Espazos Xoves (63)

Podes coñecer os novos xogos en partidas guiadas de iniciación, nesta ocasión desfrutarás co SUSHI GO PARTY!

“Hoxe toca comer á carta! Un festín de sushi elaborando o teu propio menú”

Mércores 23 de febreiro de 17.00 a 18.30
Podes inscribirche no espazo xove persoalmente ou no email espazoxovetui.xuventude@xunta.gal

Espazo Xove de Tui
R/ Sanz, 28
36700 Tui. Pontevedra
Teléfono: 886 110 797
espazoxovetui.xuventude@xunta.gal

Todos os venres a partir do día 18 de febreiro ata o 25 de marzo de 18:00 a 19:00 h.

Os participantes tocarán diferentes ritmos con instrumentos reciclados de percusión.

Inscribirse é moi sinxelo: Podes chamar ao 881 930 476 de 16:00 a 21:00 h de luns a venres. Se o prefires podes pasarte polo espazo xove ou enviar un correo electrónico a: espazoxovepontedeume.xuventude@xunta.gal

Bule! As prazas son limitadas!

Espazo Xove de Pontedeume
R/ Alameda de Raxoi s/n
15600 Pontedeume. A Coruña
Teléfono: 881 930 476
espazoxovepontedeume.xuventude@xunta.gal

Volve a Escola de Break

Comeza o segundo trimestre e voltan os futuros breakers a bailar. Este mércores retomamos as aulas de break no Espazo Xove de Noia.

Pásate, observa e anímate a probar.

CANDO? Todos os mércores a partir do 2 de febreiro
HORA? De 19h-20h
LUGAR? Espazo Xove de Noia

Actividades impartidas por @bboyretrokid e @vellaescola_culturaurbana

Espazo Xove de Noia
R/ Pedra Sartaña, s/n
15200 Noia. A Coruña
Teléfono: 881 866 185
espazoxovenoia.xuventude@xunta.gal

Debuxas, esculpes, sacas fotos, pintas, editas vídeos, fas graffiti, artesanía... Se es un creador/creadora e queres dalo a coñecer, hai un lugar adecuado para ti.

No Espazo Xove de Betanzos tes unha sala de exposicións á túa disposición para expoñer a túa obra e que o mundo a coñeza por fin. Contacta e difundirán gratis o teu traballo!

Espazo Xove de Betanzos
R/ Valdoncel, 7
15300 Betanzos. A Coruña
Teléfono: 881 880 279
espazoxovebetanzos.xuventude@xunta.gal

Comeza o 2022 participando nas actividades do @espazoxovechantada.

As prazas son limitadas, cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Actividades de balde!!

Agárdante!!

Infórmate no 982 870 258

Es un/unha artista? Queres amosar as túas obras nun espazo expositivo? Fotografía, pintura, debuxo, escultura, artesanía, literatura...
Tes entre 12 e 30 anos?

No espazoxoveourense facilítanche de maneira gratuíta unha sala de exposicións.

Ponte en contacto co Espazo Xove de Ourense:

988 788 242/3
espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal

"Retratos" de Carmen Díaz Moreiras durante todo o mes de xaneiro no Espazo Xove de Ourense.

expoEXPO3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Espazo Xove de Ourense

R/ Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense. 
Teléfono: 988 788 241
espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal

Parkour en Lalín

Dec 10, 2021

Espazo Xove de Lalín
R/ Pena Toares, 2
36500 Lalín. Pontevedra
Teléfono: 886 151 267
espazoxovelalin.xuventude@xunta.gal

Obradoiro colar galego no Espazo Xove de Vilagarcia

Para mocidade de 14 a 30 anos.

Inscribete no telefono 886 151 843 ou no correo espazoxovevilagarcia.xuventude@xunta.es

Espazo Xove de Vilagarcía
R/ Juan Carlos I, 37
36600 Vilagarcía. Pontevedra
Teléfono: 886 151 843
espazoxovevilagarcia.xuventude@xunta.gal

No Espazo Xove de Noia vaise desenvolver un obradoiro de iniciación ao breaking. Terá lugar todos os mércores de novembro e decembro en horario de 19:00 a 20:00 h.

Está dirixido a maiores de 12 anos.

Para inscribirte, podes achegarte ao Espazo Xove ou chamar por teléfono (881866185).

Sigue as redes sociais do Espazo Xove para enterarte de todas as actividades que ofrece https://www.instagram.com/espazoxove_noia/?hl=fr