O Concello de FENE convoca a XXI edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2017

Categorías:
categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de até 25 anos residente no Estado español.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.

Temática:
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Características do debuxo:
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
Non se admitirán fotocopias nin gravados.

Lingua:
Os traballos deberán estar redactados en galego. Tamén se admitirán traballos redactados en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo.

Prazo:
O prazo para presentar debuxos estaá aberto ata o día 30 de maio de 2017.

Identificación:
Os traballos enviaranse en paquete/sobre sen remite e facendo constar no exterior “Para o concurso do humor gráfico-Curuxa 2017”, amais da categoría na que concursa:

Rexistro Xeral do Concello de Fene
R/ Alcalde Ramón Souto González, s/n
15500 Fene
A Coruña

As obras presentaranse baixo o sistema de plica, polo que serán enviadas xunto cun sobre independente, pechado, e en cuxo exterior conste:
– Nome do certame: CONCURSO DE HUMOR GRÁFICO-CURUXA DO HUMOR 2017
– A categoría na que concursa: CURUXA ou CURUXA NOVA
– Título da obra
– Lema ou seudónimo da persoa que sexa a súa autora

Exposición dos traballos:
A presentación de traballos a concurso implica a autorización expresa ao Museo do Humor do Concello de Fene a utilizar estas imaxes a efectos simplemente expositivos, no propio Museo e/ou noutras instalacións do termo municipal así como na páxina web municipal.

Premios:
Categoría Curuxa (maiores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 2.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 1.500 € e diploma
Categoría Curuxa-nova (menores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 1.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 500 € e diploma

Máis información e en www.fenecidadan.net
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/16/2017_0000001264.pdf

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.

Características das mensaxes

Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.

Categorías de idade e premios

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

Categoría A (de 14 a 19 anos):

1º Smartphone Wiko 5” Qcore 3, 16 GB

2º Cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM

3º Smartwatch Airis 1,54” Micro SIM, Micro SD

Categoría B (de 20 a 35 anos):

1º Cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi

2º Tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB

3º Smartwatch SPC 9616T

Prazos de participación e votación

O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 5 de marzo.

Do 6 ao 10 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.

Xurado e resolución

O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.

Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 22 de marzo nesta páxina web.


bases


categoriaAcategoriaB

O Concello de Carballo convoca a XIX Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre. Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames. As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm) Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.

Premios:

Primeiro premio: 1.500 € e diploma.

Segundo premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.

Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).

O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €. 

Presentación: 

As obras presentadas ao Certame deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou pseudónimo identificativo. Pola parte traseira do soporte da fotografía figurará o pseudónimo do/a autor/a, o título da obra, as indicacións do lugar onde foi tomada, a data na que se realizou e as técnicas empregadas e, se o/a autor/a o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotográfica.

É imprescindible que as obras que queiran optar ao Premio Especial Carballo o indiquen na parte traseira do soporte.

Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o pseudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación: Fotocopia do documento nacional de identidade do/a autor/a. Solicitude de participación na que conste: Pseudónimo empregado, título e lugar e data da toma da/s fotografía/s. Datos persoais do/a autor/a: nome completo, enderezo válido para os efectos de recibir notificacións, teléfono, fax, correo electrónico, etc. Declaración asinada para aceptar expresamente as bases e condicións do Certame, garantindo que a obra non se atopa pendente de resolución de ningún outro Certame e que o autor/a ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.

O prazo de presentación de fotografías estará aberto ata o 8 de marzo de 2017

Máis inforamción: http://www.carballo.org/media/documentos/tripticogalego17.pdf

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Art Photo Travel  non-profit association
3.- DESTINATARIOS:
Fotógrafos profesionais e amateurs procedentes de todo o mundo.
4.- DATA LÍMITE:
Peche: 9 de maio 2016 ás 24.00
5. - MÁIS INFORMACIÓN:
O concurso fotográfico Siena International Photography Awards está
aberto aos fotógrafos profesionais e amateurs procedentes de todo o
mundo.
Podes elixir o tema e a categoría segundo a información da páxina
do concurso
6.- FONTE, PÁXINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO
Chairman: Luca
Tel.: +39 335-6816777
Web site: sipacontest.com

Estos premios están dirixidos a alumnos de últimos curso de graos, master, etc. Prémiase os traballos académicos que mellor desenvolvan as medidas que permitan ás compañías ser máis competitivas.
Hai 3 categorías temáticas: comercial-trade marketing, supply chain e tecnoloxía aplicada á cadea de valor.
O primeiro premio é de 4.000 euros. Máis informaciónwww.injuve.es