A Deputación da Coruña convoca o XVIII Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo
Poderán participar todas as persoas galegas ou residentes en Galicia, que traballen no campo das artes plásticas.
Cada artista poderá concorrer ao certame cun máximo de dúas obras.
Establécese un premio único dotado con 6.500 € e ademais adquirirase obra por un importe máximo de 25.000 €.
A temática e a técnica das obras serán libres establecéndose os seguintes límites ás súas dimensións:
Pintura e obra gráfica: 2 x 2 metros.
Escultura: 2 x 2 x 1 metros e 70 kg
O prazo de presentación das obras estará aberto ás 14:00 h do día 20 de abril de 2023.
Máis información non BOP da Coruña do 2 de marzo de 2023 en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios
A Deputación da Coruña convoca o XXI Premio de teatro Rafael Dieste
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten obras de teatro escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.
O tema e a extensión da obra será libre.
As obras presentaranse, preferentemente, en soporte dixital USB/CD, e xunto coa plica serán enviados á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre XXI Premio “Rafael Dieste” de textos teatrais.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 27 de abril de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 2 de marzo de 2023 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/
James Dyson Award 2023, o concurso anual de deseño para estudantes organizado pola Fundación James Dyson. Desde 2005, o James Dyson Award desafiou a estudantes universitarios e recentemente graduadas en deseño e enxeñería a ‘deseñar algo que resolva un problema’. Cun propósito amplo e aberto, rétase ás e vos estudantes a que se enfronten a grandes problemas e acheguen as súas posibles solucións.
Prazo de inscrición aberto ata o 19/07/2023
Requisitos
Estudantes/as universitarios de enxeñería, deseño de produto e deseño industrial, e aqueles que se haxan graduado nalgunha destas materias non últimos catro anos.
Podes participar como equipo, a/o líder do teu equipo debe estudar unha dás carreiras mencionadas previanente, e todos vos membros do equipo deben estar matriculados/as polo menos durante un semestre nun programa de grao ou posgrao.
Contido
Para participar, deberás rexistrarte e achegar o xustificante que verifique que és estudante ou que te graduaches recentemente nun dos graos válidos. Unha vez rexistrada/o, deberás completar o formulario en liña e seguir as instrucións recollidas en www.jamesdysonaward.org
Dotación
Gañadoras nacionais premio de 5.700€
Gañadoras mundiais, ata 34.000€
Máis información
www.jamesdysonaward.org
Email: jamesdysonfoundation@dyson.com
www.instagram.com/jamesdysonfoundation
O Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka convoca o XVI premio internacional Compostela para álbums ilustrados destinados ao público infantil e xuvenil.
Poderán optar ao premio todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes, ou de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.
As obras poden presentarse en calquera das linguas oficiais peninsulares e serán orixinais e inéditas.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non poderá superarar as 40 páxinas interiores.
Os/as autores/as que opten ao premio deberán presentar:
Cinco copias do texto.
Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas.
Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta.
Nas obras non deberá figurar o nome dos/as autores/as senón un lema ou pseudónimo. Os datos persoais dos e das participantes achegaranse nun sobre pechado indicando no exterior o título da obra e o lema ou pseudónimo,e no seu interior, o nome ou nomes completos, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo electrónico. Dentro do sobre tamén se incluirán unha fotocopia do DNI ou pasaporte así como unha breve recensión biográfica.
O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 15 de maio de 2023.
O premio é de 9.000 € e a publicación da obra en tódalas linguas peninsulares no mes de novembro de 2023.
Máis información en www.kalandraka.com e no BOP da Coruña do 1 de marzo de 2023
A Fundación María José Jove convoca o IX Premio Internacional de Arte Marta García-Fajardo.
O premio contribúe ao fomento e a difusión das artes visuais, e ofrece total liberdade en canto a disciplinas de presentación. Con todo, nas disciplinas de pintura, debuxo, escultura e fotografía, establécese uns formatos mínimos de 60 cm. e máximo de 250 cm. nalgunha das súas dimensións.
A presentación das obras realízase mediante rexistro en liña e o prazo de presentación das mesmas finaliza o 4 de maio de 2023.
Requisitos
Poderán participar persoas de ata 40 anos (á data de inscrición), calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia.
Dotación
O premio está dotado con 12.000 euros e unha publicación monográfica sobre o/a artista gañador/a.
Máis Información
Bases da convocatoria
Formulario de inscrición
Páxina Web María José Jove
O Ministerio de Cultura e Deporte e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura convocan o concurso nacional para a concesión do Premio ás Mellores Encadernacións Artísticas de 2023. A obra proposta para a súa encadernación será "Antoloxía Poética" de Rafael Cadeas, Premio de Literatura en Lingua Castelá "Miguel de Cervantes" 2022.
O prazo de presentación das obras encadernadas será ata o 1 de xuño de 2023.
Requisitos
Persoas físicas con nacionalidade española que presenten traballos artísticos e manuais. Cada participante só poderá concorrer cunha obra encadernada.
Dotación
Primeiro premio: 6.000 euros.
Segundo premio: 4.000 euros.
Terceiro premio: 2.000 euros.
Máis información
Bases da Convocatoria
Web Ministerio Cultura e Deporte
O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.
As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Aeronáutica e Aeroespacial.
O prazo de presentación das fotografías é ata o 24 de abril de 2023.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:
1. Seguir o Instagram de Galiciencia.
2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2023
https://galiciencia.com/wp-content/uploads/2023/01/Bases-concurso-insta-GAL2.pdf
O Concello de Zas convoca a VI Mostra de teatro afeccionado.
Os grupos e compañías de teatro afeccionado de Galicia pódense presentar á mostra ata o 28 de marzo de 2023.
As funcións de presentación das obras finalistas seleccionadas na VI Mostra de Teatro do Concello de Zas, realizaranse durante os sábados, 15, 22 e 29 de abril, 6 e 13 de maio de 2023, sendo o domingo 21 de maio a entrega de premios da Mostra.
Premios:
Premio á mellor obra elixida polo xurado, dotado de 900 €, trofeo e diploma acreditativo.
Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado, dotado de 800 €, trofeo e diploma acreditativo.
Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado, dotado de 700 €, trofeo e diploma acreditativo.
Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado, dotado de 500 €, trofeo e diploma acreditativo.
Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado, dotado de 400 €, trofeo e diploma acreditativo.
Premio á mellor obra elixida polo público: (o espectáculo coa puntuación media máis alta), dotado de 200 €, trofeo e diploma acreditativo.
Máis información no BOP da Coruña do 27 de febreiro de 2023
https://concellodezas.org/es/cultura-e-deportes/certame-enrique-labarta-pose/
A Deputación da Coruña convoca o XIV Premio de ensaio Manuel Murguía en lingua galega e en lingua castelá.
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten ensaios en lingua galega sobre Galicia, ou relacionados con ela, inéditos e non premiados en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.
Os traballos farán referencia a calquera aspecto de Galicia (lingua, cultura, sociedade, economía, historia, pensamento...).
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na carátula a seguinte inscrición: XII Premio de ensaio “Manuel Murguía,de Ensaio”, título da obra e lema o pseudónimo
O tratamiento de texto será Word, OpenOffice, PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademáis deberán estar numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada achegada dun sobre aparte; no exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo do seu autor; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 13 de abril de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 27 de febreiro de 2023 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/