Lingua de namorar 2022: mensaxes da categoría B

1 Bo día

Ogallá sempre teña as túas mensaxes desexándome un bo día na miña bandexa de entrada vital.

 

2 Pantasmas

Contigo, as pantasmas do pasado xa son parte dunha vida que non é a miña.

 

3 Atopeiche

Atopeiche lonxe da intelixencia artificial, das promesas e dos mitos, e onte e do mañán, de se nos verán ou xa nos viran.

 

4 Cuarteta da avoa

Engurras arreo,
lembranzas ás beiras,
cabelo leiteiro,
amores senlleiras.

 

5 Cuarteto do avó

Á leira ía sen tempo para un conto,
na casa non fun quen para segredos,
Si fun quen de bagoar malia os meus medos,
Seica fóra son deconstrución de avó. Afronto.

 

6 #NamorarDeMin

A única forma lóxica e racional de quererme é con loucura.

 

7 Todas as mensaxes que nunca me atrevín a mandarche…

Parece tan doado pulsar enriba desa tecla de enviar pero mira que difícil é que che cheguen esas miles de mensaxes que sempre che escribo e estas en cambio quedáronse no baleiro dunha pantalla, agardando os dous por esa mensaxe que foi escrita pero nunca chegou a ser enviada.


8 Vivir

O medo só nos obstaculiza a non facer o que queremos e fuxir de persoas que decidimos non enamorarnos para evitar unha posible colisión. Quedando sen cumprir risas, apertas, aventuras, bicos… por medo a non querer pagar o prezo de recordos pasados que non se poden revivir, en vez de pensar en desfrutar o intre dure tan só 1 segundo ou toda 1 vida.

 

9 Voto demoscópico

Non hai voto do xurado nin voto demoscópico,
nin anticiclón das Azores nin tormenta do Trópico,
nin por unha miraxe ou fenómeno óptico,
que mude este quer xigante en algo microscópico.
Non hai fronteiras!

 

10 Néboa

<<¡Non metades no corazón o que vos quepa na cabeza! >> dixo en ton solemne, dando a razón aos prudentes, antes de engadir: << e por suposto, non metades na cabeza o que vos colla no corazón!>> quitándolla por completo.

 

11 E aquí estás

E, despois de todo, aí estabas. Esperando a aperta que nunca antes fun capaz de darche. Supoño que nese preciso intre souben que te quería.

 

12 Espazo

Quero que se nos faga grande unha cama dun metro vinte.

 

13 Mar

Lonxe de ti non podo estar,
no espertar te preciso mirar,
sexa coa bravura de aterrar
ou a dulzura de engatusar,
a miña sangue fasme abombar.
O ceu faite a cor mudar,
como a min o teu son sedar…
fasme namorar.

Refírome a ti, o mar,
sempre heite de amar.

 

14 Pai Nai Kai

Vida do mar,
á miña nai soa fas estar,
soa tenme que coidar.
No mar e lumes apagar quixeches adicar,
referente na natureza amparar.
O tempo fas esgotar,
ó meu pai non podo mirar,
cunha tecnoloxía de pouco avanzar
dous minutos á semana falar,
non pode verme medrar,
Tanto tempo nel estar,
que pai, e mar, igualar.
Son fillo de tres pais:
Pai-Nai-Kai

 

15 Ti vas poder con todo

Por difícil que cho poña a vida, só tes que ter ganas de loitar para seguir adiante, todos tenemos situacións dificiles e só o valor de seguir para adiante fai que poidamos poder con todo.

 

16 A miña terra

Miña terra fermosa, sempre no meu corazón e na miña alma. Con encanto especial,terra acolledora,terra mariñeira de boa xente. Galicia nunca te defraudara. Vive e sente Galicia!

 

17 A miña amiga

Miña cadeliña,meu amor,a miña amiga fiel e leal. Cun amor incondicional, alma pura con corazón xigante. Entrégasme a túa vida sen nada a cambio. Prometo coidarte toda a miña vida, agarimarte e quererte. Protexerte sempre miña gran amiga.

 

18 Trapecismos

Escribín tantas veces sobre ti, que, pra borrarme,
terías que arrincarme a lingua,
impedirme os teus beizos nas trincheiras, nas nosas sílabas trapecistas.
Terías que arrincarme os dentes, amor,
pero aínda así podería relamer os teus silencios,
sabéndome posuídora dunha única verdade:
nunca serei quen de prenunciarte na lingua cotiá.

 

19 Filautía

Existe
Todo aquilo que somos,
dentro deste corpo aloumiñante.
En min
persoal e venturosa
fausta
nun mundo poderoso
nunha mentre fría
que non deixa de ferver.

Existe
Un suspiro mainiño;
a forza da vertixe
un ollar devagar.
Rotundos e incandescentes,
fogosos
finitos
os pensamentos do /eu/

Eu
que a cada espazo
de tempo
veloz
lenta
viva
/eu/
me quero

 

20 Herdanza de namorar

Pisadas fondas
     na terra labrada.
          Que prende maleza
               dunha ausencia pregoada.
Desarraigadas de nós,
          do leite materno
buscamos fóra pra comer,
         en mans extranxeiras
e ó mellor non volver.

Chora Galicia
-século 21 e fillos escapados-
dunha terra virxe
                á que nós tamén choramos.

 

21 Políticas de amor

Necesítote como Ucraína á OTAN.

 

22 Coma unha pinga de auga

Coma unha pinga de auga, caiches na miña terra, coma esta, ao chegares, díches vida ao meu mundo, agora vexo, sen dúbida algunha, a milagre que supuxeches, na época de sequía onde os sentimentos formaran unha pedra arredor do meu corazón, e douche as gracias, miña rula, porque agora vexo as cores da primavera, agora sinto amor.

 

23 Afrodita

Chegaches cos teus rulos vermellos, e vin, por primeira vez, o rostro de Afrodita, despois dedicachesme un sorriso, e caín rendido ante tal poder, pois cun lixeiro movemento dos teus labios, namorachesme sen remedio, e penso, se non te houbera coñecido, ¿seguiría o mundo sendo tan fermoso como o vexo hoxe?

 

24 Soñando esperto

Ti, que me esperas no medio dun mundo de luz e me invitas a coñecelo para cambiarme a vida, eres aquilo que sempre quixen e desexei. Ti, que me atraes coma un imán atrae a outro de distinta polaridade, es para min irresistible. Véxome arrastrado cara a ti por unha forza sobrenatural. Contigo é sinxelo perder a cordura en troco da felicidade.

 

25 Migallas

Alguén comprende o que é a responsabilidade afectiva e bícate na frente. E non quixeras que acabase nunca. Comprensión, introspección e apertura emocional que xorde dun par de copas de máis.
"Me quiero acostar contigo, en todos los sentidos"
E os sentidos desbordan mentres pensas como contestar a iso en castelán.
Só sei facer o amor en galego.

 

26 Cavilando

E treme con forza, sen xeito ou previo aviso, un suor frío e uns latexos que se esparcen sen control en busca dos medos e anulando os sentidos.
Golpeteos taquicárdicos que de súpeto volven a unha tola.
Hai casualidades que non se chaman destino senón pasado.
Conxugado en pasado do tempo perdido.
- Que?
- Que se quere bolsa.
Vai todo por dentro.

 

27 Dicir, dicires, dicir

Non me dis o que tes porque escoitastes o que te dixeron o que eu dixer. O que din que dixen, non o diría inda que me mataran para que o dixera. Se queres que che diga o que din que dixen, non creas o que te dixeron que dixen, fala comigo e dígocho.
-Di
Pois xa non cho digo.

 

28 A vida

Por vivir en soños,
e nunca espertar.
Por pensar nos anos,
que quedaron atrás.
Por creer na fantasía,
e non na realidade.
Polo mundo enteiro,
que vive sen paz,
e polo amor verdadeiro,
que nunca se esquecerá.

 

29 Soños

Sempre soñei con namorarme de alguén, e que ese alguén o estivese de mín, e crear a miña propia historia de amor, pero nunca pensei que fose algo tan feliz, que me provoca esta felicidade, porque me encantas ata cando me pos dos nervios, e cada momento que paso ó teu lado namórame, non só máis de ti, senón tamén de mín mesmo.

 

30 Que bonito

Que bonito e precioso é namorarse de ti...

 

31 Ámote meu ratiño

Abre os ollos meu pequeno sol e ilumina o mundo,ti es todo pra min,ti es o meu sol, a miña lúa e as miñas estrelas,pois cada vez que sorrís vólvome namorar de ti coma o primeiro dia.

 

32 Sempre xuntos

Sinto non poder darche solucións aos problemas da vida,nin tampouco teño respostas para todas as túas dúbidas ou temores.Pero podo escoitalas e buscalas xuntos a ti se me deixas eu ofrezcoche unha receita de amor para superalo todo xuntos:
2kg de cariño,3kg de apertas, 4kg de paciencia e respeto, 3 bicos,9 quérotes,unhos cantos aloumiños,aceptas?

 

33 O amor

O amor é un sentimento de dulcura e bondade.
 ¡Que fermoso é o amor cando se ama de verdade!

O amor indentificase de maneiras e de formas.
 O amor ten dous camiños, ou o deixas ou o tomas…

 

34 Amor libre

Treparei pola tua espalda para chegar ata o teu cuello e definilo como o mais bello

O amor non ten idade, pode vir de repente…
namorarse un vello ou un neno inocente.

 

35 Lusquefusque

Aínda lembro o día que te albisquei ao fondo do bosque, tralas polas daquel fermoso castiñeiro.
Aquel lugar sempre foi máxico. Aquel espazo sempre foi noso. Aquel recuncho no que compartimos lusquefusque tras lusquefusque, ao tempo que nos colliamos da man e compartiamos as nosas aprendizaxes e experiencias. Gracias!

 

36 Pensamento

Pensei en ti e deixei voar alto o meu maxín. Escríboche estas verbas porque cheguei á conclusión de que as cousas que se sinten é bo compartilas.
Nesta mensaxe quéroche facer saber que os momentos compartidos, as conversas, a ledicia, as bágoas, o amor e, en xeral, a maxia do noso vínculo é algo do que desfruto tanto coma de ver voar unha bolboreta

 

37 Contigo

Grazas por ensinarme o fermoso que pode chegar a ser o universo, por facerme sentir tan grande nun lugar tan pequeno.
Contigo, quero comerme o mundo contigo, porque ao teu carón síntome libre, fermosa e valente.
Porque non te podes imaxinar o agradecida que estou coa vida por agasallarme a túa presenza.

 

38 Temo

Temo por min, polo meu corazón. Temo porque son consciente de que o cariño que che estou collendo é a barca que me pode levar ao máis alto dos ceos tan fácilmente como ao máis profundo dos infernos. Temo porque non quero estropear nada, porque se me caería a alma se perdera a oportunidade de estar cunha persoa coma ti.

 

39 Miña ruliña

Miña ruliña, gustaríame dicirche algo pero non é doado. En castelán son dúas palabras así que en galego fáiseme máis doado... querote

 

40 Morriña de ti

Cando estiven fóra de Galicia tiña morriña da miña terra. Agora que eu estou aquí e ti fora, tamén teño morriña, teño morriña de ti, morriña dos teus labios de chuchamel, morriña dos teus agarimos. Pero shhhhh non llo contes a niguén, é un segredo.

 

41 Catro elementos menos 1

Son de area os teus beizos que entre os meus, esbaran. Lume no peito de leña seca de carballo. Mais ti es orballo. Ficas lonxe cando acariñas miñas meixelas... Se poidera coa miña barca atravesar ese mar de tempestade que asoma polas fiestras desa doce faciana! Sería ledo se ficaras aquí ao meu carón subiando cancións ao ar e non dormida tan abaixo

 

42 Catro elementos menos 3

Onde estás? que choro, grito e rezo e non estás. Ai meu ben! Se namorado estabas, por que neste caixón metiches meu corpo sen arrincar teu corazón? Xa non o precisas para vivir? Entón tampouco eu o preciso para morrer. Pois cunha dor tan grande no peito non se pode morrer. Penitencia sen pecado toda a eternidade hei de pagar por amar

 

43 Na miña fiestra

Cada día que pasa vexo pola miña fiestra, e non me esquezo daquel día cando tomábamos aquela cervexa. Co sorrir nos teus ollos o verme, o resto do mundo morría de envexa. Nunca esquecerei as tardes que pasamos vendo o solpor, nin das noites xuntos onde non importaba o suor.

 

44 Máis de 1000 Km

Aquí ou alá a lúa é a mesma, cando a vexo penso en ti, e só pido que non me esquezas, porque o que temos nós os dous, vale máis que mil riquezas. Para min estás moi presente, e aínda que nos separen máis de 1000 kilómetros non podo esperar a verte.

 

45 Amor doce

A vida contigo é moito máis doce,
o teu carón todo sabe mellor,
os teus beizos son pura mel,
as túas caricias intenso azucre
e os teus agarimos profundo caramelo,
pastel de felicidade por sempre entre nós.

 

46 Corazón de cabicha

É difícil esquecerte,
a túa pegada foi moi forte,
afondou de maneira  intensa no meu corazón,
o cal pisaches sen mostrar a máis mínima consideración,
como si dunha cabicha se tratase sen ningunha compaixón,
e agora que quero avanzar non o consigo lograr,
a túa pegada frea calquer desexo de mellorar,
so queda renderme e marchar.

 

47 Non hai fronteiras entre nós

Rosalía tiña razón: adeus ríos e adeus pontes. Mais non viu os teus ollos aquela noite de San Xoán. Dende entón agardo co corazón nos beizos a volverte a acariciar. ¿Qué será de min se non volvo sentir o teu calor?. Quixera adicarche unha canción que nos poida namorar. Unha de Tanxugueiras, pra sentir que non hai fronteiras, e ser a nova da que todos queiran falar.

 

48 Que saberán eles?

Os beizos nos dedos
Pra darche un bico coa man
No colo levo unha canción
Pra acariciarte no serán

¿Quen dixo medo?
Se temos afouteza
E corazón. Pois a razón
Non quere o xogo de namorar

Perdinme nos teus ollos
E púxenme a nadar
Coa ilusión de facer xuntos
Cousas que non entenderán

¿Qué saberán eles?
Se eu te quero de verdá
Nesta vida e na outra.

 

49 Namorarse é de humanos

Contigo ao meu costado todo parece posible. O meu corazón ensánchase, abrindo todo un mundo novo de posibilidades e sensaciones. Contigo o medo xa non é unha razón para renunciar. Contigo ser vulnerable é doado, porque aínda que acabe espida e mostrando a versión máis cruda de min mesma, nunca vou sentir que estou desprotexida ante o mundo. Quérote

 

50 A miña alma xemelga

O amor da miña vida es ti: a miña amiga do alma. A amiga que me fai rir con lágrimas caendo a borbotones polas meixelas. A amiga que sempre me brinda a súa man para embarcarnos ata na viaxe máis loca e inesperada. A amiga que me da forzas para voar ata o Sol e non temer pola caída máis esperada. O noso amor trascenderá e seremos imparables.

 

51 Quérote

Quérote. Por ser o meu maior apoio nos días de tormento e o meu aliado nos mellores momentos. Porque sei que siempre vas estar ao meu carón; ou iso espero. Mais, se os meus desexos non se cumpren, e a vida nos leva por distintos sendeiros, eu seguireite querendo. Mentres tanto, o noso amor será máxico; aínda que o futuro sexa incerto.

 

52 Fotografías colgadas na parede

Se as praias borráranse e as túas mans
repousaran sobre outras distintas ás miñas
e meus dedos non souberan
onde quedaron os atardeceres na area,
as fotografías mal feitas,
os viaxes durmidos baixo a lúa

e se desaparecesen as notas escritas a man
os almorzos sobre ti, a cidade que foi nosa
única
inmensa

tan só
fálame: volvería a escoitar o mar.

 

53 Dúas partes que son unha

Unha vez te perdín nun poema,
entón  busquei onde poderíamos atoparnos.

Estariamos nunha aliteración
na anáfora da palabra amor,
tal vez
na antítese do medo
sinestesia duns ollos falando,
pleonasmo nos erros,
circunloquio para irnos
onde comezamos.

Pero non, aquí estás:
eres o espazo en branco,

a sílaba perdida
das palabras que non podo rematar.

 

54 Atrapada no teu ser

Ás veces sinto que eres coma o descoñecido que está sentado ao meu carón no autobús.
Miro ao móbil esperandote, esperando importate, esperando que me dixeras "quédate". Pero nos separa a distancia: a ti date igual o que eu faga e onde esté, e eu estou atrapada no teu ser.
Quero baixarme e correr ata onde estés, aínda que non poida alcanzarte.

 

55 Gustaríame

Gustaríame que te decataras de que verte me fai sentir, que cada vez que te vexo aos ollos quero bicarte, que con quedarme contigo en silencio na cama, poder tocarte, tocar os teus beizos e non bicalos é suficiente (aínda que realmente non o é)... Gustaríame que soubeses todo o que sinto por ti e gustaríame que me quixeras coma eu te quero a ti.

 

56 Picardía de media noite

Es a pandeireta das miñas foliadas, o aturuxo dos meus seráns, quero que me toques a ghaita como se non houbese un mañán.

 

57 Ollos de outono

Ollos verdes como o outono, pel suave como a neve, o teu sorriso é como a lúa e estar contigo é unha locura.

 

58 Querer ben

O feito de sentir é imprescindible nas nosas vidas. Querer e sentirse querido. Ser coñecedor de que se un día non sae todo como agardases hai alguén apoiandote, que se che acontece algún imprevisto hai alguén que non te vai abandoar. Que ese "alguén" é quen mellor te coñece.
Saber querer ben e sentirse ben querido é unha sensación máxica.

 

59 Querer(se)

Querer é necesario pero quererse a un mesmo ainda o é máis.
Descubrir tódalas cualidades que temos agochadas, ser quen de querernos ben, de sentirnos confiados con nós mesmos, de non ter medo a ter medo connosco...
Disque, o amor propio é un dos amores máis difíciles pois todos os demais parten deste.

 

60 Namorada de Galicia

Galicia é a miña terra, non hai outra igual. Estou moi orgullosa de ser galega, da súa xente, dos seus paisaxes e sobre todo da súa lingua.Non importa o lonxe que viaxe sempre, a levo no corazón. É dígono coa boca ben aberta e a cabeza alta: Son galega e adoro a miña terra.

 

61 O meu anxo

Meu anxo da garda, sei que sempre me protexes e nunca me abandonas. Persegues os meus pasos para coidarme. Bótote tanto de menos, que parece mentira que aínda foi onte cando nos deixaches. Oxala solo fora un mal soño e voltaramos a estar xuntos.

 

62 Xirando xuntos

Perdida na inmensidade, atopeite e dende ese preciso momento gravitamos un xunto o outro nun bucle eterno, rodeados de estrelas que iluminan os nosos corpos creadores do noso pequeno gran mundo.

 

63 Encontro no ceo

Fai tempo que non podemos vernos, atoparnos nos nosos abrazos, pero cada noite miro para as estrelas coa esperanza que estés onde estés, estés mirando o mesmo ceo, e así, pódanse atopar as nosas almas por fin libres e unidas sen medo a estar xuntas.

 

64 Cada anaco do teu ser que esqueciches

Ata que non te namores dos teus propios erros e defectos non penses facelo das virtudes doutra persoa .Tarde ou cedo sairán á luz os teus defectos , e se el  non os ama de forma suficiente ,déixao porque sabes que el  non che  amará como realmente mereces .

 

65 O significado agochado no noso corpo

-Ámote.
-Eu quérote pero non te amo.
-Por que dis iso ?
-Porque ata que non me saiba amar o suficiente non te amarei a ti .Porque na miña vida primeiro vou eu e na túa  primeiro vas ti. Antes de pedirlle un bico a alguén pregúntate se te darías un bico a ti mesma .É  aí cando atoparás o verdadeiro significado da palabra e poderás dicir que me amas.

 

66 O que ti es a min

O que a noite é o día, conexión infinita;
O que o mar é os mariñeiros, compaña salvaxe;
O que o verde é a Galicia, esencia pura;
O que o aceite é a auga, unión independente;
O que o verán é o inverno, antónimos complementarios;
O que o sol é a lúa, balance vital;
O que a razón é o corazón, acordos e desacordos;
O que o tempo é a vida, ladrón de momentos;
O que a palabra é o pensamento, fogar de sentimentos;

O que ti es a min, maxia personificada

 

67 O amor de iglú

O nórdico refúxianos cando cae a noite,
fóra del hai medos, desilusións, fracasos
e unha chea de palabras moribundas
que saen canda as lúas novas.

No interior estamos a salvo
co abrazo dos nosos corpos nús
nun refuxio de amor de iglús
e a ilusión brotando dun bico
que nos calma
no bule bule de erratas da vida.

 

68 Escoitar

A túa palabra
sobre os meus beizos
faime respirar
ao ritmo do eco dos nosos peitos.

Axita a miña pel
e bica cada verso
que cita a vida
que quero ter.

 

69 Da túa galaxia

Namoreime da tua escuridade porque da tua luz calquera poderia. E coma un astronauta sideral, decidín coñecer cada rincón da galaxia que se atopaba tra lo teu sorriso.

 

70 O noso Big Bang

Coma as raíces dun carballo, meus dedos entrarando nos teus cabelos e no amencer cunha nova era os nos beizos darando vida a un novo universo.

 

71 Tecendo redes de cariño

Non penso moitas veces no camiño que me trouxo ata aquí, máis cando iso ocorre sempre apareces ti termando da miña vida en tantas formas que non sei como explicalo.

 

72 Camiñan da man

É fácil namorarse da vida cando ma diches ti e ma devolves cada vez que escachas a rir.

 

73 Debuxamos o amor?

Na escola das formas
inflinxiron forzoso
prosaico corazón
negociado con delituosas
moedas de silfio.
Ousadía da avara Cirene
pretendía extinguir
tamén o amor?

Transcendeu o vínculo
e a teoría da representación
custodiábao
bidimensional
solapado ó papel,
preguntándome.

A man erra trazos,
incapaz de abolir a profundidade
do que tanto me enche

 

74 Post-it: quéroMe (non esquecer)

Os prexuízos quebrábanme a pel
con cinchas que rozaban
ata sangrarme
présa na miña tiranía.

Só as rudas garras
da besta dominante
lograron esgazar,
famélicas de liberdade,
a finísima fronteira
de reclusa.

Cando reposta do impacto
advertín a físgoa,
o meu amor de estraperlo
pola figura do espello,
fuxía cara terra exenta
das leis dos corpos.

 

75 Unha mensaxe nova

Gustoume moito verte hoxe, inda que só fose un ratiño, pero fixo que o día valese a pena e non fose tan de pena. Mañá podo volver a pasar outros cinco minutos. Xa sei que non é moito, que mereces (que merecemos) máis, pero eu conténtome con cinco e con tres minutos. En verdade, cos que sexan, se son para pasalos ó teu carón.

 

76 Espida

Tes no teu poder a miña ialma,
completamente espida,
despoxada de toda capa de coraxe
Tela feble, maleable
Tela,
pra ti na máis.

 

77 Xentío podre

Escorreron xa tantas bágoas de chorima
que esgotaron o sal,
mais aínda atopo alecríns nestes meus toxos
Toxos bravíos que nascen dos meus adentros
Loitan as súas espiñas contra os corvos
que veñen depenicar as últimas flores
Afogan os peteiros pretos a luz que quedara
a pouca cor marela da paisaxe
tórnase sangue
e ruxe
ruxe a miña ialma
E elévase.

 

78 Soños

Soñei que o color dos teus ollos atravesávame coma a luz atravesa a ventá unha mañá de xullo. A túa ausencia é un fuscallo que envólveme todo o día e só desfágome del cando pecho os ollos e volvo sentir o teu calor. Oxalá os soños foran eternos, oxalá a noite non rematara nunca.

 

79 Todo cambia

Non sei que cambiou.
Segues sendo a mesma de sempre.
A rapaza que ri a gargalladas sen avergoñarse ante miradas axenas.
A que leva o cabelo solto e deixa que o vento o peitee por ela.
Aquela que me colle a man cando me queixo do frío.
Non sei que cambiou.
Tal vez foi iso, que non cambiuo nada...
E ao mesmo tempo,
cambiou todo.

 

80 Linguas eternas

Unha lingua é riqueza, historia, loita, sentimentos, quen te acompaña dende as primeiras palabras ata as últimas da túa vida. Son a ferramenta que nos dá voz, coas que dicimos que estamos namoradas, que temos morriña da nosa terra, que queremos fortes apertas e aloumiños. As linguas axúdannos a ser quen somos, a loitar polo que queremos e creemos.

 

81 Sentir é vivir

Moita xente di que sentir é vivir e para min vivir é sentirte. Sentir como me abrazas e as nosas cabezas encaixan no ombreiro do outro. Sentir como os teus brazos me rodean e me enchen de felicidade. Sentir como con cada segundo nos teus brazos os malos momentos foxen, marchan e me libero desta presión. Para min sentirte é vivir libre e sa.

 

82 Dende o comezo dos tempos

Ti xa estabas aí, non recordo que fose doutra forma. Cando o ceo buscaba ás estrelas e cando a primeira flor quixo saír, ti xa estabas aí. Cando non sabía o que buscaba, cando non me atopaba nin a min, atopeite a ti.

 

83 Eternidade

Se para amarnos con esta vida non é suficiente, prometo cantas fagan falta ata que os nosos camiños se reencontren.

 

84 Soñas comigo esta noite?

Tremo cando me rozas cos teus dedos.
Atrévesche á arriscarche comigo?
Éme imposible resistirme a ti.
Achégache, por favor, e faime sentir amada.

 

85 Baixo a choiva

Estou nun espazo escuro e frío. Grítoche pero non me oes.
Tenta escoitar o meu desesperado corazón, e faino de novo latexar.

 

86 Cataclismo

Querríache ata a fin do mundo se soupera que esta existe, aínda que non creo que sexamos quen de merecer a eternidade.
Pero no caso hipotético de que o mundo desaparecera,
e o infinito fora noso,
non habería nada que desexara tanto
que poder perderme para sempre
na calor dos teus brazos.

 

87 Refuxio

Quero que estés ao meu carón porque non hai outro lugar no mundo onde poida pasar as noites nas que a choiva bate incesante contra os cristais.
Tanto ruido fóra e eu só escoito a túa respiración acompasada co latir do meu corazón.
Contigo sempre hai calma, aínda na metade dunha tormenta.

 

88 Cumbia

Xa non te teño diante
e síntote.
Alimentando sixilosamente o eco
dun calado trono que me resoa dentro,
esfameada.
Segues.
Detense a fugacidade
do raio máis efémero,
as sombras ao descuberto.

A melodía da tormenta de sinapses
núbrame os pensamentos
facendo tremer a ritmo
esta arquitectura emocional.
E Paixón danza nun equilibrio ilusionada
co noso.

 

89 Intrínseco

Esas mans atravesadas polas enrugas da experiencia
afanaban á muller derreada con madeira e chisqueiro
prendendo os agarimos da neta lareira.

Pura leria criada nunha época en branco e negro
foi espallando unha inmarcescible complicidade
que subsistiu ao frío apagón mundano.

Só o lume de avoa.

 

90 O amor de todos os días

Acompáñasme no tempo coma o fas cada día: no albor es o luceiro da mañá que abrangue todo coa súa luz, malia cando chega o solpor, es o meu vagalume na escuridade.

 

91 Non esquecer

Lonxe quedan eses intres, máis preto persisten as lembranzas de sentir o tremor dun bico, dunha aperta, no meu interior.

 

92 22:22

Nunca crin no desexo da hora que marca o reloxo, pero un día probei sorte ás 22:22 e pedinte. Pedín que todo saíse ben, que estiveras ao meu carón e que eu non me fose do teu. Que pasase o que pasase non deixásemos de termos. E de querermos. Desde ese día non pido máis desexos, porque pra que quero máis se o único que preciso xa se cumpliu.

 

93 Quédase pequeno

Que fixen pra que te quedaras? Gustaríame entendelo, pero a razón nunca caberá no meu entendemento. Pregúntome que é o amor, e non sei que responder. Quizais a resposta non a saiba ninguén. Quizais a miña resposta sexas ti. Só sei que non sei moitas cousas, pero o que si sei é que te quero, e hai momentos nos que quererte quédase demasiado pequeno.

 

94 Voltar

Alen do mar
baixo un manto estrelado
nunha barquiña a navegar,
por min unha voz oin chamar,
a veces doce e feminina outras forte e masculina
mais non souben quen era
ata que da gaita escoitei unha verba
era a terra a que falaba para que axiña a ela voltara,
sen brúxula nin compás voltei
deixando atrás aquel mar
porque me chamou ca lingua de namorar

 

95 Adeus

Tinguia a lua os teus ollos de branco
nun intento de roubarche o retrato,
tentei dela apartarche a mirada
mais notei que estabas namorada,
e así vagarei como una estrela fugaz
que da memoria xamais olvidará o teu faz

 

96 Enxebre

Non me veñas con trapalladas a falar de namorarse, berra con xeito e con forza os teus sentimentos antes de que se poña o luscofusco e sexa demasiado tarde.

 

97 Me para te

Pasei tanto tempo
ollando
te
coidando
te
querendo
te
que esquecín todo
que esquecín
me
para poder
te.

 

98 Ex(tinción)

Gotas de auga caen
nos peixes da piscina,
sinais de humo contra as nubes
do lume caendo nos vals.
Nalgún lugar de ningures
alumean os barcos
e musitan as táboas
dende debaixo dos pés.
Nalgún lugar de ningures
existo, por fin.
Nalgún lugar de ningures
existiremos, no fin.

 

99 Quérote

Non te quero para algo pasaxeiro.
Quérote para unha relación seria,
para viaxar contigo polo mundo,
para presumirte diante da xente
e até para a miña descendencia.
Relaciónome con máis, porén, contigo
teño un fiel compromiso sentimental.
Namoreime do que me fas sentir e ser
e quérote para toda a vida; ámote!
-Falas comigo ou coa lingua galega?

 

100 Somos deuses do noso mundo

Atopámonos por casualidade, namorámonos por erro, bicámonos por desexo, durmimos xuntos pola pasión, subimos até o éxtase por impulso e amámonos por descaro, pero por sorte o amor trascende calquera culpa, calquera pecado... por sorte, somos deuses do noso mundo, ti do meu e eu do teu. E o que os deuses uniu, que non o separe o tempo.

 

101 Flashes de serendipia

Non podía definir claramente por que podo dicir sen medo de que sexas "a miña casa" ou por que a túa risa é a mellor medicina para o meu corazón fragmentado ou o pano das miñas bágoas.
Pero e se eu sabería como definir é que desde que vin que chegue coas súas camisetas e as leggings baixo os shorts, eu te amaría mesmo se decide deixarme.

 

102 Perspectiva

Díxenlle o meu amor por ti e saíu a canción máis fermosa, pero explicoi por que non tiña de ningún xeito e só había silencio. Ben, o máis doloroso non é que dúas almas gemelas non coinciden na vida, senón que só un deles é consciente de todo.