1 No fondo do teu corazón
Quérote moito
Quérote tanto que me rebenta o peito.
Por ver todos os días o teu sorriso
esquecería o meu narcisismo.
A túa presenza me embelesa
e non estar contigo
moito me pesa.
2 Deixa que ocorra
E ti que non sabes
a de veces que che dixen que te quero,
porque ti só escoitas
todos vivimos nun submarino amarelo
e agora só quero deixar que ocorra.
3 Matarrosa
Imos de viaxe a Matarrosa
Xa verás que paisaxe, fermosa.
Levaríate a Matarruela a por unhas copichuelas.
E a León para ver o teu pezón.
4 Ao final todo chega
Podes tentalo mil veces
Podes tentalo dez mil veces
O amor é complicado
O amor non sempre é correspondido
Non te preocupes, ao final todo chega.
5 O que nunca lle puiden contar á miña avoa
Hola abu .Quero decirche algo . Desde que tu te marchache da casa a miña vida non e igual . Voto muito de menos as nosas risas . Tereite no meu corazon sempre nunca te olvidarei da maravillosa abuela que tuven . Ao que iba contarche era que ahora estou en Lugo estudiando Hostelería e gustariame poder compartir contigo todos os platos que fago ricos.
6 Feliz San Valentín
Hola. Queria decirche que levo un tempo pensando en si contarche esto ou no. Gustasme desde o primeiro dia que te vin na residencia . E dinlle muitas muitas voltas en si decilo ou no. Queria pensarmo muy ben antes de arrepentirme do que queria facer. Pero ao final acabeillo decindo por WhatsApp. E ruv b a mala suerte porque el xa tiña novia.
7 Translúcidas chinas
Cólleme da man e imos capar o río. Tres pedriñas afundirán, eu fundireime contigo, e as chinas viaxarán río abaixo ata dar cun inmenso mar de lágrimas de felicidade, e quedarán pulidas, e romperán en anacos, e volverán fusionarse, e cambiarán de cor cos anos... Eu quixera amarte coa mesma forza coa que os tres nimios obxectos cabalgaron a vida.
8 Temperatura
Soamente che pido que recordes aquel medio ramo de caraveis, por se algún día as estrelas da noite requiren de nós para unir constelacións. A miña vida deixa de ser unha simulación cando a comparto contigo. O ceo é máis azul, o sol quenta máis, o vento é máis suave, a neve máis branca, e eu máis persoa.
9 A miña reguetona
Quérote moito reguetona,
mais non sei como expresar esta sensación,
explótame o peito como unha bomba,
e árdeme o corazón.
Bum!
10 Alguén único para ti
Desexaría poder crear infinidade de recordos como esos sen que o destino e a natureza nos poida arrebatar. Co tempo non te deteriore, nin a ti nin ao teu corpiño , cada vez máis fraco ,ou o teu cabelo cada vez máis avellentado e gris. Xérame tristura mirarte aos ollos cada día máis baleiros , , e que ti me mires cos teus e me poidas ler a alma .
11 Namorada
Quérote aínda que nunca me soubeches responder, ogallá entendeses o que che digo e souberas contestarme para poder pedirme todo iso que ti queres e que te mereces, xa que te ofrecerei todo o que estea na miña man para realizalo.
12 Distancia
Alén do mar
alén dos meus ollos
alén dos meus soños,
ti.
Preto do mar,
preto dos teus ollos,
preto dos teus soños,
eu.
13 Talvez
Quéroche.
Simplemente quéroche.
Non sei por que.
Talvez porque estou un pouco tolo.
Talvez porque estás un pouco tola.
Talvez polos teus ollos.
Talvez por como camiñas.
Talvez pola túa felicidade.
Talvez por como es.
Talvez por ti.
Sinceramente, non sei por que che quero,
pero é así.
14 Nostalxia
Agora, que xa non estás, vivo nun cotinuo inferno. O noso amor o era todo. Doe, doe atoparme contigo pola rúa e non saúdarnos. Cando hai un tempo, tiñamos todo. Nos tiñamos a nós. Fixechesme sentir unha morea de cousas, e deixaches o un corazón sen vida. Só quedan recordos nostálxicos de todo o que un día fumos, e de todo o que nunca seremos.
15 Namorada
Es o sangue que fai latir o meu corazón, sen ti non podo vivir. Sen ti, só podo sufrir, xa que cada minuto que estou lonxe de ti, é unha tortura. Cando estás comigo síntome nunha envoltura, protexida pola túa figura.
16 Amor infinito
Realmente se quixese dicirte todo o que sinto por ti, éste minúsculo trazo do noso amor quedaría tan pequeno coma unha mota de polvo no mundo.
Es todo, e á mesma vez non eres nada, son mellor ao teu lado, sendo eu mesma e non outra persoa. Ningunha palabra dice todo o que quero, porque o infinito non é expresable.
17 Quérote
Quérote.
Quérote hoxe,
mais ás veces
quérote nunca.
Busco a mañeira,
a mañeira de namorarte e
de atopar en min
a persoa para ti.
Penso en ti.
Penso en nós,
no noso amor e
quérote de volta.
Porque?
Porque buscas
formas de voltar sen
realmente ser meu outra vez?
Agora e sempre,
o meu amor perdido,
amor recuperado,
amor sanado e
amor sin fin.
18 Bicos de mel
Os teus beizos, mel que enfeitiza o meu ser,
en ti mergúllome e volto a renacer.
En cada bico teu atopo a miña ledicia,a felicidade
xuntos, somos a mais doce realidade.
19 Caramuxo
Avanzando con paso firme e co meu caparazón como protección, por moito que sexa longa a espera, o meu valor será a miña maior fortaleza, a miña guía e refuxio no camiño da vida, a miña verdade.
20 Miña nai
A miña nai trátame ben
e me coida ben.
E moi boa
Mamá quérote moito
e me compras un coche
cando teña dezaoito anos.
Eu quero levarte a dar unha
volta no meu coche.
Para que vexas o muelle, San Isidro,
e tamén Ferrol
e darche un abrazo.
21 Marga
Marga, quéroche moito
Marga, sempre estarei contigo
Me coidas e me das cariño
Amote e sempre estarei contigo
Eres a mellor educadora miña
Amote porque eres boa
e me queres moito
no, moitísimo.
Te adoro e che compro un loro.
Marga grazas por estar conmigo
Amote, creo que estou contigo
douche grazas por consoarme.
22 Quérote
Quérote porque me tratas ben
Quérote porque estás conmigo
Quérote porque che importa o
que me pasa.
Quérote porque me amosas
cousas boas,
Quérote porque eres moi
Bonita
e me das a vida.
23 Dependendo das estacións
En febreiro levareiche flores´
na primaveira podemos recollelas na miña eira
e no verán levareite a contenplar o serán.
24 Querernos ben
Quzáis me equivoquei ao pensar que os teus ollos me miraban con amor Non sei se non soubeches valorarme o suficiente ou eu non souben quererte.
25 Ensarillada de amor
O sol pedíulle á lúa que se casase con el, pero se a Lúa dixera " si " o Sol estalaría de felicidade e se a Lúa dixera que " non " , o Sol escureceríase de tristeza. Entón a Lúa dixo " non sei " ... e ata hoxe Saturno garda os aneis.
26 Novo presente
Penso no pasado outra vez,
non deixa de chover.
Ti déchesme luz
cando non podía ver.
Dáme medo
que te poida perder,
a miña mente só cavila
se o farei todo ben.
Aconséllame, ensíname
a aprender a querer.
Só sei que en ti confío
un pouco máis cada mes.
Ti non eres como o resto
iso xa o sei,
eres diferente, unha esencia
recorrendo a miña pel.
27 Viaxe
Nos días luminosos
faíscas afloran,
mentres na escuridade
perlas azuis brotan.
Fixeches que as espiñas
perdera a bela rosa,
mais morreu ao ir tocala
polo amor que non amosas.
O vivido non se expresa
nin con estas palabras,
pero as miñas na viaxe
en ti quedaron olvidadas.
28 Fugaz
éramos como unha estrela no universo
supoño que fugaz
29 Promesa
Eu fágoche a promesa de ser
Respetando que ti sexas
Para poder ser xuntos.
30 Para te namorar
Amor, eu quérote. Se te miro, morro, e vivo para mirarte. Polo día ti me das o teu falar para eu te escoitar, pola noite ti me apertas co teu cantar. Vivo por e para ti, e vivo sendo contigo. Sen ti non sinto, só lamento; contigo non padezo, só quero. Por iso, che canto, coa miña lingua, para non sentir esta morriña que me está a matar.
31 Ampárame, namorado
Amor, eu quérote. Pero, non te quero, ámote. Amo como te quero e quero como te amo. Sen ti non son nada, e contigo son todo. Todo é canto son, cando te teño ao meu carón. Ao meu carón teño todo, se me miras, namorado. Namorado, chámote, para que veñas ao meu lado. Ao meu lado, sinto todo, todo sinto se te amparo. Ampárame, namorado.
32 Chover ten que chover
Chove. Corre por debaixo nosa un reghato de auga. No baño hai pingueiras facendo percusión contra a porcelana.
Namora pensar que o mundo non para se nos deixamos de querer.
33 Brétema na alma
No fondo do meu corazón hai unha espiña,
que cada vez que che vexo dóeme.
Lémbrome de ti miña neniña,
que complicado é non poder terche.
Véñenme á mente todos os momentos vividos,
paseniñamente, coma se fose como antes,
dóeme o corazón xa sei que está partido,
teño que aceptar que xa non pondo bicarte.
Sen ti síntome incompleto,
xa non podemos comezar de cero,
os teus sentimentos metíchelos nun peto,
miña nena fixéchesme perder o tempo.
34 Fugaz requirimento
Demasiadas advertencias, suficientes indicacións. Así me sinto eu. Plenamente feliz. Perdida na infinidade da túa ollada azul. Soñando esperta, vivindo anastesiada. Navego polo traxecto da vida sen esforzo. Sen condicións. Con total ausencia de sentido. Dominada pola loucura. Se iso recolle o significado da palabra amor. Iso é o que sinto por ti.
35 Existencia compartida
Sentimentos encontrados. Problemas resoltos. Ao carón dos teus brazos, non teño sono. Sen ti, o meu universo vese en branco e negro. Contigo, cheo de cor. Alegría, dita, felicidade plena. Sen importar ningunha idea. Soamente a prosperidade vindeira. Agarimosa noción da vida. Semellante a un conto. Ogallá nunca atope un tráxico desenlace.
36 Nós
Ti e máis eu formámolo todo, todo mentres sexa xuntos.
Somos capaces de formar un nosoutros, un soño, un amor.
Ti e máis eu formámo-lo amor.
Nós somos amor.
A xente ólla pra nós e pensa “iso é o amor”.
E isto é o amor.
37 Namorados da lingua
Eu falo galego para namorarme,
para namorarme de min,
da miña lingua,
da miña terra.
O meu amor é infinito,
podo namorarme con cada palabra.
E, qué é o amor?
pois é cada sinxela palabra en galego,
cada sinxela palabra no meu ser.
38 Odio
Non te odio porque a pesar de todo o dano, das mentiras, dos tempos nos que todo semellaba verdade , era todo unha gran mentira da que aprendín. Axudáchesme a madurar, a asimilar que non sempre me quererán como eu. Que non me collerán da man cando eu queira, que non me agarimarán cando a miña alma se rompa.
39 O amor en esencia
Buscamos amor para alumar,
o noso lúgubre corpo dispar.
A nosa terrible perdición,
que trae ledicia trala aflición.
Ti es o meu mellor costume,
en noites de servidume.
Tan preto e tan lonxe como ningún,
coma o un e o trinta e un.
O meu amor por ti,
é como o número pi.
Eterno, incesable,
un caos de felicidade.
40 Promesa de amor sempiterno
Miña xoaniña, fochiquemos un nas entrañas do outro namentres o fagan o lume e a leña na lareira, querámonos no luscofusco mentres o sol lle dá paso ao plácido luar, cando vaia fuscallo, fogaxe, cebrina ou cebrisca, amémonos sen medo de esnafrarnos, sen sentidiño, sen xeito, fagamos do noso amor a máis enxebre trapallada. Porque… malo será.
41 Pra miña amiga
Es o mellor que me poido pasar, desde que te coñecín sinto que xa non estou soa, todos estes anos xuntas foron máxicos, espero que a nosa amizade poida continuar ata que sexamos unhas velliñas igual de rexoubeiras e memorables como somos agora. Desexo de corazón que sexas feliz e nunca te arrepintas de terme coñecido así como eu nunca o farei.
42 Saber querer
Son xove e non teño mozo, máis sinto que amo moito, moitísimo. Quero á música, á natureza, os meus amigos, as miñas mascotas (adoro aos meus gatos), a meu irmán que pese a todo faime rir, a miña mellor amiga que sempre está alí, quero a tantas persoas que as veces esquézome de querelas, quero a miña vida porque, pese a todo, a sinto como a mellor.
43 E se nos equivocamos?
Aínda non lle dixen a miña nai que xa non volverás por casa, que xa non te verá nas videochamadas e que o meu sorriso non volverá brillar do mesmo xeito. Non estou preparada para dicir en voz alta o teu nome sen que se me esnaquice a voz. Deixo a porta entreaberta por se estabamos errados e sei que non debería pola brisa tan fría que entra polo oco.
44 Desafiuzamento
Coñecinche e a miña alma espertouse. Ela tremía antes do noso primeiro bico. E ela bailaba coa túa cada vez que nos víamos.
Recordo que unha vez ardeu, mentres me falabas de ti.
Agora pasa polo máis frío dos invernos, e tremelica encolleita, agarrando os seus xeonllos entre os brazos. Coa cabeza agachada. Na esquina sueste do meu corazón.
45 A despedida innecesaria
Ogallá algún día nos volvamos encontrar, e non quero ter unha nova historia, quero cambiar o final que lle demos a esta, mais de momento toca deixar ir, porque como dín: deixar ir tamén e saber querer. Es ó amor da miña vida e sempre que me pregunten direi que me equivoquei de vida e non de amor.
46 Desamor
O tempo pasou voando a teu lado, e agora chegou o momento da despedida. Foron momentos inesquecibles, risas, choro, aventuras, aprendizaxe, amor, desamor... todo iso formou parte do noso camiño. Agora, é hora de seguir adiante, pero sempre lembrarei a túa presenza na miña vida. Non é un adeus, é un ata logo, porque estou seguro/a de que volveremos.