OMIX (40)

Oficina Municipal de Información Xuvenil
Concello de Meis
Avda. Cambados 67, O Mosteiro
36637 Meis
Teléfono 986 712 277
omix@meis.es

https://www.meis.gal/category/omix/

As actividades están dirixidas a mozas e mozos entre 14 e 30 anos de calquera concello, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais, tamén continuarán coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto da FPFE, na súa conta de Instagram.

Se vos xorde algunha dúbida, os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00; e o horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a xoves de 17:00 a 20:00 e venres e sábado ate as 22:00. Podedes estar ao tanto de todo o que fan a través da súa conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou na nosa web: centrosmocidadeoleiros.wordpress.com , na cal poderedes estar ao tanto das súa actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas...

https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/

 

allariz1A área de Mocidade do Concello de Allariz, vén de crear un novo espazo municipal de estudo con acceso a Internet. As novas dependencias, que se coñecen como Aula do Saber, xorden co obxectivo de “facilitar á mocidade dende os 14 anos un lugar axeitada para a súa actividade académica”.
O espazo conta con acceso á Rede e está localizado nas instalacións da Casa da Mocidade. Tamén conta con mobiliario adaptado ás necesidades das e dos estudantes.

O seu horario de apertura será de luns a sábado de 09:00h ás 14:00h e de 16:00h ás 21:00h.

Ademáis deste centro de estudos, o Concello habilitou un estudo de gravación para a xente nova, que estará a disposición da xuventude local baixo reserva en radio@allariz.gal ou no telefono 988 680 434.

O equipo das Casas da Mocidade As Pedras e Portaberta acaban de publicar o cartaz de abril coas novas actividades programadas.

As actividades están dirixidas a mozas e mozos entre 14 e 30 anos de calquera concello, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais, tamén continuarán coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto da FPFE, na súa conta de Instagram.

oleiros2oleiros3

A súa web: centrosdamocidadeoleiros.wordpress.com. A través desta poderase estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...

Máis inforamción nas Casas da Mocidade de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00, na conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou nos correos electrónicos: pix.portaberta@gmail.com e pix.aspedras@gmail.com

A OMIX de Mos organiza a “Semana da Cultura Urbana nas redes”, e unha programación cargada de diferentes disciplinas como o HipHop, o Break, Graffiti, Skateboard, Roller Skate, Rap, etc a través de vídeos, documentais, apps, campionatos e series que lle dan un maior atractivo, co obxectivo aproximar e dar a coñecer  a cultura urbana ás mozas e mozos con idades comprendidas entre os 12 e 25 para que se poidan iniciar, aprender e practicar estas actividades, así como para aquelas persoas que xa teñen nocións, para que poidan perfeccionarse e ampliar os coñecementos.

Está actividade pretende chegar a toda a poboación moza por igual, con actividades impartidas por profesionais da ámbolos dous sexos, co obxectivo de fomentar a desaparición de estereotipos de xénero. Nesta actividade, a poboación moza coñecerá tanto a homes como mulleres que practican actividades e deportes que son considerados só para o xénero masculino, como o graffiti ou o skate, ou xéneros musicais como o Rap.

A programación será publicada no Facebook da Omix de Mos e no Instagram do Concello de Mos

Mocidade do concello de Santiago lanzou unha campaña nas redes sociais para encher a nosa terra de máis árbores con motivo do Día Internacional dos Bosques, que se celebra o 21 de marzo impulsada a nivel mundial polas Nacións Unidas.

Trátase dunha iniciativa que mobiliza a participación e a creatividade da cidadanía, xa que son as usuarias e usuarios das redes sociais quen se encargan de contribuír ás novas plantacións.

Estamos a falar da Cambia o mood: activa o modo bosque.

A iniciativa pon o foco na xuventude. Convídase á poboación xuvenil a incrementar aínda máis un patrimonio ambiental de por si rico, diverso e completo: os bosques de Santiago B1FOTO1ARBOREPLAY(arredor de 5.000.000 metros cadrados dentro do municipio).

Entre as accións eixo desta campaña, está o movemento en redes sociais #1foto1arbore. O spot da mesma xa pode visualizarse en liña.

Por cada foto, o Concello de Santiago plantará unha árbore. O labor será realizado mediante o Obradoiro de Emprego Creas III, na especialidade de repoboación forestal. Plantaranse carballos e bidueiras na finca municipal da Remuíña e tamén no Monte Viso.

Como participar:
1. Subir unha foto nas redes sociais nun entorno de natureza. Pode ser en Facebook, Instagram, Twitter e TikTok. Tamén serven as stories!
2. Utilizar o hashtag #1foto1arbore.
3. Etiquetar a @TalentiaSummit.

Ademais nos vindeiros días instalarase un photocall de neón de 5 metros de ancho por 3 de alto, preto da Porta dos Leóns que dá entrada ao paseo da Ferradura da Alameda. “Será un espazo aberto á creatividade de todas e todos os que non queiran desaproveitar a oportunidade de facerse unha foto curiosa e diferente ao mesmo tempo que están plantando unha nova árbore”.

As fotos de máis éxito das compartidas coa etiqueta #1foto1arbore serán expostas polas principais rúas do ensanche da cidade, empregando como soporte as propias árbores urbanas.

#1foto1arbore

Presentación da nova plataforma web de Xuventude do Concello de Pontevedra

XUVENTUDE EN REDE: https://xuventude.pontevedra.gal

Nela xa podedes consultar a programación da ESCOLA FEMINISTA DA MOCIDADE con cursos e obradoiros para o 2021, dirixidos prioritariamente á mocidade e tambén ao público en xeral

A partir do 1 de marzo ponse en marcha o Programa de Formación PISANDO FORTE 2021, o que se podera consultar e solicitar a súa inscrición na súa nova web.

E presta atención xa que próximamente haberá unha nova edición do programa de lecer e ocio nas fin de semanas "Noites Abertas 2021"!!!!!

O Concello de Brión vai celebrar o Día de Rosalía (o 24 de febreiro) cunha semana de actividades nas redes sociais. Trátase do programa Imaxes para mil versos, que se vai desenvolver entre os días 22 e 28 nas comunidades online onde o Concello e a Biblioteca Municipal teñen presenza. O miolo das actividades será unha achega diaria de imaxes e textos de Rosalía así como vídeos breves sobre a súa vida e a súa obra.

Desde a OMIX de Brión convidan a toda a mocidade a participar na campaña e compartir algunha imaxe da autora, un texto ou un vídeo breve no que reciten algunha estrofa sobre Rosalía.

Para participar só é preciso compartir o vídeo, texto ou imaxe co cancelo #diarosaliaenbrion e citando á @bibliotecadebrion no Facebook ou a @bibliobrion no Twitter.


https://m.facebook.com/concellodebrion/photos/a.953400181400226/5076170312456505/?type=3&theater