Premios e concursos (96)

Eustory 2023

Xun 07, 2023

O concurso Eustory pretende que a mocidade investigue e coñeza a historia da súa contorna inmediata, e que o relacione co tema desta XVI convocatoria: “Fins compartidos. As nosas institucións e as súas historias".

A participación está aberta ao alumnado de España que en 2022-2023 estean a cursar 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP ou ESPA menores de 21 anos, e niveis equivalentes de Portugal, así como a estudantes non universitarios de entre 14 e 21 anos nados ou residentes en América.

O traballo debe recoller un aspecto da contorna próxima. Desde ese punto de partida, o obxectivo é que os participantes reconstrúan a súa historia utilizando fontes de investigación primaria e secundaria. Pode presentarse de forma individual ou en grupo e en calquera formato: traballo escrito, presentación multimedia, desenvolvemento dunha páxina web, blogue, vídeo, audio, fotografía, obra de arte, texto dramatizado etc. Os alumnos poderán presentar os traballos en castelán, catalán, eúscaro, galego e portugués.

Os participantes poderán contar coa axuda e o apoio dun titor que lles sirva de guía na investigación. A participación dun titor non é obrigatoria aínda que si recomendable. En caso de contar cun titor, o seu labor será igualmente recoñecida cun premio en metálico.

Premios
- 1 primeiro premio de 2.500 € Alumnado e 1.250 € Titor/a
- 4 segundos premios de 1.000 € Alumnado e 500 € Titor/a
- 5 terceiros premios de 500 € Alumnado e 250 € Titor/a
- 10 accésit de 200 € Alumnado e 100 € Titor/a
Para o Alumnado gañador residente en Europa, a posibilidade de participar nos seminarios internacionais de Eustory –foros de encontro e debate sobre temas da historia europea– xunto a mozas dunha trintena de países do continente.

O prazo para participar estará aberto ata o 20 de agosto de 2023

https://eustory.es/el-tema-de-este-ano/ 

O Senado convoca un Concurso xuvenil de curtametraxes "Senado polo clima" dirixido a mozas e mozos de 12 a 18 anos.

O concurso ten como finalidade fomentar a implicación dos mozos creadores na consecución dos obxectivos ambientais da Axenda 2030.
A temática das curtametraxes será o cambio climático, podendo ser indistintamente de ficción, animación ou documentais.
O ficheiro que conteña o curto enviarase mediante a plataforma WeTransfer á dirección de correo electrónico senadoporelclima@senado.es

O prazo para presentar as curtas estará aberto ata o 30 de xuño de 2023
Os premios que se outorgarán aos gañadores consistirán nun diploma e nos seguintes artigos:

Premios
- Primeiro premio: Cámara tipo mirrorless con sensor CMOS de 24,1 MP con funcionalidades para fotografía e creadores de contido, obxectivo 15-45 mm, accesorios e micrófono estéreo de condensador electrect.
- Segundo premio: Interface de audio USB de 2 canles para Podcast, micrófono dinámico, auriculares estéreo pechados e kit de soporte para o micrófono.
- Terceiro premio: Estabilizador para móbil e micrófono ultra compacto e lixeiro para creación de contido.
Realizarase un acto de entrega de premios no Senado con asistencia dos premiados.

https://www.senado.es/web/actividadparlamentaria/actualidad/concursocortometrajessenadoporelclima/index.html 

O Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais convoca un Concurso Xuvenil de Deseños de Personaxes para Animación e Videoxogos.

O concurso consiste no deseño dos personaxes animados, "Sambo e Lima" a partir da seguinte microhistoria:

É a primeira vez que pisa este planeta, non parece que haxa ningún perigo preto, pero Sambo sempre está alerta. Como bo explorador da galaxia junior, sabe que, en calquera momento pode haber sorpresas... desagradables. Un ruído xusto detrás del faille virarse de súpeto. A o desenfundar o seu "blastinador sónico" tropeza torpemente. Levouse un bo susto este mozo explorador e caeu xusto fronte dunha criatura que lle mira medio burlona, Lima. El non o sabe, pero será a súa compañeira inseparable durante toda a súa carreira como explorador da galaxia.

A participación no Concurso Xuvenil de Deseño de personaxes está aberta para todo o alumnado entre 12 e 18 anos.
Cada alumno/a poderá presentar tantos deseños como desexe.

A inscrición realizarase enviando o deseño de personaxes de "Sambo e Lima" xunto coa folla de inscrición debidamente cuberta. Aceptaránse deseños de personaxes realizados utilizando calquera técnica artística e calquera material (lápis de cores, rotuladores, pastel, tempera, collage, etc.) en calquera formato ou soporte (papel, cartón, dixital, etc.)

O deseño de personaxes e a folla de inscripción poderán enviarse por calquera dos seguintes medios:

- En formato dixital a info@mundosdigitales.org
- En formato papel por correo postal ao seguinte enderezo: Concurso Xuvenil de deseño de personajes – Mundos Digitales Rúa Sor Joaquina 4 bajo, Izq. 15011, A Coruña

Os deseños de personaxes do estudantado poderán ser presentados polo seu centro educativo ou profesor/a conxuntamente por calquera dos medios expostos anteriormente.

O prazo de presentación de deseños de personaxes estará aberto ata o 26 de xuño de 2023.

Anímaste a probar e divertirte?: https://www.mundosdigitales.org/2023/es/actividades/otras-actividades/diseno-personaxes/sambo_e_lima.html

Bow Seat convoca un concurso de concienciación sobre os océanos: Heroes do clima en acción

O concurso está dirixido a estudantes de 11 a 18 anos de todo o mundo.

Investiga e elixe un científico, activista, artista, educador ou outro heroe inspirador que estea a traballar para resolver os problemas do cambio climático. Crea unha obra de arte, escritura ou medios que destaque os seus esforzos, organizacións e/o impactos positivos. Anímate a presentar a un heroe climático (persoa real que fai un traballo incrible para marcar a diferenza no noso planeta azul) cuxo traballo quizais non se coñeza aínda, pero debería.
O concurso ten como finalidade fomentar a implicación dos mozos creadores na consecución dos obxectivos ambientais da Axenda 2030.

Acéptanse presentacións en:
- Arte visual
- Poesía e Palabra Falada
- Escritura creativa
- Película
- Artes escénicas: música e danza
- Interactivo e Multimedia
- Diferentes premios para categorías junior e senior.

O prazo para participar estará aberto ata o 13 de xuño de 2023

https://bowseat.org/programs/ocean-awareness-contest/contest-overview/ 

A Deputación de Ourense convoca o XVII Certame de Artes Plásticas
 
O prazo para particiapr estará aberto ata o 11 de xuño de 2023
 
Poderán participar tódolos artistas con edades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.
Cada concursante poderá participar cun máximo de dúas obras.
As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
Consultar as medidas das obras nas bases.
 
Primeiro premio.- 5.000 euros
Segundo premio.- 3.000 euros
Terceiro premio.- 2.000 euros
Dous accésits de 1.000 euros cada un
 
 
 
 

O Ministerio de Dereitos Sociais convoca o II Certame artístico "Amigos dos Animais", modalidade fotografía.

A finalidade é a creación de obras artísticas, na modalidade de fotografía, co propósito de fomentar a tenencia responsable e o benestar dos animais, mediante obras que versen sobre a convivencia e a relación cos animais, podendo enfocarse sobre a concienciación positiva, tenencia responsable, denuncia ou calquera outro aspecto elixido polo autor ou autora.

Pode participar calquera persoa maior de idade ou menor con autorización do seu representante legal, e tamén centros educativos e asociacións.

Os Premios Amigos dos Animais, modalidade fotografa, desagréganse en dúas categorías:
- Un Premio "Mellor serie Fotográfica: Amigos dos Animais", dotado con 5.000€ e diploma, así como a difusión da súa obra, tanto en soporte electrónico como en papel.
- Cinco accésits "Mención Especial Serie Fotográfica: Amigos dos Animais", dotados con 500€ e diploma cada un, así como a difusión das obras premiadas.

O prazo de presentación de solictudes estará aberto ata o 30 de agosto de 2023
Máis información no BOE do 30 de maio de 2023 e en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/698839

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia convcoa a VIII Edición Bolsa Nacho Mirás para xornalistas noveis
 
O prazo para particiapar estará berto ata o 15 de xuño de 2023
 
Poderán concorrer a esta convocatoria xornalistas que teñan rematada a titulación nos últimos anos (2023, 2022, 2021, 2020 e 2019) en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual e que formalicen a súa inscrición de acordo co disposto nestas bases.
O traballo proposto é aberto. Poderase entregar calquera xénero xornalístico (reportaxe escrita, proxectos de radio, audiovisual ou fotográficos, ou relacionados coas novas tecnoloxías), iniciativa para un novo medio ou proxecto que teña como finalidade a información e a comunicación...
 
A contía da bolsa é de 6.000 euros.
 
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia 
Rúa Ponferrada, 9, baixo. 15707- Santiago de Compostela
tel.: 981 935 670 
 
 

O Concello do Grove convoca a XXX edición do Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta.

Poderá concorrer ao premio calquera persoa que presente o seu texto en lingua galega, conforme as normas ortográficas vixentes. Os textos presentados, amais de seren inéditos e totalmente orixinais, non poderán ter sido publicados, ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico. Os textos presentados han ter unha extensión mínima de 50 páxinas e unha extensión máxima de 100 páxinas, tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1,5 (espazo e medio) e as follas deberán de estar paxinadas.

De cada un dos textos concorrentes, presentaranse cinco copias en papel e unha en soporte dixital, nun documento de procesador de textos, antes do día 15 de setembro de 2023, remitíndoas ao enderezo seguinte:

XXX Premio Manuel Lueiro Rey
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Rúa Monte da Vila, 11
36980 O Grove
Pontevedra

A dotación do premio é de 3.000 €

O prazo de presentación das obras está aberto ata o día 15 de setembro de 2023.
Máis información no BOP de Pontevedra do 25 de maio de 2023

A Universidade de Santaigo de Compostela desde o seu Campus de Lugo convoca a edición 2023 do concurso de vídeos Petiscos de ciencia.

Ten o obxectivo de “achegar a actividade científica á mocidade, ademais de para favorecer a divulgación en lingua galega dos contidos do labor que desenvolve a comunidade investigadora”.

O certame, que nesta edición está aberto á participación do alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, repartirá 300 euros en premios entre as dúas propostas máis valoradas polo xurado.
O prazo de presentación de vídeos inéditos e orixinais, que poden ser elaborados de xeito individual ou en equipos de tres persoas coordinadas por un docente, remata o 15 de outubro de 2023.
As propostas presentadas a concurso deben remitirse ao enderezo de correo electrónico fcdeca@usc.gal e teñen que estar aloxadas nunha canle de YouTube baixo licenzas Creative Commons.

Os vídeos serán en lingua galega, tanto nas expresións orais como nos elementos escritos, e a súa duración non pode ser inferior a 30 segundos nin superior a 90 segundos.

https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/dinamizacion/petiscos2023.html 

LXXXI Concurso de Pintura Premi Centelles 2023
 
INSCRICIÓNS: Ata o 11/06/2023
 
REQUISITOS:
Poden participar os/as artistas maiores de idade e residentes en España que o desexen.
Cada concursante só poderá participar cunha obra.
 
REMUNERACIÓN / CUSTO:
Primeiro premio: 3.500 euros, trofeo e montaxe dunha exposición no Centre d'art o Marçó vell.
Dúas mencións honoríficas: 500 euros e trofeo.
 
PÁXINA WEB: www.artmvellpremi.com
 
CONTACTO:
Concello de Centelles.
C/ Nou, 19 08540 Centelles, Barcelona.
938 810 375
centelles@diba.cat
 
DOCUMENTOS: