VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA
Son as vivendas promovidas ou adquiridas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo conforme ao establecido no Decreto 257/2004 que regula o seu réxime xurídico e adxudicación.
Poden solicitar unha vivenda de promoción pública os titulares de unidades familiares ou persoas non integradas en ningunha unidade familiar, con ingresos anuais entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM (Indicador público de rendas de efectos múltiples), que residan habitualmente ou teñan o seu traballo no concello onde se sitúen as vivendas durante dous anos como mínimo, carezan de vivenda en calidade de propietario, inquilino ou usufructuario ou residan en vivendas deficientes ou insuficientes.
CONDICIÓNS
¿Quén pode solicitar unha vivenda de promoción pública?

¿Cales son os ingresos máximos e mínimos?
Os adxudicatarios de vivendas de promoción pública deben acreditar uns ingresos familiares ponderados de entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM. Os ingresos determínanse en función do imposto sobre a renda das persoas físicas e pondéranse en función do número de membros da unidade familiar.
¿Cando se presenta a solicitude?
A Xunta Cualificadora de Vivenda correspondente establece as datas de inicio e fin do prazo para presentación de solicitudes en cada concello onde se están a construír vivendas de promoción pública. O anuncio correspondente exponse no taboleiro do Concello e publicase no diario de máis difusión na provincia.
¿Onde se presenta a solicitude?
As solicitudes e a documentación necesaria preséntanse no Concello, nos prazos que establece a Xunta Cualificadora de Vivenda. Os emigrantes poderán presentar as súas solicitudes no Concello ou a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes.Os impresos para a solicitudepoden atoparse no Concello onde se abre a lista.
¿Qué documentación hai que presentar coa solicitude?
Ademais do impreso de solicitude é preciso presentar documentación que acredite os datos persoais e familiares, datos económicos e circunstancias da vivenda actual. A documentación completa inclúese no artigo 37 do Decreto que regula o réxime xurídico das vivendas de promoción pública.
¿Cómo se adxudican as vivendas?
As vivendas son adxudicadas pola Xunta Cualificadora Provincial de Vivenda.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o concello elaborará unha lista provisional de solicitantes, nun prazo máximo de tres meses.
A lista permanecerá exposta no taboleiro do concello 1 mes e farase publicación do oportuno anuncio nun dos diarios de maior difusión na provincia.
Durante este prazo poderán formular reclamación os
interesados, entendéndose como tales tódolos que teñan presentado solicitude, estean ou non la lista publicada. As reclamacións presentaranse no Concello.
O Concello informará as alegacións e remitiraas á Xunta Cualificadora provincial de vivenda, xunto cos expedientes e toda a documentación referida ao procedemento de adxudicación.
A Xunta Cualificadora aprobará a lista definitiva de adxudicatarios e de espera.
Durante o prazo dun mes, os interesados poderán presentar recurso perante a propia Xunta Cualificadora.
Resoltos os recursos presentados publicarase a lista definitiva firme de adxudicatarios e a de espera, remitíndose ao concello correspondente e ao IGVS, quen procederá á determinación da vivenda que corresponde acada adxudicatario, tendo en conta a mellor adecuación das vivendas á composición familiar ou de convivencia. Dita adxudicación notificarase aos beneficiarios.
¿Poden os emigrantes galegos acceder ás vivendas de promoción pública?
Poden acceder ás vivendas de promoción pública os galegos residentes no estranxeiro que desexen retornar a Galicia, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
-que os ingresos familiares ponderados en cómputo anual se atopen entre os límites sinalados pola norma para cada tipo de vivenda.
-formulen compromiso expreso de ocupar a vivenda no prazo dun mes desde o asinamento do contrato.
Tamén poderán acceder os emigrantes retornados no prazo de dous anos inmediatamente anteriores á data da covocatoria.
Os galegos residentes no estranxeiro retornados e os que residisen fora por motivos laborais e por tempo non inferior a cinco anos non precisarán cumprir o requisito de dous anos de antigüidade na residencia ou traballo,
pero terán que acreditar na solicitude unha vinculación de calquera tipo co concello para o que solicitan vivenda.
¿Contraen algunha obriga os adxudicatarios de vivendas de promoción pública?
Os adxudicatarios obríganse a destinar a vivenda a residencia habitual e permanente da unidade familiar, así como a ocupar a vivenda nos prazos establecidos.
Asemade, durante os primeiros cinco anos non estar permitida a transmisión intervivos da titularidade da vivenda (venda, cesión, doazón, arrendamento, etc.). Posteriormente é obrigatorio solicitar autorización do IGVS para a venda da vivenda e ter totalmente amortizado o prezo da vivenda. O prezo máximo de venda e as condicións que debe cumprir o adquirente están reguladas polo Decreto 257/2004.
O IGVS reservase os dereitos de tanteo e retracto por un prazo de dez anos. Ditos dereitos constarán expresamente nos contratos de compravenda.
¿En qué réxime se adxudican as vivendas?
As vivendas adxudícanse en réxime de compra venda ou de alugueiro. Non se poderá optar á compra de non superar en ingresos a unidade familiar ou de convivencia o 15 o IPREM.
VIVENDAS ADXUDICADAS EN RÉXIME DE COMPRAVENDA
¿Cómo se paga a vivenda?
A vivenda págase por medio dun préstamo a 20 anos. O importe do préstamo é do 100 por cento do prezo de venda.
¿Hai que pagar entrada?
Non. Antes da sinatura de escrituras e entrega de chaves os adxudicatarios deberán depositar no IGVS a cantidade que o organismo lles comunique. Esa
cantidade equivale ó importe estimado do IVE, e honorarios do notario e o rexistro da propiedade. Posteriormente á sinatura de escrituras, inscrición no rexistro e liquidación do IVE, o IGVS remitirá ós adxudicatarios a correspondente documentación acreditativa e a liquidación correspondente. En caso de que a cantidade depositada superase o importe destas operacións, o IGVS devolverá ó adxudicatario a diferencia.
¿Qué axudas reciben os adxudicatarios?
Os adxudicatarios reciben unha axuda directa do 30, 40 ou 50 por cento do prezo da vivenda, en función dos ingresos familiares. Asemade reciben unha subvención adicional do 4 por cento do custe da vivenda, equivalente ó IVE da mesma.
No caso dos alugueiros os adxudicatarios terán dereito aunha axuda directa en concepto de redución da renda a pagar, que pode ser do 60 ou do 40% segundo os ingresos familiares.
VIVENDAS ADXUDICADAS EN RÉXIME DE ALUGUEIRO
¿Cál é o prezo do alugueiro mensual?
Para as vivendas de promoción pública adxudicadas en réxime de alugueiro, a renda anual será do 3 por cento do prezo de venda da vivenda e/ou anexos, e será aboada en mensualidades sucesivas.
As rendas serán revisadas cada dous anos no 50 por cento da modificación que nese período experimente o índice do subgrupo 3.1 "Vivendas de alugueiro" publicado polo Instituto Nacional de Estadística.
¿Hai que depositar fianza?
Conforme á normativa de arrendamentos urbanos, os adxudicatarios en réxime de alugueiro deberán constituir a disposición do IGVS en concepto de fianza unha mensualidade de renda con carácter previo á formalización do contrato
¿Existen gastos de comunidade?
De acordo co previsto nas cláusulas contractuais, serán de conta do arrendador os gastos de comunidade na proporción que corresponda, tendo en conta a cota de participación e, de se-lo caso, os gastos do imposto sobre bens inmobles durante a duración do arrendamento.
Son as vivendas promovidas ou adquiridas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo conforme ao establecido no Decreto 257/2004 que regula o seu réxime xurídico e adxudicación.
Poden solicitar unha vivenda de promoción pública os titulares de unidades familiares ou persoas non integradas en ningunha unidade familiar, con ingresos anuais entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM (Indicador público de rendas de efectos múltiples), que residan habitualmente ou teñan o seu traballo no concello onde se sitúen as vivendas durante dous anos como mínimo, carezan de vivenda en calidade de propietario, inquilino ou usufructuario ou residan en vivendas deficientes ou insuficientes.
CONDICIÓNS
¿Quén pode solicitar unha vivenda de promoción pública?
Poden solicitar unha vivenda de promoción pública os titulares de unidades familiares ou persoas non integradas en ningunha unidade familiar, con ingresos anuais entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM (Indicador público de rendas de efectos múltiples), que residan habitualmente ou teñan o seu traballo no concello onde se sitúen as vivendas durante dous anos como mínimo, carezan de vivenda en calidade de propietario, inquilino ou usufructuario ou residan en vivendas deficientes ou insuficientes.
¿Cales son os ingresos máximos e mínimos?
Os adxudicatarios de vivendas de promoción pública deben acreditar uns ingresos familiares ponderados de entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM. Os ingresos determínanse en función do imposto sobre a renda das persoas físicas e pondéranse en función do número de membros da unidade familiar.
¿Cando se presenta a solicitude?
A Xunta Cualificadora de Vivenda correspondente establece as datas de inicio e fin do prazo para presentación de solicitudes en cada concello onde se están a construír vivendas de promoción pública. O anuncio correspondente exponse no taboleiro do Concello e publicase no diario de máis difusión na provincia.
¿Onde se presenta a solicitude?
As solicitudes e a documentación necesaria preséntanse no Concello, nos prazos que establece a Xunta Cualificadora de Vivenda. Os emigrantes poderán presentar as súas solicitudes no Concello ou a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes.Os impresos para a solicitudepoden atoparse no Concello onde se abre a lista.
¿Qué documentación hai que presentar coa solicitude?
Ademais do impreso de solicitude é preciso presentar documentación que acredite os datos persoais e familiares, datos económicos e circunstancias da vivenda actual. A documentación completa inclúese no artigo 37 do Decreto que regula o réxime xurídico das vivendas de promoción pública.
¿Cómo se adxudican as vivendas?
As vivendas son adxudicadas pola Xunta Cualificadora Provincial de Vivenda.Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o concello elaborará unha lista provisional de solicitantes, nun prazo máximo de tres meses.A lista permanecerá exposta no taboleiro do concello 1 mes e farase publicación do oportuno anuncio nun dos diarios de maior difusión na provincia.Durante este prazo poderán formular reclamación osinteresados, entendéndose como tales tódolos que teñan presentado solicitude, estean ou non la lista publicada. As reclamacións presentaranse no Concello.O Concello informará as alegacións e remitiraas á Xunta Cualificadora provincial de vivenda, xunto cos expedientes e toda a documentación referida ao procedemento de adxudicación.A Xunta Cualificadora aprobará a lista definitiva de adxudicatarios e de espera.Durante o prazo dun mes, os interesados poderán presentar recurso perante a propia Xunta Cualificadora.Resoltos os recursos presentados publicarase a lista definitiva firme de adxudicatarios e a de espera, remitíndose ao concello correspondente e ao IGVS, quen procederá á determinación da vivenda que corresponde acada adxudicatario, tendo en conta a mellor adecuación das vivendas á composición familiar ou de convivencia. Dita adxudicación notificarase aos beneficiarios.
¿Poden os emigrantes galegos acceder ás vivendas de promoción pública?
Poden acceder ás vivendas de promoción pública os galegos residentes no estranxeiro que desexen retornar a Galicia, sempre que cumpran os seguintes requisitos:-que os ingresos familiares ponderados en cómputo anual se atopen entre os límites sinalados pola norma para cada tipo de vivenda.-formulen compromiso expreso de ocupar a vivenda no prazo dun mes desde o asinamento do contrato.Tamén poderán acceder os emigrantes retornados no prazo de dous anos inmediatamente anteriores á data da covocatoria.Os galegos residentes no estranxeiro retornados e os que residisen fora por motivos laborais e por tempo non inferior a cinco anos non precisarán cumprir o requisito de dous anos de antigüidade na residencia ou traballo,pero terán que acreditar na solicitude unha vinculación de calquera tipo co concello para o que solicitan vivenda.
¿Contraen algunha obriga os adxudicatarios de vivendas de promoción pública?
Os adxudicatarios obríganse a destinar a vivenda a residencia habitual e permanente da unidade familiar, así como a ocupar a vivenda nos prazos establecidos.Asemade, durante os primeiros cinco anos non estar permitida a transmisión intervivos da titularidade da vivenda (venda, cesión, doazón, arrendamento, etc.). Posteriormente é obrigatorio solicitar autorización do IGVS para a venda da vivenda e ter totalmente amortizado o prezo da vivenda. O prezo máximo de venda e as condicións que debe cumprir o adquirente están reguladas polo Decreto 257/2004.O IGVS reservase os dereitos de tanteo e retracto por un prazo de dez anos. Ditos dereitos constarán expresamente nos contratos de compravenda.
¿En qué réxime se adxudican as vivendas?
As vivendas adxudícanse en réxime de compra venda ou de alugueiro. Non se poderá optar á compra de non superar en ingresos a unidade familiar ou de convivencia o 15 o IPREM.
VIVENDAS ADXUDICADAS EN RÉXIME DE COMPRAVENDA
¿Cómo se paga a vivenda?
A vivenda págase por medio dun préstamo a 20 anos. O importe do préstamo é do 100 por cento do prezo de venda.
¿Hai que pagar entrada?
Non. Antes da sinatura de escrituras e entrega de chaves os adxudicatarios deberán depositar no IGVS a cantidade que o organismo lles comunique. Esacantidade equivale ó importe estimado do IVE, e honorarios do notario e o rexistro da propiedade. Posteriormente á sinatura de escrituras, inscrición no rexistro e liquidación do IVE, o IGVS remitirá ós adxudicatarios a correspondente documentación acreditativa e a liquidación correspondente. En caso de que a cantidade depositada superase o importe destas operacións, o IGVS devolverá ó adxudicatario a diferencia.
¿Qué axudas reciben os adxudicatarios?
Os adxudicatarios reciben unha axuda directa do 30, 40 ou 50 por cento do prezo da vivenda, en función dos ingresos familiares. Asemade reciben unha subvención adicional do 4 por cento do custe da vivenda, equivalente ó IVE da mesma.No caso dos alugueiros os adxudicatarios terán dereito aunha axuda directa en concepto de redución da renda a pagar, que pode ser do 60 ou do 40% segundo os ingresos familiares.
VIVENDAS ADXUDICADAS EN RÉXIME DE ALUGUEIRO
¿Cál é o prezo do alugueiro mensual?
Para as vivendas de promoción pública adxudicadas en réxime de alugueiro, a renda anual será do 3 por cento do prezo de venda da vivenda e/ou anexos, e será aboada en mensualidades sucesivas.As rendas serán revisadas cada dous anos no 50 por cento da modificación que nese período experimente o índice do subgrupo 3.1 "Vivendas de alugueiro" publicado polo Instituto Nacional de Estadística.