Emprego público (217)

CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE PROFESORES DO CONSERVATORIO MUNICIPAL
Aprobadas as bases para a constitución a través do sistema de provisión que se sinale para cada posto de traballo, de Bolsas de Traballo no Concello da Guarda, que permitan a cobertura interina das seguintes prazas no Conservatorio Municipal:
— Profesor de piano
— Profesor de violín
— Profesor de gaita
— Profesor de vento metal
— Profesor vento madeira
— Profesor guitarra
— Profesor linguaxe musical

As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, na forma sinalada nas bases.
As bases estarán a disposición dos interesados nas dependencias do Concello da Guarda e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (www.aguarda.sedelectronica.gal)

Bases para a provisión interina dunha praza Conserxe. O contrato será de duración determinada por substitución a xornada completa.
O prazo para a presentación de instancias será de 10 días naturais, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.
As Bases do proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello da Estrada, na web municipal e no Portal de Transparencia.

Bases para a creacción dunha Bolsa de Emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as da Escala de Administración Xeral, Subescala subalterno.
O prazo para a presentación de instancias será de 10 días naturais, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.
As Bases do proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello da Estrada, na web municipal e no Portal de Transparencia.

Convócase unha praza de Axudante de electricista integrada na Escala de Administración Especial, Subescala Servizos Especiais.
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública. As instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde de Excmo. Concello da Estrada e presentaranse no prazo de dez días naturais, que comenzarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.
As Bases do proceso selectivo publicaranse íntegramente no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello da Estrada, na web municipal e no Portal de Transparencia.

No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 208, do 31 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Dúas prazas de Técnico/a Superior Área Informática
Dúas prazas de Auxiliar Administrativo
Nove prazas de Auxiliar de Axuda no Hogar
Seis prazas de Operario/a de o persoal
Dúas prazas de Conserxe-Limpador/a de Colexio Público
Catro prazas de Limpador/a Sete
prazas de Limpador/a de Colexio Público
Unha praza de Arquitecto/a Unha
praza de Técnico/a de Administración Xeral
Dúas prazas de Conserxe-Limpador/a de Colexio Público
Unha praza de Limpador/a

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no «Boletín de Oficial da Provincia de Pontevedra» e/o na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa, na forma prevista nas propias bases.
Mais información no BOE do 11 de novembro de 2022

O Concello da Boborás necesita contratar un/ha Técnico/a de orientación laboral en Boborás.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2022.
Máis información no BOP de Ourense do 22 de setembro de 2022

Gustaríache traballar nas institucións da Unión Europea?

Nesta web tes toda a información:  https://epso.europa.eu/home_es

Convocatoria dunha praza de arquitecto/a para o Concello da Vilaboa, Pontevedra.

O prazo de inscrición está aberto ata o 19 de setembro de 2022

Requisitos

  • Posuír a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Estar en posesión da titulación habilitante para o desenvolvemento da profesión de arquitecto.

 

Máis información

Concello da Vilaboa | Toural, 1 (36140 - Vilaboa, Pontevedra) | Tel.: 986 70 82 15

BOP Pontevedra 16/08/2022 (bases)

BOE 30/08/2022 (convocatoria)

 

O Concello de Moaña convoca:
1 praza de Administrativo/a.
1 praza de Persoal de limpeza.
O prazo estará aberto ata o 12 de agosto de 2022.
Máis información no BOE do 14 de xullo de 2022.

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo convoca proceso selectivo para cubrir 204 prazas do Corpo de Enxeñeiros/as Industriais do Estado.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de agosto de 2022.
Máis información no BOE do 7 de xullo de 2022