Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos

bunner carnexove

O carné xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude. Con este documento as persoas usuarias poden acceder a descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card).
Dende o 2021, o carné xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non cómpre renovalo.

Neste sentido, no 2021 a Xunta de Galicia enviou o carné xove ao domicilio de todas as persoas potencialmente usuarias naquel momento.

 

Aínda non che chegou o carné xove á casa?

Se tes os 12 anos feitos e non recibiches o carné no teu domicilio, podes:

  • Acudir ao punto de activación máis próximo ao teu domicilio.
  • Solicitalo a través da sede electrónica , procedemento BS319A. Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que vai posuír a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.

 

Como se activa o carné xove?

 A activación pódese facer de forma presencial ou electrónica:

-Presencial: acudindo a un dos puntos de activación. A activación consiste en insertar na tarxeta o número de carné (número Eyca). Neste proceso cómpre acreditarse co DNI.

-Electrónica: os rapaces e rapazas que opten por esta vía deben cubrir este formulario e marcar a opción de ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE RECIBIDO NO DOMICILIO. Despois, recibirán no seu correo electrónico o seu número de carné, que deberán escribir manualmente na tarxeta para tela activada. Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que posúe a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.

 

 CARNE XOVE FRONTAL   CARNE XOVE ATRAS

 

Descontos


O obxectivo é facilitarlle aos mozos e mozas de 12-30 anos o acceso a bens e servizos de todos os ámbitos (cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.) a través de descontos ou vantaxes. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos finaceiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.

Establecementos adheridos

Como identificar os establecementos adheridos?

Queres ser un establecemento adherido? Coñeces algún establecemento que queira participar?

 

Descontos noutras CC.AA:

Descontos do Carné  Xove en Europa:  https://eyca.org/

 

Seguro de viaxe:  O teu Carné xove inclúe un seguro de viaxe

 

Carné financeiro

carné xove financeiro pódese facer nas oficinas de Abanca. Neste caso, a persoa solicitante debe achegar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para ser incluído na base datos do programa do Carné xove, una copia do formulario de solicitude tramitado na entidade bancaria.

O carné xove clásico que o mozo/a reciba no seu domicilio non lle resta validez ao carné xove financeiro, podendo seguir usando este último sen problema.

 

Carné Xove no teu teléfono móbil  

aplicacioncarne

Leva sempre contigo o teu Carné Xove no teléfono a través da aplicación XuntaEu

Que é XuntaEu?
XuntaEu é a aplicación móbil que dá acceso aos principais servizos de administración dixital da Xunta de Galicia

Como accedo a XuntaEu?
Unha vez que teñas a app descargada (de Google Play se o teu móbil é do sistema operativo Android ou App Store se usas IOs) necesitarás Chave365 ou DNIe para poder acceder á app.

Unha vez que a teñas instalada, poderás acceder, entre outros servizos, a Tarxetas e seleccionar o Carné Xove.

Tamén podes descargar o teu Carné Xove en formato pdf: https://carnexove.xunta.gal/gl/acceso-carne-virtual

 

PREGUNTAS FRECUENTES

Non me chegou o carné. Que teño que facer?

Se non che chegou, acude aopunto de activación máis próximo ao teu domicilio ou solicítao a través da sede electrónica. Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que vai posuír a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.

Cambiei de domicilio hai pouco. Chegarame igualmente?
Debes acudir a un dos centros que figuran como puntos de activación e solicitar a expedición dun carné novo argumentando a non recepción por cambio domiciliario ou solicitalo a través da sede electrónica. Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que vai posuír a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.

Como sei se o teño que activar?
Só cómpre activalo se o apartado do número de carné que recibes está baleiro.

Como fago para activalo?
Podes activalo presencialmente nun dos puntos de activación ou, se tes dificultades para te desprazar, vía electrónica a través da sede electrónica. Na activación presencial debes acudir co teu DNI. No caso de que teñas menos de 14 anos ou non poidas vir ti presencialmente, pode facelo no teu nome a túa nai/pai/titor legal, acompañada do teu DNI. Importante: no caso de optares pola activación electrónica, nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que vai posuír a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.

Que pasa se perdo ou me rouban o meu carné xove?
Poderás acudir a un dos puntos de activación para que che fagamos un novo ou solicitalo a través da sede electrónica. Importante: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a que vai posuír a tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.

Que fago se paguei o carné xove porque non sabía que agora é gratuíto?
Podes solicitar a través do Rexistro a devolución da taxa usando este documento: Impreso de devolución da taxa do carné xove