Premios e concursos (133)

A Asociación Promoción e Desenvolvemento Social no marco do Programa “O teu Punto” de prevención de riscos derivados do consumo de drogas e outras condutas adictivas entre estudantes universitarios, financiado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre drogas, convoca os seguintes concursos:

12.º Concurso de vídeos “Adiccións: O teu punto de mira”, sobre prevención dos riscos derivados do consumo de drogas (tabaco, alcol, cánnabis, etc.) e outras condutas adictivas (pantallas, xogos de azar, etc.) en Youtube.

3.º Concurso de carteis en Instagram “Adiccións: O teu punto de mira”, sobre prevención dos riscos derivados do consumo de drogas (tabaco, alcol, cánnabis, etc.) e outras condutas adictivas (pantallas, xogos de azar, etc.) na plataforma Instagram.

3.º Concurso de vídeos en TikTok “Adiccións: O teu punto de mira”, sobre prevención dos riscos derivados do consumo de drogas (tabaco, alcol, cánnabis, etc.) e outras condutas adictivas (pantallas, xogos de azar, etc.) na plataforma TikTok.

Inscricións e prazo
Inscricións mediante os formularios dispoñibles na web: Formularios de inscrición.
É necesario encher unha solicitude por cada obra que se presente.
A inscrición ao concurso poderá ser individual ou grupal. Se é grupal, as persoas participantes elixirán a unha soa representante que será a que deberá inscribirse.
O prazo de inscrición finaliza o día 15 de maio de 2023.

Requisitos
Ser maior de idade e estar matriculado ou matriculada nunha universidade española (en estudos de grao, posgraduado, doutoramento ou programas de intercambio internacional) ou en ensinos secundarios posobligatorias (bacharelato, ciclos formativos e ensinos de réxime especial).

Dotación

12.º Concurso de vídeos “Adiccións: O teu punto de mira”:

Primeiro premio ao mellor vídeo: 1.200 €
Segundo premio ao mellor vídeo: 1.000 €
Terceiro premio ao mellor vídeo: 800 €
Cuarto premio ao mellor vídeo: 600 €
Premio á mellor valoración do público: 500 €
Premio especial ao mellor vídeo realizado no marco dun crédito ECTS: 900 €

3.º Concurso de carteis en Instagram “Adiccións: O teu punto de mira”:

Primeiro premio ao mellor cartel: 600€
Segundo premio ao mellor cartel: 400€
Terceiro premio ao mellor cartel: 200€

3.º Concurso de vídeos en TikTok “Adiccións: O teu punto de mira”:

Primeiro premio ao mellor vídeo: 700 €
Segundo premio ao mellor vídeo: 400 €
Terceiro premio ao mellor vídeo: 200 €

 

Bases da convocatoria / 12.º Concurso de vídeos
Bases da convocatoria / 3.º Concurso de carteis en Instagram
Bases da convocatoria / Concurso de vídeos en TikTok
Inscrición

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o I Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria —da que o escritor ourensán foi un mestre—, con técnicas actuais para a sociedade dixital.

O certame, destinado a estudantes de 15 a 25 anos de idade que cursen estudos de ESO, bacharelato, graos universitarios ou mestrados, premiará podcasts e vídeos sobre temas ligados ao universo oteriano como o medio natural, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a comunicación oral ou a tradición oral.

Premios:
1º premio, consistente no seguinte:
un ordenador portátil achegado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e valorado en 2.000 € e 500 € en produtos Coren e outros 500 € en metálico, achegados por Coren.
2º premio, dotado con 500 € en produtos Coren achegados por esta empresa.
3º premio, dotado con 250 € en produtos Coren achegados por esta empresa.

As pezas enviaranse ao correo asociacion.amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo de 2023.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-25148.pdf 

ClimateScience Olympiad convida a mozos e mozas de 12 a 25 anos de todo o mundo para participar nas Olimpíadas de Ciencias do Clima 2023 para atopar unha solución ao desafío do cambio climático no mundo e converterse nos líderes climáticos do mañá.

A Olimpíada de Ciencias do Clima celebrarase en liña e constará de catro roldas: Clasificatoria, Cuartos de final, Semifinais e Finais.

As dúas primeiras roldas consisten nun cuestionario tipo test. Nas dúas últimas roldas requírese unha proposta detallada para resolver un problema climático do mundo real.

Os problemas abarcarán 7 temas diferentes: enerxía limpa, agricultura, recursos hídricos, biodiversidade, economía sostible, transporte sostible e desenvolvemento global.

Persoas destinatarias: estudantes e mozos/as de entre menos de 12 e 25 anos. Poden participar de maneira individual ou nun equipo de dúas persoas. So compites con estudantes da túa mesma idade.

Os/as participantes teñen que inscribirse na web da Olimpiada. A proba clasificatoria é un concurso sobre o clima de 25 minutos de duración, que pode realizarse en liña en calquera momento.
Os centros escolares poden inscribir as súas probas clasificatorias para que todos os alumnos poidan participar de forma sincronizada. Tras a verificación, os centros escolares tamén poden obter versións imprimibles das follas e realizar os exames en papel.

Os 10 mellores equipos recibirán os seguintes premios:
1º - 5000 $
2º - 3000 $
3º - 2000 $
4º-7º: 1000 $ cada un
8º-10º: 500 $ cada un

Ademais do premio en metálico, os gañadores tamén terán a oportunidade de presentar as súas solucións no Cume do Clima das Nacións Unidas de 2023 en Dubai, Emiratos Árabes Unidos.

Prazo: 20 de maio de 2023.

https://climatescience.org/olympiad 

Mans Unidas convoca dous concursos de Clipmetraxes, un dirixido a estudantes e outro a público en xeral.

CLIPMETRAXES CATEGORÍA ESCOLAS

Obxecto do concurso
Sensibilizar, formar, concienciar e xerar un compromiso nas persoas para a trasformación social e a defensa dos dereitos Humanos. Especificamente sensibilizar aos nenos/as e mocidade sobre os problemas que arrasan o noso mundo: a violación dos Dereitos Humanos e a dignidade da persoa, a fame, a pobreza, a inxustiza, as desigualdades, e as súas causas, e promover unha acción de cambio, a través dunha acción de educación para o desenvolvemento baseada na comunicación audiovisual.

Requisitos para participar
- O concurso vai dirixido a centros educativos nos niveis de Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos (educación formal) así como a institucións, ámbitos e actividades de educación non formal.
- Os grupos participantes deberán contar cun profesor/a, monitor/a ou persoa maior de idade, como responsable da actividade e como persoa de contacto do Centro con Mans Unidas.
Pódense presentar cuantos grupos estean interesados por centro. Un mesmo profesor/a, monitor/a ou persoa maior de idade pode ser responsable de máis dun grupo.

Categorías:
Primaria (de 6 a 12 anos)
Secundaria (de 12 a 17 anos)

Requisitos dos Clipmetraxes:
Deberán ser orixinais e inéditos e non ser premiados con anterioridade en ningún outro concurso.
Poden ser de ficción, animación ou documental e deben versar sobre a temática da XIV edición do Festival de Clipmetraxes: Persoa tamén se escribe con A, de Alimentos e Auga.
Queremos reflexionar sobre a repercusión que as nosas accións individuais, como un consumo máis responsable ou a loita contra o malgasto alimentario, teñen no acceso universal á auga e os alimentos.

O prazo de envío de clips á categoría escolar estará aberto ata o día 16 de febreiro de 2023.

https://www.clipmetrajesmanosunidas.org/


CLIPMETRAXES CATEGORÍA XERAL

Requisitos para participar
- Ser maior de idade.
- Poderanse presentar tantos clipmetraxes como se queiran.
- Os clipmetraxes preséntanse a título individual, poderán participar na realización dun clipmetraxes varias persoas, pero unicamente unha delas rexistrarase ao ser os premios individuais.

Requisitos dos Clipmetraxes
- Deberán ser orixinais e inéditos e non ser premiados con anterioridade en ningún outro concurso.
- Deberán presentarse en castelán ou subtitulados ao castelán.
- Poden ser de ficción, animación ou documental e deben versar sobre a temática da XIV edición do Festival de Clipmetrajes: Persoa tamén se escribe con A, de Alimentos e Auga.
A intención do cncurso é reflexionar sobre a repercusión que as nosas accións individuais, como un consumo máis responsable ou a loita contra o malgasto alimentario, teñen no acceso universal á auga e os alimentos.
Todos os clipmetraxes participantes deben incluír as cartelas de inicio e final do festival.
A duración máxima dos clipmetrajes é de 1 minuto e 10 segundos contando as cartelas.
Poderán ser gravados con calquera dispositivo: móbil, tableta, cámara de vídeo, cámara de fotos, etc.

Os clipmetraxes publícanse en Youtube, polo que deben enviarse nun formato compatible coa plataforma. Recomendamos o contedor MP4, utilizando un códec de vídeo H.264 e unha resolución en formato 16:9 de 1920x1080 ou superior. O códec de audio recomendado é o AAC-LC. Tamén se aceptan outros formatos compatibles con Youtube cunha resolución recomendada de 1280x720.
Non está permitido presentar ao concurso vídeos con contido racista, machista, violento ou pornográfico.

O prazo de envío de clips á categoría xeral estará aberto ata o día 4 de maio de 2023.

https://www.clipmetrajesmanosunidas.org/

O Plan de Educación Financeira impulsado polo Banco de España, a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital lanzan o programa escolar e o Concurso de Coñecementos Financeiros.

O obxectivo do programa é a introdución de contidos básicos de finanzas nas aulas, seguindo as recomendacións da OCDE, potenciando nos alumnos os seus coñecementos, destrezas e habilidades para comprender conceptos clave como o aforro, os ingresos, o orzamento persoal e o consumo responsable.

A inscrición no programa é voluntaria e gratuíta. Ademais, cada centro escolar pode impartir os contidos da forma que mellor se adapte á súa programación.

Consiste nun xogo de preguntas tipo test sobre cuestións económicas e financeiras desenvolto en dúas fases eliminatorias: unha primeira fase en liña e unha segunda fase presencial.

O prazo de inscrición no Concurso está aberto ata o 28 de abril de 2023

Requisitos
Poderá participar alumnado de centros educativos con domicilio en España rexistrados no Programa e que se atopen cursando, na data da inscrición, 3º ou 4º da E.S.O., bacharelato ou ciclos formativos de grao medio.

Dotación
- Primeiro premio:
Unha tablet para cada alumno/a.
Unha tablet para o/a docente coordinador do equipo.
3.000 euros en material escolar para o centro educativo.
Comida e visita guiada ao Banco de España e ao Palacio da Bolsa de Madrid aos alumnos, docente coordinador/a do equipo e representante do centro educativo.
Celebración de Xornada Divulgativa no centro educativo por representantes do Plan de Educación Financeira.
Trofeo conmemorativo.

- Segundo premio:
Unha tablet para cada alumno/a.
Unha tablet para o/a docente coordinador do equipo.
1.500 euros en material escolar para o centro educativo.
Comida e visita guiada ao Banco de España e ao Palacio da Bolsa de Madrid aos alumnos, docente coordinador/a do equipo e representante do centro educativo.
Trofeo conmemorativo.

 

Máis Información 
finanzasparatodos@bde.es 
Bases da convocatoria
Formulario de inscrición
Web Finanzas para todos

O Concello de Cambre convoca a XXIX Edición do Certame Literario Xoán Díaz.

Poderá participar neste certame calquera moza e mozo de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
Categoría A: de 12 a 14 anos
Categoría B: de 15 a 18 anos
Categoría C: de 19 a 26 anos

Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das tres modalidades: Poesía, Narración breve e Microteatro.
- Modalidade de poesía: presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres.
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
- Modalidade de Microteatro: a extensión será de entre 5 e 10 páxinas, a unha soa cara, con tema libre.

Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Deberán estar escritos con ordenador, en papel de tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección certamexoandiaz@cambre.org
No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA.
Enviaranse tres arquivos PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante; no segundo arquivo irá o DNI e, finalmente, no terceiro, o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.

Premios:
Categoría A: 1º Premio: 173 € 2º Premio: 128 €
Categoría B: 1º Premio: 218 € 2º Premio: 150 €
Categoría C: 1º Premio: 300 € 2º Premio: 173 €

O prazo de entrega estará aberto ata o día 15 de abril de 2023.

Máis información no BOP da Coruña do 9 de xaneiro de 2023

O Premio Europeo Carlomagno da Mocidade 2023 outórgase a proxectos realizados por mozos que fomentan a comprensión, promoven o desenvolvemento dun sentido compartido de identidade europea e ofrecen exemplos prácticos de europeos que viven xuntos como unha soa comunidade. Os proxectos poden centrarse na organización de varios eventos xuvenís, intercambios xuvenís, xogos de simulación, festivais políticos xuvenís, exposicións, formacións ou proxectos en liña cunha dimensión europea.

Quen pode participar?
Cidadáns ou residentes dun dos 27 Estados membros da UE entre 16 e 30 anos que traballen nun proxecto europeo, xa sexa individualmente, en grupo ou como organización.

Premios
O premio ao mellor proxecto é de 7.500 euros.O segundo mellor proxecto recibirá 5.000 euros e o terceiro 2.500 euros.
Os representantes dos 27 proxectos nacionais seleccionados serán convidados á cerimonia de entrega do Premio Carlomagno da Mocidade en Aquisgrán en maio.
Como parte do premio, os tres laureados europeos serán convidados a visitar o Parlamento Europeo (en Bruxelas ou en Estrasburgo).

Como inscribirse?
As solicitudes poden presentarse en todos os idiomas oficiais da Unión Europea.
As solicitudes abriranse do 12 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2023.

Le tódolos detalles aquí.

O Premio Europeo Carlomagno da Mocidade é outorgado de forma conxunta e anual polo Parlamento Europeo e a Fundación do Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán.

Para máis información, podes poñerte en contacto coas Oficinas Nacionais de Canle do Parlamento Europeo.

 

Premio Europeo Carlomagno da Xuventude | Fundación do Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán

The Challenge by EduCaixa é unha oportunidade para impulsar o talento e converter ao alumnado en worldshakers: mozos comprometidos cos retos do século XXI.  Trátase dunha proposta para que o alumnado —e os seus docentes—, a partir dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, identifiquen unha causa que lles mova e que desenvolvan iniciativas que contribúan á súa consecución.

A partir do traballo desenvolvido na aula, os equipos poden presentar os seus proxectos a The Challenge e optar a dous premios —un Campus en Barcelona e unha Viaxe formativa a unha cidade dos Estados Unidos—, deseñados en forma de experiencias de aprendizaxe activa, colaborativo e vivencial entre pares, co recoñecemento de referentes, o apoio de mentores e unha facilitación e un acompañamento especializado.

Quen pode participar?

Poden participar docentes de toda España e Portugal co seu alumnado de 3º e 4º ESO, FPB, 1º e 2º Bacharelato ou CFGM.
Trátase de formar equipos de 3 ou 4 integrantes, traballar un proxecto aliñado cos ODS e presentalo antes do 1 de marzo.
Este ano, para participar na nova edición de The Challenge 2023, admítense proxectos traballados cos programas de EduCaixa (serviranche como orientación para aplicar as metodoloxías activas) ou por conta propia.

Dotación

De tódolos proxectos que se presentan á convocatoria, elíxense 100 para participar no Campus presencial de Barcelona. Un xurado avaliará cada un deles e premiará un total de 15 proxectos. Os estudantes dos devanditos proxectos viaxarán ata Estados Unidos para recibir orientación e consellos de referentes profesionais e innovadores.
Pero, aínda así, todos os participantes no Campus teñen a oportunidade de presentar as súas ideas á incubadora NEXT, onde poderán levar os seus proxectos máis aló e desenvolvelos no mundo real.

 Web EduCaixa | Guía de participación |  Bases da convocatoriachallenge@educaixa.org | Tlf.: 610 46 96 50

O Centro Francisco Piñeiro e a Fundación Jorge Guillén convocan o VII Premio Francisco Pino de Poesía Experimental.

A obra presentada, de técnica e execución libres, será inédita e non sería premiada ou seleccionada noutros certames de poesía experimental previos ao fallo do presente concurso.

O orixinal da obra presentada aterase ás seguintes características:

Tratarase de poesía non convencional, cuxos conceptos, imaxes, palabras e demais recursos creativos difiran dos usos poéticos tradicionais.
Ten que poder adaptarse á reprodución bidimensional –propia dos sistemas e técnicas das artes gráficas–, nun formato non superior ao A4.
No suposto de ser concibida como unha secuencia, a extensión da obra non poderá superar as 5 páxinas.
A obra presentarase obrigatoriamente co sistema de plica.

O prazo de presentación estará aberto ata o 21 de marzo de 2023 (prazo ampliado). As obras deben remitirse á seguinte dirección postal:
VII Premio Francisco Pino de Poesía Experimental
Fundación Jorge Guillén, Parque Noras de Santa Vitoria 1.
47007 Valladolid España.

Poderá optar cunha soa obra todo creador sen límite de idade, país ou nacionalidade.

Dotación
Premio, 4.000 euros.
Accésit, 1.000 euros.

Bases VII Premio Francisco Pino de Poesía Experimental

A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital convoca a edición de 2022 do Premio Internacional Atlante de Gravado.

As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas da arte gráfico, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista. Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm. O artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para a estampaxe dos orixinais. Os gravados serán inéditos e non ser editados nin numerados.

Prazo: os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos á Fundación Museo das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro, nº 52 de Artes – Ribeira. 15969 (A Coruña) España, indicando no sobre «NON COMMERCIAL VALUE», ata o 31 de Maio de 2023.

Os traballos seleccionados expoñeranse nunha das Salas do Museo de Artes.

Requisitos
Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen.

Dotación
Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €
3 premios dotados con 2.500 € cada un
premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 €, para un artista nado ou residente en Galicia.
Os premios outorgados conlevan a edición das obras premiadas en 25 exemplares e a súa entrega á Fundación Museo de Artes.

Máis información: http://www.fundartes.com/premio-atlante/