• Asináronse acordos cos concellos de Betanzos, A Laracha, Rois e Outes
  • Ademais, na provincia da Coruña terán lugar outros Campos de traballo xestionados directamente pola Dirección Xeral en Ponteceso, Boqueixón, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós
  • Di que os campos de traballo “promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias que do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal”
  • Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade
  • Os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos campos de traballo que se organizan en Galicia, ou ben ir aos que se celebran noutras comunidades españolas ou en 34 países de Europa, Asia, África e América

sedsewsde 1O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Diego Calvo, asinou na mañá de hoxe os convenios que permitirán a organización dos Campos de traballo 2016 na provincia da Coruña aos que definiu como “unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade”. Concretamente, a Delegación Territorial da Xunta na Coruña acolleu a firma dos acordos cos concellos de Betanzos, A Laracha, Rois e Outes. Ademais, na provincia da Coruña terán lugar outros Campos de traballo xestionados directamente pola Dirección Xeral en Ponteceso, Boqueixón, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós. O conselleiro agradeceu a presenza dos alcaldes dos concellos coruñeses que “comparten a preocupación conxunta de ofertar actividades para os mozos de entre 18 e 30 anos o que axuda a dinamizar a vida xuvenil dos concellos galegos”.

O responsable de Política Social asegurou no seu relatorio que estes campos de traballo “son accións voluntarias, que os mozos e mozas realizan de xeito altruísta e solidario, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade”. Rey Varela destacou tamén que os campos “promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias que do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal”.

Con respecto á mobilidade, o conselleiro dixo que era un dos valores fundamentais promovido por estes campos, xa que “ofrecen aos rapaces e rapazas a oportunidade de tomar parte en campos doutras comunidades axudando ao desenvolvemento de valores de convivencia, tolerancia ou o traballo en equipo”.

Catro convenios para catro campos de traballo
Os convenios asinados hoxe permitirán levar a cabo os campos de traballo nos concellos coruñeses de de Betanzos, A Laracha, Rois e Outes. Todos estes campos son de carácter internacional, para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos e cada un conta con 20 prazas, salvo o da Laracha que ten 18.

En Betanzos levarase a cabo un campo de restauración do 15 ao 26 de xullo. Os voluntarios realizarán unha valoración e diagnose do estado da Fonte das catro estacións dos Xardíns do Pasatempo e redactarán un proxecto de restauración, con limpeza e consolidación preventiva da fonte, limpeza e acondicionamento dos xardíns que a rodean e actividades de difusión e divulgación do proxecto.

En Laracha organizarase un campo medioambiental, etnográfico e patrimonial do 1 ao 15 de agosto na conca dos ríos Badroso e Acheiro. Os traballos medioambientais que se van realizar son a limpeza dun roteiro, a mellora e mantemento de paneis de sinalización, a identificación da flora do roteiro e o adecentamento de zonas de lecer. Os traballos etnográficos e patrimoniais serán os de coñecer o funcionamento e as partes dun muíño de río e as costumes e tradicións arredor deste elemento da pre industria.

En Rois realizarase un campos arqueolóxico do 1 ao 12 de agosto. O Castro de Socastro atópase na parroquia de San Pedro de Herbogo e está configurado por un recinto principal de planta oval, delimitado por un parapeto de terreo exterior. A intervención arqueolóxica no castro de Socastro consistirá principalmente na escavación, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico. É a novena edición deste Campo de Traballo.

En Outes levarase a cabo o campo medioambiental, etnográfico e patrimonial do17 ao 28 de xullo. Os voluntarios realizarán tarefas de limpeza e acondicionamento exterior da Rota do Añón, acondicionamento dun muíño e visualización da ruta natural mediante o emprego de novas tecnoloxías.

24 campos de traballo, 588 prazas en Galicia
Os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos campos de traballo que se organizan en Galicia, ou ben ir aos que se celebran noutras comunidades españolas ou en 34 países de Europa, Asia, África e América.

A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán, que ademais dos concellos coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós, celebraranse nos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, nos concellos ourensáns de Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense e A Peroxa, así como nos municipios da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Injuve ás comunidades autónomas.

Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado.

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma enhttp://xuventude.xunta.es.

2016tallerunedO taller de estratexias e ferramentas para a procura de oportunidades formativas e profesionais na Unión Europea é unha iniciativa do Centro Asociado á UNED en Pontevedra, organizada en colaboración con Ticket2Europe e financiada pola Comisión Europea.

No taller abordaranse, a través de sesións prácticas, as principais iniciativas de mobilidade europea, se conoceran, de primeira man, diferentes recursos para o emprendemento, traballásese como abordar a procura de emprego e participarase en diferentes sesións de coaching con expertos internacionais.

Datas:do 2 ao 7 de maio de 2016
Lugar:Centro Asociado á UNED en Pontevedra
Horas lectivas:24
Créditos:1.0 crédito ECTS e 2.0 créditos de libre configuración 

Máis información: https://empleaue.wordpress.com/

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, recordou hoxe que a Consellería de Política Social mantén aberto os prazos para a participación de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos nos programas de mobilidade Galeuropa e Campos de Traballo. Vázquez Suárez fixo este recordatorio durante a súa participación na clausura da Conferencia de Abegondo do proxecto On Tour for Europe. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo Europe for Citizens 2014-2020, que pretende fortalecer unha rede de cooperación entre as cidades participantes en temas vinculados á migración, os dereitos humanos e a cidadanía activa. Nel participan representantes de institucións e de entidades procedentes de Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Lituania, Países Baixos, Reino Unido e España.


A titular autonómica asegurou que o fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016, xa que “as políticas máis modernas de Europa teñen a mobilidade como un dos instrumentos para que os mozos e mozas poidan adquirir novas capacidades e competencias, ampliando deste xeito o currículo a través dunha experiencia internacional”.


O programa Galeuropa enmárcase no Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e ten por obxecto a concesión de axudas para a realización de prácticas formativas de entre 8 e 16 semanas en entidades ou empresas públicas ou privadas de 31 países europeos. Este programa conta cun orzamento de 2 millóns de euros que permitirá sufragar en torno a 500 mobilidades. O prazo de solicitudes está aberto ata o 9 de maio.


Pola súa banda, os Campos de Traballo para este verán contan con 588 prazas de acollida, nos 24 campos que se organizan en Galicia, e outras 370 de partida. Deste xeito, os mozos e mozas galegos poden participar tanto nos Campos de traballo galegos como nos que teñen lugar noutras comunidades autónomas (para os que se ofrecen 120 prazas), e nos que se celebran en 31 países de todo o mundo (250 prazas).


Os Campos de Traballo constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade. Son accións voluntarias, que os rapaces e rapazas realizan de forma altruísta e solidaria, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade. Tamén promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade e fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países e viceversa.