O Concello de FENE convoca a XXI edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2017

Categorías:
categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de até 25 anos residente no Estado español.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.

Temática:
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Características do debuxo:
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
Non se admitirán fotocopias nin gravados.

Lingua:
Os traballos deberán estar redactados en galego. Tamén se admitirán traballos redactados en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo.

Prazo:
O prazo para presentar debuxos estaá aberto ata o día 30 de maio de 2017.

Identificación:
Os traballos enviaranse en paquete/sobre sen remite e facendo constar no exterior “Para o concurso do humor gráfico-Curuxa 2017”, amais da categoría na que concursa:

Rexistro Xeral do Concello de Fene
R/ Alcalde Ramón Souto González, s/n
15500 Fene
A Coruña

As obras presentaranse baixo o sistema de plica, polo que serán enviadas xunto cun sobre independente, pechado, e en cuxo exterior conste:
– Nome do certame: CONCURSO DE HUMOR GRÁFICO-CURUXA DO HUMOR 2017
– A categoría na que concursa: CURUXA ou CURUXA NOVA
– Título da obra
– Lema ou seudónimo da persoa que sexa a súa autora

Exposición dos traballos:
A presentación de traballos a concurso implica a autorización expresa ao Museo do Humor do Concello de Fene a utilizar estas imaxes a efectos simplemente expositivos, no propio Museo e/ou noutras instalacións do termo municipal así como na páxina web municipal.

Premios:
Categoría Curuxa (maiores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 2.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 1.500 € e diploma
Categoría Curuxa-nova (menores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 1.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 500 € e diploma

Máis información e en www.fenecidadan.net
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/16/2017_0000001264.pdf

  • Valentín García e Cecilia Vázquez presentaron esta mañá en rolda de prensa a quinta edición do concurso que abre o seu prazo de participación a mozos e mozas de 14 a 35 anos desde hoxe ao 5 de marzo
  • Os dous departamentos traballan xa no deseño do primeiro plan da Xunta para a dinamización lingüística na xente nova

O día dos namorados foi o elixido este ano pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para botar a andar unha nova quenda do concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade 'Lingua de namorar', que chega á súa quinta edición. Así o deron a coñecer esta mañá en rolda de prensa os titulares dos dous departamentos, Valentín García e Cecilia Vázquez, respectivamente. Ademais, os responsables das políticas lingüística e xuvenil da Administración autonómica avanzaron que están xa en marcha desde ambos os departamentos os traballos de coordinación e deseño do que será o primeiro plan da Xunta para dinamizar o uso do galego entre a mocidade, tal e como anunciaran hai uns meses.

O galego, lingua da xente nova

“Iniciativas coma esta, dirixidas á xente nova, e tamén as que teñan como obxectivos específicos potenciar o uso do galego como lingua de relación na mocidade galega, reforzar o uso do idioma entre os galegofalantes e proporcionarlle modelos lingüísticos galegófonos de referencia á rapazada de orixe castelanófona centrarán a axenda de traballo da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos vindeiros meses para darlle un novo pulo á dinamización do uso do galego no marco dese novo plan, o primeiro desde o que se desenvolverán as directrices do sector 2 do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, no que xa estamos a traballar de maneira coordinada coa Dirección Xeral de Xuventude”, detallou o secretario xeral, xa que “queremos que a lingua propia de Galicia sexa a lingua da xente nova”, concluíu.

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado salientou que a dinamización e a promoción do galego entre a mocidade é un eixo prioritario da acción do Goberno galego. Neste sentido, sinalou que programas como ‘Lingua de namorar’ non soamente serven para fomentar entre os rapaces e rapazas o uso do galego, senón que tamén permiten amosar a capacidade creativa e talento deles.

Ademais, Cecilia Vázquez, defendeu a utilidade do galego en todos os ámbitos, contextos e momentos da vida. Ao respecto, defendeu a valía de programas como este, xa que “permiten fomentar o emprego da lingua galega nun ámbito como o das tecnoloxías, que é fundamental para a difusión do idioma polo seu valor innovador e de futuro e, así mesmo, porque vai dirixido a unhas franxas de idade nas que se fai moi necesaria a intervención con iniciativas de dinamización lingüística”.

Bases do concurso

Lingua de namorar vai dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos, que se dividirán en dúas categorías de idade: de 14 a 19 e de 20 a 35.

As mensaxes participantes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso. A súa extensión máxima será de 350 caracteres, incluídos os espazos en brancos. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

Para poder enviar as mensaxes, cómpre rexistrarse na web do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar e cubrir o formulario de inscrición. Todas serán publicadas nesta páxina e estarán identificadas polo título e máis polo número que se lles asigne. A data límite para enviar as mensaxes de amor é o 5 de marzo. Unha vez rematado este prazo, abrirase outro para realizar as votacións, que abranguerá do 6 ao 10 do mesmo mes.

Resolución do xurado e premios

O xurado do concurso elixirá as mensaxes gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas en cada categoría. As mensaxes gañadoras publicaranse o 22 de marzo na páxina web do concurso.

Establécense tres premios por cada unha das categorías. Na categoría A (de 14 a 19 anos) a persoa gañadora do primeiro premio será galardoada smartphone Wiko 5'' Qcore 3, 16 GB; o segundo premio consiste nunha cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM; e o terceiro premiado recibirá un smartwatch SPC 9616T.

Pola súa banda, na categoría B (de 20 a 35 anos) o primeiro premio consiste nunha cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi; o segundo nunha tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB; e o terceiro premio consiste nun smartwatch SPC 9616T.

O Concello de Redondela convoca o XVII Certame de Relatos Curtos Os Viadutos

Poderá concorrer ao premio calquera persoa con idade entre 18 e 35 anos, que presente a súa obra en lingua galega conforme ás normas ortográficas vixentes. Os textos serán inéditos, orixinais, e non poderán ter sido publicados ou divulgados en todo ou en parte por calquera medio físico ou electrónico. 

Cada participante presentará  un único relato. As obras terán unha extensión mínima de 15 follas e máxima de 20, escritas por unha cara, tamaño DIN A4, fonte Arial tamaño 12, interliñado 1 . As follas deberán estar paxinadas.  

Presentación:

Achegaranse catro copias en papel debidamente encadernadas, e outra en soporte dixital (pendrive) nun documento de procesador de textos. Cada relato levará no encabezamento o pseudónimo da autora ou autor e o título da obra. Os textos introduciranse nun sobre indicando no exterior XVII edición do Certame Relatos Curtos Viadutos e o enderezo de destino, sen que sexa recoñecible a autoría.  No interior xuntarase outro sobre pechado co nome do relato e o pseudónimo elixido escrito por fóra, que incluirá os seguintes datos: nome e apelidos da autora/or, enderezo postal e correo electrónico , teléfonos de contacto, fotocopia do NIF ou tarxeta de residencia.

As obras enviaranse  antes do día 3 de marzo de 2017 ao enderezo seguinte, indicando:

XVII CONVOCATORIA DO CERTAME RELATOS CURTOS OS VIADUTOS

Multiusos da Xunqueira Paseo da Xunqueira s/n

Departamento de Xuventude

36800 Redondela

Premios:

Concederase un primeiro e un segundo premio dotados economicamente con 1.200 e 600 euros respectivamente. O Xurado poderá conceder, en base á calidade das obras, ata dous accésits que carecerá  de dotación económica. O premio vai acompañado da publicación das obras premiadas e, de ser o caso, dos accésits. A entrega de premios coincidirá coa presentación do libro dos relatos gañadores na presente edición. Terá lugar no mes de maio de 2017 nun acto que se convocará oportunamente.

Máis información na OMIX de Redondela omix@redondela.es

Teléfono: 986 400 798

www.redondela.gal

O Concello de Redondela convoca o XVII Certame de Relatos Curtos Os Viadutos

Poderá concorrer ao premio calquera persoa con idade entre 18 e 35 anos, que presente a súa obra en lingua galega conforme ás normas ortográficas vixentes. Os textos serán inéditos, orixinais, e non poderán ter sido publicados ou divulgados en todo ou en parte por calquera medio físico ou electrónico. 

Cada participante presentará  un único relato. As obras terán unha extensión mínima de 15 follas e máxima de 20, escritas por unha cara, tamaño DIN A4, fonte Arial tamaño 12, interliñado 1 . As follas deberán estar paxinadas.  

Presentación:

Achegaranse catro copias en papel debidamente encadernadas, e outra en soporte dixital (pendrive) nun documento de procesador de textos. Cada relato levará no encabezamento o pseudónimo da autora ou autor e o título da obra. Os textos introduciranse nun sobre indicando no exterior XVII edición do Certame Relatos Curtos Viadutos e o enderezo de destino, sen que sexa recoñecible a autoría.  No interior xuntarase outro sobre pechado co nome do relato e o pseudónimo elixido escrito por fóra, que incluirá os seguintes datos: nome e apelidos da autora/or, enderezo postal e correo electrónico , teléfonos de contacto, fotocopia do NIF ou tarxeta de residencia.

As obras enviaranse  antes do día 3 de marzo de 2017 ao enderezo seguinte, indicando:

XVII CONVOCATORIA DO CERTAME RELATOS CURTOS OS VIADUTOS

Multiusos da Xunqueira Paseo da Xunqueira s/n

Departamento de Xuventude

36800 Redondela

Premios:

Concederase un primeiro e un segundo premio dotados economicamente con 1.200 e 600 euros respectivamente. O Xurado poderá conceder, en base á calidade das obras, ata dous accésits que carecerá  de dotación económica. O premio vai acompañado da publicación das obras premiadas e, de ser o caso, dos accésits. A entrega de premios coincidirá coa presentación do libro dos relatos gañadores na presente edición. Terá lugar no mes de maio de 2017 nun acto que se convocará oportunamente.

Máis información na OMIX de Redondela omix@redondela.es

Teléfono: 986 400 798

www.redondela.gal

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Signo Editores
3.- DESTINATARIOS
Para persoas de calquera nacionalidade
4.- DATA LÍMITE
15/06/2016
5.- MÁIS INFORMACIÓN
Catro categorías: retrato, fotoperiodismo, paisaxe e series de autor
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

2016revenidassO obxetivo deste concurso é a promoción e difusión da creación musical en galego.

Poderán participar todos os grupos que non teñan ningún ou un disco editado.
É preciso contar con un repertorio propio de alomenos 6 cancións en galego.
Para inscribirse hai que enviar arevenidascomunicacion@gmail.com:
Arquivos de audio ou links de polo menos dous temas.
Un breve texto no que se representen
Unha fotografía do grupo
E, se dispoñen, os links das redes sociais e dun video do grupo.

Oprazode presentación de candidaturas estará aberto ata o10 de maio de 2016

Premios:
1º premio: 600 € + tocar en Revenidas 2016
Premio do Público: deseño e impresión de 100 camisolas Caramuxo-Rei Zentolo

Haberá catro finalistas que deberán tocar nunha gala da que sairán os gañadores. A gala será o 28 de maio na sala Malatesta en Santiago de Compostela.

Máis información enhttp://www.revenidas.com/

eduemprendeA Consellería de Educación convoca o concurso Eduemprende Idea 2016, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de valorar e premiar proxectos de empresa que presente o alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2015/16 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

Modalidades e características dos premios: Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

1. Modalidade A: ciclos de grao superior.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros.
2º premio: 2.000 euros.
3º premio: 1.000 euros.

2. Modalidade B: ciclos de grao medio.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros.
2º premio: 2.000 euros.
3º premio: 1.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de maio de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en http://www.tramita.igape.es
Máis información no DOG do 29 de abril de 2016e enhttp://www.edu.xunta.es/

2016Concurso de Pintura MuralA Escola Superior Gallaecia, en colaboración coa Bienal de Cerveira lanzou un concurso de Arte Urbana - Pintura Mural - destinado aos alumnos de artes do ensino secundario e profesional.
Os alumnos poderán concorrer individualmente ou en grupos ata 4 persoas, e as intervencións murais serán na zona norte de Portugal (Vila Nova de Cerveira, Viana do Castelo e Paredes de Coura) e España (Tui).
Habendo varios murais, haberá tamén varios vencedores, que para alén da execución da obra, gañarán billetes para o Festival de Paredes de Coura: http://www.paredesdecoura.com
O prazo para participar estará aberto ata o 30 de maio de 2106

Máis información en http://www.esg.pt/mural/

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

PirineosFIT
3.- DESTINATARIOS:
Poderán tomar parte todos os fotógrafos, afeccionados ou profesionais de calquera
parte do mundo, que o desexen. Os dereitos de participación
para esta edición serán de 10 euros.
4.- DATA LÍMITE:
INSCRICIÓN: Do 15 de abril ao 20 de maio de 2016.
5. - MÁIS INFORMACIÓN:
PirineosFIT foto é un Certame e Exposición de fotografías que recolle a concurso
a gran cantidade de imaxes de afeccionados á fotografía que
se colgan diariamente nas redes sociais, moitas delas creativas e
de gran calidade, xunto á visión de fotógrafos profesionais que
atopamos nas carreiras do calendario facendo memoria visual de contornas,
corredores ou eventos e das marcas que promocionan os seus
produtos con impactantes imaxes.
Confiamos en que este certame non só sexa un gran escaparate visual senón
tamén unha plataforma para recoñecer o labor artístico dos
fotógrafos afeccionados ou profesionais e marcas comerciais no mundo
do Trail Running
TEMÁTICA
O Trail Running en todas as súas facetas,  imaxes para publicidade e as
actividades Outdoor.
6.- FONTE, PÁXINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO
pirineosfit.com/foto
Marta García

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

O Instituto Europeo do Mediterráneo (IEMed), en colaboración coa
Fundación Anna Lindh (FAL)
3.- DESTINATARIOS
Dirixido a mozos de entre 18 a 30 anos de idade na data límite de presentación
dos textos.
4.- DATA LÍMITE
02/07/2016
5.- MÁIS INFORMACIÓN
O Instituto Europeo do Mediterráneo (IEMed), en colaboración coa
Fundación Anna Lindh (FAL), convocan a 9ª edición do concurso
literario ?Un mar de palabras? (?A sexa of words?), co obxecto
de loitar contra a violencia de xénero. Pódese participar no
concurso con contos e relatos, tanto baseados na realidade como de ficción,
que falen de diferentes experiencias e visións sobre as
numerosas violencias e discriminacións de xénero que existen nas nosas
sociedades plurais, co obxectivo de cuestionar patróns establecidos e
promover novas formulacións desde a igualdade.
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO
Páxina 1 de 2