Inicio Plan estratéxico de xuventude de Galicia
Plan estratéxico de xuventude de Galicia PDF Imprimir

Que é?

O Plan estratéxico de xuventude de Galicia establece o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude, para o que fixa os obxectivos estratéxicos que se deben cumprir durante a súa vixencia e os obxectivos operativos que cómpre acadar anualmente e que contribúan á materialización dos obxectivos estratéxicos, sen prexuízo da súa revisión anual.

Por outra banda, o Plan será o principal instrumento para acadar a transversalidade en materia de xuventude co resto de consellerías da Xunta de Galicia, así como a coordinación coas diferentes administracións públicas que incidan no seu ámbito de aplicación.

Quen establece as súas directrices?

Será o  Comité Galego de Políticas de Xuventude  como órgano colexiado de coordinación interdepartamental e interinstitucional adscrito á Consellería de Traballo e Benestar (creado en virtude da publicación da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, DOG do 20.07.2012),  o que estableza as bases que vertebran o dito plan, de xeito que se acade a transversalidade e a coordinación nas políticas públicas en materia de mocidade entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia e as entidades que integran a Administración local.

Consulta máis información sobre o Comité Galego de Políticas de Xuventude.

 

Cales son os seus obxectivos

  • Diagnosticar a situación da mocidade galega e realizar unha análise derivada dos datos obtidos, onde se propoñan solucións aos principais problemas e necesidades da xuventude en Galicia.
  • Servir de instrumento para a toma de decisións políticas, elaborando as liñas estratéxicas e articulando as actuacións prioritarias públicas en materia de xuventude.
  • Establecer unha metodoloxía de traballo transversal que sexa a referencia para o resto de consellerías da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para as entidades da Administración local de Galicia.
  • Facilitar a avaliación da efectividade das medidas adoptadas no desenvolvemento das políticas de xuventude, a través de sistemas de indicadores e cadros de mando.

Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016. Horizonte 2020. “Xuventude 2016”

Consulta aquí o texto do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016:

Consulta aquí os informes de seguimento:

Plan estratéxico de xuventude de Galicia  2013

Consulta aquí o texto do Plan estratéxico de xuventude 2010-2013

Consulta aquí os informes de seguimento do Plan estratéxico

 

 

Ir atrás    Ir arriba