Lingua de namorar 2017: mensaxes da categoría A

Lingua de namorar 2017: mensaxes da categoría A

 


1 En galego

Falo galego porque me sae da lingua.

 

2 Unha lingua

O galego é outra lingua máis.

 

3 O querer de verdade

Date conta de quen che quere de verdade e non coas persoas que as primeiras deixarante de lado

 

4 Ti e eu

Iria contigo ata o final do MUNDO

 

5 Ese alguén

Non deixes marchar a alguén que che fai sentir bolboretas no estómago.

 

6 Aínda que non queiras

O amor é un sentimento que non podes impedir.

 

7 En todas partes

Quero verte aínda que sexa reflexada na auga coa que lavo a cara

 

8 Só a ti

Que veñan dúas ou que veñan mil, eu sigoche elixindo a ti

 

9 Marabillada

Non quero despertar deste soño, no que te vexo todos os días embelecéndome coas túas caricias. Marabíllasme! Non podo expresarche todo o meu amor nunha carta, e algo irreal.

 

10 Síntote

Preto de min, síntote vir. Cada paso, un sorriso. Cada bágoa, unha marabilla.

 

11 Ao meu carón

Quero verte despertar cada mañán ao meu lado, as boas noites son mellores se as paso contigo.

 

12 De noite

Cando pasamos as noites separados pasamolas mal, pero cando as pasamos xuntos é todo diversión.

 

13 Comprensión

Dende que comprendin o que che está a pasar acabei de namorarme de ti sempre foches eres e sera o meu amor e xuntos conseguiremos todo  

14 Traballándoo

O amor todo pode e un traballo moi dificil non se trata dun só día sinon de demostralo día a día

 

15 Amores para sempre

Hai amores que duran para sempre aunque non estén xuntos.

 

16 Probas

O amor débese manifestar e non decirse.

 

17 Sen escollas

Non te fixes nunha soa persoa, o amor está sempre no momento menos pensado.

18 Quérete

O amor a unha persoa non é para sempre, pero o amor a ti mesmo si.

 

19 É a persoa

Cando queres, cando amas, todo vólvese máis fermoso. O entorno, as persoas, ti mesmo… pero a fermosura máxima non é ningunha destas. É a persoa á que queres, á que miras con agarimo, a persoa coa que queres pasar todos os teus días. É a persoa da que ti estás namorada.

 

20 A túa luz

Ti, a túa luz… a túa luz inspírame, marabíllame, toléame. É unha luz única, túa, que xamais podería atopar se non fose por ti. É a luz que me fai cuestionar todo o que sei, o que coñezo, para chegar a algo mellor, máis limpo. É a luz que me fai afouto, que me alenta a tentar cousas das que xamais me crera capaz… e é a luz que me mantén vivo.

 

21 Á súa maneira

Ás veces querer é morrer para que outro viva, cada un quere á súa maneira.

 

22 Sen memoria

Un pracer coñecerte, o esquecemento é todo meu.

 

23 Atópote

E atópote de novo no reflexo dos meus ollos, nos suspiros que escapan dos meus beizos, na estela das miñas bágoas. Atópote en min, nos meus soños e nas miñas memorias. Atópote, e con iso é suficiente.

 

24 Cóntamo

Cóntame como o fas, cóntame como o consegues. Explícame a min, nesta nosa lingua romance, como fuches quen de namorarme.

 

25 Por...

Polo arreguizo que percorre a miña caluga ó mirarnos, por eses ollos cheos de maxia e pola imposibilidade de agochar cada mostra de amor.

 

26 Sensacións

Que sensación a de quererte...mesturar as palabras cos silencios, o falar co escoitar e o ver co soñar. Con que facilidade esquezo os sons cando estou á túa beira. Con que ilusión enches o meu corazón.

 

27 Sempre

Día a día, momento a momento, estás sempre no meu pensamento.

 

28 Nostalxia de ti

Agora que me afasto de ti, aínda non marchei e xa te boto de menos. Quedas atrás, pero estás no meu futuro. Cando volva onde ti estás non marcharei xamais.

 

29 Regáloche o ceo
- Mira pola ventá.
- Xa está.
- Ves a Lúa?

- Vexo.
- Ves a estrela que está xusto enriba?
- Vexo.
- Regálocha, será a nosa estrela.

 

30 Isto non é amor
Á fin e ó cabo matarías por quen che está matando.