O equipo de Corrspondentes Xuvenís do IES número 1 da Estrada está formado por Andrea, Carmen, Alba, Alexandre, Noelia, Aixa, Alba, Lucía, Esteban, Nerea, Roi e Nicolás coa coordinacoión de Susana, Mª Teresa e Ana Isabel.
Neste video podese ver quenes son e como están a informar aos seus compañeiros e compañeiras:
https://www.youtube.com/watch?v=uh8YQ9s5LCI&feature=youtu.be
Contan cunha páxina donde poñen información para o resto do alumnado:
https://sites.google.com/site/correspondentesn1/
Parabéns polo traballo desenvolto!
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES do Camiño de Palas de Rei acuden a Radio Palas FM todos os xoves de 11:00 a 11:30 a difundir información de interese.
Tamén contan cun taboleiro no que poñen as noticias e unha conta de Instagram: @iesdocaminho
Parabéns a todos e todas!
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Primeiro de Marzo de Baiona son Sainza, Tania, Rebeca, Antía, Enrique, Uxía, Claudia, Andrea, Patricia, Manuel Antonio, Silvia, Ángela, Isaac, Paula, Eva, Áurea e Martín, coordinados/as pola profesora Susana e polo profesor Borja. Todos/as son alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística.
Parabéns polo traballo!
O equipo de Correspondentes do IES San Mamede de Maceda envianos fotografías do seu taboleiro desde donde difunden información de interese para o alumnado do centro.
Podedes buscalos en Instagram @correspondentes.mamede
Parabéns!!
Manuel, Esther, Vadim, Paula, Noelia e Patricia xunto co equipo de profesorado formado por Xosé Antón Silveira e Ana María Ribeiro, compoñen o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Alfredo Brañas de Carballo.
Envíannos unha foto das actividades que desenvolven. Parabéns!
Carla, Zaira, Antía, Izan, Paula, Lara, Verónica, Brais, Ángela e Daniel, xunto co profesor Fernando forman o equipo de Correspondentes Xuvenís do CPI Mosteiro de Meis, coordinado dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Meis por Ángeles.
Parabéns polo traballo desenvolvido!
Leyao, Adriana, Valeria, Pablo, Érika, María, Mateo, Ana, Andrea, María, Tania e Mario é o eqipo de Correspondentes Xuvenís do IES Porto do Son.
Envíannos unha fotografía do taboleiro que usan para informar aos seu/súas compañeiros/as.
Parabéns!
Durante a fin de semana do 13, 14 e 15 de decembro desenvolveuse no complexo xuvenil As Mariñas o I Encontro de correspondentes xuvenís no que participaron máis de 250 mozas e mozos de toda Galicia inscritos neste programa. Alí poideron compartir experiencias e comprobar como organiza cada centro a difusión da información entre as súas compañeiras e compañeiros. Ao Encontro asistiu a Directora Xeral de Xuventude, Crsitina Pichel.
Durante esta fin de semana os participantes poideron participar en distintos obradoiros para o deseño dunha curtametraxe ou o uso responsable das redes sociais, así como actividades de ocio como xogos cooperativos, stop motion, lipdub ou danzas do mundo e expresión corporal.
Mediante esta iniciativa, a Consellería de Política Social facilita unha rede xuvenil para que a mocidade poida difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil, sobre todo aqueles programas que a Xunta de Galicia ofrece aos mozos e mozas galegas. Durante este curso 2019/2020 o número de correspondentes supera os 850. Trátase dunha cifra similar á rexistrada durante o curso pasado.
Estes correspondentes reciben gratuitamente o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes. Ademais, recoñéceselles mediante un certificado de educación non formal expedido pola Administración autonómica o tempo dedicado ás actividades como persoas voluntarias.
Desde Sanxenxo envíanos Dori, a persoa responsable do proxecto +XUVENTUDE, máis Concello, as fotografías de parte dos/as Correspondentes Xuvenís que este curso están participando nos centros educativos de Sanxenxo.
Colexio Abrente (de esquerda a dereita): Desiré Peón, Saray Paz, Laura Jamardo, Julia Soutullo e Pablo Soutullo
IES Sanxenxo: Cecilia, Tania, Ainara, Lucas, Marta, Sara, Anabel, (diante): Sara, Ángela, Mar. (Falta Iker que non pudo estar na foto)
IES Vilalonga De pé: Juan, Claudia, Lía, (diante) Mateo e Uxía (Falta Lucía, que non estaba no momento da foto)
Parabéns a todas/os!
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela están a colaborar con Alianzas pola diversidade. O luns día 25 de noviembre, con motivo do día internacionla contra a Violencia de Xénero acudiron a vender unhas pulseiras contra o matrimonio infantil e así recaudar diñeiro para unha asociación.
Parabéns a todas e todos!