X Talento Challenge é un concurso de emprendemento dirixido a mozos de 14 a 18 anos , que deberán formar equipos compostos por un mínimo de 3 e un máximo de 8 participantes. X Talento Challenge promove o desenvolvemento de proxectos de impacto social positivo na súa contorna.
O concurso divídese en dúas fases: na primeira, cada equipo deberá contar, polo menos, con 2 participantes con diversidade funcional (con certificado de grao igual ou superior ao 33%) e, na segunda, será necesario contar, polo menos, con 3 participantes con diversidade funcional. Os equipos serán supervisados por un titor ou titora que lles guiará ao longo de todo o proceso.
Obxectivos
- Promover a dixitalización, liderado, emprendemento, coñecementos financeiros, creatividade, toma de decisións, traballo en equipo, etc.
- Fomentar a participación de mozas de 14-18 anos a través dun proxecto conxunto de impacto social baseado na aprendizaxe dialógico e cooperativo.
- Potenciar a escoita activa a través de equipos que inclúan mozos e mozas con e sen diversidade funcional.
Para participar, o titor ou titora terá que rexistrar ao seu equipo ou equipos na web www.portalentochallenge.es/apuntate
O período de inscrición finalizará o 10 de marzo de 2023. Os equipos que pasen á Segunda Fase terán que presentar os seus proxectos do 27 de marzo ao 8 de maio de 2023.
Requisitos
Mocidade de 14 a 18 anos, cumpridos ao longo do curso 2022/2023 (nacidos entre 2004 e 2008), que formen parte de centros educativos, asociacións e outras entidades que conten con personalidade xurídica.
Dotación
A) Os 3 mellores proxectos recibirán un premio de 6.000€ como capital para poñer en marcha o seu proxecto de impacto social.
B) Cada participante de cada un dos tres equipos gañadores recibirá 1 tarxeta regalo valorada en 100€.
C) Premiarase cun (1) Ipad ou Ipad Mini aos titores/as de cada equipo gañador.
Máis Información
Páxina web
Bases do concurso
Formulario de inscrición
A Asociación Cultural Tribuna Cidadá convoca a sétima edición do Certame Novo de Relatos Curtos "Tigre Juan".
Poden concorrer ao mesmo todos aqueles mozos e mozas nados ou residentes en territorio español que teñan entre 14 e 30 anos.
Categorías:
Categoría A. Mozos entre os 12 e os 17 anos de idade.
Categoría B. Mozos entre os 18 e os 30 anos de idade.
Os relatos serán de temática libre, orixinais e escritos en castelán, non podendo superar en extensión as seis páxinas nin ser menor de tres, e sempre a dobre espazo.
Os relatos enviaranse por correo electrónico a: directiva@tribunaciudadana.org
Deberase enviar, igualmente polo mesmo medio, fotocopia do DNI, así como unha nota con nome e apelidos, dirección postal e un teléfono de contacto, e especificando o título do relato.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 30 de setembro de 2023.
Premios: unha persoa gañadora, cunha dotación económica de 500 €, e unha finalista, cunha dotación económica cada un de 250 €.
O Concello de Outes convoca o XXVII Certame Francisco Añón de Poesía.
Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Lingua Galega. Os textos presentados deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos.
Categoría A: Nenos/as de 6 a 7 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría B: Nenos/as de 8 a 9 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría C: Nenos/as de 10 a 11 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría D: Rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 240 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos. Premios:
1º Clasificado: Transferencia bancaria por valor de 480 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría F: Maiores de 18 anos. Premios:
1º Clasificado: Transferencia bancaria por valor de 1.500 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra
Para a categoría E, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos
Para a categoría F, as obras terán unha extensión mínima de 200 versos
O prazo de presentación estará aberto ata o 3 de abril de 2023.
Máis información en www.outes.es e na OMIX de Outes, teléfono 981 842 406
BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2023
A Universitat Politècnica de València convoca o VIII Concurso de Deseño de Estampados para Téxtiles de Fogar
O obxecto do Concurso de Deseño de Estampados para Téxtiles de Fogar, é premiar aos mellores deseños e desenvolvementos dun tecido creativo para a súa aplicación nun produto téxtil para o fogar.
O traballo presentado debe incluír, ademais do deseño estético do tecido, mostra de tecido ou prototipo do tecido constituínte do produto, simulación do tecido en forma de produto téxtil no seu ambiente de destino.
Os participantes deberán presentar unha colección para o sector Téxtil-fogar. Os traballos deberán estar compostos por:
- Mostra do tecido ou prototipo do deseño principal e dous coordinados.
- Deseño de tecido principal e dous coordinados.
- De forma opcional, pódese presentar a simulación do produto no seu ambiente de destino, foto 3D do deseño aplicado a un produto téxtil.
- Os traballos plasmaranse sobre soporte ríxido (PVC espumado de 6mm de grosor, cartón-pluma ou similar) tamaño DIN-A 0 (841mm x 1189mm). No soporte incluirase impreso os deseños do tecido principal e os seus coordinados, ficha técnica e foto 3D, os tecidos desenvolvidos pegaranse sobre o soporte.
Data de entrega dos traballos: ata o 12 de maio de 2023.
Requisitos:
Estudantes Universitarios (grao e máster).
Estudantes de Formación Profesional.
Estudantes de Escolas Superiores de Deseño e/o Artísticas.
Estudantes de Bacharelato Artístico.
Para poder presentarse ao concurso deberán acreditar que están matriculados durante o curso 2022-2023. Pódense presentar en modalidade individual ou en equipo, cun máximo de dous integrantes.
Premios:
1º premio de 1.000 euros.
2º premio de 500 euros.
3º premio de 250 euros.
A Consellería de Emprego e Igualdade convoca o certame Cooperativismo no ensino dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia.
O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Modalidade de actividades artísticas
- O alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial poderá presentar a este concurso calquera produción artística en modalidade gráfica ou audiovisual, tal como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías, vídeos ou calquera tipo de creación dixital, realizados de forma colectiva, nos cales que se reflicta a posta en práctica dos valores e principios cooperativos.
- En cada traballo deberán participar, como mínimo, tres alumnos ou alumnas.
- Categorías:
a) Categoría A: alumnado de 2º ciclo de educación infantil.
b) Categoría B: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
c) Categoría C: alumnado de 3º e 4º de educación primaria.
d) Categoría D: alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
Modalidade de actividades cooperativizadas
O alumnado dos centros de ESO e de educación especial poderá presentar a este concurso as memorias de actividades realizadas cooperativamente por grupos de alumnos ou alumnas. As actividades poderán consistir, entre outras, na creación de cooperativas escolares, organización de eventos ou festivais, obras de teatro, campionatos deportivos, xornais, páxinas web, programas de radio ou actividades de voluntariado.
- En cada traballo deberán participar, como mínimo, tres alumnos ou alumnas.
Modalidade de proxectos empresariais cooperativos
- O alumnado dos centros educativos que impartan formación profesional específica e ensinanzas de réxime especial, nos cales se realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo, poderá presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a modalidade de proxectos empresariais cooperativos.
- Na elaboración de cada proxecto deberán participar, como mínimo, tres alumnos ou alumnas, que deberán estar dirixidos por un profesor ou profesora, ou un director ou directora.
Premios:
Os traballos presentados á modalidade de actividades artísticas e á modalidade de actividades cooperativizadas poderán optar aos seguintes premios:
- Un premio ao mellor traballo de cada categoría: os centros de ensino premiados recibirán 2.500 euros destinados á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, así como á celebración dunha actividade formativa, cultural, deportiva dirixida ao alumnado do centro.
- Un accésit por cada categoría: os centros de ensino premiados recibirán a cantidade de 1.500 euros destinados á adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, así como á celebración dunha actividade formativa, cultural, deportiva dirixida ao alumnado do centro.
Os traballos presentados á modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, poderán optar aos seguintes premios:
Un premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo coa seguinte dotación:
– Un premio de 4.500 euros, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto premiado.
Un accésit coa seguinte dotación:
– Un premio de 3.500 euros, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto finalista.
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o día 28 de abril de 2023.
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.es/ co formulario TR802O
Máis información no DOG do 7 de febreiro de 2023 e en http://www.edu.xunta.gal/
O Concello de Carral convoca a 26ª edición do Concurso de Poesía Concello de Carral.
Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega.
Haberá un premio único de 3.500 €.
Os traballos, cunha extensión mínima de 500 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado.
A presentación das obras farase exclusivamente de maneira dixital no enderezo web http://rexistro.culturacarral.es
Os traballos presentaranse en formato pdf mecanografados a dobre espazo en páxinas numeradas, cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor ou autora. Nos metadatos do arquivo non poderán figurar datos persoais.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 13 de abril de 2023.
Máis información:
https://www.carral.es/blog/convocada-a-26a-edicion-do-premio-de-poesia-concello-de-carral/
Casa da cultura de Carral, teléfono 981 672 580.
cultura@carral.es
Atlantic Pride convoca a 2ª Edición do Certame de Literatura LGTBI+ co club de lectura QUEERuña.
Este certame literario pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBI+.
Poderán participar todas as persoas maiores de idade residentes en Galicia, sempre que a presentación dos traballos sexa en galego ou castelán, orixinais e inéditos, non publicados en ningún tipo de formato, nin total nin parcialmente (incluído internet), non premiados ou pendentes de decisión en outros concursos, ou á espera de resposta de procesos editoriais. O incumprimento desta primeira base descalifica automaticamente o traballo presentado.
A temática é libre, con vinculación á diversidade LGTBI+.
Valorarase o uso preferente da lingua galega, a calidade literaria, a corrección gramatical e a orixinalidade da obra.
Tamén se valorará as personaxes e historias infrarrepresentadas dentro do espectro LGTBI+.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 30 de abril de 2023.
Durante a celebración do festival (2-9 de xullo) anunciaranse gañadores e realizarase a entrega de premios.
Extensión e formato
O texto presentarase en formato pdf e en documento tamaño DIN A4. Só se admitirá unha obra por persoa. Máximo 10 páxinas. Tipografía Times New Roman tamaño 12, interlineado 1.
Como participar?
Deberá enviarse a obra en formato dixital por correo en pdf a certamerelatos@atlanticpride.es. Na mensaxe de correo irán dous arquivos:
OBRA_titulodaobra.
DATOSPERSOAIS_titulodaobra cos datos de autoría e de contacto.
Premios:
1º Premio: 600 Euros.
2º Premio: 300 Euros
3º Premio: 100 Euros
Publicarase un libro cos relatos premiados e unha selección do xurado.
Toda persoa que participe neste certame acepta a cesión da obra para publicación e difusión do material en outros medios físicos ou dixitais relacionados co Atlantic Pride ou o Club de lectura QUEERuña.
A asociación AGADEA Alzhéimer convoca o II Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer e faino coa vontade de concienciar a sociedade sobre a enfermidade do Alzheimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade
O núcleo temático da obra será a enfermidade do Alzheimer e outras doenzas próximas de deterioración cognitiva, así como todos os elementos que xiran arredor delas.
O idioma das obras presentadas será o galego.
As obras presentaranse, preferentemente, en soporte dixital USB/CD, e noutro sobre a plica na que figuren os datos persoais e un teléfono de contacto, así como a declaración de orixinalidade e non edición nin difusión pública. O sobre que contén a plica e mais o USB será enviado á sede de AGADEA Santiago indicando no exterior I Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer:
Rúa de Salgueiriños de Abaixo, nº 15.
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tamén poden enviarse en formato papel coa presentación de 5 exemplares perfectamente grampados, cosidos ou encanutillados, acompañados dun sobre que contén a plica cos datos.
Establécese un único premio dotado con 3.000 €.
O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 1 de xullo
https://www.agadea.org/wp-content/uploads/2023/01/ESTATUTOS-SIMBAD-2023.pdf
O Concello da Estrada, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, convoca o XXXV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades).
Poderán concorrer autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten orixinais inéditos e escritos en lingua galega, agás os gañadores das últimas cinco edicións.
Os traballos deberán prensentarse por quintuplicado antes do 1 de abril de 2023
Premio: 9.000 €
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-25171.pdf
Street Art Cities puxo en marcha a votación para dar cos mellores murais do mundo de 2022 e hai 29 obras españolas nomeadas!
Unha das obras nomeadas é "Fendetestas" de Mondevane situado no Concello de Cambre.
Dar co mellor mural do mundo: ese o obxectivo que cada ano márcase a plataforma Street Art Cities, cuxa ambiciosa misión é documentar todo o street art do planeta.
100 murais de 30 países aspiran a conseguir o cobizado título –que o ano pasado foi para Julio César, unha obra do artista Diego As realizada en Lugo–, pero só un será o gañador e o teu voto pode ser decisivo!
Dese centenar de obras, 29 obras atópanse en España. Iso significa que case o 30% dos murais nomeados están no noso país!
Para votar, debes descargar a aplicación gratuíta de Street Art Cities –dispoñible para iOS e Android–, facer clic en ‘Best of 2022’ e votar o teu favorito.
A votación finaliza o 31 de xaneiro!