Novo Decreto de Xuventude1

 

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado está a traballar na elaboración dunha nova normativa en materia de xuventude, que dea resposta a moitas necesidades e demandas que se presentan na actualidade neste ámbito.

O novo Decreto, en cumprimento das previsións de desenvolvemento regulamentario que establece a Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, vai abordar a regulación dos seguintes servizos á xuventude:

 

01 A Informacion xuvenil 02 A Formacion De xuventude 03 Actividades Xuvenis 04 As Instalacion xuvenis 05 Carnets De servizos a xuventude

 

Conscientes da importancia de coñecer e contar coa opinión, inquedanzas e necesidades dos distintos axentes implicados nos ámbitos obxecto da regulación, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre un proceso de participación á cidadanía, que se articulará a través de distintos instrumentos:

01 Sesions de traballo 02 Espazo web 03 Buzon de correo

04 III Foro aberto do tempo

Poñemos todos estes medios á vosa disposición esperando contar coa vosa implicación e participación activa, co fin de que o proceso sexa o máis frutífero posible e elaborar unha normativa froito do consenso.

Reunions de traballo de presentacion

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado invita a participar a todas as persoas interesadas en xeral, e en particular a técnicos e informadores xuvenís, escolas de tempo libre, monitores e monitoras e directores e directoras de tempo libre, asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, titulares de instalacións xuvenís, empresas que traballan no ámbito da xuventude, etc., ás seguintes xuntanzas:

OU Salon de actos do Espazo  Lu Edificio Administrativo de lugo CO aula2doedificioadministrativo VI Vigo Sala do edificio torre SA Santiago de compostela

O horario común a todas as xuntanzas de traballo será o seguinte:

Formacioneactividades

 

Unha vez concluídas as xuntanzas de traballo celebrarase o III Foro Aberto do Tempo Libre, previsto para o 20 de maio.

 

Agardamos contar coa vosa presenza!

 

A inscrición nas distintas xornadas deberá facerse vía web, mediante o formulario dispoñible en http://xuventude.xunta.gal , ata 3 días antes da data sinalada para cada reunión.

 

 

 Documentacion

 

 gruposdetraballo