Outras (63)

"Ames AudioVisual LAB" é un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais que busca impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o tecido produtivo do sector audiovisual.

Desenvolvemento de proxectos, formación e networking.

O "Ames AV LAB", que estará situado no Milladoiro, concello de Ames, nas instalacións do Coworking ‘A Proa’ da rede provincial de espazos de traballo colaborativo, dará soporte a un total de 15 proxectos, que serán seleccionados a través dunha convocatoria que se publicará proximamente.

Os criterios de valoración da selección terán en consideración buscar a promoción de proxectos diversos e inclusivos. Do mesmo xeito, priorizarase a incorporación daqueles que teñan o idioma galego como lingua vehicular e estableceranse mecanismos que garantan unha representatividade equilibrada de xénero e para a incorporación de persoas mozas menores de 30 anos ao sector.

Os destinatarios do proxecto son novos creadores do sector con proxectos non iniciados, en fase de creación ou desenvolvemento, que non teñan data de inicio de rodaxe prevista. Poderán participar curtametraxes, longametraxes, series, documentais de creación ou participativos, narrativas inmersivas e de realidade virtual e outros contidos audiovisuais e de carácter dixital fundamentalmente narrativos, primando o alcance local e provincial.

Ademais, os participantes poderán optar a unha convocatoria de bolsas que conta con 70.000 euros de orzamento, seleccionando sete proxectos que poderán recibir unha axuda de ata 10.000 euros que deberán destinarse á creación e desenvolvemento da súa proposta.

Máis información

A convocatoria de propostas, lanzada no marco do proxecto "EUTeens4Green- Unha nova xeración de novos embaixadores para unha transición xusta e integradora", ofrece unha axuda económica de ata 10.000 euros a mozos e mozas de entre 15 e 24 anos (individuais, grupos ou asociacións xuvenís) dispostos a levar a cabo acciones na súa comunidade para aumentar a participación das persoas afectadas polo cambio a unha economía verde nunha das rexións da UE en transición xusta.

CRITERIOS DE SELECCIÓN
As solicitudes deben ser presentadas por un único solicitante que cumpra os seguintes criterios:
-Persoas ou grupos de persoas de entre 15 e 24 anos
-Organizacións sen ánimo de lucro (privadas ou públicas) sempre que os membros da asociación que participen no proxecto teñan entre 15 e 24 anos
-Ser residente ou estar establecido nun dos 27 Estados membros da UE
-Os solicitantes seleccionados serán "Novos embaixadores para unha transición xusta e integradora". Asinarán un "acordo de participación" co consorcio para recibir financiamento para os seus proxectos
-Os participantes deberán ser capaces de comunicarse en inglés.

PROXECTOS ELEGIBLES
Os proxectos poden abarcar unha ou varias actividades e temas, sempre que promovan claramente a participación na transición ecolóxica dos grupos destinatarios.

DURACIÓN DO PROXECTO
A execución dos proxectos deberá comezar en 2023 e non superar os 12 meses.

FINANCIAMENTO
10.000 euros

DATA LÍMITE
9 de xaneiro de 2023, 17:00 CET.

MÁIS INFORMACIÓN: http://www.eurodesk.es/program/euteens4green?utm_campaign=eurodesk-newsletter-decembro&utm_medium=email&utm_source=acumbamail

A Xunta abre o prazo de solicitude dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda larga a colectivos vulnerables.

Co obxecto de facilitar o proceso de solicitude dos bonos, as persoas interesadas poden acudir ao traballador/a social do seu concello e este encargarase de realizar a solicitude. Non obstante, as perosas interesadas poderán tamén presentar as solicitudes por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, co formulario AP400A ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos.

- Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España.
- Así mesmo, tamén poderá ser beneficiaria calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se atope en situación ou risco de exclusión social.
Considerarase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando na unidade familiar o nivel de renda sexa igual ou inferior a:
a) 1,25 veces o IPREM, se non existe unidade familiar ou non hai menores nesta.
b) 1,75 veces o IPREM, se hai menores na unidade familiar.

A iniciativa, enmarcada no programa estatal ÚNICO Bono Social, permitirá a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a conexión á banda longa fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.

Os interesados poden coñecer cales son as entidades colaboradas a través do rexistro de operadores-colaboradores accesible a través das seguintes ligazóns: https://amtega.xunta.gal/rexistro-operadores-bono-social

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AP400A&ano=2022&numpub=1&lang=gl

 

A Deputación de Pontevedra crea Musigal,un catálogo de grupos da provincia de Pontevedra que se configura como o inventario de grupos e artistas profesionais de música que realizan as súas actuacións ou os seus concertos en lingua galega ou, no caso de ser instrumentais, que as súas pezas sexan de autoría galega.

O prazo de presentación de solicitudes de inclusión, baixa ou modificación de datos no Catálogo de grupos musicais profesionais Musigal da provincia de Pontevedra é do 15 de novembro ata o 1 de decembro de cada ano natural.

https://www.depo.gal/es/-/musigal 

A Consellería de promoción do Emprego e a Igualdade convoca bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.
As accións formativas con dereito a bolsa son as que se inicien entre o 1 de novembro de 2022, día da entrada en vigor desta orde, e o 31 de outubro de 2023 (ambos incluídos).
Prazo: A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301V
Máis información no DOG do 28 de outubro de 2022 e en https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/formacion-emprego/bolsas

Renfe abre o rexistro previo de usuarios na súa web e aplicacións móbiles para facilitar a obtención dos bonos a través de internet, as máquinas autoventa ou os despachos de billetes.

As bonificacións do 100% están dirixidas a usuarios recorrentes que realicen polo menos 16 viaxes entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2022.

Trátase dunha iniciativa que impulsa ao máximo o uso deste tipo de transporte público colectivo para garantir a mobilidade obrigada cotiá cun medio de transporte seguro, fiable, cómodo, económico e sostible, nunha conxuntura extraordinaria de incremento sostido dos prezos da enerxía e os combustibles.

Recomendacións para a solicitude dos abonos:

  • Descargar a App de Renfe Proximidades e obter o teu abono por esta canle.
  • Anticipar a túa chegada á estación para validar a túa viaxe.
  • Evitar as horas punta.
  • Conservar o QR ou a tarxeta durante todo o período de vixencia do teu abono.
  • Adquirir o abono preferiblemente con tarxeta de débito ou crédito.

Podes realizar o teu rexistro mediante esta ligazón.

 

Máis información

Dúbidas sobre abonos Renfe

Descarga a aplicación Renfe

Teléfono: 91 919 15 67

 

 

Está en marcha o asesoramento gratuíto e en liña do Igape Responde! dirixido a empresas, persoas autónomas e emprendedoras.

No escenario actual, marcado pola inflación, xorden novas necesidades para o tecido empresarial galego. Cal é a túa?

Atendente nos seguintes ámbitos:
Xeral
Financieiro
Negocio
Operacións
Persoas
Emprendemento
Axuda so envestimentos a partir de 500.000 euros

https://responde.igape.es/ 

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca o Programa do bono de alugueiro social destinado entre outros colectivos a mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade.

As axudas do bono de alugueiro social están destinadas a atender, con carácter urxente, os seguintes colectivos:

a) Aquelas unidades de convivencia que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda por estaren inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.

b) As unidades de convivencia das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda.

c) Aquelas unidades de convivencia con dificultades para asumiren o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.

d) Aquelas unidades de convivencia ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, lle finalizase a vixencia do seu contrato, unha vez publicada esta resolución.

e) Aquelas unidades de convivencia ás cales, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras cos concellos, a Comisión de Seguimento e Coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda.

f) Aquelas unidades de convivencia que, sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de axuda do Programa do bono alugueiro social.

g) Os/as mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela, co obxecto de facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de arrendamento.

As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal co formulario VI482F
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto permanentemente ata o 30 de novembro de 2026.
Máis información no DOG do 13 de xullo de 2022

No BOE o 7 de marzo publícanse as bases das axudas Injuve para a Creación Nova, cuxa finalidade é fomentar a actividade creadora e investigadora dos mozos e mozas, facilitar a promoción e a difusión das súas creacións, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver.

As axudas terán as seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
c) Investigación.
d) Comisariado de proxectos para a Sala Amadís.
e) Emprendemento para a creación emerxente.

Requisitos das persoas beneficiarias:
Ser maior de idade e menor de 30 anos de idade para as liñas de actuación de Produción de obra, Movilidad de obra producida e/ou de creadores, Investigación e Comisariado de proxectos para a Sala Amadís, ou menor de 35 anos de idade para a liña de actuación de Emprendemento para a creación emerxente.

A contía económica individualizada de cada unha das axudas será a seguinte en función da liña de actuación:
a) Produción de obra. Contía máxima: 5.000 €.
b) Movilidad de obra producida e/ou creadores. Contía máxima: 5.000 €.
c) Investigación. Contía máxima: 3.000 €.
d) Comisariado de proxectos para a Sala Amadís. Contía máxima: 7.000 €.
e) Emprendemento para a creación emerxente. Contía máxima: 10.000 €.

Proximamente publicarase no BOE a convocatoria e a apertura de prazo para presentar solicitudes.

BOE do 7 de marzo de 2022

No BOE do 19 de xaneiro de 2022 publícanse as bases que regularán o Bono Alugueiro Novo.

O prazo de solicitude aínda non está aberto e serán as Comunidades Autónomas quenes fagan as convocatorias.

O Bono Alugueiro Novo ten por finalidade facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugueiro ou de cesión de uso ás persoas mozas con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas.

Requisitos dos mozos e mozas.
- Ser persoa física e ter ata 35 anos, incluídos, no momento de solicitar a axuda.
- Posuír a nacionalidade española, ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza. No caso das persoas estranxeiras non comunitarios deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.
- Ser titular ou estar en condicións de subscribir, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de arrendamento de vivenda.
- Dispoñer polo menos dunha fonte regular de ingresos que lle reporte unhas rendas anuais, incluídos os das persoas que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de arrendamento ou cesión, iguais ou inferiores a 3 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). No suposto de alugueiro de habitación non se incluirá a renda das persoas que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda, soamente consideraranse as da persoa física arrendataria.

Requisitos da vivenda.
- A vivenda ou habitación arrendada ou cedida deberá constituír a residencia habitual e permanente do mozo ou moza.
- A renda ou prezo vivenda deberá ser igual ou inferior a 600 euros mensuais. Nesta renda ou prezo non se inclúe o importe que puidese corresponder a anexos tales como prazas de garaxe, rochos ou similares. No caso de alugueiro de habitación esta renda ou prezo deberá ser igual ou inferior a 300 euros mensuais.
- As comunidades autónomas poderán incrementar este límite máximo ata 900 euros mensuais cando así o xustifiquen en base a estudos actualizados de oferta de vivenda en alugueiro que acrediten tal necesidade. No caso de alugueiro de habitación este incremento de límite máximo poderá ser ata 450 euros.

Contía da axuda.
- Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais co límite do importe mensual da renda arrendaticia ou do prezo da cesión.
- A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos.
- A axuda do Bono Alugueiro Novo deberá destinarse obrigatoriamente pola persoa beneficiaria ao pago da renda arrendaticia ou prezo de cesión da súa vivenda ou habitación habituais e permanentes e non se poderá compatibilizar con ningunha outra axuda que para o pago do alugueiro ou cesión poidan conceder as comunidades autónomas.

Solicitude da axuda do Bono Alugueiro Novo.
Serán as comunidades autónomas quenes convocarán os procedementos de concesión do Bono Alugueiro Novo mediante convocatorias abertas de forma continuada e permanente.

BOE do 19 de xaneiro de 2022