A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo estará aberto ata o 29 de setembro de 2023.
As solicitude podense tramitar na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento PR905A
Máis información no DOG do 10 de abril de 2023 e en https://emigracion.xunta.gal/es/la-secretaria/transparencia/ayudas-y-subvenciones
A Consellería de Política Social e Xuventude convoca axudas económicas destinadas ás persoas con diagnóstico de esclerose lateral amiotrófica (ELA)
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS215A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2023.
Máis información no DOG do 5 de abril de 2023
O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas á mocidade para a adquisición de vivenda:
Requisitos das persoas:
- Ter menos de 35 anos, incluída a idade de 35 anos, no momento de solicitar a axuda ou no momento da subscrición do contrato privado ou da escritura pública de compravenda.
- Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Ter subscrito con posterioridade ao 15 de novembro de 2022 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
- Estar empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á referida data.
- Que as rendas anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM de 2022 *.
Este límite será de 4 veces o IPREM se na unidade de convivencia existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O referido límite será de 5 veces o IPREM cando na composición da unidade de convivencia existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
1. Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental, persoas con discapacidade intelectual ou persoas con discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
2. Persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
- Non ser propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.
Requisitos da vivenda:
- Que a vivenda estea localizada nun municipio de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
- Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 120.000 €.
- Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 € por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e impostos.
As solicitudes tramitaranse preferiblemente en https://sede.xunta.gal/portada cos procedementos VI435A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2023.
Máis información no DOG do 7 de febreiro de 2023 e en http://igvs.xunta.gal/
*IPREM de 2022: 579,02 €
A Consellería de Emprego e Igualdade convoca axudas a persoas traballadoras autónomas contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas. Serán subvencionables as contratacións indefinidas que se formalicen desde o 1 de outubro de 2022 ata o 29 de setembro de 2023.
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
O procedemento debe tramitarse en https://sede.xunta.gal co formulario TR349F.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2023.
Máis información no DOG do 3 de febreiro de 2023 e en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/empresas.html
A Consellería de Emprego e Igualdade convoca axudas de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
Tipos de axudas:
- Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan en Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.
As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI434B
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2023.
Máis información no DOG do 27 de xaneiro de 2023.
A Consellería de Emprego e Igualdade convoca o Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa.
A liña de incentivos á contratación por conta allea inclúe catro modalidades de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
A liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional vai dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
O incentivo á contratación dunha persoa moza menor de 30 anos será de 6.000 euros.
Entidades beneficiarias
- Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea.
- Entidades sen ánimo de lucro
As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través dos formularios TR342C
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2023.
Máis información no DOG do 31 de xaneiro de 2023 e en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/8-empresas/empresas-gl/219-apoio-a-contratacion-servizos.html
A Xunta de Galicia convoca axudas a persoas autónomas:
Programa do bono das persoas autónomas
Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta orde unha subvención do 80 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 3.000,00 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co formulario TR341Q
O prazo estará aberto ata ás 9.00 horas do día 29 de setembro de 2023.
Xempre autónomo
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
Contía da subvención
2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se inclúan nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
a) Persoas menores de 30 anos.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Persoas desempregadas con discapacidade o en situación de dependencia.
d) Persoas desempregadas que estean en situación ou risco de exclusión social.
e) Persoas maiores de 55 anos.
A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable á letra e) do punto 1.2 deste artigo).
d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada ou estranxeira.
e) Persoas trans.
f) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada,
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co formulario TR341D
O prazo estará aberto ata ás 9.00 horas do día 29 de setembro de 2023.
Máis información no DOG do 24 de xaneiro de 2023 e en https://oficinadoautonomo.gal/gl
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia convoca subvencións para a renovación de electrodomésticos.
A convocatoria estará aberta ata o 30 de setembro de 2023 ou ata que se esgoten os fondos.
As solicitudes presentaranse na sede electrónica da xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento IN414C.
Electrodomésticos subvencionables
- Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Lavadora A, B ou C
- Lavalouza A, B ou C
- Placas de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)
Información
Na páxina web do Inega www.inega.gal e no correo electrónico inega.info@xunta.gal
No teléfono: 981 54 15 00.
DOG do 17 de xaneiro de 2023