| Oferta concertada |
|
|
|
A Consellería de Traballo e Benestar é consciente da precariedade e insuficiencia de medios e instalacións axeitadas de que dispoñen as asociacións xuvenís e demais entidades públicas e privadas que realizan actividades coa xuventude. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde, e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña de verán 2012. OBXECTOA través da Oferta Concertada, a Consellería de Traballo e Benestar oferta o uso de instalacións xuvenís do 15 de xuño ao 30 de setembro. SERVIZOS OFERTADOS E DURACIÓN DAS QUENDASO uso das instalacións suporá dispoñer:
A duración das quendas e instalacións ofertadas serán as recollidas no anexo I (ou descarga a versión en pdf). O primeiro servizo de alimentación será a comida do día da incorporación e o último, o almorzo do día seguinte ao último día de estancia concedido. ENTIDADES E GRUPOS DESTINATARIOSPoderán solicitar o uso das instalacións de referencia:
SOLICITUDESAs solicitudes, subscritas por persoa suficientemente acreditada, presentaranse conforme o modelo normalizado recollido no anexo II (version en pdf).
No rexistro xeral da Xunta de Galicia, nos rexistros das súas xefaturas territoriais ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Asi mesmo, as solicitudes poderán presentarse por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No número de prazas solicitadas, incluiranse as correspondentes aos membros do equipo de animación. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
Para a adxudicación do uso das instalacións ofertadas establécese a seguinte orde de preferencia:
Pola súa banda, dentro do previsto no parágrafo anterior, terán prioridade:
As entidades que en anos anteriores non fixeron uso das instalacións unha vez adxudicadas, sen presentar causa xustificada no seu momento, pasarán a ocupar o último lugar dentro dos criterios de prioridade descritos nos puntos anteriores.
No caso de que algunha entidade renuncie ás prazas adxudicadas, estas quedarán dispoñibles para calquera solicitante que as demande e cumpra os requisitos esixidos no apartado “Entidades e grupos destinatarios”. As renuncias serán sempre respecto do total das prazas adxudicadas e deberán formalizarse mediante correo electrónico na seguinte dirección: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo As entidades que, tendo remitido o anexo II en prazo, non resultasen adxudicatarias, poderán realizar novas solicitudes das prazas sobrantes a través do enderezo electrónico arriba indicado e terán prioridade respecto doutros/as solicitantes que as demanden por primeira vez. INSTRUCIÓN E RESOLUCIÓN
As solicitudes presentadas serán examinadas por unha comisión de valoración constituída para o efecto e que será integrada por:
Esta comisión, valoradas as solicitudes conforme os criterios mencionados anteriormente, elevará proposta de resolución ao director xeral de Xuventude e Voluntariado, que deberá ditar a correspondente resolución no prazo de 10 días. A resolución seralles notificada a todos os solicitantes no prazo máximo de dous meses, contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente. A dita resolución non esgota a vía admininistrativa e contra ela poderá interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se o acto fose expreso, ou no prazo de 3 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A antedita resolución publicarase nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. RESERVA DE PRAZAS E PRIMEIRO PAGAMENTO1. Recibida a resolución os/as beneficiarios/as están obrigados/as, no prazo de 10 días:
a) Breve proxecto de actividades que se van realizar. b) Acreditación da persoa que subscribiu a solicitude como representante da entidade ou grupo solicitante. c) Xustificante do aboamento do 25% expresado anteriormente. 2. Se transcorrido o prazo de 10 días desde a notificación da adxudicación non se cumprisen os requisitos anteriores, declararase expresamente, a través da oportuna resolución, o desestimento da solicitude efectuada, ofertándose aos/ás demáis solicitantes. No caso de non cubrirse as prazas desta forma, a xefatura territorial correspondente reservarallas a quen as demande. AUTORIZACIÓN DE USO TEMPORAL E SEGUNDO PAGAMENTOTranscorridos 15 días desde a finalización do prazo establecido anteriormente, a entidade beneficiaria deberá formalizar o documento de aceptación das condicións particulares de uso da instalación e aboar o 75% do importe correspondente ás prazas que confirme. A dita cantidade ou a parte proporcional non será reintegrable se o número de usuarios ao inicio da actividade é menor ao confirmado. O documento de aceptación das condicións particulares de uso e o xustificante do segundo ingreso presentaranse no Servizo de Xuventude e Voluntariado da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia na que estea a instalación adxudicada. Así mesmo, presentarán a relación dos/as responsables que dirixan a actividade e a acreditación das titulacións esixidas en materia de tempo libre, tendo en conta o disposto no artigo 47 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude (DOG nº 49, do 10 de marzo). Cumpridas as condicións anteriores, a xefatura territorial correspondente da Consellería de Traballo e Benestar facilitaralle á entidade beneficiaria o documento de autorización de uso temporal da instalación. Se transcorridos os diferentes prazos establecidos neste artigo non se fixesen os pagamentos correspondentes polas entidades beneficiarias, a xefatura territorial correspondente reservarallas a quen as demande. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOSOs/as adxudicatarios/as estarán obrigados/as:
TARIFASOs prezos dos servizos ofertados nesta orde aparecen recollidos no anexo I da Orde pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á xuventude da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado durante o ano 2012. Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50% sobre os prezos sinalados no apartado anterior. O aboamento dos diferentes pagamentos regulados nesta orde efectuarase utilizando os impresos destinados para o efecto, que se atoparán á disposición dos interesados na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ou en calquera xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar. Protección de datos De conformidade coa Lei orgánica 15/1999,do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámoslle que a través dos datos recompilados nos diferentes anexos desta orde, préstase o seu consentimento á incorporación dos datos persoais aportados a un ficheiro do que é responsable a Consellería de Traballo e Benestar, e inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestión da actividade. O responsable do ficheiro, comprométese a respectar a confidencialidade da información de carácter persoal e a garantir o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, que se poden exercer ante o centro directivo competente en materia de xuventude no enderezo: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, edificio administrativo San Lázaro, s/n , 3º andar, 15781 Santiago de Compostela, ou ben enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . |

















