Inicio Ensino e bolsas Plan de formación no eido do tempo libre
Plan de formación no eido do tempo libre 2012 PDF Imprimir

Os cursos están dirixidos a mozas e mozos en xeral; non obstante, terán preferencia aquelas persoas que posúan o título de monitor/a ou director/a de tempo libre no momento de realizar a solicitude.

  • Á solicitude poderase acceder na web www.xuventude.net
  • A solicitude nos cursos efectuarase unicamente por vía telemática, no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Calquera solicitude que non se faga deste xeito considerarase desestimada.
  • As solicitudes deben chegar obrigatoriamente dende o correo persoal particular e deberá coincidir o enderezo electrónico dende o que se envíe a solicitude co que se indique como propio na solicitude do curso.
  • Non se poden facer varias solicitudes nun mesmo correo e tampouco de varias persoas, é dicir, cada curso debe solicitarse nun correo individual e propio.
  • Se queredes participar en varios cursos, teredes que facer unha solicitude individual por cada curso.
  • O feito de non cumprir coas premisas anteriores, suporá a eliminación das solicitudes.

Pasos que se seguirán para matricularse:

  • Solicitude debidamente cuberta xunto con:
    • Copia escaneada e visible do DNI por ambas as caras, en caso de que non risquedes a casa na solicitude onde se fai referencia á autorización expresa para a comprobación telemática deste.
    • Datos do voso título de monitor/a ou director/a de tempo libre:
      • Para aqueles títulos expedidos por escolas de tempo libre galegas a partir do ano 2000, é suficiente con que risquedes na solicitude este punto.
      • No caso de que estes títulos se expedisen antes do ano 2000, teredes que enviar a copia escaneada.
      • Se tendes o título doutras comunidades autónomas, tamén debedes enviar a copia escaneada.
  • Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignarase directamente a praza no curso solicitado ata esgotar o total de prazas.
  • Comunicarásevos mediante correo electrónico ao voso enderezo a adxudicación da praza e o lugar e o día de comezo do curso, así como calquera outra particularidade de interese para vós.
  • No caso de que non poidades realizar o curso, cómpre que o comuniquedes na maior brevidade que vos sexa posible, co fin de que esa praza a poida aproveitar outra persoa interesada. Debedes comunicalo por correo electrónico.
  • En todos os casos, o prazo de inscrición nos cursos rematará quince días antes do inicio de cada un deles.

Importante:

En cada curso soamente se permitirá faltar o 10% do total de horas e, de incumprir esta condición, a persoa non terá dereito ao diploma.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá anular calquera dos cursos de non poder reunir un grupo de xente suficiente para desenvolvelo.

Calquera dúbida que teñades sobre esta formación, podedes chamarnos ao: 981 957 057.

Formulario de solicitude

Descarga o Plan de Formación no eido do Tempo Libre 2012

 

 

Ir atrás    Ir arriba