Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra, convocan o VIII Concurso Balbino de Relatos.
Poderán presentarse textos orixinais, propios e inéditos (relato ou serie de relatos) inspirados na temática do rural galego, do mar e da emigración.
Os textos terán unha extensión mínima de 100.000 caracteres e máxima de 200.000.
O texto enviarase a:
Técnicas e Gramaxe
R/ Santa Olaia, 18
36540 Silleda
Pontevedra
ou ao enderezo electrónico concursobalbino@gmail.com
O galardón está dotado con 1500 € e a publicación do traballo gañador por Edicións Fervenza.
O prazo de participación estará aberto ata o 30 de xuño de 2023.
A Universidade de Málaga e a Academia Malagueña de Ciencias, convoca o V Concurso de Ilustración Científica.
As obras deben ser de carácter ilustrativo ou figurativo, seguindo as bases da ilustración científica. Aceptaranse tanto ilustracións a cor como en branco e negro. A técnica será libre, pero valoraranse aquelas con as que poidan obterse mellores resultados na reprodución posterior.
Todas as obras presentaranse exclusivamente en formato electrónico. O arquivo que conteña a obra deberá facilitar a reprodución en tamaño A3 (420 x 297mm) e non deberá incluír marcas de auga.
Cada concursante pode participar cun máximo unha obra. De entre todas as propostas recibidas, o xurado seleccionará un máximo de 10 ilustracións en base o seu rigor, innovación e capacidade divulgativa da obra. De entre estas decidirase o gañador e ata tres menciones especiais aos traballos máis destacados.
O prazo para presentar ilustracións estará aberto ata o 15 de maio de 2023.
Poderá participar calquera estudante matriculado/a nun grao, licenciatura ou enxeñería nalgunha das universidades españolas recoñecidas polo Ministerio de Educación ou nun ciclo de formación de grao medio ou superior.
Tamén poderán participar as persoas matriculadas en estudos de posgrao (máster, doutoramento, especialidade), o persoal docente e investigador (PDI) e de administración e servizos (PAS) das universidades españolas e o persoal dos organismos públicos de investigación (OPIs).
Haberá un primeiro premio dotado con 500 euros e diploma acreditativo. A criterio do xurado poderán outorgarse ata tres distincións de mención especial, obtendo un diploma acreditativo.
https://www.uma.es/facultad-de-ciencias/noticias/v-concurso-de-ilustracion-cientifica/
O Concello de Carballo convoca a XXV Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes.
As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm)
Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.
Premios:
Primeiro premio: 1.500 € e diploma.
Segundo premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €.
Presentación:
As obras presentadas ao Certame deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou pseudónimo identificativo.
Pola parte traseira do soporte da fotografía figurará o pseudónimo do/a autor/a, o título da obra, as indicacións do lugar onde foi tomada, a data na que se realizou e as técnicas empregadas e, se o/a autor/a o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotográfica.
É imprescindible que as obras que queiran optar ao Premio Especial Carballo o indiquen na parte traseira do soporte.
Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o pseudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación:
Fotocopia do documento nacional de identidade do/a autor/a.
Solicitude de participación na que conste:
Pseudónimo empregado, título e lugar e data da toma da/s fotografía/s.
Datos persoais do/a autor/a: nome completo, enderezo válido para os efectos de recibir notificacións, teléfono, fax, correo electrónico, etc.
Declaración asinada para aceptar expresamente as bases e condicións do Certame, garantindo que a obra non se atopa pendente de resolución de ningún outro Certame e que o autor/a ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.
As obras enviaranse a:
XXV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
Concello de Carballo
Pazo da Cultura
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo
A Coruña
O prazo de presentación de fotografías estará aberto ata o 10 de abril de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 20 de febreiro de 2023 e en http://www.carballo.org
O Festival de Curtas, Agarra a Vida naceu para mostrar como, a pesar das dificultades, a dor ou a desesperación que nos poñen a proba, hai moitos motivos polos que merece a pena vivir, seguir adiante e emprender o camiño de descubrimento que supón afrontar as crises e as feridas emocionais aprendendo a crecer con elas.
O festival, que celebra a súa cuarta edición, é unha iniciativa do Teléfono da Esperanza e ten como obxectivo fomentar a creación de recursos audiovisuais que axuden a visibilizar a enorme importancia que ten na nosa sociedade o coidado da saúde emocional e a prevención do suicidio.
Temática: prevención de suicidio. O proxecto ten como obxectivo ofrecer unha mensaxe de esperanza a quen nalgún momento pensan en acabar coa súa vida chea de dor, e ás persoas da súa contorna.
As curtametraxes serán seleccionados tanto pola súa calidade técnica como pola adecuación ao obxectivo do festival, ofrecer razóns para vivir e/o experiencias de superación de situacións críticas.
Admitiranse obras de animación, documental ou ficción de imaxe real. As obras poden participar noutros certames ou festivais pero non en anteriores edicións deste festival.
As obras non superarán os 20 minutos de duración, créditos incluídos.
O prazo de presentación de curtos estará aberto ata o 31 de maio de 2023.
As curtas pódense presentar por calquera dos seguintes medios:
a) Por correo electrónico á dirección direccion@agarralavida.es
b) A través das plataformas Movibeta ou Clickforfestivals.
O festival está aberto a persoas de todas as idades e nacionalidades. Poderán participar aqueles produtores ou realizadores de calquera nacionalidade que posúan os dereitos sobre as obras que presentan. Aqueles que sexan menores de idade no momento da inscrición deberán contar coa autorización do seu pai/nai ou titor legal.
Dotación
- As curtas seleccionadas no festival formarán parte da campaña de sensibilización para a prevención do suicidio que o Teléfono da Esperanza organiza en torno ao 10 de setembro (Día Mundial para a Prevención do Suicidio).
- As curtas seleccionadas serán exhibidas, xunto coa presentación do director, durante un período máximo dun mes en formato en liña a través da páxina web do Teléfono da Esperanza e da canle de youtube do Teléfono da Esperanza.
- Premio Especial do Público: durante o período de emisión en liña das curtas, abrirase unha canle de participación para que o público poida valorar as obras exhibidas. A obra que obteña unha maior puntuación nesta votación popular será galardoada con este Premio Especial do Público.
O Concello de FENE convoca a XXVII edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2022
Categorías:
Categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
Categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de 16 a 25 anos residente no Estado español.
Categoría CARICATURA, calquera persoa maior de 16 anos residente no Estado español.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.
Temática:
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades de viñeta, tira ou cómic (máximo 1 páxina) ou caricatura (no caso de debuxos presentados a esta categoría).
Características do debuxo:
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
Non se admitirán fotocopias nin gravados.
Lingua:
Os traballos deberán estar redactados en galego ou en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo.
Prazo: O prazo para presentar debuxos estará aberto ata o día 31 de maio de 2023.
Premios:
Categoría CURUXA (maiores de 25 anos). Premio, dotado con 2.500 € e diploma
Categoría CURUXA-NOVA (de 16 a 25 anos). Premio, dotado con 1.000 € e diploma
Categoría CARICATURA (maiores de 16 anos). Premio, dotado con 1.500 € e diploma
Máis información no BOP da Coruña do 7 de febreiro de 2023 e en https://fene.gal/museo-do-humor/portada-museo-humor/es
Queres ir de Marín a Cádiz no buque Juan Sebastián de Elcano?
A Armada convoca os premios Virxe do Carme correspondentes ao ano 2023, nas seguintes disciplinas:
Investigación histórica, Relato curto "Relatando a mar", Debuxo infantil, Mocidade, Pintura, Fotografía e Modelismo Naval.
Os premios Virxe do Carme teñen por obxecto fomentar o interese e a afección polo mar e os asuntos navais, estimular na mocidade as vocacións polos oficios e profesións navais e difundir a cultura naval en todo o ámbito nacional.
Investigación histórica. Para o mellor traballo que, en calquera manifestación histórica, científica, literaria ou humanística contemple, analice ou relacione a vinculación de España co mar e coa Armada, no seu ámbito nacional ou na súa proxección ultramarina. Dotado con 5.500 euros
Relato curto “Relatando a mar”. Para o mellor traballo relacionado coa mar nalgún dos múltiples aspectos que incumben aos océanos e ás súas xentes (mariños, vida na mar, expedicións, etc.). Dotado con 2.000 euros
Mocidade.
Establécense tres modalidades:
- Elabora o teu cartel.
Para o mellor traballo individual que deseñe un cartel anunciador que permita, dunha forma gráfica, identificar e personalizar a convocatoria dos Premios Virxe do Carmen 2024.
A súa temática deberá gardar relación co sistema de frotas que a Monarquía Hispánica estableceu para asegurar o tráfico económico e comercial necesario para manter os seus dominios e que deu lugar a dous grandes roteiros comerciais: a Carreira de Indias e o Galeón de Manila.
Dirixido a alumnado de 2º Ciclo de ESO, Formación Profesional de Grao Medio e Bacharelato, a través dos seus respectivos centros educativos e debidamente certificados polo seu director/a. Dotado con 750 euros para o alumno/a que realiza o traballo e 250 euros para o profesor/a que o dirixa.
- Traballo escolar.
Para o mellor traballo en grupo no que se destaque a historia e contribución da Armada á sociedade e garde relación coa Mariña da Ilustración (Século XVIII), coincidindo co 250 aniversario da morte do eminente mariño, enxeñeiro naval e científico español Jorge Juan y Santacilia.
Os traballos poderán presentarse como proxecto creativo ou texto escrito.
Hai dúas categorías:
- Categoría ESO: Para alumnado de ESO, a través dos seus centros educativos.
- Categoría Bacharelato/FP: Para alumnado de Formación Profesional de Grao Medio e Bacharelato, a través dos seus centros educativos.
Dotado, en cada unha das categorías, con 1.250 euros para o alumnado que realiza o traballo e 250 euros para o profesor/a que o dirixa.
- Mozo/a investigador/a.
Para o mellor traballo individual de investigación, en modalidade histórica ou documental, levado a cabo por alumnado de Bacharelato, directamente relacionado coa contribución da Armada á sociedade ao longo da historia.
Dotado con 1.750 euros para o alumno/a que realiza o traballo e 250 euros para o profesor/a que o dirixa.
O profesor/a e o alumno/a gañador/a realizarán o tránsito a bordo do B/E Juan Sebastián de Elcano desde Marín a Cádiz, previsto durante a segunda quincena do mes de xullo 2023.
O traballo gañador incluirase no programa educativo “Aprende a investigar” do Servizo Educativo e Cultural do Instituto de Historia e Cultura Naval. https://fundacionmuseonaval.com/SEC/
Pintura.
- Pintura Naval. Para a mellor obra en que, con creatividade pictórica, se plasme a actividade naval en calquera dos seus aspectos co fin de conseguir o acercamento entre a sociedade e a Armada. Dotado con 4.500 euros.
- Pintura histórica. Para a mellor obra cuxa temática estea relacionada coa Mariña da Ilustración (Século XVIII), coincidindo co 250 aniversario da morte do eminente mariño, enxeñeiro naval e científico español Jorge Juan y Santacilia. Dotado con 3.500 euros.
Fotografía. Para a fotografía que mellor plasme a vinculación da Armada coa súa contorna, recollendo motivos que reflictan os aspectos das súas múltiples facetas e actividades. Premio de 1.500 euros
Modelismo Naval.
- Modelo Naval. Para o mellor modelo de nave, embarcación ou buque, sen distinción de época. Dotado con 4.000 euros
- Diorama. Para o mellor diorama de instalacións relacionadas coa historia e a arte da construción naval española, sen distinción de época. Dotado con 2.500 euros
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes de participación nos premios estará aberto ata o 29 de marzo de 2023.
Prazos para a entrega das obras:
- Investigación histórica e Relato curto estará aberto ata o día 21 de abril de 2023.
- Debuxo Infantil estará aberto ata o día 2 de xuño de 2023.
- Mocidade estará aberto ata o día 26 de maio de 2023.
- Para os traballos que opten ao premio nas disciplinas de Pintura, Fotografía e Modelismo Naval, o prazo de presentación estará aberto ata o 2 de xuño de 2023.
Máis información no BOE do 15 de febreiro de 2023
X Talento Challenge é un concurso de emprendemento dirixido a mozos de 14 a 18 anos , que deberán formar equipos compostos por un mínimo de 3 e un máximo de 8 participantes. X Talento Challenge promove o desenvolvemento de proxectos de impacto social positivo na súa contorna.
O concurso divídese en dúas fases: na primeira, cada equipo deberá contar, polo menos, con 2 participantes con diversidade funcional (con certificado de grao igual ou superior ao 33%) e, na segunda, será necesario contar, polo menos, con 3 participantes con diversidade funcional. Os equipos serán supervisados por un titor ou titora que lles guiará ao longo de todo o proceso.
Obxectivos
- Promover a dixitalización, liderado, emprendemento, coñecementos financeiros, creatividade, toma de decisións, traballo en equipo, etc.
- Fomentar a participación de mozas de 14-18 anos a través dun proxecto conxunto de impacto social baseado na aprendizaxe dialógico e cooperativo.
- Potenciar a escoita activa a través de equipos que inclúan mozos e mozas con e sen diversidade funcional.
Para participar, o titor ou titora terá que rexistrar ao seu equipo ou equipos na web www.portalentochallenge.es/apuntate
O período de inscrición finalizará o 10 de marzo de 2023. Os equipos que pasen á Segunda Fase terán que presentar os seus proxectos do 27 de marzo ao 8 de maio de 2023.
Requisitos
Mocidade de 14 a 18 anos, cumpridos ao longo do curso 2022/2023 (nacidos entre 2004 e 2008), que formen parte de centros educativos, asociacións e outras entidades que conten con personalidade xurídica.
Dotación
A) Os 3 mellores proxectos recibirán un premio de 6.000€ como capital para poñer en marcha o seu proxecto de impacto social.
B) Cada participante de cada un dos tres equipos gañadores recibirá 1 tarxeta regalo valorada en 100€.
C) Premiarase cun (1) Ipad ou Ipad Mini aos titores/as de cada equipo gañador.
Máis Información
Páxina web
Bases do concurso
Formulario de inscrición
A Asociación Cultural Tribuna Cidadá convoca a sétima edición do Certame Novo de Relatos Curtos "Tigre Juan".
Poden concorrer ao mesmo todos aqueles mozos e mozas nados ou residentes en territorio español que teñan entre 14 e 30 anos.
Categorías:
Categoría A. Mozos entre os 12 e os 17 anos de idade.
Categoría B. Mozos entre os 18 e os 30 anos de idade.
Os relatos serán de temática libre, orixinais e escritos en castelán, non podendo superar en extensión as seis páxinas nin ser menor de tres, e sempre a dobre espazo.
Os relatos enviaranse por correo electrónico a: directiva@tribunaciudadana.org
Deberase enviar, igualmente polo mesmo medio, fotocopia do DNI, así como unha nota con nome e apelidos, dirección postal e un teléfono de contacto, e especificando o título do relato.
O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 30 de setembro de 2023.
Premios: unha persoa gañadora, cunha dotación económica de 500 €, e unha finalista, cunha dotación económica cada un de 250 €.
O Concello de Outes convoca o XXVII Certame Francisco Añón de Poesía.
Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Lingua Galega. Os textos presentados deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos.
Categoría A: Nenos/as de 6 a 7 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría B: Nenos/as de 8 a 9 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría C: Nenos/as de 10 a 11 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría D: Rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 240 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos. Premios:
1º Clasificado: Transferencia bancaria por valor de 480 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.
Categoría F: Maiores de 18 anos. Premios:
1º Clasificado: Transferencia bancaria por valor de 1.500 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra
Para a categoría E, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos
Para a categoría F, as obras terán unha extensión mínima de 200 versos
O prazo de presentación estará aberto ata o 3 de abril de 2023.
Máis información en www.outes.es e na OMIX de Outes, teléfono 981 842 406
BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2023
A Universitat Politècnica de València convoca o VIII Concurso de Deseño de Estampados para Téxtiles de Fogar
O obxecto do Concurso de Deseño de Estampados para Téxtiles de Fogar, é premiar aos mellores deseños e desenvolvementos dun tecido creativo para a súa aplicación nun produto téxtil para o fogar.
O traballo presentado debe incluír, ademais do deseño estético do tecido, mostra de tecido ou prototipo do tecido constituínte do produto, simulación do tecido en forma de produto téxtil no seu ambiente de destino.
Os participantes deberán presentar unha colección para o sector Téxtil-fogar. Os traballos deberán estar compostos por:
- Mostra do tecido ou prototipo do deseño principal e dous coordinados.
- Deseño de tecido principal e dous coordinados.
- De forma opcional, pódese presentar a simulación do produto no seu ambiente de destino, foto 3D do deseño aplicado a un produto téxtil.
- Os traballos plasmaranse sobre soporte ríxido (PVC espumado de 6mm de grosor, cartón-pluma ou similar) tamaño DIN-A 0 (841mm x 1189mm). No soporte incluirase impreso os deseños do tecido principal e os seus coordinados, ficha técnica e foto 3D, os tecidos desenvolvidos pegaranse sobre o soporte.
Data de entrega dos traballos: ata o 12 de maio de 2023.
Requisitos:
Estudantes Universitarios (grao e máster).
Estudantes de Formación Profesional.
Estudantes de Escolas Superiores de Deseño e/o Artísticas.
Estudantes de Bacharelato Artístico.
Para poder presentarse ao concurso deberán acreditar que están matriculados durante o curso 2022-2023. Pódense presentar en modalidade individual ou en equipo, cun máximo de dous integrantes.
Premios:
1º premio de 1.000 euros.
2º premio de 500 euros.
3º premio de 250 euros.