Lingua de namorar 2023: mensaxes da categoría B

1 Canto tempo. Que tal?

Xa fai 6 anos dese amor transfronteirizo de verán e xa catro desas derradeiras cartas con destino Holanda. Aquí todo ben, pero a vida non volveu ter a mesma intensidade desde que nos dixemos adeus, desde que montaches no bus e nos despedimos con bágoas, as túas nos ollos e as miñas na lista de reprodución "Cancións tristes".

2 Peregrina

Douscentos sesenta e nove quilómetros, doce días, vexiga e media por pé, non máis de setenta horas de sono, sete bocadillos e outras tantas empanadas compartidas, nove bromas repetidas diariamente e catrocentas tres gargalladas. Poucos "quérote", ningún "ámote", mais innumerables olladas e aloumiños que desmenten o que sentimos.

3 Meteoroloxía

Non se escoita chover,

pero debaixo do noso paraugas,

trona.

4 Outras formas de voar

Se estiro o meu brazo, toco os teus dedos:
                                                                                   
                                                                                     liberdade.

5 Alarma do móbil

Esquecín desconectala alarma,
que me espertaba cedo o domingo,
pra saír a buscarche co coche,
e pasares máis tempo contigo,
Pra cando me espreguicei,
xa era outro día cativo.

6 Di Caprio

Se o poema non tivera tantas sílabas,
non sería moi maior para Leo.

7 Insomnio

Antes, cada noite que pechaba os ollos só vía unha calixe permanente; agora non podo parar de rememorar os teus beizos percorrendo cada parte do meu ser.

8 Sensacións

O recendo do teu suadoiro fica conmigo para me lembrar da inesgotable ledicia que sinto cando che teño preto de min.

9 EstranxeiríaMaldita

Miña amada querida,
cada día sen ti é unha agonía,
desexo a túa volta con interna anarquía.

Fico agargando o noso reencontro,
Contando os días sen acougo.

Aínda que esteas lonxe, o meu amor é crecente
e aínda que ás veces sinto que estou a sufrir,
o que ti me fas sentir faino seguir.

10 Verán

Nunca olvidarei aquel veran que nos recibiu pra arranxar todo o que o bicho nos roubara.

Os reencontros coa familia e amigos e a volta á vida normal. Aqueles tempos nos que darse unha aperta xeraba unha alegría inmensa e poder falar sin boceira era case un privilexio.

Tempos nos que volver a darse un bico facía recordar as bolboretas do amor.

11 Ecléctico

Non teño folgos de escribir algo enxeñoso, son inimigo da complexidade, pero coido que podo inventar versos cheos de fraxilidade.

12 Sayonara

Ola, xa sei que non vas ler isto, pero teño que dicirche que me arrepinto de que nunca souberas o noxo que che teño. Odio que abandonases este mundo sen sequera darme a oportunidade de dicircho á cara. Odio que foses tan especial pra min. Pero sobre todo, odio que foses a persoa que me fixo sentir así. Bótote de menos, aínda que intento non facelo.

13 Bonsai

Quérote como ao meu bonsai... bueno, antes de matalo por accidente. pero non te preocupes, prometo coidar mellor de ti :)

14 Non quero esquecer

Non quero esquecer esta lingua, quero coidala como coidamos as plantas do xardín. Quero dicirlle que a quero, como quero ver o mar na costa. Quérote, como quero a través historia, quero a toda a xente marabillosa que está terra sembrou.

15 A vida

O amor a vida é moi importante, sei que é complicado na túa situación pero ti podes con todo.

16 Falta pouco

Gosto de sentirte preto aínda cando estes centos de Km están interpoñéndose na nosa relación. Porque a distancia non fai o esquecemento. Porque ti lévasme no pensamento. Porque os teus pequenos xestos fan que esta tola xa non atenda a mais razón que compartir vida contigo pese que agora non esteas ao seu carón.

17 Compañeira

Tiñas o día libre, viñeches verme, almorzámonos e fúcheste hai apenas nove horas. Volvo do traballo e… ese perfume teu, segue en cada espazo da casa, e eu… só podo pensar na nosa próxima vez.

18 Amor verdadeiro

Se empezo a reflexionar sobre os anos que vivín, quizais nalgún momento, si que sentín cariño hacia alguén, pero nunca sentira isto que sinto por ti, non sei se é amor ou non, pero o que si que estou segura é que o que sinto cando me miras e me sorrís é único, é unha conexión que non quero que se rompa nunca.

19 Unha mensaxe ao ceo

Vintenove, para outros un día calquera, para min un día que marcou a miña vida, os anos pasan pero ti segues presente no meu corazón e na miña mente. Hai moitos tipos de amor, e o que eu sentía por ti era un amor diferente, eras a primeira persoa do día en facerme rir, e agora es o que consegue que co teu recordo me vote a chorar.

20 Amoriño

Amoriño do meu corazón,
raíz que me ata a terra e solpor,
teño o teu amor, miña bendición.

Afouteza e ledicia me das,
en ti atopo a miña forza,
a miña paz, a mi mellor amparo.

Xunto a ti, o mundo é diferente,
o noso corazón latente,
o amor, para sempre, presente.

21 Fogar

Neste fogar doce e cálido,
chove fora sen parar,
o teu amor é luz ardente,
que fai o noso peito brillar.

O teu fogar é o meu refuxio,
o teu amor doce é miña paz,
xuntos, sen límites nin fronteiras,
a vida sabe a ledicia audaz.

Neste fogar, quero sempre estar,
co amor en min a arder,
nunca deixarei de te amar,
sen ti, o mundo é ermo e sen pracer.

22 Sen palabras

Ás veces non fan falla as palabras porque cando algo é verdadeiro, exprésase ata cos ollos. E… ai, como te miro!

23 Máis que Galicia

Gústasme máis cas filloas, as Fragas do Eume, o viño da Ribeira Sacra, os Acantilados de Loiba e a zona vella de Santiago de Compostela. Gústasme máis que bañarme en Silgar, comer en Lalín, saír por Vigo. Non se me ocorre maior declaración de amor.

24 O eco do teu tacto

O eco do teu quérote
queima nesta distancia
que hai entre nós
e as palabras que nos prometemos.

Quero traspasar o muro
coa man chea de ilusión,
atravesar as tristezas
para agarrar o bico
que me salvará do frío
no lume do teu abrazo.

25 Quizais

Sempre me quedará esa inquedanza impregnada duns futuros imaxinarios. Quizais aquel non era o momento axeitado, quizais non estabamos preparados, quizais debiamos de ter máis valentía, demasiados quizais para algo que xa non existe ou realmente debería de escribir para algo que nunca existiu.

26 Meu pequeniño

Atrevícheste a soltar a miña man para camiñar por ti só, querías dar os teus propios pasos marcando ti o rumbo e a dirección. Aínda que caíches e choraches por rabia, animeite e animareite sempre para que te poñas en pé e segas dando un millar de pasos máis. Porque lembra que sempre terás os meus abrazos rodeándote e protexéndoche dos teus medos.

27 Amor dividido

Moito se fala de atopar a nosa media laranxa, como se estivésemos incompletos sen parella. Se nacemos sendo un, ¿por qué esa obsesión con dividirnos á metade? ¿Acaso non ves que iso te xenera sufrimento? ¿Acaso non ves que a única persoa que precisas eres ti mesmo? O demás, se ten que vir, verá, pero non o necesites, elixe ser libre, como ó comezo.

28 O amor que escoita

Moitos problemas entre persoas amadas comezan a aparecer por non escoitarnos. Vémonos a nós mesmos como o centro de todo e non entendemos que, para que as nosas relacións interpersoais teñan éxito, debemos, ás veces, ceder. O amor é iso.
Todas as persoas somos diferentes e, para progresar sen conflitos, é preciso entender a nosa individualidade.

29 Comunicación

E o máis doloroso que non me dixeches: "xa non te quero".

30 Vila de Miño 15009

Alí, onde me facias rir,
e de cear,
onde me acurrucabas cando chegaba,
e de madrugada, durmida.
Alí.
Onde non tiña presa por nada e ganas de todo.

31 Moito máis do que se pode expresar con palabras

Se non confiase en ti a cegas e non me escoitases, cada vez que che digo que enches a miña vida de ela, supoño que faría falta que dixese que me encanta que sexas ti, e que fas maxia de calquera día todos e ningún se parece ao anterior.

Supoño que chegados a este punto entenderás do que falo,
son feliz con moito porque iso é o que me das.

32 Todo o que sei sobre o amor

Hai conexións que solo se atopan unha vez, por eso sei que estarás en min sempre.

33 Binarios

Xa van dúas semanas desde a última vez que nos vimos, e ese pensamento substitúe os números que pasan pola miña cabeza no traballo, ceros e uns, verdadeiro e falso, substituídos por dúas variables chamadas amarche e estrañarche.

34 Redes

Sistemas de redes, esquemas avanzados de computadores, cadeas de equipos informáticos, todos eles forman ligazóns polos que interactúan e comparten información, estar contigo ensinoume que quixese que formemos unha cadea igual que eles, para compartir o meu amor e os nosos desexos.

35 Que é o amor?

O amor é un sentimento que move o mundo e pode levarnos ás máis altas cumbres de felicidade ou aos máis profundos abismos da dor. É unha emoción complexa e difícil de definir, pero todos podemos recoñecer a súa forza e influencia na nosa vida. Inesgotable e sempre presente, listo para encher os nosos corazóns e facernos sentir completos.

36 Agosto 2018

Foi naquel agosto, coma en toda filme de amor: moza coñece a mozo e xorde o amor. Foron 23 días de amor intenso e efémero. Lémbrome da noite na que o deixamos.
 Lembro que foi a conversa máis madura e o mellor sexo de despedida que tiven nunca.
En maio de 2022 dixéronme que te suicidaras, que o fixeras o 4 de agosto 2021.

37 Sen resposta

8 de agosto 2021 escribírate dicíndoche canto te botaba de menos. Nunca recibín resposta.  Meses despois comprendín o porque do teu silenzo.
Hoxe sego a lembrarme dunha nota que escribín no meu móbil. Sei que non te preciso para ser feliz, pero gustaríame terte ao meu carón. Alí comprendín que namorei dunha persoa que non estaba destinada para min.

38 Sempre se pode volver a comenzar

A veces solo o tempo cura o corazón roto pero o amor propio é o que acelerará ese proceso, por eso hai  que ser transparente e utilizar os versos para non afogar e expresar o que nos pasa e auxiliarnos en alguén.

39 A voz e a melodía dos nosos oídos

Non se sabe cando podes quedar sen voz, dille que o queres, que o seu lado todo é máis levadeiro, que hasta chorar e mellor cando esa persona está.
He difícil recoñecer o que nos pasa dentro do noso laberinto interior pero sempre alguén te guiará a través  de esa enredadera de nubes multicolores de sentimientos e pensamentos.

40 Anotacións sobre o amor I

Atopei un lugar, onde o ruído non ten permitido entrar, ao vento fai calar e as sombras non me poden atopar.

Seu alento calma mares e ventos onde agora naufraga unha cama desaliñada, remexida pola voráxine das cores dos adentros namentres se abrazan nunha aperta infinita que logra manter en equilibrio a miña desorde.

41 Anotacións sobre o amor II

Un nariz enmudecido polo frío convídame a mergullarme no recendo duns ollos quentes, cheos de café. Seu longo pelo ríndese e atrápame baixo os meus ombros, cae coma a noite pechada, deixándome entrever as meixelas da lúa chea. Abráiome ante o seu resplandecer. Bicos que soan ao mencer das follas de outono caendo sobre á area.

42  Post-covid

Fai uns días quitaron a obrigación de levar posta a máscara e eu soamente podo pensar que o mellor de esto é volver a ver o teu sorriso cada día.

43 Bolboretas

Din que cando te namoras sintes bolboretas no estómago, máis eu contigo síntome coma nunha montaña rusa: nerviosa, contenta, axitada e con ganas de agarrarte e gritar que non te vaias do meu lado. Quérote.

44 A miña terra

Galicia é a miña terra, non hai outra igual. Estou moi orgullosa de ser galega, da súa xente, dos seus paisaxes e sobre todo da súa lingua. Non importa o lonxe que viaxe sempre, a levo no corazón. É dígono coa boca ben aberta e a cabeza alta: Son galega e adoro a miña terra.

45 O meu anxo

Meu anxo da garda, sei que sempre me protexes e nunca me abandonas. Persegues os meus pasos para coidarme. Bótote tanto de menos, que parece mentira que aínda foi onte cando nos deixaches. Oxalá solo fora un mal soño e voltaramos a estar xuntos.

46 A miña terra

Miña terra fermosa, sempre no meu corazón e na miña alma. Con encanto especial,terra acolledora,terra mariñeira de boa xente. Galicia nunca te defraudara. Vive e sente Galicia!

47 A miña amiga

Miña cadeliña, meu amor, a miña amiga fiel e leal. Cun amor incondicional, alma pura con corazón xigante. Entrégasme a túa vida sen nada a cambio. Prometo coidarte toda a miña vida, agarimarte e quererte. Protexerte sempre miña gran amiga.

48 Seremos

Déixame ser quen alumee o teu ser, quen te espera, agarda, a felicidade viva. Déixame ser o furacán que arrase con todo o que viviches e as mans que che axuden a construír un novo futuro. Déixame ser anonimato veludo na calidez dos teus beizos; ser o mar tamén que te molle, que te arrastre a unha humidade de paixón.

49 Áncora

Tentei escribir a melodía perfecta pero decateime de que a túa voz non ten partitura. Que ningunha batuta poderá escribir no aire notas agudas e graves de alegrías, doce alegoría do teu sorriso non mudo. Mais cando recito, os versos debuxan engurras na túa cara, avivecendo a poesía, ao tempo que os teus beizos me ancoran á beira do abismo.

50 Amor na aula

As clases son unha oportunidade para coñecer xente e a veces coñeces a xente que irá no teu corazón toda a vida aínda que non os vexas, ese sentimento de amor a aqueles compañeiros nunca se olvida.

51 Baixo as estrelas

As túas pecas recórdame ao verán que vivimos xuntos en amor baixo as estrelas, onde descubrín o amor verdadeiro.

52 Se non fose polo amor...

Estar contigo enche un baleiro no meu corazón. Baleiro cuxa existencia non coñecía antes de quererte. Pois non se dá conta do que ten ata que se perde, do mesmo xeito que non se descobre a inmensidade da felicidade sen coñecer o amor.

53 A miña dose diaria

Amarte converteuse na miña rutina, coa diferenza de que non é un esforzo, senón unha necesidade.

54 Quedamos as/ás dúas?

Gustaríame poñer a miña man no teu van e ir contigo nun paseo eterno, como as dúas Marías na Alameda de Compostela. Vestindo cores, por dentro e por fóra.

55 Pasei pola túa casa

Estabas no xardín, xogando coas túas cadelas. Escoitei como rías mentres elas te lambían e se subían ás túas pernas pedindo mecos. Só pasaba para aí para darche un bico antes de ir traballar, pero gárdomo para outro momento, dábame mágoa interromper un amor con outro. Marchei leda.

56 Querida nai

Ola de novo,
Xa fai un tempo que non paso a verte. A vida é un trafego constante e xa non encontro o momento de sentarme contigo.
Bótoche de menos. Os días fanse arduos dende que te fuches.
Enrédanseme os ollos nas nosas fotos e sempre acaban por irritalos ata arrancarlles lágrimas.
Pero son feliz de haberte tido.
Oxalá estiveras aquí.
Quéroche.

57 Mensaxe ao mellor amor

Ola, se estás a lerme é porque algo che fixo mal.
Pode ser que se che esquecese escoitar o doce cantar da túa voz, ou sentir o suave tacto da túa pel. Pode ser que ao mirarche non achases a ver os xasmíns que esconden os teus ollos, ou que obviases o revoloteo do teu pelo. En todo caso estou aquí para transmitirche unha sinxela mensaxe:
Quéreche

58 Elisa e Marcela

Ambas saben a mar;
a mar salvaxe e mar en calma,
a xeo que cala os ósos
a calidez que reconforta a alma,
a norte inexplorado, profundo
a sur dócil e transparente
a sol, auga e sal na pel
e luz de lúa no anoitecer

59 Ollos mel

Chegaste a miña vida para ensinarme que o medo, a desconfianza e a tristura dos teus ollos amosaban feridas que non puideras cerrar, que ningún se preocupou de curar. Agora case dos anos o teu lado vexo que es máis que dor e sufrimento, que o teu corpo xunto o meu é cálido, que me buscas e atópasme cos brazos abertos e que só necesitabas cachaza e AMOR.

60 Cría ollos que che sacarán os corvos

Cando era nova, vin unha rata,
acubillada e desvalida,
que tiña a pata torta por mor dunha ferida,
cando achegueime a ela
sentín a miña nai berrar,
as ratas son alimañas ás que non debes axudar!
Agora que son grande danme pavor
porque sei moito máis da vida
e moito menos do amor.

61 Monotonía

Non foi culpa túa,
nin tampoco miña,
nin do reggaeton,
nin das rapazas en mini saia,
nin dos avogados e xuices,
nin da nova lei,
nin da educación na casa,
foi culpa da monotonía.

62 Conde de Palmeira

Anos e anos sen sabelo
Deitada na area á beira túa
E coa maxia de San Lourenzo
Namoramos na festa da lúa

Novos veráns, ledicias douradas
Bicos salgados e aloumiños
Soño cumprido da noite estrelada
Que sorte tivemos, meu amoriño ????

63 Miña terra, miña nai

Funme lonxe da terriña
Co prezo do pesar
Ai de min, nai querida
Sen o gozo do teu guiar.

Funme lonxe da terriña,
Como galega que son
Mais lévote, miña naiciña
Cada día no meu corazón.

64 A fortuna

Cando a coñecín, pensei en ti.
Cada día que a bico, tamén penso en ti.
Cando ela sorrí, o meu corazón reláxase e volvo pensar en ti.
Cando ela sofre, as bagullas afóganme e, de novo, penso en ti.
Amor puro me ensinaches a darlle. Amor puro tamén sentimos nós por ti.
Afortunada ela por seres súa avoa, afortunada eu porque do teu ventre saín.

65 O paso do tempo

Intrigada na primeira mirada,
ilusionada nas primeiras semanas.
E agora que pasaron os anos, aloucadamente namorada.

66 En tarros de cuarzo sen caducidade

Arreguízame pensar na dilapidación en tempos de ausencias.
Artesas baleirando substancias, ganas,
podrecendo os últimos triscos
que quedaran reservados
no fondo
e eu permitindo
que esta arela que sintetizo
estimulada pola idea de delinearte ata lograr aburrirme da túa pel
se disipe sen consumirse, nun escintileo co que me alumeas cada sentido.

67 Morriñada

O petricor salpícame a memoria esquecida
nunha inducida ataraxia en tons verdes
que me tingue as arterias ritmicamente,
acompasada coa efervescencia das ondas
mentres o nordés me zoa melifluo
a balada máis romántica en segredo,

a soas coa terra matria

e fico prendida eterna.

68 Sen título

Cada día érgome,
preparada para ve-
lo mundo arder.
Mais preferir prefiro
velo arder
contigo.

69 Nós

Somos a auga.
Tocámonos sen nin sequera darnos conta.
Somos a luz.
Facémonos brilla-los ollos.
Somos a terra.
Figuramos de chao baixo os nosos pés.
Somos o aire.
Dámonos o alento pra seguirmos respirando.
Somos o sangre.
Recorrémonos as veas e cada recuncho do noso corpo.

Mais somos cegas.
De todo iso non nos enteramos.

70 Adiante

Eu só podo dicirche que te quero como xamais quixen, que se ben o camiño fácil sería poñer e punto e final a todo, non encontro o valor de facelo. Custounos moito chegar ata onde estamos e ambos sentimos o mesmo. Sabemos que non debería ser, pero queremos que sexa. O camiño a contracorrente non será doado, pero asumo o risco de percorrelo contigo.

71 Non.... Si....

Tardei en aceptar que te quería. Negábame a facelo. Non tiña sentido quererte. Nos nosos mundos non semellaba haber cabida para un camiño xuntos. Para que complicarme se xa tiña a vida que se supón que sempre quixera ter? E mentres a miña cabeza se empeñaba en dicir “non”, o meu corazón dixo “si”.

72 Obxectos perdidos

Temos un boli, un par de lentes, un teléfono do ano 2006, unhas chaves, unha chamada perdida, un encontro fortuíto, moitas citas na tenda de xeados, varios paseos por Samil, dúas comidas familiares e unha ruptura dolorosa. Non temos ningún reencontro aquí, síntoo.

73 Non deixemos que o galego se aburra en internet.

O galego non é só para falar coas avoas. Imos demostrar ao mundo que somos modernos, divertidos e, sobre todo, galeg@s! Usemos o noso idioma en todas partes, incluíndo nas redes sociais e na mensaxería instantánea. Así facemos que a nosa cultura sexa máis visible e divertida. Agardamos que esta mensaxe che chegue en galego!

74 "Unha oda ao amor galego: chouriços, queixos e Albariños"

"Contigo sinto a mesma emoción que cando atopo un chourizo de porco celta en Ferrol ou un queixo de tetilla en Arzúa. A túa presenza é como a primeira copa de Albariño en Cambados, fresco, saboroso e con carácter. O teu sorriso é como o sol que se esconde tras o faro de Fisterra, deixando unha sensación de misterio e belleza. E cada vez que me falas, é como escoitar a música tradicional galega, chea de ritmo e sentimento. Quero vivir contigo unha aventura tan intensa e praceríbel como unha mariscada no Grove. ¿Te animas?"

75 ᴇɴᴛʀᴇ ᴀꜱ ᴄɪɴᴢᴀꜱ

saboreo
  doce
 o caos

da túa lingoa
  coa miña,

              incendiada,

  nun lume
que se aviva
      feroz

  silencioso
e asulagador
  entre a pel,

              ameazante

coa destrucción.

76 Vístome de luto

Porque festexo que enterrei
todas as veces
que me deixei, descoidei.
Polas que non me valorei, dudei,
restei, minimicei.
Vístome de luto ben negro e bailo,
cadeas á cintura e botas de sola robusta sobre os cimentos do inseguro,  prexuizo, medo, vertixe.
Elexín coidarme,
e vou de luto para festexar,
que bailo enchida, agora
de cores rebosar.

77 Luz

Abrichesme os ollos a un novo mundo, un polo que toda a vida quero camiñar.
Sei que agora é o meu turno,
que cando escuro se che torne este mundo,
eu aí estaréi pra o camiño aloumiñar.

78 Estelar

Sinto nos meus adentros todolos momentos nos que as nosas almas se fundían boraces, indómitas e atrevidas.
Sei que aquelo lonxe queda, ate poida parecer que esta historia está preto de acabar,
máis despois de tanta dor, tanto loitar,
unha cousa che prometo, ainda que como amigos sexa...
as nosas almas baixo as estrelas volverán a bailar.

79 Unha lingua que namora

Ai miña Galiza querida!, Ai miña terra fermosa! Coma ti ningunha aínda que mo propoña.Nunca souben o que sería ter que deixarche atrás e coa distancia de ti máis namorar.
Deixar atrás os amigos, a familia, os amores... coma ti ningunha, faltaríanlle cores!
A morriña é tan real que agrávase día a día. Ai miña terra galega!, Ai miña terra querida!