|
|
|
San Simón e San Antonio son as illas maiores do arquipélago, que se completan cos illotes de Cobreiras e Pena Branca. Neste contexto, desenvólvese o programa 'Mergúllate en San Simón', promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Illa de San Simón e a Universidade de Vigo. Este programa de actividade consiste en cursos de iniciación ao mergullo sen bombona, a desenvolver durante dous días, coincidentes coa fin de semana, durante o período de outono do ano 2010, para xente moza de 18 a 35 anos. A súa finalidade, a demais de adquir ir os coñecementos básicos de mergullo, pretende fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto co a natureza nos distintos contornos privilexiados da Illa de San Simón. Ademáis da información que atoparás neste apartado, podes descargar aquí o PDF informativo do programa. Condicións xerais da actividadeDestinatariosPersoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. InscriciónsOs interesados e interesadas neste programa poderán facer a reserva de praza a través de chamada telefónica, a partir do día 7 de setembro do 2010, aos números 981 545 937 / 981 541 689 / 981 541 688 e 981 545 822, en horario das 9:00 ás 14:00 h de luns a venres. Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pagamento de cota de participación no prazo máximo de 48 horas. No momento de facer a chamada darase a información oportuna sobre o xeito de facer o correspondente ingreso. Cota de inscriciónA cota de inscrición será de 100 euros. Os/as posuidores/as do Carné Xove pagarán 75 euros (un 25% menos). A reserva de praza comunicarase oportunamente. Documentación necesariaXustificante de pagamento e fotocopia do Carné Xove ou Máis, de ser o caso, que deberá ser remitido por fax á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. O número de fax é 981 545843 (Non se considera confirmado ningún participante ao cal lle falte algún dos documentos mencionados con anterioridade). Aclaracións de interese
Normas de desenvolvemento da actividadeLémbrase aos/as participantes da necesidade de respectar o descanso do resto das persoas, tanto das inscritas na actividade como das alleas a esta.
|


















