Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regula, para o ano académico 2009-2010 a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia para o alumnado que estea en posesión do título de bacharel ou equivalente.

A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao ten por finalidade valorar, con carácter obxectivo, a madurez académica do estudante, así como os coñecementos e capacidades adquiridos no bacharelato e a súa capacidade para seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao.

Poderán presentarse á proba de acceso á universidade aqueles que estean en posesión do título de bacharel. Anualmente realizaranse dúas convocatorias da proba de acceso á universidade: ordinaria e extraordinaria.

A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao estrutúrase en dúas fases denominadas respectivamente fase xeral e fase específica.

A fase xeral consta dos exercicios seguintes:

  1. O primeiro exercicio consistirá nun comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de lingua castelá e literatura.
  2. O segundo exercicio consistirá nun comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de lingua galega e literatura.
  3. O terceiro exercicio versará sobre as capacidades e contidos dunha das seguintes materias comúns do segundo curso do bacharelato: historia de España ou historia da filosofía.
  4. O cuarto exercicio será de lingua estranxeira e terá como obxectivo valorar a comprensión lectora e a expresión escrita.
  5. O quinto exercicio versará sobre os contidos dunha materia de modalidade do segundo curso do bacharelato.

Unha vez superada a proba de acceso á universidade, os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

As tres universidades galegas son as seguintes:

Máis información no DOG do 12 de xaneiro de 2010 e en www.edu.xunta.es

Información Básica doutras Universidades de España