Lingua de namorar 2022: mensaxes da categoría A

1 Namorada de ti 

Como ben din por aí, non souben o tiña ata que o perdín. Non fun quen de ver como me facías serie ata que xa non o sentín máis. Non me decatei de canto te necesito ata que xa non estaba canda ti.
Tardei en decatarme pero fíxeno.
Miña terra ogallá saber contarche o namorada que estou de ti. Ogallá saber escribirche todo o que sinto por ti.
Terra

2 Namorareime de ti 

Gustaríame dicirche que teño medo, que non estabas nos meus plans e que agora non sei que facer contigo. Gustaríame escribirche todo o que sinto cando estas conmigo, cando rimos ou mesmo cando escoito como tocas o piano. Sei que non vou ser quen de contarche todo isto porque primeiro tería que entendelo eu para poder explicarcho.

 

3 Galicia. Amor

Coma un bico húmido nos meus beizos
Coma unha luz que agarda no horizonte
Unha paixón que esperta no corazón
Un son, un cantar, un monte

Un saltar de auga e sol
Un mar bravío que saliniza os meus ollos
A voz que guía o meu espíritu
Unha terra: Galicia. Amor

 

4 Como doe

Como doen as despedidas
Como doe dicirte adios
Creer que non te volverei a ver mais
Saber que teño razón

Como doe botarte de menos
Como doe verte e non te poder ter
Como doe que ainda siga namorado de ti
E que ti estés a punto de me esquecer

 

5 Non hai nada

Pasan os días, as horas, os minutos e os segundos. E para min non pasan. Non pasan porque non estás. Non pasan porque todo é botarte de menos. Non hai tempo, nin espazo nin son, nin absolutamente nada máis que botarte de menos.

 

6 Amor. ¿Amor? ¿Que é o amor?

Hai xente que di que é un sentimento, ou unha reacción química do corpo.
Pero amor eres ti. Amor eres ti e ninguén máis. E nada máis.

 

7 Como se chama

Chámase Claudia.
Chamase amor.
Chamase dedicación
Chamase tempo invertido.
Chamase horas dados da man.
Chamase oito de maio.
Chamase felicidade.
Chamase confianza.
Chamase de moitas formas.
Chamase ELA.

 

8 Síntoo todo

Podo sentir moitas cousas,
non sentir nada.
Podo ser o máis forte do mundo,
ser o máis débil.
Podo ser o mellor de toda Galiza,
ser o peor do meu país.
Podo ser moito.
Podo non ser nada,
ser o que ti queiras,
o que faga falta, solo por un bico dos teus.
Podo con todo, mentres estés ao meu lado.

 

9 A maxia do amor

Tal e como contan as vellas lendas, as meigas podían namorar perdidamente as persoas, pois de seguro ti recurriches a elas, pois namoreime perdidamente de ti. A bruxería converteute na razón da miña ledicia, de que as meixelas se me sonroxen e de que os ollos se me ilumen como se de dúas estrelas se tratasen. Uns ollos que non queren mirar a outro.

 

10 Luz férrea

Sabes…ao mellor non son esa rapaza perfecta que buscas e pola contra serei un desastre, pero este desastre aprendeu a quererte dunha forma tan bonita e sinceira coma ninguén máis o vai facer. Ensináchesme o que é querer e o bonita e feliz que pode chegar a ser a miña vida se ti estas nela. E se mo permites, quero ser a luz que ilumina o teu camiño.

 

11 Luz da miña ánima

Sempre estiven buscando,
nesta viaxe sen mapa,
unha voz que chama polo nome de alguén,
unha voz que confia o último desexo ao ceo,
unha voz que se derrete có vento.
Coas mans entrelazadas,
cos nosos corazóns e almas,
coa luz guiándonos,
estamos sincronizados.

 

12 Quente coma o meu corazón

Na ventá unha paisaxe fermosa con cores fríos e quentes.
Recórdame as súas mans xogando polo meu corpo; maldito tempo por non ser infinito e maldito o meu corpo por ter desexo do seu tocar.

 

13 Bágoas doces

Se as bágoas caen polas túas meixelas, co meu polgar limpareinas, coa man que me quede escribirei un poema para ti e coa miña boca pequena con voz suave envolvereite.

 

14 Herdanza

O día que vin unha foto dos meus avós comprendín que antes as persoas amabamos en branco e negro.
Onte entrei no salón e vin como meu pai lle acariciaba o pelo á miña nai mentres ela quedaba durmida e o sol se anicaba pola fiestra. Comprendín entón que tamén se pode amar coas cores do solpor.
O amor é a mellor herdanza do ser humano.

 

15 Buses

Estabamos na parada
rogando que non chegase
para estirar ese intre
ata que puidese
tatuar nalgures.
Describías
o abrazo perfecto,
eu gozaba dos teus dedos fuxitivos,
da caricia
que me sostén
cando asomo
ao abismo,
da sensación
de que a rúa
era nosa.
Só quedabamos nós
na fronte de batalla
contra ese bus
que ven
cando máis gana teño
de que quedes.

 

16 O silencio

Cando te vexo, o silencio invádeme
e xa todo se sabe.
As palabras poden ir cheas de razón
pero as miradas van ao corazón.

 

17 Tempo ao tempo

O amor a lume lento
quenta máis e por máis tempo.

 

18 Amor puro galego

Ruliña, sexamos dous querendo sentirnos coma un, biquémonos entre a brétema, gocemos baixo a sarabia e que o orballo nos molle ata empapar o noso corazón. Amodiño formemos o máis enxebre amor miña querida Galicia.

 

19 Amor seco

Eu quero un amor libre,
verdadeiro e sincero.
No que poidas amar
deixando de lado o medo.
Un amor capaz de encher de auga
áridos desertos.

 

20 Desamor

Mirei os teus ollos pensando que eras diferente,
supoño que me equivoquei ou que nunca souben quererte.

 

21 Ao teu lado

Sempre penso en ti, aínda que non somos nada.
Agora que facemos? Deixámolo e sempre volvemos,
 non sei que pretendemos, a destempo querémonos,
xa non sei o que somos nin o que seremos.
Estou desexando unha vida ao teu lado,
xa que ti es a persoa que me fai feliz,
espero que ti tamén penses así.

 

22 Recordos

Camiños que me levan a ti.
Fotos que me traen recordos.
Bágoas que que caen por ti.
Cancións que me matan.
Sorrisos que atrapan.

 

23 Derradeira noite

Nunha noite
que fora noite
fora noite por ser lo
por mandato, por decreto
que si por ela fora
xa sería día de inverno
nunha noite
sen sendeiro
sen camiño nin camiñante
nunha noite onde o sono
no era mais cun desexo
nunha noite sen prato
sen lanterna
nunha noite de verán
queimei todos meus versos
de amor consumidos
como el arderon
derradeiro suspiro.

 

24 Xa nada é como antes

Baleiro está o meu corazón, baleiro está dende que eu perdín a razón,
ti eras a luz do meu día, agora estou só e xa non teño ledicia,
atópome na escuridade, facendo un esforzo para non pensarte,
eu só quería amarte, eu só quería coidarte, eu só quería bicarte, pero decateime de que xa nada é como antes.

 

25 Amor

Amar, simplemente arriscarse, xogando ás tentas co meu corazón.

 

26 Fogar ao teu carón

Quen diría que unha aperta significara estar en casa contigo, moito antes de que me deixaras entrar.

 

27 Vento

Darei ao vento os bicos que non che puiden dar, esperando tocarte.

 

28 O amor

A mellor maneira de coñecer o amor verdadeiro é cando asumes que a persoa que máis te pode querer es ti mesma.

 

29 Déixame namorarte

Déixame ver a túa ollada
chea de luz e veleno,
a que me deixaches gravada
nesa tarde de setembro.
Quero namorarte
coma se foramos nenos,
dos que ao deitarse
soñan con meigas e castelos.
Quero bicarte nos beizos,
ese lugar que tanto anhelo.
Isto é último que pido,
o meu último desexo.

 

30 Só ela

E dende ese momento decateime de que ela era a persoa que lle daba luz aos meus días, a que me axudaba a seguir. Que era a miña gran forza para non renderme, porque era ese piar que me faltaba na vida, xa que se esa persoa non está sentes que non podes con nada.

 

31 Unha frecha de Cupido

Unha frecha de Cupido
sentín meu peito estragar,
e mentres meu sangue derramaba
sentinme de gozo fartar.

Nun ínfimo suspiro,
meu gozo morreu
e sentín calor e fluído.

Caín derrotado no chan,
agora ardente coma o lume.
Onde antes estaba o corazón,
un fondo suspiro.

Só espero outra das frechas de Cupido,
que cure meu ser
ou me deixe de dor enchido

 

32 O que esconden os meus beizos

Que me perdoe o tempo por querer detelo cando te miro, pois só me fai falta unha mirada para conectar coa túa alma, xa que os meus ollos din todo o que os meus beizos non se atreven a dicir.

 

33 Instantes

Cada minuto, cada instante ao teu lado, sinto que o mundo se para e que só estamos ti máis eu para vivir o noso momento. Momentos nos que flúen ríos de sentimentos, momentos nos que a conexión entre nós fainos un.

 

34 O amor na mocidade

Difícil é ser adolescente,
moito estudar, moitas hormonas
e ás veces sentirse diferente.

O amor entre mozos é o máis intenso,
novas experiencias por vivir
e novos sentimentos.

É o máis sufrido,
pois adoita ser o primeiro,
búscase un amor perfecto
pero non é así o amor verdadeiro.

Non hai que ter présa por namorar,
o amor ás veces faise de rogar.

 

35 Galicia, o verdadeiro amor dos galegos

Paisaxe espectacular,
xente marabillosa,
lingua fermosa e popular
e unha comida como poucas.

Todos os galegos compartimos unha opinión,
Galicia é un lugar como poucos,
e para moitos, é o mellor.

Galicia é como unha fermosa muller,
atrae pola súa beleza.
Pero o que de verdade fai o interese crecer,
é o seu interior, a súa xente e a súa sinxeleza.

 

36 Amor contraditorio

Amor monta cabalo e cingue armadura.
Peito lustroso e semblante gallardo;
no seu cavilar absorto cabalga
altivo guerreiro das causas soadas.

Fóra da poesía, Amor murcho camiña descalzo,
roupa esfarrapada viste o seu corpo,
ferro luxado rodea os seus pulsos,
vencido guerreiro das causas perdidas.

Dualidade do amor: plenitude e carencia.

 

37 O amor, o meu sentimiento

Namorarse é sentir, vivir, perdoar, abrazar, estar o teu lado e ver os teus ollos na
escuridade. Non quixera vivir un só instante sen ese marabilloso momento de eterna
felicidade, pero fundamentalmente é facerte sentir o que me fas sentir a min, e que
ese instante se manteña indestructible no tempo. Non necesito mais.

 

38 A chama ferida

Foi aquel día
de tarde chuviosa,
cando souben que sentía
una chama descoñecida.

O meu corpo ardía
cal fogueira de San Xoan
na noite perdida.

Un sentir tan profundo
coma quen se sente difunto.
Entre a vida e a morte
ando perdida cara ao norte

Eu sei chama ferida
que algún día,
non estarás viva

 

39 Pouco espazo

Aínda que un móbil é demasiado pequeno para acoller todo o que eu sinto por ti, quero escribirche todo o que poida para que a nube garde por sempre as palabras de amor que tiña dentro garadadas ao longo da miña vida só pra ti. Din que os teléfons alonxan á xxente, pero cando non podo verte, expresarte todo isto e saber que o les éncheme a alma.

 

40 350 palabras sinceiras

En 350 palabras entender todo o remuiño que me recorre o corpo por dentro cada vez que vexo semella imposible. Máis por ti, podería facelo cunha simple palabra: Ámote. Digocho todolos días e nunca cansarei de repetilo e gritalo polas rúas de todo o mundo se fai falla. Porque sinto que canto máis o grite, máis o sentiremos.

 

41 Lembranzas

Tras moito tempo de espera, aconteceu, cheguei aos teus brazos, sentinme viva despois de moito tempo, saíame o corazón pola boca, desexando que fora eterno, despertei, e lembrei que tiña que afrontar outro día máis sen terte ao meu carón.

 

42 Un amor imposible

Sinto que foses ti. De todo o mundo posible, fuches ti quen acabou por estar xunto a min. Ti es ese pedazo da miña alma que escapou do meu corpo. Porque nunca poderemos estar xuntos. A distancia é o noso castigo.

 

43 Só amor

Un substantivo,
unha palabra,
un sentimento,
unha emoción.

Benditas as feridas
que fas no meu corazón.
Benditas as tolemias
que fago sen razón.

O amor pode dar felicidade,
pero non dá cordura.
Namorarse dunha falsidade
é a maior tortura.

 

44 Desde Vilamor ata Fisterra

Tiña unha ditosa sensación
que acelerou o meu corazón,
desde Vilamor ata Fisterra
nunha ruta de amor pola nosa terra.

Din que as palabras son levadas polo vento
mais díxenche “quérote, amor” cando facía bo tempo,
unha esdrúxula e unha aguda que non son tan graves
seguidas dun sorriso e unha chave.

 

45 Veu e marchou

Chegaches pola noite
fuxiches pola mañá
nun solo instante
entraches no meu corazón.
Quixen facer murallas
pero xa vivías no meu interior.
Prendiches o mesmo lume
que túa ausencia apagou.
Agora estás lonxe
preto no meu corazón,
tratarei de non caer na traición.
Oh meu querido amigo
que alumeaches o meu corazón
e fuxiches como cazador

 

46 Refléxome en ti

Refléxome no teus ollos verdes, túa pel é como a brisa do mar,
cada canción que escoito recórdame a ti e sempre estarei para ti
cada recordo teu faime moi feliz porque cada día demóstrasme o
que sentes por min.

 

47 Amizade

Vólvome leda por ti, sempre estás para min
e nunca poderei ser unha malfadada,
ámote, amareite, e sempre  estarei, amiga,
non sei cal é o noso destino pero será contigo,
nunca poderei agradecerche o que
fixeches por min porque son mellor persoa
grazas a ti.

 

48 Amor incondicional

Véxote e dáñame,
Véxote e quérote,
Véxote e apágame,
Véxote e ríome.
Dañar e apagar non son sinónimos de rir e de querer.

 

49 Pra sempre
Vinte e namoreime,
Vinte e non puiden escapar ,
Vinte xunto a min e ao teu lado vou estar.
O amor pode ser beneficioso e malicioso.

 

50 Amor de tia

Contigo aprendín o que é o amor dunha tía
Nunca pensei que amaría
a alguén tanto como a ti
es coma un anxo
que caeu do ceo
para darlle alegría
á miña vida
Sempre estarei para ti
cando máis me necesites
Sempre te quererei
máis que a ninguén nesta vida
Contigo souben o que é a felicidade
Es o meu agasallo máis grande
que esta vida me podería dar.

 

51 A miña persoa favorita

Cando estou contigo fasme sentir que o tempo detense,
pero cando é hora de marchar quérote ver aínda que acabara de verte.
Contigo e grazas a ti sinto a calma que sempre busquei dentro do meu caos,
xa sexa cunha aperta ou co teu sorriso.

 

52 Amor de catro patas

Chegar a casa e encontrarte a ti, meu amor de catro patas,
Miña mellor amiga pequena pero de gran corazón.
Para min iso significa verdadeira felicidade,
Porque transmítesme unha enerxía que só ti me fas sentir.

 

53 Valer ou pagar a pena?

Ti vales a pena, a alegría,
A espera, a distancia,
Os momentos, as bágoas,
As risas, os días e as noites,
Ti vales todo para min

 

54 Dás cor á miña vida

Azul e rosa para min non son tanto
verde e marrón véxote a través do meu balcón
cando me miras os meus ollos ilumínanse
e os nosos amores latexan, corazón.

 

55 O Destino

Ti sempre estas ao meu lado,
cando non estás síntome baleiro,
e cando volves,
sei que non me deixas abandonado,
e contigo o meu lado sempre me sento acompañado.

 

56 Café de luz

Ti es a miña luz na oscuridade,
Sempre estarás pra min,
En cada momento da miña vida,
E xuntos sei que estaremos sempre conectados,
Es o meu café favorito son os teus ollos.

 

57 O meu amor por ti

Quérote miña nai e sempre estarei para ti,
Es a base do meu amor e do meu refuxio.
O túa aperta é bárbara,
Que feita é a túa risa,
Eu teño a mellor nai do mundo.
Ámote, parruliña.

 

58 Medos

Cando te vin por primeira vez, tiven medo de mirarte.
Cando te mirei tiven medo de amarte
E agora teño medo de perderte.

 

59 Veces

Din que un namórase de verdade só pasa unha vez, pero eu cada vez que te vexo, vólvome a namorar outra vez…

 

60 Escorrentar

O longo paso do tempo non chegara a escorrentar o noso gran amor.

 

61 Amor arisco

O mar sabía o que me fixo
a dor que me provocou
pasarei os meus anos en soidade
sen nadie a quen amar

Esa noite escura e brava
onde non atopei nada
tan so ocorpo do meu amado
a morte agarrado

Tiven ese suceso
encontrteime a morte
mireille de fronte
e nin me aguanto os ollos

 

62 Musa

Sen ti escribía en prosa,
versos tristes e sen rima,
mais nesta, a tua compañía
podo por fin ser o poeta
porque ti es a miña poesía.

Miña musa, que cunha saeta
que ti empapaches en paixón,
alcanzaches a este poeta
no centro do corazón.

 

63 ~Doeches~

Sabes algo? Lembro aquel día que simplemente conectamos , como te achegaches a min sen coñecerme de nada , preguntáchesme se todo estaba ben; tentei explicar o que estaba a pasar nese momento pero non puiden dicir unha soa palabra xa que os meus ollos estaban chorados, as bágoas saían sen control, mollando as miñas meixelas, víchesme con dor .

 

64 ~Quérote~

Quero que te lembres daquela mañá na que te vin, acabas de espertar aínda co pixama de nadal, cos ollos medio pechados, o cabelo despeinado. Lembra o que me dixeches, que querías pasar toda a mañá acurrucado no meu peito, que se sentía como o teu lugar seguro. Namoraches de min en só uns meses, encántame cada minuto que pasamos xuntos, doe

 

65 Se o mundo non se rexese por leis matemáticas...

Mesmo que doa, doería máis non te ter coñecido, porque somos dúas liña secantes que deberían ser só unha. Ti tamén o percibes. Seino. Mais non podemos romper as leis da matemática. Ás veces desexo non te ter coñecido. Logo penso como me fixeches mellor persoa. Nunca cho direi a cara pero es a liña coa cal querería pasar toda a vida.

 

66 Ás veces penso

Queremos ser felices, dimos no entanto buscamos máis alá de todo o que non nos fai feliz. Deixeiche ir, vin como te tornabas un home. Pensei que me faria feliz. Xa non vería como non me elixes. Pero foi perderme nunha espiral de penuria ata a máis horribel tristeza. Eu busquei máis alá. De feito, encontreino. O máis alá somos nós. Somos nós sós.

 

67 Estradas infinitas

Eles pensaban que o amor podería con todo.
Queríanse moito, pero se quixeron mal..
O tempo sanoulles as feridas aínda que quedasen as cicatrices.
E o perdón construíu o camiño para un novo comezo.

 

68 Único

Da noite a mañá, todos os días do ano,
o meu soño é estar
co meu toxiño ó lado.

Non me serve calquera,
non hai outro igual,
despois del
xa non quero a ninguén máis.

 

69 Farta de ti

Estou farta de tí.
Farta de que me robes unha sonsisa cada vez que me miras; farta de que vivas na miña mente sen pagar alquiler; farta do malestar que me causa non estar ao teu carón; e farta destes sentimentos que me teñen tola todo o día

 

70 Bolboretas

Sinto bolboretas
Ao escoitar o teu cantar,
bolboretas entre a brétema
e a ledicia de por fin amar.

 

71 Un comezo torpe

Eu non cría niso do namoramento, iso de aferrase a unha persoa non che me gusta moito, mais cando o vin a el calei non sabia como describilo. Ao velo alí co seu sorriso perfecto, o pelo botado cara a diante e esos ollos marróns que me miraban cun brillo especial.
de súpeto escoitei un berro e volvín á realidade, alguén me botara un café por riba!

 

72 As linguaxes do amor

Dicías o moito que me querías.
Bicábasme na fronte cando doían as despedidas
Iamos o cine para desfrutar da compañía
Conducías a miña casa porque tiña morriña
Mercabas un libro porque sabías que me emocionaría
Aquí atópanse ás cinco linguaxes do amor.
Ogallá persistisen, o único que non axudou foi o tempo.

 

73 Fóra as metades das laranxas!

Sinto un mar de dúbidas. Eu cría que necesitabas a túa media laranxa para atopalo amor pero estaba moi equivocada. Eu non quero sentirme completa, non quero a metade da laranxa, quero outra laranxa independente; quérote a ti. Quero compartir todo contigo, dende o primeiro café da maná ata o teu tolo futuro pero, sobre todo, quero crecer e mellorar

 

74 Á flor baixo a neve

A ti, que non es capaz de dicilo.
A ti, que nunca escoitaches un silencio tan forte cando tantas palabras necesitabas.
A ti, que es unha flor sepultada baixo a neve,
en espera dunha primavera que só ti podes facer chegar.
A min, aínda que agora non o sinto, algún día o poderei dicir.
quérote,
quérome.

 

75 Razóns

Non sei se serían os cabelos dourados enmarañados nun moño alto,pero agora non pido mirar ó Sol sen sorir.
Quizá foran dous ollos grandes e brillantes que transmiten paz,pero ahora que estou feito un manoxo de nervios búscoos en todas partes.
Tal vez unha cara chea de pencas fora a razón,pero agora cada vez que miro as estrellas lémbrome de ti.

 

76 Amante dos libros

Quédache un baleiro descoñecido. Entender que dá igual cantas veces reléalo xa que sempre saberás o mesmo. E cando dáste de conta, choras por un personaxe que nin sequera chegou a vivir. Noites en vela devorando libros para encher o oco. Iso é a lectura, miles de emocións nunhas simples páxinas de papel. E por iso declárome amante dos libros.

 

77 Só ti

E volviches.
Ninguén che quería de novo.
Pensaches que poderías vir e arranxalo todo.
Esquecerche dos teus actos e volver unir os pedazos.
O teu gran poder, emendar o que xa desaparecera.
Pero o meu nunca se foi, leváchescho egoistamente.
Nunca che correspondeu.
Arrebatáchesme a miña capacidade de amar e non a volvín a sentir.
Ata que volviches.

 

78 Prométome toda

Ola. A nosa conversa de antes deixoume descolocada. Dis que non tes nada que prometer, pero non pasa nada. Prometo todo eu. Prometo o meu cerebro de pensar, o meu corazón de amar, a miña lingua de namorar. Prometo os meus beizos de estrelas e os dentes de constelacións. Prometo as verbas de soños e o alento de esperanza. A ti prométome toda.

 

79 Bébeda coa protección da noite

Que pasaría se me atrevera a escribirche pola mañá? A abandonar a hora dos amantes furtivos e sacar o teléfono no medio do día. A esquecer o silencio e berrar o teu nome á loucura do infinito. Non o sei. Seguramente cousas boas, pero non me atrevo a probar. (Esta mensaxe foi eliminada polo remitente)

 

80 Un agarimo

é unha aperta de bicos sen ser dados cos beizos,
é unha forma de dicir quéroche sen palabras,
que fan que a espesa brétema caia como orballo de sarabia
ata transformarse en bolboreta que voa en busca de ledicia.

 

81 Respostas

Nace en nós,
crece en nós
morre en nós
mentres nós estamos lúcidos de pensamentos
o corazón dará respostas nun brinco de sentimentos

 

82 Copa baleira

Corazón máis brando cás colchas da túa alcoba,
non tan forte coma os cotobelos das miñas mans
que choraron fervenzas vermellas por penumbras na túa boca
e o adeus dos teus beizos é a morte da miña copa

 

83 O mesmo rumbo

Cando penso nos nosos recordos, paréceme que son un afortunado
ao ter a túa dozura no vento.
Aloumíñame no teu corazón, aloumíñame nos teus pensamentos
mentres máis tempo paso na túa imaxinación,
amor eterno será coma o vento
que permanecerá no mesmo rumbo mentres esté contigo.