María (Cangas)
IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía)
CPR Eduardo Pondal (Cangas)
IES A Pinguela (Monforte)
IES AS Mariñas (Betanzos)
Desta fase clasificatoria sairon oito equipos que pasarán á fase final que terá lugar no mes de maio. Estos equipos son:
CPR Plurilingüe Sagrada Familia 1 de Vilagarcía
CPR Maristas A Inmaculada 1 de Lugo
CPR Santiago Apostol de Soutomaior
CPR San José de Cluny de Santiago
Mª Inmaculada Carmelitas Vedruna de Vigo
IES Rafael Puga Ramón da A Coruña
IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía
IES A Pinguela de Monforte
E as tres persoas mozas seleccionadas como mellores oradores/as polos equipos de xurado foron:
Lucas Rodríguez Kawalski de Mª Inmaculada Carmelitas Vedruna
Ana Varela Pose do IES Rafael Puga Ramón
Noa Santiago Falcón do IES Miguel Ángel González Estévez
Os premios desta edición serán unha viaxe valorada en 5.000 euros para cada un dos equipos gañadores das categorías escolares e en 2.500 para o equipo gañador da categoría universitaria. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os mellores oradores e os mellores artigos de investigación en cada unha das categorías.
Podes ver os debates na canle de Youtube da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado:
O día 12 de marzo desenvolverase a fase clasificatoria da categoría de Bacharelato e o 26 de marzo será a quenda da categoria Universidade, que tamén poderás seguir na canle de Youtube de Xuventude.