Emprego público (214)

Convocatoria para a selección e contratación, mediante o sistema de oposición, de persoal músico da Orquestra Sinfónica de Galicia correspondente á praza de Trompa Principal. O sistema selectivo realizarase mediante o sistema de audición.

INSCRICIÓNS: ata o 05/12/2022

REQUISITOS:
-Ter nacionalidade española ou dalgún dos estados membros da Unión Europea, ou ben residencia legal en España. Os nacionais doutros Estados poderán acceder á convocatoria de acordo coas condicións establecidas no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
-Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
-Estar en posesión do título Superior de Música na especialidade de Trompa ou en condicións de obtelo na data en que se proceda á formalización do contrato indefinido, unha vez superado o período máximo de proba de 2 anos.
-Acreditación do coñecemento do idioma galego. En caso de non poder acreditalo, será esixible unha vez superado o período máximo de proba de 2 anos, a efectos de formalización do contrato indefinido no seu caso.

PÁXINA WEB: www.sinfonicadegalicia.com

CONTACTO: info@sinfonicadegalicia.com

Publicación: BOP 07/11/2022 (https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/11/07/2022_0000006825.pdf)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de informática (590107), Organización e proxectos de sistemas enerxéticos (590113), Procesos e produtos de téxtil, confeccion e pel (590120), Sistemas electrónicos (590124) e sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario (590), así como das especialidades de Equipos electrónicos (591202), Instalacións electrotécnicas (591206) e Sistemas e aplicacións informáticas (591227) do corpo de profesorado técnico de formación profesional (591). (código de procedemento ED003A)

INSCRICIÓNS: dende o 01/12/2022 ata o 09/12/2022

PREZO: 18,40€

REQUISITOS:
-Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A. Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.
-Posuír algunha das titulacións oficiais específicas de acceso ás especialidades convocadas na resolución desta convocatoria recollidas no Anexo II (corpo de profesores de ensino secundario) e no Anexo III (corpo de profesores técnicos de formación profesional) da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas.
-Posuír a formación pedagóxica e didáctica
-Acreditar o coñecemento da lingua galega. Celga 4...

PÁXINA WEB: www.edu.xunta.gal

CONTACTO: 981 545 445 / persoal.secundaria@edu.xunta.gal

Publicación: Resolución do 28 de novembro de 2022 (http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_apertura_listas_590-591.pdf)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Árabe (592002), Italiano (592012) e Xaponés (592013), do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, e das especialidades de Acordeón (594401), Arpa (594402), Clave (594405), Contrabaixo (594406), Frauta de bico (594411), Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco (594417), Viola da gamba (594432), Danza clásica (594436), Danza contemporánea (594437) e Caracterización e indumentaria (594442) do corpo de profesorado de música e artes escénicas (código de procedemento ED003A).
INSCRICIÓNS: dende o 01/12/2022 ata o 09/12/2022
PREZO: 18,40€
REQUISITOS:
- Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A. Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.
- Posuír algunha das titulacións oficiais específicas de acceso ás especialidades convocadas na resolución.
- Para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592), posuír a formación pedagóxica e didáctica.Con carácter xeral, máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas.
- Acreditar o coñecemento da lingua galega.

PÁXINA WEB:
www.edu.xunta.gal

CONTACTO: 981 545 445 / persoal.secundaria@edu.xunta.gal

Publicación: Resolución do 28 de novembro de 2022 (http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_apertura_listas_592-594.pdf)

O Concello de Cerceda convoca as seguintes prazas:
Tres prazas de Administrativo/a.
Unha praza de Administrativo/a.
Catro prazas de Auxiliar Administrativo/a.
Unha praza de Subalterno/a.
Unha praza de Técnico/a de Educación Social.
Unha praza de Técnico/a de Desenvolvemento Local.
Unha praza de Técnico/a de Museos.
Unha praza de Técnico/a de Cultura.
Unha praza de Axente de Protección Civil.
Unha praza de Técnico/a de Servizos Sociais.
Unha praza de Técnico/a de Orientador/a Laboral.
Unha praza de Técnico/a Informático-Aula Cemit.
Seis prazas de Operarios/as de Servizos Varios.
Unha praza de Encargado/a de Servizos Varios.
Dúas prazas de Peón/a Limpeza Viaria.
Nove prazas de Limpador/a.
Unha praza de Monitor/a Natación.
Dúas prazas de Conserxe-limpador/a.
Unha praza de Mantemento de Material Informático.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 19 de decembro de 2022.
Máis información no BOE do 29 de novembro de 2022

Proceso selectivo, a través do procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal funcionario de carreira: administrativa/o (Grupo C, Subgrupo C1), e creación dunha bolsa de emprego para a provisión temporal de persoal interino.
Prazo aberto ata o 05/12/2022
Máis información na páxina web do Concello de Oroso: www.oroso.gal

Convocatoria procedemento de selección dunha praza de Encargado da Brigada Municipal de Obras e Servizos, persoal laboral temporal, mediante contrato de substitución por xubilación do actual titular da mesma.
A convocatoria e as bases aprobadas poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Rábade, na páxina web www.rabade.org e na sede electrónica municipal https://rabade.sedelectronica.gal
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte á data de publicación no BOP de Lugo.

Publicadas as bases de selección e convocatoria para o nomeamento dous/dúas funcionarios/as interinos/as, grupo A2, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala técnica media, denominación técnico/a orientador/a profesional para a inserción do Programa Integrado de Emprego de Galicia.
As bases íntegras do proceso selectivo atópanse publicadas no taboleiro electrónico da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol: https://comarcaferrolterra.wordpress.com/taboleiro-de-anuncios/
A presentación de instancias farase no prazo de 8 días hábiles a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 187, do 30 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e no «Boletín Oficial da Provincia de Coruña» número 193 de 11 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases específicas que han de rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas do persoal de persoal laboral fixo:
Unha praza de Axente TIC, xornada parcial, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Técnico en animación actividades deportivas, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Peón tractorista e mantemento, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Peón de mantemento, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Catro prazas de Auxiliar de axuda no fogar, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Auxiliar de axuda no fogar, xornada parcial, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Unha praza de Auxiliar de axuda no fogar, xornada completa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.


Publicouse extracto de convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 187, do 7 de novembro de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no «Boletín oficial da provincia da Coruña» e nos taboleiros de anuncios do Concello de Vilasantar.

BASES PARA A SELECCIÓN DUN/DUNHA ENCARGADO/A DE OBRAS NO CONCELLO DE O SAVIÑAO
As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Máis información no BOP de Lugo do 11 de novembro de 2022.

BASES PARA A SELECCIÓN DUN/DUNHA TRABALLADOR/A SOCIAL POR CONCURSO-OPOSICION E CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA SUBSTITUCIÓNS NO CONCELLO DE O SAVIÑAO.
As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Saviñao e presentaranse no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Máis información no BOP de Lugo do 11 de novembro de 2022.