Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos

As Escolas de Tempo Libre son centros de formación específicos de educación non formal no eido do tempo libre. Están reguladas na nosa Comunidade Autónoma polo Decreto 50/2000 ( do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude) e o Decreto 58/2012 (do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior).

A formación que se imparte nestas escolas é:

Todas as Escolas de Tempo Libre de Galicia teñen que estar inscritas obrigatoriamente no Rexistro de Escolas de Tempo Libre da Comunidade Autónoma Galega. Se queres podes consultalas no seguinte mapa segundo a provincia na que esteas interesado/a:

ETL Coruna

ETL Lugo

ETL Pontevedra

ETL Ourense

 

 

Solicitude do titulo de monitor/a ou director/a de tempo libre

Unha vez finalizado e superado o curso de monitor/a, director/a de tempo libre ou director/a de campo de traballo tanto na parte teórica como na práctica, a Escola de Tempo Libre deberá   solicitar a esta Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (DXXeV) o título correspondente (artigo 77). A documentación que deberá remitirse é a seguinte:

  • Modelo normalizado de solicitude
  • Documento acreditativo do pagamento das taxas. Este documento debe de ser cuberto cos datos da persoa para a que se vai solicitar o título, non pode cubrirse a nome da escola.

- Preme aquí para iniciar ou xerar un pagamento das taxas

- Códigos para cubrir a taxa
- Entidades financeiras colaboradoras

  • Acta de avaliación da fase teórica  e da fase práctica onde se indique o/s nome/s da persoa/s que superaron estas fases e para quen se solicita o título. Nestas actas, deberán indicarse os seguintes datos de cada unha das persoas que figuren nas actas: nome e apelidos, nº DNI e data de nacemento

Si o que precisas é solicitar un duplicado do título orixinal, por perda ou extravío, tes que seguir os mesmo pasos que se indican anteriormente. Soamente terás que indicar cando cubras a solicitude no apartado: "Obxecto de Pago" o seguinte, "expedición de título de tempo libre-duplicado" 

 

Homologación de títulos de tempo libre no eido da educación non formal

Non precisarán de homologación as titulacións de educación de tempo libre análogas expedidas polos organismos responsables en materia de xuventude das distintas comunidades autónomas.

Lei 9/2017, do 26 de decembro

Artigo modificado:Artigo 24 nova redacción por artigo 23 apartado oito.

 

Requisitos e trámites para crear unha Escola de Tempo  Libre (ETL)

Para o recoñecemento dunha escola e a súa inscrición no Rexistro de Escolas de Tempo Libre da Comunidade Autónoma Galega,  é preciso cumprir unha serie de requisitos establecidos na normativa vixente  (Decreto 50/2000 e Decreto 58/2012).

É importante que teñades en conta cando pensedes en comezar o proxecto de apertura dunha ETL que estas non teñen entidade xurídica propia, polo tanto a titularidade das mesmas recaerá sempre sobre unha persoa xurídica (asociación, empresa,..) ou sobre unha persoa física.

Documentación a presentar nun rexistro oficial ou por sede electrónica:

  1. Declaración responsable
  2. Documento acreditativo do pagamento das taxas:

           - Preme aquí para xerar o documento de pagamento das taxas

           - Consulta aquí os códigos para cubrir o documento de pagamento de taxas

           - Consulta aquí as entidades financeiras colaboradoras

Documentación que deberá estar en posesión das escolas pero que non é preciso presentar:

  • Acreditación da titularidade co centro.
  • Proxecto educativo e sistema educativo da escola, coa especificación das modalidades de ensinanza que se van a impartir
  • Descrición detallada dos medios materiais e educativos dos que disporá. A este respecto, todas as escolas de tempo libre deberán contar cun local que, como mínimo, disporá dos seguintes espazos diferenciados: espazos de atención ao público, aula, espazo específico de arquivo e sala de reunións para o profesorado.
  • Os programas específicos do centro para os diferentes niveis que se pretenden impartir, de acordo cos contidos do título III deste decreto.ANEXOS 7-8-9
  • Acreditación suficiente de que o director ou directora e o profesorado posúen as titulacións esixidas no artigo 63 do Decreto 50/2000.
  • Xustificación e documentación acreditativa das posibilidades de realización da fase de prácticas que a escola de tempo libre lle ofrecerá a todo o seu alumnado.
  • Estatutos da escola de tempo libre que conterán, como mínimo, os seguintes datos: Denominación da escola de tempo libre, que non poderá coincidir nin ser similar con outras xa inscritas no  Rexistro de Servizos á Xuventude; domicilio Social; órganos de dirección, goberno e administración; ámbito territorial en que desenvolverán as súas actividades; réxime económico, con determinación da procedencia e destino dos seus recursos económicos.

  

Para máis información podes chamarnos a calquera dos seguintes teléfonos: 981 957 057/ 981 544 735/881 999 189, ou ben dirixirte ao enderezo electrónico: escola.xuventude@xunta.gal