Correspondemeinformar, o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Monelos da Coruña, teñen unha conta de Instagram para difundir a información que lles chega dende o Concello da Coruña e dende a D.X. de Xuventude.
Parabéns polo traballo desenvolvido!
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Primeiro de Marzo de Baiona, alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística, contan con varias contas en redes sociais para difundir información:
https://www.facebook.com/inxuba.correspondentesxuventude
https://twitter.com/Inxubaiespm
https://www.instagram.com/inxuba_/?hl=es
As Correspondentes do IES Pedra da Aguia, Daniela, Aida María, Laura, Carmen Laura, Ainhoa e Laura contan cun blog para difundir información:
http://avozdapedradaaguia.blogspot.com/
O equipo de Correspondentes Xuvenís do Colexio Jorge Juan Perlío de Fene distribúen a información que están a recibir a través dunha conta de Instagram:
https://www.instagram.com/correspondentes_jjp/?hl=es
Tamén conta cun blog no que están a traballar: https://correspondentesjjp.blogspot.com/
Parabéns a todas/os!!
Sara Picos Gómez, alumna do IES de Brión, é unha das 28 persoas gañadoras de toda Europa do concurso Juvenes Translatores que convoca a Comisión Europea e ao que se presentaron este ano 3.252 persoas de 751 centros escolares da UE.
A moza foi seleccionada entre o alumnado de secundaria de 17 anos de toda España grazas ao traballo que presentou baixo a temática do Ano Europeo do Patrimonio Cultural e para o que elixiu unha tradución dun texto do inglés ao español.
Sara Picos viaxará a Bruxelas para recoller o galardón e reunirse con tradutores profesionais da administración comunitaria.
Traballo co que gañou o concurso: https://ec.europa.eu/info/sites/info/files/es_translation_scan_school_114_student_2006.pdf
Parabéns!!
O equipo de Correspondentes do IES Monte Carrasco enviannos unha fotografía cos carnés xoves recibidos.
Aquí podedes consultar os descontos, o seguro de viaxe e as vantaxes do carné xove: http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade/carne-xove
O equipo de Correspondentes do IES María Soliño de Cangas está formado por Icia, Noa, Amara, Candela, Eva, Borja, Iria Lú, Paula, Emilio, Daniel, Raúl e Sara.
Son os e as encargados de informar aos seus compañeiros/as das novidades. Parabéns polo traballo!!!
No IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela o equipo de Correspondentes Xuvenís está formado polo alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística.
Ademais de usar o taboleiro difunden noticias a través de contas de Instagram, Twiter e dun blog.
Instagram: https://www.instagram.com/rosaliaodia18/?hl=es
Twiter: https://twitter.com/RosaliaODia
Blog: http://rosaliaodia.blogspot.com/
Laura, Lara, Carmen e Aintzane Claudia son as Correspondentes do CPR Eduardo Pondal de Cangas.
Parabéns polo traballo desenvolvido!
Desde o IES Rodeira de Cangas o equipo de Correspondenes Xuvenís envíannos o enlace a súa conta de instagram:
www.instagram.com/correspondentesrodeira