Lingua de namorar 2017: mensaxes da categoría B

Lingua de namorar 2017: mensaxes da categoría B

 


1 Moraima

Moraima: de querer, quérete. Así nunca matará o silencio de non dicirte.

 

2 Con lingua

Bícame coa lingua; no colo, con cóxegas... faime bolboreta.

 

3 Plans

Planear todo, non planear nada, dicir todo e non dicir nada. Un wasap lido, un wasap sen contestar, un futuro truncado e un lastre que arrastrar. ¡Por favor non wasapees conducindo!

 

4 Entre as nubes

Meu querido fillo esta mensaxe queda gardada na nube, pero non nesas que a tí tanto che gustan ver pasar. Algún día lerás e entenderás que significa nacer na era das novas tecnoloxías e os avances, grazas ós cales saíches adiante con tan só 30 semanas.

 

5 Namoreime de ti, salgada e amendoada 

O teu agarimo penetrou na miña pel, acougándose nela. Así foi como me namorei de alguén que non podo ver, pero mire onde mire estame mirando. De alguén que ole a carballeira e a sal. Síntoche no vento, nesa brisa mariña que as gaivotas transportan. Animais de ás planadoras, aniñaches en min un amor de améndoa que medra co tempo, que xamais mingua.

 

6 Amor...

Mireiche e miráchesme… mirámonos… atopámonos… descubrímonos… imaxinámonos… soñámonos… acercámonos… sentímonos… e o meu corazón quedou para sempre ao carón do teu para non volverse a separar…

 

7 O teu corazón, o meu fogar

So hai un lugar na terra no que me sinto na casa, no que a soidade non chega, no que a ledicia e o amor envólvenme e elévanme ao mellor xeito de ser eu. Ese lugar atópase en terra de meigas, choiva, aldeas e morriña, onde ti vives, porque é o teu corazón.

 

8 Contando

Ámote, e gustaríame contar contigo. Un, dous, tres… ata o infinito.

 

9 O primeiro encontro

Coñecémonos pola rede. Separábannos trescentos quilómetros. Tras dous anos amándonos na distancia, quedamos por primeira vez nunha cafetería situada nun punto intermedio. Sentámonos, pero antes de comezar a falar apareceu o camareiro. Ela dixo: "Eu quero un té". Eu susurrei mirándoa aos ollos: "Eu tamén... QUÉRO…TE".

 

10 Olladas agochadas

E non foi ata a chegada do inverno cando aquelas olladas, agochadas durante tanto tempo, deron paso a unha afouteza, tan descoñecida e ignorada para el, capaz de tronzar o medo máis oscuro do rexeitamento.

 

11 Por primeira vez

Foi cando escoitei a túa respiración durmida cando por primeira vez pensei que aquilo era real, e cando por primeira vez chorei por ti.

 

12 Sumando

Xa sabes que non son moi boa en matemática, pero non me poderás negar que 1+1=3, que ata temos unha filla para facer a proba.

 

13 En silencio

Podería berrar que por ti faría non sei cantas cousas, pero ámote e prefiro facelas sen o pregoar aos catro ventos.

 

14 Escribamos xuntos

Non che podo prometer amor eterno, pero si un libro que completar, páxina a páxina, dunha vida chea de aventuras, de viaxes, de momentos, de fotografías xuntos, de música...

 

15 Un pouco tarde, ou non?

Ás veces confundimos o que é amar... Agora sei que ti eras o meu amor. Sei, en pasado. Grazas.

 

16 O meu anxo

Ao verte chegar vín nos teus ollos reflexada a dozura e,se me das a oportunidad de bicar a túa man, demostrarás que todo ser humán pode ter un anxo ao seu carón que reciba tan inmensa tenrura.

 

17 A felicidade

Ninguén dixo que fora doado alcanzar a felicidade mais,se podo bicar por un segundo a túa meixela, notarei que a miña ceda idade que non vou coñecer a tan grande beleza.

 

18 A súa historia

¿Quén? El e ela, un mozo granadino e una rapaza galega. ¿Onde? En Santander ¿Que? Apenas catro días, non a podía perder. ¿Como? Galego, lingua de namorar ¿E agora? Entre aeroportos non se deixan escapar.

 

19 Contando

Unha viaxe, dous estraños, tres lugares, catro días, cinco sentidos, seis amigos, sete bicos, oito aloumiños nove, dez, once destinos.

 

20 Omnipresente

O amor está en tódalas partes, recorre a túa pel a cada instante.

 

21 Circulando

O camiño dos meus beizos pola túa pel, a miña viaxe favorita.

 

22 Cambiaríao todo

Sigo sin saber que escribir cando non che escribo a ti. Xúroche que cambiaría todo por poder pasar unha noite mais contigo, o carón daquela lareira onde nos coñecimos. Estou aquí agardándote, podes vir buscarme cando queiras, teño toda unha vida que quero compartir contigo.

 

23 Contigo e sen ti

Este contigo, este sin ti tan amargo, porque as veces sóbrame mundo e faltasme ti.

 

24 Superheroe

Síntome coma Spiderman cando estamos xuntos porque amarte entraña un gran poder e unha gran responsabilidade.

 

25 Bilingüe

Sen agarimos, non sabería vivir, never let me go.

 

26 Morriña de ti

Está amizando, xa non fai frío nin calor. Teño morriña de ti, deses beixos que me fan tremer, que me secan as bágoas. Ven, faime sentir especial unha noite máis.

 

27 Madia leva!

Non lembro máis beleza que a túa. Tanta saudade deses beizos, deses olliños cor café, dese sorriso pícaro. Tanta paixón nos sentimentos. ¡Madia leva non se namora!

 

28 Anhelos

Non podo esquecer as túas verbas. ¡Canto dano fixeron! Non podo levantarme e estou de pé. Nembargantes, anhelo terte no meu colo, ao meu lado.

 

29 Soñando contigo

Se hai algo que quero na vida, é a ti. Estar ó teu lado é un soño do que non quero espertar. Aí son feliz, sorrío. Quero pasar o resto da vida soñando.

 

30 Bícote, bícasme

Quero bicarte, que me biques, bicarte ata durmir. Quero espertarme, buscarte, bicarte, que me biques, atoparnos, bicarnos hata durmir. Se espertas, atópame, bícame, apértame e se esperto non te preocupes, que eu non quero durmir.

 

31 Vaite… e volve

Marcha, marcha agora, rápido, que aìnda son forte e non vou chorar. Vaite pa Londres, vaite onde queiras que eu ainda son forte para verte marchar. Vai e mira o mundo cos teus ollos, que eu cos meus nos teus xa o verei. Lémbrame, lévame contigo e lembra tamén o mar, as Cíes, a noite, as estrelas o lar. E volve, sobre todo lembra o fogar.

 

32 Ataduras

Pois non é acaso amor a liberdade e confianza que ofrece? Namentres os brazos atados non é simbolo do mesmo.

 

33 O sorriso do amor

Que é amor? Quizais esa pequena liña nos beizos o define.

 

34 Xeo e lume

Suave, como o sol de inverno. Sentimento que se vai colando como o fluir da agua do xeo ao derritirse, frio e refrescante. Ás veces queimas pero calmas a sede.

 

35 No interior

Dentro de min, estás dentro de min. Medras dentro de min. Bailas dentro de min. Explotas dentro de min. Absorbes TODO dentro de min… mais non quero que te apagues nin que marches.

 

36 Que é o amor?

Amor non é unha palabra, é un sentimento. É espertar e ver un sorriso. É abrir a porta e recibir un abrazo. É chegar á casa e recibir un bico.

 

37 O recibimento

Chegadas do aeroporto... mil bicos e abrazos...alegría con flores...¡Eso é amor!

 

38 Promesas

Non che podo prometer un mañá, nin obrigas imposibles de cumprir. O que sí che prometo son tantos hoxes coma me permitas, cada un mais marabilloso e inesquecible que o anterior. Levareite tan lonxe coma te atrevas a deixarme. Xuntos ate que a vida nos leve por outro camiño. Pero ata entón, temos un hoxe e un agora que non habemos desperdiciar.

 

39 O gusto pola imperfección

Non me tentes convencer, non o vas conseguir. Quedo porque quero, porque TE quero. Sí, a ti, por riba deses defectos que tratas de acentuar. Son insignificantes comparados con eses fermosos detalles que tes sin sequera darte conta. Non, non es perfecto, nin preciso que o sexas. O que me gusta de ti é esa imperfección que me conquista cada día.

 

40 Escoita activa

Nunca ouvín nada mellor que o que os teus ollos me contaron

 

41 Pensando

Pensas que non te penso namentres non te vexo, mais canto máis me faltas, máis te sinto.

 

42 A pesar de todo

Non che puiden prometer a lúa nin as estrelas do ceo. Quixen regalarche unha man amiga; unha compañía sincera. E, de entre todas as cousas, nada me fixo máis feliz ca saber que sempre estiveches ao meu lado cando todo se derrubou.

 

43 A treboada

Está chovendo. Aquí é moi raro que chova, pero chove. Non lembro a última vez que caeu unha gota, pero aínda podo recordar a tristeza e amargura que traen as brétemas. E, a pesar de todo, aínda lembro aquelas tardes de outono onde só importábamos nós. Malia que esta condenada treboada me silencie, non o podo dicir máis forte: quérote.

 

44 Cambiando o mundo

Sentimos non para ser felices, senón para cambiar o mundo no que somos. Aferrámonos á sinxeleza de botar a alguén de menos, de fracasar, de perdernos no horizonte da incerteza. Observamos o abismo e vémonos a nós mesmos. Saltamos. Cada caída é un novo comezo, unha sensación de ledicia que muda no noso interior o que fomos para deixarnos sentir.

 

45 No máis íntimo

Os recordos máis fermosos agóchanse na xente e nos lugares que amamos. Que fermoso é regresar aos brazos queridos, que marabilla poder respirar nos sitios nos que nos sentimos vivos.

 

46 Eclipse de amor

Sabes que lles pasa a Catalina e a Lorenzo? Que se necesitan. El, desprende toda a súa luz para chegar a ela. Pero a distancia, fai que soamente poidan unir os seus sentimentos algunha vez ao ano. Cando o fan, é marabilloso ver como se abrazan para mostrarse o seu cariño;para mostrarnos o seu eclipse.

 

47 Amor profundo

Bicar cos ollos e non cos beizos. Dar bicos de esquimós, coas frontes xuntas, mentres me dis en baixiño un “QUÉROTE” ao que lle segue un longo sorriso. Facer o amor, en lugar de ter soamente sexo. Iso é o que quero cando estou contigo.

 

48 Linguas irmás

Están empeñados en separnos, en que nos odiemos, en fomentar que non podemos vivir xuntos, en fin, que te quererei sempre, porque somos irmás, vimos as dúas do latín e complementámonos unha á outra neste bilingüismo que nos tocou vivir (por sorte).

 

49 Cada vez

Cada mensaxe que envío e non me contestas, cada vez que quero quedar contigo e me dis 'xa falaremos', cada segredo que me ocultas cando, cada vez que non me contas o que sentes, cada vez que me miras, sempre sinto ciumes, porque responden á inseguridade e ao feito de que non estás atraido por min.

 

50 Todo

Atrapáchesme naquel silencio, pintáchesme un sorriso que coma nun espello replicou o teu rostro. Non dixeches unha palabra pero para min foino todo.

 

51 O inicio

Concédeme mil bicos para comezar a namorarte.

 

52 Nunca coma contigo

Teño que dicirche que me fixeches feliz, nunca me rira tanto con ninguén, nunca sentira tanto amor como o que ti me deches, nunca me sentira tan cómoda como o estiven contigo, nunca estivera tan namorada como o estiven de ti.

 

53 Encántasme ti

Encántame o teu sorriso, as túas bromas parvas, os chocolates e os flocos de millo con azucre pola noite; gústame a forma na que me bícas cando non estou ben, encántanme as nosas apostas, as cumpridas e esquecidas, gústanme os almorzos na cama e as comidas ás cinco.Non me arrepinto de nada que fixemos, e tampouco de nada do que nos queda por facer.

 

54 Hipnotizado

Recoñezo que non foi amor a primeira vista, que ó principio só eras unha máis, ata que me detiven a ollarte. A moza co sorriso máis extraño que nunca vira. Contaxiáchemo, caín hipnotizado e segundo os meus amigos, a partir de entón eu fun o do sorriso parvo.

 

55 A petición

Esa noite corrín con tanto que as miñas pernas chegaron ó pequeno restaurante tremendo. Era o día. Tíñao no peto, o meu peito parecía unha locomotora, mais esa febleza nas pernas axudoume cando caín de xeonllos xunto a ti e fíxenche esa pregunta que nin me deixaches rematar pois o teu "si" cortou as miñas verbas igual que un afiado coitelo.

 

56 Alimentando paxaros

Pensaba tanto en ti, que xa non lembraba se lle dera o alpiste os paxaros que revoloteaban na miña cabeza.

 

57 Ruta deseñada

Eu deixolle que me leve o seu antoxo, e él me leva a donde eu quero ir.

 

58 Sen descanso

Estou esgotado; todo o día Ti, dando voltas pola miña cabeza.

 

59 Telepatía?

Ás veces penso que nos queremos tanto que soñamos os mismos soños.

 

60 Fiel

Hei de confesar que peregrinei cara a outros brazos, mais ata que cheguei a ti non conseguín atoparme.

 

61 Submarinista

Quero mergullarme no arrecife dos teus ollos e poder emerxer no fulgor das túa voz.

 

62 Espiñas de toxo

A incapacidade para mostrar o que sinto era a escusa para declararme un toxo. En realidade era máis ben un toxo ferido polas súas propias espiñas que só precisaba de alguén que as fose curando a pouquiños. E aí estabas ti.

 

63 Amor radioactivo

A laranxa do zume de hoxe tiña a parte de arriba verde. Como dis ti, son "laranxas radioactivas". Pero... que máis dá se o importante é poder espertar xuntos calquera mañá para facer un zume recén exprimido? Compartir un almorzo coa nosa canción de fondo é algo moi próximo ao amor, non cres?

 

64 Amor gramático

Quero comerche con palabras todo o que coas miñas preposicións non acadaron os teus adverbios.

 

65 Vivir soñando

Espero que sigas a ver boas pechadas e non sombreiros, que vivas e soñes todos os días e polo resto da túa vida.

 

66 Palabras non ditas

Como cada tarde vou a visitarche.Un raio de esperanza aturula o meu corpo inerte e pregunto:Como estás, pai?E sempre a mesma resposta:Eu ben, e ti quen es?Hai enfermidades que matan antes de morrer e palabras non ditas que culpan a un inocente.Eu, pai, volto a despedirme e a dicirche o que non che dixen na túa vida consciente: QUÉROTE!

 

67 Moraima

A miña filla,Moraima,co amor dunha nai e polo seu segundo mes de vida:Cando quero durmir digo Moraima,digo Moraima porque sementou a Esperanza,digo Moraima e ponse vermella a cara.Cando quero silencio digo Moraima,digo Moraima na noite pechada,digo Moraima e segue a luz en marcha.Cando quero morrer non digo nada porque xa me fartei de dicir Moraima

 

68 A teoría do todo

Cada vez que o vía as meniñas dos ollos resplandecíanme e tornábanse en buracos negros que o absorbían todo, comezando polo seu reflexo e rematando coas miñas ganas de amalo. Nin sequera Stephen Hawking tiña unha explicación para a nosa historia, eu decidín chamala como a súa película, a teoría do todo. E o meu todo, e o meu universo, es ti.

 

69 De Rosalía a Benedetti

Ti lías a Rosalía, eu lía a Benedetti. Ti bebías Pepsi, eu bebía Estrela. Ti es un anxo e eu son o demo. Mais se algo sei de ti e de min é que a pesar de sermos tan diferentes complementámonos como a lúa e o sol, o coñac e o anís doce, e como a luz e as gotas do orballo para facer miles de arcos da vella.

 

70 O amor son canfurnadas

Enfeitízasme, sabíalo? Ámote, abofé que si, tanto que custa imaxilalo. A miúdo cismo que non podes ser verdadeiro, que eu non son quen de ter tanta boaventura, que o amor soamente son canfurnadas. Pero non es finxido, o que sinto é ben certo. Énchesme, fas que cada albor sexa unha xolda, esmendréllome ca risa ao lembrarte, teño unha vida avegosa.

 

71 Pámpana e aloulada

Ti, fas que o meu corazón latexe até empuxarme ao averno, semella que esnaquizas parte de min. Ti, engaiólasme, fico aloulada e aparvada neste mundo grazas a ti, abraiada das cores, dos sons, dos cheiros…, pámpana ante os quefaceres do día, que se viran en quefaceres senlleiros, grazas a ti.

 

72 Doce espera

Aínda non nos coñecemos, pero xa me tes namorada. Espero con ansia o momento de poder arroularte, darche bicos e coidarte. Cada reviravolta que sinto que das no meu ventre, son mil bolboretas de ledicia. Quérote meu neno

 

73 Mestura de cores

O amor é como o primeiro arco da vella despois da peor das treboadas.

 

74 Curando feridas

O amor non se trata de encher baleiros, máis ben trátase de completar anaquiños de corazón desfeito de pasado. Trátase de cruzarse no camiño dun deses corazóns rotos e enchelo de saliva, para curar as feridas que algún outro corazón deixou.

 

75 Voa!

Nun mundo de rectángulos grises de bordos cortantes dúas liñas queríanse sen profundidade. Eu quero quererte redondiño nun mundo de altibaixos verdes, brancos e azuis que nos dea impulso. O amor pide aire, campo aberto. Apóiate en min e bule, voa! Eu axiña volverei a rolos cara a ti para dicirche: “Botástesme de menos, amor? Nunca me fun.”

 

76 Ti

Os meus beizos, o meu sorriso, o meu corpo. A miña vida

 

77 A nosa lingua

Coma o vento zoar. Coma as aves voar. Que bonito é o galego falar.

 

78 Fogar de amor

Calqueira lugar é a miña casa se es ti quen abre a porta

 

79 Se me entenderas...

Aquí, lonxe de todo e preto de ti, sinto que todas as palabras que aprendín na casa andan bulindo por dentro miña, buscando unha tradución ó teu idioma. Pero sempre comprendo o mesmo: que me espallan o que sinto os tempos compostos, e que me falta a miña lingua cando me nace dicirche que te quero. E, coma iso, non doe nada.

 

80 Latexos

Lévasme polo vento, áxil, borboriñando palabras dunha época pasada. Fasme saltar coma unha fervenza, e ao mesmo tempo lévasme lixeira, son unha burbulla. Percorremos camiños infinitos, pisamos terras descoñecidas e húmidas. Mollámonos os pés e secámolos ao sol do mediodía. Os días pasan e mudan a túa fala en latexos.

 

81 Mar de amor

O teu ollar é un acougo eterno. O teu andar, velaíño, ¡como a brisa! Non tes présa, semellas un mar en calma. ¿Como fas para remexerme por dentro ao ritmo das ondas?

 

82 Amores irreais

Dende ben pequenos inundan as nosas vidas con historias de amor e romance. Están nos filmes, nos debuxos, nas series televisivas,nas novelas e ata nos anuncios. Todo semella encamiñado a comunicarnos que non estaremos completos ata atopar o amor da nosa vida e que sen a nosa “media laranxa” non somos ninguén. Sen embargo eu non creo así.

 

83 Amor libre

Quérote, máis non te necesito. Gústame estar contigo e pasar tempo xuntos, aínda que tamén gozo da miña soidade. Se mañá marcharas probablemente estaría triste un tempo, pero ao final recuperaríame pouco a pouco, porque a pesar de que te quero non te necesito para ser feliz. O que busco nunha parella non é alguén que me complete, porque xa o estou.

 

84 Mensaxe de WhatsApp

O son do asubío das mensaxes do WhatsApp espértame tras unha mala noite. Collo o meu móbil e leo que o remitente é o meu mozo, Antón. Entro na aplicación con moito entusiasmo e leo: "Ola princesa. Quero pedirche un favor: asómate á fiestra". Ó facelo, leo no meu xardín: "NIN SEQUERA O CANCRO PODERÁ CON NÓS". As bágoas escorréganse pola miña face.

 

85 Sen memoria

Tan acostumada a ti, pel morena e ollos verdes. Ti esqueces o que es, eu só lembro o que fomos. Podes falarme, oírme ou incluso escoitarme; mais nunca volverás a entender o que iso significa. Endexamáis recordarás, nin tampouco me atoparás na túa memoria.

 

86 Firmamento

No ceo hai unha estrela e un desexo vou pedir, o anhelo que eu quero é non volver estar sen ti.

 

87 Maldito destino

Ti tan lonxe. Maldito destino que me privou de ti. Tiñamos unha promesa, e aínda que non era de namorados, tíñala que cumprir: Estar xuntas e ser feliz. Ti tan lonxe e eu sigo aquí. Quédame o consolo que cada día é un menos para estar xunto a ti, a muller que non me deu a vida pero ensinoume a vivir.

 

88 Amor emigrante

Ti es máis enxebre que unha muiñeira bailada nun serán. Máis forte co licor café caseiro que tomamos no verán. Es máis encantador cás meigas, máis doce que filloas con mel, Tan listo como un golfiño, pero máis suave tes ti a pel. Pero de min estás moi lonxe, afastado do meu fogar. Menos mal que es galego, acostumado a emigrar

 

89 Partidas

No mellor dos momentos. Ti, que sen querer, me ensinaches o significado da verba dor. Ti, que provocaches que as bágoas inundasen a miña alma. Ti, vives en min.

 

90 Ti, produto de risco

Víase de lonxe que eras un produto de risco, pero nin a recesión me puido conter para mercar participacións da túa vida. Queimei a calculadora axustando as contas e botei man de todas as apps que achei para xestionar a miña economía. O meu asesor fiscal é optimista, pero ben sei que sigo en crise. Aínda te quero por riba das miñas posibilidades.

 

91 Baixo a tormenta

Coa auga escorregando por nós e un só paraugas, tiven a escusa para me aconchegar a ti. Sentir o recendo do teu cabelo enchoupado foi o máis preto que xamais terei estado de ti. Aquel ceo lobreguento agoiraba o meu porvir. Case fico na autovía no camiño de volta, pero o amor mata máis lentamente.

 

92 Acenos diarios

Vou aprender a quererte mellor, porque máis non se pode. E non é que o faga mal, disme, penso; pero no día a día compartido, paréceme que cada acto ten sentido cando vai acompañado dun aceno tenro, dun sorriso animado.

 

93 Amor libre

Ámote libre, tal como es, fermosa aos meus ollos, nos teus ao edén.

 

94 Noite de foliada

Namoreime de ti nunha foliada, e quíxenche bailar unha muñeira xunto a uns muíños. Esa noite deiche moitos aloumiños e cando o ar percorría a miña pel,e cando a lúa iluminaba o mar, biqueite.

 

95 Só un bico

Só un aturuxo, só unha pequena sonoriadade para namorarte, só un bico para chegar ao máis profundo do teu corazón.

 

96 Querendo

Non quero que me digas “quérote”. Quero que, ao quererme, o que queiras é querer demostrarme que me queres.

 

97 Como o día e a noite

Ti es o día: azul, brillante, leda. E eu a noite: negro, escuro e triste. Sempre imos seguidos, pero nunca estaremos xuntos.

 

98 Doce e ardente mirada

Acaríñame coa mirada deses teus ollos ardentes... ardentes coma as lapas do lume e, asemade, doces coma o mel.

 

99 Mírame!

Un desexo: ficar por sempre reflexada nos teus ollos eu quero! Non atino a descifrar que me viche, pero endexamais deixes de mirarme meu anxo!

 

100 Nacido para quererte

Déitome pensando en ti, érgome buscándote. Contigo aprendín o moito que podo chegar a amar. Como dixo Mercury, nacín para quererte.

 

101 Non paga a pena

Agora que estou lonxe de ti sei que quixera terte xunto a min para sempre, compartir ás nosas vidas e cumprir os nosos soños. Non paga a pena estar con outra persoa.

 

102 Agora

Agora que fixen un abrigo de ti para os días de tempestade. Agora que levaches contigo a miña fala e as miñas razóns. Agora que fas maxia cos teus aloumiños neste corpo nu. Agora que rescataches daquel peto baldío e maniño este corazón feble. Agora, fenómeno cósmico, non desexo outra cousa máis que a hexemonía dos nosos corpos xuntos. Sempre.

 

103 A miña persoa

Esperto e xiro a face para ollarte. Deste xeito podo asinar coa quietude da miña vida cara o mañá descoñecido. Sorrimos. Almorzamos entre o aquén e o alén do sentimento de afastarnos nun intre. Peiteas a túa afouteza. Constrúes a miña. O porqué do resío do meu corazón. Ti, a miña persoa.

 

104 Agradecido

Un café xuntos á beira dun novo día. Unha ollada á esmorga do teu sorriso ao espertar, é máis que abondo para me decatar de que o feito de que sexas ti a miña persoa é o que me fai ser mellor. Soamente unha palabra. Grazas.

 

105 Presencia

Nin mudo nin morto. Arraigada paixón sempre fiel, coincindindo sen coñecernos nas tímidas e trabucadas verbas que intercambios xa fai tanto. Vivos e viva.

 

106 Bicos senlleiros

Sincopando as linguas axudamos a nutrir a fala que compartimos: almorza decote ilusión e farta ao xantar cun bo prato de soños. Ás noitiñas, este idioma desbota diglosia e cacofonías, vomita os posesivos e sorrí, sabendo que as verbas enxebres máis ledas xermolaron de beizos namorados.

 

107 Lides invisíbeis

Céibame ca túa fala, empodérame cos teus silencios insurxentes; rexurdamos nesta integración laberíntica de lides invisíbeis.

 

108 Falemos

Apélame dialécticamente, desenmudeceremos con afouteza fronte ó abúlico réxime das palabras.

 

109 Diario de B

Temo que descubras este segredo. Un día ábresme coma un botón de rosa e zas!, a pregunta nos teus ollos. El ou ela? Todas as especies deberían estar perfectamente catalogadas no xardín botánico. Mais non. A forza do nordés remexe as sementes. Mírate, levas as mans cubertas de pétalos. Primeiro curso de aloumiños. Amar é aprender.

 

110 Luz da miña vida

Así, sen avisar, chegaches acendendo luces ao redor miña, sen importar que tan escura estaba a miña vida; e quedas aí, ao meu ladiño sen dicir nada. Alumeándome e sacándome sorrisos, unicamente coa mirada.

 

111  Promesas murchas

As promesas que deixaches no meu oído enterreinas na area para ver se medraban. En canto diso, despois de tantas caricias que lle deron as ondas do mar, saíron á luz. Eran igual de pequenas que cando as enterrei, o peor foi que a miña esperanza ademais de non medrar, murchou.

 

112 Querer

Querer. Saber o que é querer? Querer e non poder? Entón para qué querer se querer non podo? E non podendo querer sen querer morro. Morro por poder querer a que me pode querer e non me quere. Porque non podendo querer, quere seguir sen ser querido. Morro para ao final acabar querendo o que comeza sen querer.

 

113 Amor eterno

Corazóns de cartolina vermella que invaden os espazos. Peluches de dudoso gusto que portan tarxetas de papel charón para escribir versos de amor. Flores de papel cebola que se amorean en cada escaparate. Rosas expostas en caixas transparentes que as conservarán para sempre, en claro sinal de amor eterno. Eterno: que dura moito ou demasiado tempo.

 

114 As regras non escritas

Amor. Eterno. Que non perece. Interminable, inacabable. Que foi, é, e será sempre. Que é característico e habitual. Versos que nacen da busca simple da institución. Palabras que constitúen unha unidade en si mesma, seguindo regras non escritas que, polo xeral, se corresponden cunha soa liña nun único texto.

 

115 Nai

Ecos dos soños que compartimos e arrecendo a mar, embebedan a fervenza de bolboretas que percorre o meu peito co teu sorriso. A tenrura dunha aperta doce e eterna fica incandescente na praia, onde as ondas do teu ollar latexan no xogo coas areas das lembranzas. Volverán as miñas mans a sentir o acougo do teu ventre e do noso amor, nai.

 

116 Amor inesquecíbel

A dozura das túas verbas leva a esquecer a noite, pois non chega o solpor no regazo dos teus amenceres. Trae o vento o arrecendo do teu cabelo, e a paixón inunda os meus pensamentos con cada refacho. Compartir os soños, desfacer o tempo, perdernos e atoparnos… contigo, inesquecíbel.

 

117 Soñadora

Un día espertei dun de tantos soños, quizais porque me fora durmir contigo na cabeza, recordando como empezou e acabou todo. Os meus beizos produciron un sorriso, porque nin en soños imaxinaba que da miña boca saíran semellantes verbas. Bailabamos mentres soltaba todo aquel repertorio que levaba tempo querendo dicir. Unha mágoa que só fosen soños.

 

118 Mentiras de amor

Fai anos, respondinche que non me gustabas apenas, cando en realidade estaba morrendo por ti, mentín porque a razón gañoulle ao corazón. Os teus actos non se pareceron nin por asomo, as fermosas verbas daquel intre. Hoxe, bótote de menos, a ti, no teu conxunto, e sigo pensando que es incrible pero só espero que, nesta vida sen min sexas moi feliz.

 

119 Tan lonxe

Rózasme. Tremo da ansia e bailo; mais desde aquí non te podo bicar. Fóra orballa e a lúa durme. Refréscome de ti mentres a auga esvara polo teu rostro, quedas frío; mais desde aquí non te podo quecer. Afástaste, quizais foxes. Teimo de ti, hei atravesar o mar para quecerte, para te bicar. Que lamento sentirte tan lonxe cando ao meu carón estás.

 

120 Baila comigo

Unha foto que baila, en branco e negro. Un, dous, tres, un dous tres. Axítascheme nas lembrazas. Eramos ti máis eu, a un mesmo ritmo. Agora a vida está en cores, pero sen ti segue esta morada sendo gris. Volve pronto meu amor, que me estou volvendo de pedra. Volta para a bailar conmigo, entre moitas cores. Un dous, tres, un, dous, tres.

 

121 Sons dun encontro

Toc-toc!, fai o meu puño contra  a súa porta. Rin-rin!, timbro despois. Carme diríxese á entrada da súa casa cun fermoso clac-clac dos seus tacóns. Sae e pecha a porta cun pum! Despois, aproxímase a min e muac!, dame o seu primeiro bico nos beizos. Quédome abraiado e sinto un gran bum-bum-bum-bum saíndo do meu corazón.

 

122 Dor do amor

Alíviame esa dor, meu amor. Esa dor da que non tes culpa, dor que só eu entendo e que ti procuras sentir para entendela. Dor de terte lonxe, de non poder verte coa néboa envolta e co mar bañándote.

 

123 Punto e… final?

Ti, amor maiúsculo tras un punto final.

 

124 Amor plástico

Revélame os teus negativos e tentarei que formemos a fotografía perfecta.

 

125 Nós

E ti i eu. E ti e nós. Nós, sen min. Nós, sen máis.

 

126 Quéro(te)

Quero bañarme contigo e que os únicos mollados sexan os papeis. Quero pingas esvarando desiguais polos dedos (entre as dedas) Mans levantadas en espigas de saraiba (arañas tecedeiras) Ronseis de augas quentes (s)en pudores. Espirais de son que facemos ti e mais eu. E convertirnos en 2D (Encaixe en figura xeométrica) Quero estar contigo no (m)eu.

 

127 Amor ultravioleta

Quero ser pinga da cor dos alhelíes (ou luz ultravioleta) Da cor da muller. Da curva. Da luita. Do sangue misturado con bágoas (azuis) Da tinta. Do solpor. Do universo pola noite. Das feridas do amor. Do que se mete no corpo. Pra non saír. Iso quero ser: pinga da cor dos alhelíes (ou luz ultravioleta).

 

128 Sentimentos a cores

Onde están as cores de querer? As cores desa enerxía que pasa pola pel e que se afunde con coitelo na sen (onde gardei un bico)? Onde están os lóstregos que pasan polo (meu) corpo e que electrizan o (meu) pubis? Cando volverás alinear os astros nun íntimo Big Bang? Onde estás ti coa encrucillada que supoñes (e que metín no peto)?

 

129 Bícame!

Se teño que ter refluxo que sexa da túa saliva.

 

130 Compañeira de viaxe

Levaba toda a vida encerrado en min mesmo. Colléchesme da man e indicáchesme a saída.