Correspondentes Xuvenís 3.0 (179)

Correspondente xuvenís 3.0 

Antón, David, Alba, Antía, Martín, Nerea, Joanna, Laura, Sara Andrea, Ricardo e Jairo son o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Monte Neme de Carballo.

Desde a súa conta de Instagram, @correspondentesdomonteneme, publican as novas que reciben de Xuventude.

Así de ben locen as bolsas e máscaras de Correspondentes Xuvenís

Parabéns polo traballo desenvolvido!!

https://www.instagram.com/correspondentesdomonteneme/

Xa está aquí un novo Encontro de Correspondentes Xuvenís de toda Galicia.

Este curso no pode ser de xeito presencial pero... temos a opción de facelo virtual.

Será os días 17 e 18 de abril que son sábado e domingo, coincidindo co Día europeo da información xuvenil.

Correspondentes

Programa do Encontro Virtual de Correspondentes Xuvenís

SÁBADO 17

11:00 Cerimonia de apertura
Intervención de Cristina Pichel Toimil, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado  3c

11:20
Icebreaker: mírate no espello
Xogo interactivo de ideación en grupos

13:20. Xantar (emisión de vídeos gravados durante a sesión)

16:30-19:30 Workshops (asistencia a 3 talleres escollendo entre 5)
1. Crea o teu propio podcast
2. Tiktokers con cabeza
3. Seo para a mocidade
4. Descubre Discord
5. Smartphoners

DOMINGO 18

10:30. Hackathon
Os equipos traballan cos mentores nas súas ideas aplicando conceptos desenvoltos nos talleres do sábado.

13:20. Xantar (emisión de vídeos gravados durante a sesión )

15:00-17:30 Hackathon
15:00. Os equipos traballan e preparan a súa presentación.
16:00. Os equipos presentan a súa idea nalgún dos formatos traballados.
17:30. Anuncio do equipo gañador tras a deliberación do xurado
17:45. Cerimonia de clausura e avaliación virtual do encontro

A plataforma que empregaremos será Zoom e estaredes acompañados en todo momento e en todas as actividades por varios monitores/monitoras.

Haberá premios interesantes...

E temos tamén un vídeo promocional...

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES 1º de Marzo de Baiona, alumnado do ciclo de Animación sociocultural e turística, publican na súa conta de instagram unha foto cos agasallos baiona2 que se lles envíou desde a Dirección Xeral de Xuventude por participar no programa Correspondentes Xuvenís

Podes ver a súa actividade como informadores/as xuvenís na web https://asctprimeiromarzo.wordpress.com/ e na conta de instagram @animatsocio

Parabéns polo traballo desenvolvido!!

Por segundo curso consecutivo, no Colexio Cluny de Santiago de Compsotela, o equipo de Correspondentes Xuvenís son Paloma, Jimena, Inés, Sara e Alejandra.

Parabéns!!!

eduardopondal2eduardopondal1Rosalía de Castro visita a exposición que o alumnado do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela organizaron no seu centro educativo como homenaxe a propia escritora.

As Correspondentes Xuvenís do IES Eduardo Pondal son Nerea, Olga e Rosalía.

Interesante colaboración de Marián, a profesora de galego...

Parabéns!!

https://www.instagram.com/p/CLrpQ_3DF8c/

Desde o IES Xulián Magariños de Negreira envíannos unha foto de Entroido do equipo de Correspondentes Xuvenís en pleno entroido.

Equipazo formado por Sheila, Diego, Núria, Fina, Sara, Nuria, Odris, Emanuelle e Samuel que xunto co resto do alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais vén de preparar e organizar o Entroido 2021, que como xa é sabido e debido á situación actual obrigounos a facer modificacións na programación e celebración.

Dende o luns 8 ata o venres 12 de febreiro, o MECO “PCR” (Pois Claro, Riamos), foi dando as consignas diarias e no que o derradeiro día nos ditou: Se feliz queres estar no Entroido do Xulián Magariños tes que participar. O Venres, para rematar, en bata de casa ou pixama vestirás.

Tratábase de compartir e desfrutar cun sorriso; aínda que fora con máscara; dun Entroido moi especial nestes tempos que nos toca vivir.

Parabéns!!!

Como cada xoves en horario de 11:00 a 11:30, os correspondentes xuvenís do IES do Camiño de Palas de Rei, difunden información nas ondas aPalasderei2 través de Radio Palas FM.
Nesta ocasión, Nerea García e Silvia foron as encargadas de informar da actualidade.

A semana pasada foron Roi e Ismael os encargados.

Tamén teñen unha conta de Instagram desde a cal informan aos/ás compañeiros/as: @iesdocaminho

Parabéns!!!

O IES Xulián Magariños de Negreira envía unha foto do equipo de Correspondentes Xuvenís 3.0.

Equipazo formado por Sheila, Diego, Núria, Fina, Sara, Emanuelle e Samuel que xunto co resto do alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais vén de preparar e organizar o 20 de Novembro, o Día internacional da Infancia para concienciar a Comunidade Educativa de que é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

E por isto aproveitan o momento actual que estamos a vivir para pór en marcha a Campaña de Recollida de Alimentos da Infancia-Negreira 2020.

Debido ás medidas hixiénico-sanitarias, a Campaña de Alimentos faise baixo o formato de “MARTES SOLIDARIOS”, de tal xeito que unicamente son os MARTES os días habilitados para levar os alimentos e produtos de primeira necesidade, comezando o 24 de Novembro e rematando o 15 de Decembro.

Dentro dos alimentos e produtos de primeira necesidade infantís que máis escasean e teñen unha grande demanda son leite, potitos, galletas, cereais, cueiros, toallitas, xabón, produtos de limpeza...

E son os Mércores cando os Servizos municipais do Concello de Negreira  veñen a recollelos.

Queren agraceder a toda a Comunidade Educativa a súa colaboración e axuda.

Parabéns pola iniciativa!

         MÁIS ALTO CA NUNCA: QUERÉMONOS LIBRES E VIVAS.

    DESENMASCAREMOS AOS MALTRATADORES

 

Moitas mulleres son maltratadas e ata asasinadas por parte de homes, polo que o día 25 de novembro é conmemorado para darlle voz ás que máis sofren. Nós, correspondentes do IES Saturnino Montojo, queremos unirnos a esa iniciativa participando en múltiples proxectos:

- Primeiro de todo, creamos este lema, consensuado polo equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo, para lembrar a todas as mulleres que nestes momentos tan críticos están a sufrir a violencia de xénero que non están soas. Utilizamos o termo “desenmascarar” dándolle un dobre sentido: quen son, xa que nos medios nunca se mostran os datos íntegros deles pero das mulleres si, e tamén como son e como as tratan (aproveitando tamén a palabra para facer unha mención á situación pandémica). Por outra parte, empregamos a primeira persoa de plural porque esta lacra aféctanos a todas e todos e nunca deberiamos velo como simples observadoras, senón que debemos actuar construíndo unha sociedade máis xusta e activa.

- Asemade emprendemos unha nova iniciativa na plataforma TikTok subindo vídeos reivindicativos representando escenas comúns destas inxustizas mediante diferentes hashtags como #desenmascaremosaosmaltratadores ou #libresevivas. Serán gravados tamén en diferentes partes do instituto coma na entrada, no patio ou corredores. Estes vídeos finalmente serán compartidos a través das nosas contas doutras redes sociais coma Twitter  ou Instagram. Incluiremos o número 016, que atende situacións exclusivamente de violencia de xénero.

Pensamos que é necesario concienciar á xente de todo o que está a ocorrer e loitar para que nun futuro próximo as mulleres poidamos vivir sen medo e a sociedade sexa máis xusta.

Campaña en TikTok

O equipo de Antenas inforamtivas do IES Zalaeta da Coruña informan dun acto organizado contra a violencia de xénero